{"id":12481,"date":"2022-02-16T11:40:45","date_gmt":"2022-02-16T11:40:45","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12481"},"modified":"2023-05-23T12:14:01","modified_gmt":"2023-05-23T12:14:01","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-febreiro-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-febreiro-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Febreiro #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Febreiro #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Como participar no proxecto global de divulgaci\u00f3n da IAU: Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda<br \/>\n2) A IAU anuncia tres novos premios para a educaci\u00f3n, a divulgaci\u00f3n e o desenvolvemento astron\u00f3micos<br \/>\n3) Selecci\u00f3n do novo Centro da IAU para a protecci\u00f3n do ceo escuro e tranquilo da interferencia das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites<br \/>\n4) A divulgaci\u00f3n inclusiva da IAU comeza a colaborar coa Uni\u00f3n Europea de Persoas Cegas<br \/>\n5) Novas NOC<br \/>\n6) D\u00eda Internacional da Luz 2022<br \/>\n7) Eventos e recursos comunitarios do Telescopio Espacial Webb<br \/>\n8) Mostra de ciencia global na t\u00faa lingua materna 2022<br \/>\n9) ASTROdatos, un blog de astrofotograf\u00eda<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3n sao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Neste n\u00famero queremos destacar o proxecto da oficina IAU para a divulgaci\u00f3n Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda, que est\u00e1 en pleno apoxeo e convid\u00e1mosvos a unirvos a n\u00f3s nesta celebraci\u00f3n. Quizais poidas compartir o teu evento no calendario global de eventos de divulgaci\u00f3n, que agora ten m\u00e1is de 200 entradas dedicadas ao proxecto e m\u00e1is de 4000 visualizaci\u00f3ns. Podeste unir a n\u00f3s na campa\u00f1a en li\u00f1a que reuniu m\u00e1is de 54.000 impresi\u00f3ns en Facebook e Twitter. As t\u00faas publicaci\u00f3ns e o teu compromiso poden axudar a nosa comunidade a abordar mellor as disparidades de x\u00e9nero en Astronom\u00eda e CTEM compartindo recursos, actividades as astr\u00f3nomas que te inspiran; s\u00f3 tes que usar as etiquetas #WomenInAstronomy e #WomanInSTEM.<\/p>\n<p>Este bolet\u00edn tam\u00e9n cont\u00e9n actualizaci\u00f3ns da IAU, inclu\u00eddo o anuncio de novos premios para a educaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n e desenvolvemento en astronom\u00eda e informaci\u00f3n sobre novos proxectos das nosas Coordinadoras e Coordinadores Nacionais de Divulgaci\u00f3n (NOC) da IAU.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas e Suzana Filipecki Martins, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Como participar no proxecto global de divulgaci\u00f3n da IAU: Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto da IAU &#8220;Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda&#8221; reco\u00f1ece o papel das mulleres no avance da ciencia e anima as nenas a considerar carreiras na astronom\u00eda. Como parte do proxecto, a Oficina de Divulgaci\u00f3n organiza \u201cCo\u00f1ece as e os astr\u00f3nomos da IAU | Edici\u00f3n especial: Mulleres e nenas&#8221;, unha serie de entrevistas en directo onde diferentes astr\u00f3nomas te\u00f1en a oportunidade de falar sobre a s\u00faa carreira profesional, a s\u00faa investigaci\u00f3n, inclusi\u00f3n, formas de abordar a discriminaci\u00f3n e como constru\u00edr un panorama astron\u00f3mico m\u00e1is diverso. \u00danete a n\u00f3s o <a href=\"https:\/\/www.eventbrite.com\/e\/meet-the-iau-astronomers-special-edition-women-and-girls-tickets-268915873617\">18 de febreiro<\/a> para unha conversa entre a expresidenta da IAU, Silvia Torres-Peimbert, e a coordinadora nacional de divulgaci\u00f3n da IAU para Bahrein, Myriam Alqassab, e o <a href=\"https:\/\/www.eventbrite.com\/e\/meet-the-iau-astronomers-special-edition-women-and-girls-tickets-269528405717\">25 de febreiro<\/a> para co\u00f1ecer as astr\u00f3nomas Ilhuiyolitzin Villicana Pedraza e Amelia Ortiz-Gil.<\/p>\n<p>Hai outras formas de unirte ao proxecto Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda: podes rexistrar o teu evento no calendario de eventos de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda ou compartir un pequeno v\u00eddeo sobre a t\u00faa carreira profesional en astronom\u00eda, a t\u00faa vida laboral diaria e por que \u00e9 importante a inclusi\u00f3n. Ou \u00fanete a n\u00f3s nunha campa\u00f1a en li\u00f1a para abordar as disparidades de x\u00e9nero en Astronom\u00eda e CTEM e moito m\u00e1is.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is sobre como unirte ao proxecto Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/women-and-girls-in-astronomy\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/women-and-girls-in-astronomy\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) A IAU anuncia tres novos premios para a educaci\u00f3n, a divulgaci\u00f3n e o desenvolvemento astron\u00f3mico<\/strong><\/p>\n<p>A IAU lanza tres novos premios que se outorgar\u00e1n cada tres anos na Asemblea Xeral: o Premio de Educaci\u00f3n na Astronom\u00eda da IAU, o Premio de Divulgaci\u00f3n na Astronom\u00eda da IAU e o Premio de Desenvolvemento na Astronom\u00eda da IAU. Estes premios cre\u00e1ronse cun xeneroso financiamento da expresidente da IAU, Ewine van Dishoeck. As candidaturas estar\u00e1n abertas desde o 15 de febreiro de 2022 at\u00e9 o 15 de marzo de 2022 para a primeira quenda de premios, que se presentar\u00e1 na XXXI Asemblea Xeral da IAU en Busan, Corea do Sur, en agosto deste ano.