{"id":12460,"date":"2022-01-31T23:00:19","date_gmt":"2022-01-31T23:00:19","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12460"},"modified":"2023-05-23T12:14:11","modified_gmt":"2023-05-23T12:14:11","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-xaneiro-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-xaneiro-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Xaneiro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11402\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xaneiro #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Divulgaci\u00f3n IAU: Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda<br \/>\n2) Un\u00eddevos \u00e1s sesi\u00f3ns de divulgaci\u00f3n da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda durante a XXXI Asemblea Xeral da IAU<br \/>\n3) Chamada \u00e1 comunidade astron\u00f3mica amadora de todo o mundo<br \/>\n4) Publicaci\u00f3n dos informes do grupo de traballo Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade II<br \/>\n5) A IAU lanza a Revista de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda<br \/>\n6) A IAU axudar\u00e1 a coordinar o Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sost\u00edbel da ONU en 2022<br \/>\n7) A Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da IAU publica os resultados da convocatoria de propostas de 2021<br \/>\n8) A Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU publica as actas do 3\u00ba Obradoiro Shaw\u2013IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<br \/>\n9) Novas NOC: NOCs da rexi\u00f3n \u00e1rabe, Bangladesh, Exipto e Italia<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Ao comezarmos este novo ano, queremos chamar a vosa atenci\u00f3n sobre a XXXI Asemblea Xeral da IAU que se celebrar\u00e1 en agosto de xeito h\u00edbrido en Busan, Corea do Sur. A nosa Oficina ter\u00e1 unha sesi\u00f3n especial que se centrar\u00e1 nas iniciativas de divulgaci\u00f3n da IAU para comprender (1) o marco e a li\u00f1a dos programas planificados e en execuci\u00f3n; (2) as contribuci\u00f3ns que a comunidade da IAU, como grupo, pode achegar para implementar de xeito satisfactorio do Plan Estrat\u00e9xico da IAU e (3) como se incorporou e desenvolveu o legado das celebraci\u00f3ns do 100 aniversario da IAU. Polo tanto, animamos a todas as persoas integrantes da comunidade IAU a unirse a n\u00f3s na Asemblea Xeral da IAU para compartir as s\u00faas mellores pr\u00e1cticas e participar activamente nunha nova d\u00e9cada de iniciativas de divulgaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e participaci\u00f3n p\u00fablica na astronom\u00eda.<\/p>\n<p>Non puidemos comezar mellor o noso programa para 2022! O Proxecto Global IAU Mulleres e Nenas en Astronom\u00eda celebra o papel das mulleres no avance da ciencia e convida as nenas a pensar en facer carreira na astronom\u00eda. O proxecto desenv\u00f3lvese todos os anos desde o D\u00eda Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o 11 de febreiro, at\u00e9 o D\u00eda Internacional da Muller, o 8 de marzo. Podes unirte \u00e1 primeira edici\u00f3n especial de Co\u00f1ece as astr\u00f3nomas da IAU, a serie de entrevistas \u201cMulleres e Nenas\u201d, con Jessica Mink, astr\u00f3noma e desenvolvedora de software do Observatorio Astrof\u00edsico Smithsonian. O evento transmitirase en directo o 11 de febreiro \u00e1s 15:30 UTC na canle de YouTube de OAO.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero do noso bolet\u00edn, destacamos noticias das nosas oficinas irm\u00e1s, a Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento e a Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n. Al\u00e9granos compartir convosco o lanzamento da Revista de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda da IAU, unha nova publicaci\u00f3n revisada por pares dedicada \u00e1 comunidade educativa en astronom\u00eda. Ademais, non perdas as noticias da IAU e dos nosos contactos nacionais de divulgaci\u00f3n (NOC).<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas e Suzana Filipecki Martins, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Divulgaci\u00f3n IAU: Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Convid\u00e1mosvos a que vos unades a n\u00f3s na edici\u00f3n deste ano de Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda, un evento anual que se celebra do 11 de febreiro ao 8 de marzo e que reco\u00f1ece o papel da muller no avance da ciencia e anima as nenas a considerar carreiras neste campo. Os e as profesionais de divulgaci\u00f3n, pais e nais, a mocidade e as astr\u00f3nomas e os astr\u00f3nomos poden contribu\u00edr ao programa apoiando unha serie de eventos virtuais e presenciais organizados polas coordinaci\u00f3ns de divulgaci\u00f3n nacional da OAO e a comunidade de divulgaci\u00f3n. Tam\u00e9n podes unirte a n\u00f3s na nosa campa\u00f1a en li\u00f1a ou participar no concurso Debuxa unha astr\u00f3noma para ter a oportunidade de ga\u00f1ar un telescopio, por cortes\u00eda do proxecto <a href=\"http:\/\/www.ssvi.be\/\">Stars Shine for Everyone<\/a>.