{"id":12516,"date":"2022-03-25T20:56:07","date_gmt":"2022-03-25T20:56:07","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12516"},"modified":"2023-05-23T12:13:40","modified_gmt":"2023-05-23T12:13:40","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-marzo-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-marzo-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Marzo #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Marzo #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Mensaxe sobre a comunidade cient\u00edfica en Ucra\u00edna<br \/>\n2) Centro IAU para a Protecci\u00f3n do Ceo Escuro e Tranquilo da Interferencia das Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites<br \/>\n3) Obradoiro de Formaci\u00f3n H\u00edbrida en Psicolox\u00eda Educativa e Astronom\u00eda para a Sa\u00fade Mental e o Benestar<br \/>\n4) Enquisa global sobre planetarios<br \/>\n5) Premios<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Estas d\u00faas \u00faltimas semanas estiveron moi ocupadas, mais demos a benvida a Kelly Blumenthal ao noso equipo, que se une a n\u00f3s como subdirectora da OAO. Esta semana rematamos o programa \u201cMulleres e nenas na astronom\u00eda\u201d. Disporemos dun informe m\u00e1is formal a pr\u00f3xima semana, mais adiantamos que recibimos a asombrosa cantidade de 650 env\u00edos ao concurso \u201cDraw An Astronomer\u201d e as nosas publicaci\u00f3ns nas redes sociais acumularon m\u00e1is de 22.000 impresi\u00f3ns en Twitter e m\u00e1is de 45.000 en Facebook. Agardamos expectantes o pr\u00f3ximo n\u00famero do CAP Journal e o lanzamento de \u201cTelescopios para Todas as Persoas\u201d a finais deste mes. Mentres tanto, as oficinas rexionais da nosa oficina irm\u00e1, a Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento, celebraron conferencias e obradoiros en todo o mundo.<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn atopar\u00e1s (entre outras cousas) un novo e interesante premio da IAU para a divulgaci\u00f3n e a participaci\u00f3n p\u00fablica, unha invitaci\u00f3n para axudar a moldear o futuro do Centro IAU para a Protecci\u00f3n do Ceo Escuro e Tranquilo da Interferencia das Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites e unha fascinante oportunidade para estudantes da universidade. Agardamos que vos preste este n\u00famero do Bolet\u00edn OAO e que vos animedes a enviar as vosas historias e contidos para pr\u00f3ximas edici\u00f3ns.<\/p>\n<p>Finalmente, queremos reco\u00f1ecer que este \u00e9 un momento inmensamente dif\u00edcil para moitas persoas en todo o mundo; esperamos que esteades facendo todo o pos\u00edbel para mantervos con sa\u00fade e con seguridade. Esperamos que a paz volva finalmente \u00e1 rexi\u00f3n de Ucra\u00edna, mais sabemos que estas cousas levan tempo. Ofrecemos o noso apoio solidario a todas as persoas afectadas por esta crise.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, Suzana Filipecki Martins e Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Mensaxe sobre a comunidade cient\u00edfica en Ucra\u00edna<\/strong><\/p>\n<p>A IAU, en colaboraci\u00f3n coa Sociedade Astron\u00f3mica Europea, a Sociedade Astron\u00f3mica Americana, a Sociedade Astron\u00f3mica Africana, a Sociedade Astron\u00f3mica de Australia e a Sociedade Astron\u00f3mica Coreana, emitiu unha declaraci\u00f3n formal sobre a situaci\u00f3n en Ucra\u00edna. Queremos brindar apoio ao colectivo de colegas en Ucra\u00edna neste momento dif\u00edcil. Agardamos que alg\u00fan d\u00eda chegue a paz a esta rexi\u00f3n e ao resto do mundo.