<\/p>\n<div>\n<div>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2202\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2202\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Selecci\u00f3n do novo Centro da IAU para a protecci\u00f3n do ceo escuro e tranquilo da interferencia das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites<\/strong><\/p>\n<p>A IAU anunciou a selecci\u00f3n do Observatorio SKA (SKAO) e do NOIRLab da NSF como coanfitri\u00f3ns do novo Centro da IAU para a \u201cProtecci\u00f3n dos ceos escuros e tranquilos do impacto das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites\u201d. O centro coordina esforzos internacionais de colaboraci\u00f3n multidisciplinar con instituci\u00f3ns e individuos e traballa en m\u00faltiples \u00e1reas xeogr\u00e1ficas para axudar a mitigar o impacto negativo das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites nas observaci\u00f3ns terrestres \u00f3pticas e de radioastronom\u00eda, as\u00ed como sobre o pracer de observar o ceo nocturno para a humanidade.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2201\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2201\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) A divulgaci\u00f3n inclusiva da IAU comeza a colaborar coa Uni\u00f3n Europea de Persoas Cegas<\/strong><\/p>\n<p>O subgrupo de traballo da IAU de Divulgaci\u00f3n Inclusiva estableceu con \u00e9xito unha colaboraci\u00f3n coa Uni\u00f3n Europea de Persoas Cegas (EBU &#8211; www.euroblind.org), co obxectivo de explorar oportunidades e facer m\u00e1is relevantes os nosos esforzos de divulgaci\u00f3n ao termos comentarios directos de persoas expertas sobre as nosas actividades, formaci\u00f3n especializada de profesionais de divulgaci\u00f3n e creaci\u00f3n de v\u00ednculos coas comunidades de persoas cegas e con discapacidade visual.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.euroblind.org\/newsletter\/2022\/january\/en\/astronomy-iau-inclusive-outreach-astronomy-community-worth-joining%C2%A0\">https:\/\/www.euroblind.org\/newsletter\/2022\/january\/en\/astronomy-iau-inclusive-outreach-astronomy-community-worth-joining<\/a><\/p>\n<p>E aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.euroblind.org\/newsletter\/ebu-members-newsletter\/2022\/january\/en\">https:\/\/www.euroblind.org\/newsletter\/ebu-members-newsletter\/2022\/january\/en<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Moitas e moitos NOC est\u00e1n a participar no proxecto Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda. Os eventos foron organizados coas coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n de Croacia, Sud\u00e1n, Eslovaquia, Trinidad e Tobago, Arxentina, Rep\u00fablica Checa, Rep\u00fablica Dominicana, Mauritania e Iraq. Tam\u00e9n queremos destacar a contribuci\u00f3n dos nosos compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras de NAEC Roman\u00eda que comprometeron a m\u00e1is de 100 unidades escolares para levaren a cabo actividades no pa\u00eds.<\/p>\n<p>b) O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/DominicanRepublic\">NOC da Rep\u00fablica Dominicana Manuel Grull\u00f3n<\/a> organizou diversas actividades de observaci\u00f3n das estrelas dirixidas a comunidades desfavorecidas con telescopios doados polo proxecto Telescopios para Todas as Persoas.<\/p>\n<p>c) Os e as NOC seguen abordando as medidas de restrici\u00f3n da COVID mediante a implementaci\u00f3n de actividades en li\u00f1a atractivas. O 18 de xaneiro, o <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-iraq\">NOC de Iraq Ali Jaber Al-Edhari<\/a> presentou unha conferencia virtual co doutor Duha Mahmoud. O mesmo d\u00eda, o <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-barbados\">NOC de Barbados David Marshall<\/a> acolleu unha emisi\u00f3n p\u00fablica en directo do paso do asteroide 1994 PC1. O 27 de xaneiro, a <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-botswana\">NOC de Botswana Molly Kgobathe<\/a> organizou unha charla en li\u00f1a de Stephen James O&#8217;Meara, un astr\u00f3nomo e autor galardoado, e o 6 de febreiro, o <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-haiti\">NOC de Hait\u00ed Rulx Narcisse<\/a> acolleu unha conferencia en li\u00f1a sobre planetolox\u00eda comparada. O evento foi o primeiro dunha serie introdutoria dedicada \u00e1 comunidade astr\u00f3noma amadora.<\/p>\n<p>d) As e os NOC tam\u00e9n realizaron actividades presenciais, moitas delas implementadas nos centros educativos. O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-sudan\">NOC de Sud\u00e1n Mohammed Yahya<\/a> implementou un programa de sensibilizaci\u00f3n para crianzas, con actividades e charlas dedicadas ao alumnado de preescolar, mentres que o <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Ethiopia\">NOC de Etiop\u00eda Alemiye Mamo<\/a> organizou un evento de divulgaci\u00f3n escolar na escola primaria Birhan Ber. O programa de divulgaci\u00f3n inclu\u00edu unha presentaci\u00f3n de profesionais da astronom\u00eda e unha demostraci\u00f3n de telescopios.