{"id":12541,"date":"2022-03-30T08:36:26","date_gmt":"2022-03-30T08:36:26","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12541"},"modified":"2023-05-23T12:13:29","modified_gmt":"2023-05-23T12:13:29","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-marzo-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-marzo-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Marzo #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Marzo #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Actualizaci\u00f3ns do Grupo de Traballo Mulleres en Astronom\u00eda<br \/>\n2) Convocatoria de propostas Visi\u00f3n 2024<br \/>\n3) Peche do Programa Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda<br \/>\n4) Obradoiro \u201cUniverso Inclusivo\u201d<br \/>\n5) Bolet\u00edn do D\u00eda Internacional da Luz<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Ademais das celebraci\u00f3ns do noso programa Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda, moitos pa\u00edses do mundo tam\u00e9n celebran en marzo o Mes da Historia das Mulleres. \u00c9 unha ocasi\u00f3n para reco\u00f1ecermos os sorprendentes logros das que se identifican como mulleres nas nosas vidas. Neste bolet\u00edn, estou ilusionada de ver a cantidade de proxectos, iniciativas e recursos dirixidos por mulleres de todo o mundo. Espero que poidamos manter este impulso no que resta de ano.<\/p>\n<p>Por\u00e9n, este bolet\u00edn non trata s\u00f3 de mulleres. Trata de crear oportunidades de desenvolvemento, constru\u00edr programas inclusivos, manter colaboraci\u00f3ns transnacionais e preparar o cami\u00f1o para a pr\u00f3xima xeraci\u00f3n de persoas dedicadas \u00e1 ciencia. Agora, m\u00e1is ca nunca, estes son os piares nos que se apoia a nosa esperanza. Especialmente nun momento no que hai tanto malestar, \u00e9 importante aferr\u00e1rmonos ao que nos d\u00e1 esperanza.<\/p>\n<p>Agardamos que v\u00f3s e as vosas familias mante\u00f1ades a sa\u00fade e a seguridade. Feliz lectura!<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Actualizaci\u00f3ns do Grupo de Traballo Mulleres en Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>a) O Grupo de Traballo busca persoas que dirixan obradoiros formativos en \u00e1reas como a an\u00e1lise de datos, visualizaci\u00f3n de datos, programaci\u00f3n, gr\u00e1ficos de datos e redacci\u00f3n de propostas. Ser\u00e1n parte do III Programa de Formaci\u00f3n da IAU, que se celebra durante a segunda semana de abril. Se queres realizar un obradoiro, enche <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSf8XDeOb9o2OEMDjpsGMs0wy014fJ6pYvfce7cL9ga3k8-ihw\/viewform\">este formulario de Google<\/a>.<\/p>\n<p>b) Valora a posibilidade de participar nunha enquisa sobre a COVID-19 e o seu impacto na t\u00faa carreira astron\u00f3mica. Para achegar a t\u00faa perspectiva, <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSdjIcfp-2HkSP4FPMRH__xPKlxEfNSyq_UFATRSx_hwB8p-Gg\/viewform\">segue esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Valora tam\u00e9n colaborar na secci\u00f3n \u201cCareer Stories\u201d da revista Ensemble. Podes <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSflR_CWicNRq7KkQPvsPbZDAL2I1szJ3UDivom97tgDwgEe-g\/viewform\">compartir aqu\u00ed<\/a> as t\u00faas experiencias.<\/p>\n<p>d) Podes ver o \u00faltimo bolet\u00edn de noticias do grupo Mulleres en Astronom\u00eda <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/view\/iau-women-in-astronomy\/home\/iau-wia-ensemble-magazine-newsletter\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) Convocatoria de propostas Visi\u00f3n 2024<\/strong><\/p>\n<p>O comit\u00e9 organizador da Asemblea Xeral da IAU 2024 lanzou unha convocatoria de propostas de acci\u00f3ns para o desenvolvemento de Visi\u00f3n 2024, as aspiraci\u00f3ns colectivas da comunidade astron\u00f3mica sobre as oportunidades creadas pola Asemblea Xeral da IAU de 2024 para o continente africano. Conv\u00f3canse propostas para subvenci\u00f3ns de at\u00e9 20.000 rand; a data l\u00edmite \u00e9 o 15 de abril de 2022. Podes atopar toda a informaci\u00f3n sobre esta convocatoria <a href=\"http:\/\/www.astronomy2024.org\/cfp\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) Peche do Programa Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>O 8 de marzo pechou oficialmente a edici\u00f3n