<\/p>\n<p>Para consultar a declaraci\u00f3n oficial da IAU e os detalles sobre as redes de apoio existentes para as persoas que fan ciencia nese pa\u00eds, consultade <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22012\/\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) Centro IAU para a Protecci\u00f3n do Ceo Escuro e Tranquilo da Interferencia das Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites<\/strong><\/p>\n<p>O Centro IAU para a Protecci\u00f3n do Ceo Escuro e Tranquilo da Interferencia das Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites (cps.iau.org) comezar\u00e1 a funcionar en abril. Antes da s\u00faa grande inauguraci\u00f3n, o centro est\u00e1 preparando unha serie de sesi\u00f3ns sobre pol\u00edticas, industria e tecnolox\u00eda, compromiso coa comunidade e moitas cousas m\u00e1is. As sesi\u00f3ns xa comezaron, mais a\u00ednda estades a tempo de participar na conversa!<\/p>\n<p>Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o centro, consulta a rolda de prensa <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=mIzC9HlyduY\">aqu\u00ed<\/a>. E rex\u00edstrate para unha ou m\u00e1is das sesi\u00f3ns <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSdWmK2Ue734mjPksa9Fhilph64_HR4ZaNQfzV3atHzMMg3yrQ\/viewform\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) Obradoiro de Formaci\u00f3n H\u00edbrida en Psicolox\u00eda Educativa e Astronom\u00eda para a Sa\u00fade Mental e o Benestar<\/strong><\/p>\n<p>O profesor Tsolmon Renchin da Universidade Nacional de Mongolia organiza un obradoiro h\u00edbrido titulado &#8220;Psicolox\u00eda educativa e astronom\u00eda para a sa\u00fade mental e o benestar&#8221;, que ter\u00e1 lugar do 19 ao 21 de maio de 2022. A inscrici\u00f3n e o env\u00edo de resumos xa est\u00e1n abertos! Para m\u00e1is informaci\u00f3n e env\u00edo de resumos, consultade <a href=\"https:\/\/sas.num.edu.mn\/EPAstronomy\/\">o sitio web<\/a>\u00a0da conferencia.<\/p>\n<p><strong>4) Enquisa global sobre planetarios<\/strong><\/p>\n<p>A Universidade KU de Leuven e a Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n desenvolveron conxuntamente unha enquisa sobre o uso, o contido e as mellores pr\u00e1cticas de planetario en todo o mundo. A enquisa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en \u00e1rabe, chin\u00e9s, espa\u00f1ol, ingl\u00e9s, franc\u00e9s, xapon\u00e9s, polaco, portugu\u00e9s, holand\u00e9s e ruso. No futuro engadiranse idiomas adicionais. Fai clic <a href=\"https:\/\/kuleuven.eu.qualtrics.com\/jfe\/form\/SV_eMbaM2bXlcOVWLQ\">nesta ligaz\u00f3n<\/a> para comezar a enquisa.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n po\u00f1\u00e9devos en contacto con:<\/p>\n<p>Prof. Dr. Jan Sermeus (KU Leuven\/Royal Observatory B\u00e9lxica) &#8211; jan.sermeus@kuleuven.be<\/p>\n<p>Dr. Saeed Salimpour (Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n) &#8211; salimpour@astro4edu.org<\/p>\n<p><strong>5) Premios<\/strong><\/p>\n<p><strong>a) Falling Walls<\/strong><\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n Falling Walls lanzou unha convocatoria global de candidaturas. Buscan persoas que fagan ciencia \u00e1 fronte dos pr\u00f3ximos grandes avances. As dez contribuci\u00f3ns ga\u00f1adoras, \u201cScience Breakthroughs of the Year\u201d, daranse a co\u00f1ecer presencialmente en Berl\u00edn e transmitiranse en directo este outono. Poden enviarse candidaturas antes do 15 de maio <a href=\"https:\/\/falling-walls.com\/call-for-nominations\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>b) Premio IAU de Divulgaci\u00f3n, Desenvolvemento e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>A data l\u00edmite para as candidaturas ao novo Premio de Divulgaci\u00f3n, Desenvolvemento e Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional \u00e9 o 15 de marzo. Os premios est\u00e1n abertos a persoas (membros e non membros da IAU) e grupos (pequenos equipos e organizaci\u00f3ns) que fixeran contribuci\u00f3ns destacadas \u00e1 educaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n ou desenvolvemento da astronom\u00eda. A primeira quenda de premios presentarase na Asemblea Xeral da IAU en Busan, Corea do Sur, en agosto de 2022. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, consultade <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2202\/\">o seu sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>c) Premios da Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico<\/strong><\/p>\n<p>Outra data l\u00edmite: 15 de marzo! A Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico acepta candidaturas para os seus sete premios en astronom\u00eda profesional, divulgaci\u00f3n p\u00fablica, educaci\u00f3n e astronom\u00eda afeccionada. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n e detalles sobre o proceso de candidaturas, consultade <a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/asp.html\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p><strong>a) NOC Chad<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina Rexional de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento de \u00c1frica Occidental, en colaboraci\u00f3n coa Sociedade Astron\u00f3mica Africana e o <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-chad\">NOC Chad<\/a>, Mamadou Mahamat Djabbi, organizou en Chad unha actividade denominada Semana do Descubrimento da Astronom\u00eda en Chad do 14 ao 19 de febreiro de 2022. Estas actividades permitiron a estudantes de d\u00faas grandes cidades do Chad descubrir por primeira vez o que \u00e9 a astronom\u00eda e o uso desta para o desenvolvemento.<\/p>\n<p><strong>b) NOC Rep\u00fablica Dominicana<\/strong><\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/DominicanRepublic\">NOC na Rep\u00fablica Dominicana<\/a>, Manuel E. Grull\u00f3n\u00a0 realizou un v\u00eddeo en colaboraci\u00f3n con Breezy Oca\u00f1a (NAEC Rep\u00fablica Dominicana), no que responde a catro preguntas que adoitan ter as nenas interesadas na ciencia. Podes ver o v\u00eddeo <a href=\"https:\/\/storage.3.basecamp.com\/3800056\/blobs\/3965ee82-99d1-11ec-9d4e-76f835da85f1\/download\/Wmns%20Grls%20astronomy%202022%20Breezy.mp4\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>c) NOC Kuwait<\/strong><br \/>\nAs persoas que asistiron ao Centro Cultural Sheikh Abdullah Al Salem en Kuwait quedaron abraiados pola l\u00faa crecente e outros corpos celestes.<\/p>\n<p><strong>d) NOC Marrocos<\/strong><br \/>\nNo D\u00eda Internacional da Muller, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Morocco\">a NOC de Marrocos<\/a>, Meriem Elyajouri,\u00a0 organizou unha conferencia 100% feminina, en colaboraci\u00f3n coa Asociaci\u00f3n de Astronom\u00eda de Triflet.<\/p>\n<p><strong>e) NOC Qatar<\/strong><br \/>\nO luns, 7 de marzo de 2022, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-qatar\">o NOC de Qatar<\/a> Hani Dalee foi invitado a dar unha charla sobre a dramaturxia dos contos \u00e1rabes no ceo na Sociedade do Planetario \u00c1rabe. Podes ver a charla en \u00e1rabe <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=hqCxgpZCbFo\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p><strong>a) Pr\u00e1cticas do Instituto de Ciencias da Terra e da Vida e do Blue Marble Space Institute of Science<\/strong><\/p>\n<p>O Earth-Life Science Institute (ELSI; Xap\u00f3n) e o Blue Marble Space Institute of Science (BMSIS; EE. UU.) lanzaron unhas pr\u00e1cticas de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica a distancia para estudantes de grao ou persoas recentemente graduadas. Xunto as persoas mentoras do proxecto, as candidaturas seleccionadas traballar\u00e1n nos campos da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, a educaci\u00f3n e a divulgaci\u00f3n p\u00fablica e tam\u00e9n recibir\u00e1n formaci\u00f3n en \u00e1reas clave.