<\/p>\n<p>e) Do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro, a <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Egypt\">NOC de Exipto Samaya Saad<\/a> participou na Feira Internacional do Libro do Cairo presentando diversas publicaci\u00f3ns sobre astronom\u00eda b\u00e1sica, ademais de maquetas, roda estelar, reloxo estelar, reloxo de sol e actividades para a observaci\u00f3n do Sol.<\/p>\n<p><strong>6) D\u00eda Internacional da Luz 2022<\/strong><\/p>\n<p>O D\u00eda Internacional da Luz (IDL) \u00e9 unha iniciativa mundial da UNESCO que se celebra anualmente o 16 de maio e se centra na importancia da luz e no seu papel na ciencia, a arte, a tecnolox\u00eda, a cultura, a educaci\u00f3n e o desenvolvemento sost\u00edbel en diversos campos, que contrib\u00faen a acadar os obxectivos da UNESCO: educaci\u00f3n, igualdade e paz. Este ano IDL tam\u00e9n se centra no Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sost\u00edbel da ONU 2022 e o Ano Internacional do Vidro da ONU, no \u00e9xito do Telescopio Espacial James Webb e no D\u00eda Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is e rexistrar o teu evento: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\">https:\/\/www.lightday.org<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Eventos e recursos comunitarios do Telescopio Espacial Webb<\/strong><\/p>\n<p>A NASA e as s\u00faas entidades asociadas queren compartir a experiencia das primeiras imaxes do Telescopio Espacial Webb con comunidades dos Estados Unidos e do estranxeiro. O lanzamento das primeiras imaxes do JWST en xullo de 2022 representa unha oportunidade \u00fanica para involucrar a nosa comunidade internacional. Podes solicitar acoller eventos comunitarios. O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes remata o venres 25 de febreiro de 2022. Pux\u00e9ronse a disposici\u00f3n da comunidade de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica outros recursos, inclu\u00edndo un <a href=\"https:\/\/www.esa.int\/Science_Exploration\/Space_Science\/Webb\/James_Webb_Space_Telescope_launch_kit\">kit de lanzamento<\/a> e moitos <a href=\"https:\/\/jwst.nasa.gov\/content\/forEducators\/informal.html\">recursos de educaci\u00f3n informal<\/a>.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/outerspace.stsci.edu\/display\/WSTCE\/\">https:\/\/outerspace.stsci.edu\/display\/WSTCE\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Mostra de ciencia global na t\u00faa lingua materna 2022<\/strong><\/p>\n<p>O venres 18 de febreiro haber\u00e1 unha nova edici\u00f3n da &#8220;Mostra de ciencia global na t\u00faa lingua materna&#8221; para celebrar o D\u00eda Internacional da Lingua Materna. Achega contribuci\u00f3ns no teu idioma! Esta mostra presenta a ciencia en xeral, polo que tam\u00e9n est\u00e1n convidado o persoal cient\u00edfico e divulgador.<\/p>\n<p>Se queres participar, reg\u00edstrate aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.eventbrite.co.uk\/e\/the-global-science-show-science-in-your-mother-tongue-tickets-239291536427%C2%A0\">https:\/\/www.eventbrite.co.uk\/e\/the-global-science-show-science-in-your-mother-tongue-tickets-239291536427<\/a><\/p>\n<p><strong>9) ASTROdatos, un blog de astrofotograf\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Astrodatos \u00e9 un blog espa\u00f1ol de astrofotograf\u00eda que utiliza as astrofotograf\u00edas como punto de partida para comunicar informaci\u00f3n astron\u00f3mica ao p\u00fablico en xeral. Ao funcionar como recurso documental e ferramenta de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda, o blog pretende mostrar a ciencia como unha aventura de co\u00f1ecemento.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is (en castel\u00e1n): <a href=\"https:\/\/astrodatos.blog\">https:\/\/astrodatos.blog<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Chin\u00e9s (Simplificado):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022february1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Febreiro #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Como participar no proxecto global de divulgaci\u00f3n da IAU: Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda 2) A IAU anuncia tres novos premios para a educaci\u00f3n, a divulgaci\u00f3n e o desenvolvemento astron\u00f3micos 3) Selecci\u00f3n do novo Centro da IAU para a protecci\u00f3n do ceo escuro e tranquilo da interferencia das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-febreiro-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12481","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12481","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12481"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12481\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13040,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12481\/revisions\/13040"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12481"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12481"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12481"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}