de 2022 do programa Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Ademais dos m\u00e1is de 250 eventos en 39 pa\u00edses que aparecen no mapa de eventos, a OAO tam\u00e9n acolleu entrevistas en directo e v\u00eddeos con preto de 20 astr\u00f3nomas. A trav\u00e9s das s\u00faas redes sociais, a OAO iniciou unha campa\u00f1a en li\u00f1a que provocou centos de publicaci\u00f3ns en Facebook, Twitter e Instagram coa etiqueta #WomeninAstronomy, que se utilizou en m\u00e1is de 300 publicaci\u00f3ns. Durante os case dous meses de campa\u00f1a en redes sociais, a OAO produciu 65 ch\u00edos e 57 publicaci\u00f3ns en Facebook que acumularon m\u00e1is de 122 000 visualizaci\u00f3ns. Por \u00faltimo, o Grupo de Traballo do Comit\u00e9 Executivo da IAU Mulleres en Astronom\u00eda e a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda coorganizaron o concurso \u201cDraw an Astronomer\u201d, que invitou a nenos e nenas de at\u00e9 12 anos a compartir a s\u00faa visi\u00f3n de como \u00e9 unha persoa que se dedica \u00e1 astronom\u00eda para teren a oportunidade de ga\u00f1ar un telescopio e amosar a s\u00faa creatividade ao mundo. O concurso recibiu 782 entradas de 20 pa\u00edses. Grazas a quen fixeron do programa Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda deste ano un \u00e9xito rotundo!<\/p>\n<p><strong>4) Obradoiro \u201cUniverso Inclusivo\u201d<\/strong><\/p>\n<p>O 5 de marzo de 2022, a Sociedade Astron\u00f3mica de Nepal puxo en marcha o seu proxecto &#8220;Universo Inclusivo&#8221; en colaboraci\u00f3n coa organizaci\u00f3n &#8220;Blind Rocks!&#8221; cun obradoiro t\u00e1ctil, seguido dunha observaci\u00f3n nocturna. Podes ler m\u00e1is sobre este emocionante programa <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/18LIpqN-HSOq0LPbMSPLxksvRrfJsMp7g\/view\">neste informe<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) Bolet\u00edn do D\u00eda Internacional da Luz<\/strong><\/p>\n<p>Ach\u00e9gase o D\u00eda Internacional da Luz (IDL)! Podes consultar o \u00faltimo bolet\u00edn informativo do equipo de IDL, que incl\u00fae historias sobre proxectos en preparaci\u00f3n. Le e subscr\u00edbete ao seu bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/03ff293014ec\/idl2022-newsletter-march-20153233\">aqu\u00ed<\/a> e mantente ao d\u00eda das novidades <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\">no seu sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) NOC Benin<\/p>\n<p>Do 25 de marzo ao 1 de abril, o NOC de Benin (<a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-benin\">Pide Aristide Ahanhanzo<\/a>), en asociaci\u00f3n coa NAEC Benin, a OAD e a Benin Mobile Astronomy Village, organizou unha serie de obradoiros, programas educativos e actividades de divulgaci\u00f3n para a mocidade de Ben\u00edn baixo o nome \u201cRandonnee Culturelle de L&#8217;Astronomie\u201d.<\/p>\n<p>b) NOC Exipto<\/p>\n<p>O 24 de marzo, Somaya Saad, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Egypt\">a nosa NOC en Exipto<\/a>, ofreceu unha charla titulada &#8220;Ela destaca en ciencia: historias pioneiras de \u00c1frica&#8221; coa Instituci\u00f3n de Informaci\u00f3n da Biblioteca Alexandrina e Departamento de Competencias Profesionais, Sector de Bibliotecas. Ao final do mes, o 27 de marzo, Somaya Saad planificou un obradoiro inclusivo sobre o sistema solar en colaboraci\u00f3n coa NAEC de Exipto, o novo Centro OAE Exipto e o Instituto Nacional de Investigaci\u00f3n de Astronom\u00eda e Xeof\u00edsica.<\/p>\n<p>c) NOC Mauritania<\/p>\n<p>O NOC de Mauritania, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-mauritania\">Ely Cheikh Navee<\/a>, fixo unha presentaci\u00f3n na Universidade de Qatar sobre a Asociaci\u00f3n Mauritana de Astronom\u00eda.