<br \/>\nPara m\u00e1is informaci\u00f3n, consulta <a href=\"http:\/\/www.elsi.jp\/en\/news_events\/news\/2022\/internship_elsi_bmsis\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p><strong>a) Mulleres en astronom\u00eda da Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico [Contido en ingl\u00e9s]<\/strong><\/p>\n<p>A Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico elaborou un recurso educativo sobre mulleres na astronom\u00eda no pasado e no presente. Para descargar os materiais e saber m\u00e1is sobre eles, consulta <a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/education-outreach\/resource-guides\/women-in-astronomy-an-introductory-resource-guide.html?fbclid=IwAR0PNlmAs7JCH_nDe5yrXMw1PdZAmEn-P2EFAW4xCABCUb44z4OAIEBN0uw\">esta p\u00e1xina<\/a>.<\/p>\n<p><strong>b) Libro Ci\u00eancia Viva sobre as nenas e as mulleres na ciencia [Contido en portugu\u00e9s]<\/strong><\/p>\n<p>Ci\u00eancia Viva acaba de publicar un libro para o D\u00eda das Nenas e das Mulleres na Ciencia, que recolle declaraci\u00f3ns persoais de decenas de nenas e mulleres implicadas en proxectos CTEM en todo Portugal. Isto \u00e9 o que di a estudante de 17 anos Ye Jinghao: &#8220;\u00c1 xente g\u00fastanlle as cousas bonitas, a min tam\u00e9n. Para min, a beleza m\u00e1is grande que hai \u00e9 o universo. Non me refiro s\u00f3 ao universo en si, sen\u00f3n tam\u00e9n \u00e1s relaci\u00f3ns entre os seus compo\u00f1entes, as regras que hai detr\u00e1s do universo e o proceso de descubrir estas regras. O m\u00e9todo cient\u00edfico d\u00e1nos o mellor punto de vista para apreciar esta beleza, mais a\u00ednda non entendemos ben a beleza do universo. Hai moito m\u00e1is que nos agarda para explorar e, nese cami\u00f1o de exploraci\u00f3n, divert\u00edmonos moito!&#8221;<\/p>\n<p>Para descargar o libro e ler algunhas das outras citas, consulta <a href=\"https:\/\/webstorage.cienciaviva.pt\/public\/pt.cienciaviva.www\/raparigas\/RaparigasNaCiencia_2022_web.pdf\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>c) Calendario de astronom\u00eda para a divulgaci\u00f3n [Contido en ingl\u00e9s e espa\u00f1ol]<\/strong><\/p>\n<p>Claudio Mart\u00ednez, Embaixador de Ceos Escuros da IAU de Arxentina, axudou a crear un calendario astron\u00f3mico para asegurarse de que as persoas que divulgan astronom\u00eda se mante\u00f1an ao tanto dos eventos astron\u00f3micos que suceden ao longo do ano. Isto incl\u00fae &#8220;todo acontecemento no ceo, para todo o planeta [sic]. Eclipses, conxunci\u00f3ns, ocultaci\u00f3ns, oposici\u00f3ns, solsticios, equinoccios etc\u201d. Tam\u00e9n incl\u00faen astrofotograf\u00edas feitas en Arxentina, M\u00e9xico e Estados Unidos.<\/p>\n<p>Podes descargar o calendario <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1iOUQ3aJ3_4YmiJyG-t3emItOZVqf26QZ\/view?fbclid=IwAR3swmX6EhrFyWEonG9D4E61Za03lWb-yCemlWeT76u4kw2xuaQmi_vdBUE\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Chin\u00e9s (Simplificado):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022march1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Marzo #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Mensaxe sobre a comunidade cient\u00edfica en Ucra\u00edna 2) Centro IAU para a Protecci\u00f3n do Ceo Escuro e Tranquilo da Interferencia das Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites 3) Obradoiro de Formaci\u00f3n H\u00edbrida en Psicolox\u00eda Educativa e Astronom\u00eda para a Sa\u00fade Mental e o Benestar 4) Enquisa global sobre planetarios 5) Premios 6) Novas NOC&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-marzo-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12516","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12516","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12516"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12516\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13038,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12516\/revisions\/13038"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12516"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12516"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12516"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}