<\/p>\n<p>d) NOC Tunes<\/p>\n<p>Mayssa El Yazidi, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Tunisia\">a NOC de Tunes<\/a>, en asociaci\u00f3n coa asociaci\u00f3n tunesina de astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas novas, realizou d\u00faas sesi\u00f3ns da s\u00faa serie de seminarios #ASTROTALK: unha con Amin Zribi, que falou sobre a teledetecci\u00f3n e a toma de imaxes desde o espazo, e outra co doutor Mike Simmons, quen falou sobre o uso da astronom\u00eda para facer do mundo un lugar mellor. Podes atopar estes e outros v\u00eddeos <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCglAWe0u0FgEYeAAICBs1Xg\/videos\">na s\u00faa canle de YouTube<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Pr\u00e1cticas do Instituto de Ciencias da Terra e da Vida e do Blue Marble Space Institute of Science<br \/>\nCoincidindo co festival Punto Azul en Jodrell Bank, este mes de xullo ter\u00e1 lugar a conferencia h\u00edbrida Public Awareness of Research Infrastructure (PARI). As persoas participantes poden unirse en li\u00f1a ou persoalmente na sede do SKAO. Actualmente, os organizadores aceptan inscrici\u00f3ns previas e env\u00edos de resumos. Para saber m\u00e1is, <a href=\"https:\/\/www.skatelescope.org\/news\/skao-to-host-international-science-communication-conference\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Un libro gratu\u00edto de astroqu\u00edmica para nenos e nenas [Contido en castel\u00e1n]<br \/>\nNatalia Inostroza Pino, profesora da Universidade Aut\u00f3noma de Chile, creou este libro para guiar os nenos e nenas a trav\u00e9s dalgunhas das preguntas m\u00e1is importantes da astronom\u00eda actual. Podes descargar o libro de balde <a href=\"https:\/\/ohigginsaldia.cl\/lanzan-libro-de-astroquimica-para-ninas-y-ninos\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>b) Astronom\u00eda ESSS 101 [Contido en am\u00e1rico]<br \/>\nA Sociedade Et\u00edope de Ciencia Espacial (ESSS) produce a serie de conferencias Astronom\u00eda 101 en YouTube. Os novos v\u00eddeos actual\u00edzanse todos os venres <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCYxlzI3_pEfdSHL-FasmW-A\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Iniciativa das Oficinas IAU na Rexi\u00f3n \u00c1rabe para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda [Contido en \u00e1rabe]<br \/>\nOs equipos NOC e NAEC da rexi\u00f3n \u00e1rabe estiveron colaborando para educar a comunidade e aumentar o co\u00f1ecemento astron\u00f3mico na rexi\u00f3n. Realizaron catro seminarios web desde finais de 2021, e hai m\u00e1is previstos. Estes seminarios web son axeitados para docentes, estudantes, entusiastas da astronom\u00eda e xente que practica a astronom\u00eda de forma amadora. Podes atopar os seminarios web anteriores <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1k1QVKKpTbsepKfWb75BFr556raKvNTVrfyF2llt-NOc\/edit\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>d) Novela gr\u00e1fica gratu\u00edta da NASA, First Woman (Primeira Muller) [Contido en ingl\u00e9s e espa\u00f1ol]<br \/>\nA Administraci\u00f3n Nacional da Aeron\u00e1utica e o Espazo (NASA, polas siglas en ingl\u00e9s) acaba de publicar o primeiro n\u00famero dunha novela gr\u00e1fica que conta a historia da primeira muller na L\u00faa, Callie Rodr\u00edguez, e o seu compa\u00f1eiro robot, RT. <a href=\"https:\/\/www.nasa.gov\/specials\/calliefirst\/\">No seu sitio web<\/a> atopar\u00e1s recursos en li\u00f1a adicionais, inclu\u00edndo unha versi\u00f3n aud\u00edbel da publicaci\u00f3n, unha aplicaci\u00f3n gratu\u00edta con actividades de realidade aumentada e virtual e outros recursos web.<\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Chin\u00e9s (Simplificado):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022march2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Marzo #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Actualizaci\u00f3ns do Grupo de Traballo Mulleres en Astronom\u00eda 2) Convocatoria de propostas Visi\u00f3n 2024 3) Peche do Programa Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda 4) Obradoiro \u201cUniverso Inclusivo\u201d 5) Bolet\u00edn do D\u00eda Internacional da Luz 6) Novas NOC 7) Oportunidades 8) Recursos interesantes 9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-marzo-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12541","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12541","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12541"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12541\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13037,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12541\/revisions\/13037"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12541"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12541"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12541"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}