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre como podes participar en Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/women-and-girls-in-astronomy\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/women-and-girls-in-astronomy\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Un\u00eddevos \u00e1s sesi\u00f3ns de divulgaci\u00f3n da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda durante a XXXI Asemblea Xeral da IAU<\/strong><\/p>\n<p>A XXXI Asemblea Xeral da IAU (GA2022) celebrarase do 2 ao 11 de agosto de 2022 en Busan, Corea do Sur, nun formato h\u00edbrido, o que significa que as persoas participantes poden rexistrarse como asistentes presenciais ou virtuais. A Oficina de Astronom\u00eda da IAU presentar\u00e1 un programa especial dedicado \u00e1 comunidade IAU que asista \u00e1 Asemblea Xeral. O env\u00edo de resumos est\u00e1 aberto at\u00e9 o 31 de marzo de 2022.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre a sesi\u00f3n da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: <a href=\"https:\/\/www.iauga2022.org\/program\/program_06_1.asp?sMenu=abo6%C2%A0\">https:\/\/www.iauga2022.org\/program\/program_06_1.asp?sMenu=abo6<\/a><\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre a XXXI Asemblea Xeral da IAU: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22001\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22001\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Chamada \u00e1 comunidade astron\u00f3mica amadora de todo o mundo<\/strong><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU), como parte do seu Plan Estrat\u00e9xico 2020-2030, est\u00e1 a colaborar coa comunidade astron\u00f3mica amadora de todo o mundo e convida a todas as persoas afeccionadas a que cubran unha enquisa coas s\u00faas opini\u00f3ns sobre como pode participar o colectivo amador coa comunidade profesional da IAU.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21064\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21064\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Publicaci\u00f3n dos informes do grupo de traballo Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade II<\/strong><\/p>\n<p>En outubro de 2021 m\u00e1is de 700 persoas de 76 pa\u00edses participaron en li\u00f1a na Conferencia das Naci\u00f3ns Unidas\/Espa\u00f1a\/Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional sobre ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade. Nesta segunda reuni\u00f3n, as persoas participantes incidiron na viabilidade de implantar medidas espec\u00edficas para mitigar o impacto das interferencias artificiais que afectan a visibilidade do ceo e a detecci\u00f3n de sinais de radio c\u00f3smico que se recomendaron na primeira conferencia. Os resultados desta reuni\u00f3n rel\u00e1tanse nos informes, que xa est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis en li\u00f1a.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22002\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22002\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) A IAU lanza a Revista de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>A IAU publicou o primeiro n\u00famero da Revista de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda (AEJ, polas siglas en ingl\u00e9s). Esta nova publicaci\u00f3n en li\u00f1a est\u00e1 producida pola Comisi\u00f3n C1 da IAU sobre Educaci\u00f3n e Desenvolvemento en Astronom\u00eda e ten como obxectivo servir \u00e1 comunidade educativa en astronom\u00eda reunindo publicaci\u00f3ns pr\u00e1cticas, acad\u00e9micas e noticias con achegas neste campo.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22003\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22003\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) A IAU axudar\u00e1 a coordinar o Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sost\u00edbel da ONU en 2022<\/strong><\/p>\n<p>O 2 de decembro de 2021 a Asemblea Xeral das Naci\u00f3ns Unidas declarou oficialmente 2022 como Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sost\u00edbel (IYBSSD). A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) forma parte do comit\u00e9 de direcci\u00f3n do IYBSSD e axudar\u00e1 a coordinar as actividades do ano, xunto con outras instituci\u00f3ns cient\u00edficas.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21063\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21063\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) A Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da IAU publica os resultados da convocatoria de propostas de 2021<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) da IAU ten o pracer de anunciar os resultados da s\u00faa convocatoria de propostas de 2021, a trav\u00e9s da cal dezasete proxectos de todo o mundo recibir\u00e1n un total de 109822 euros en 2022. Estes proxectos abordar\u00e1n diversos aspectos socioecon\u00f3micos e retos de desenvolvemento sost\u00edbel mediante acci\u00f3ns relacionadas coa astronom\u00eda.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22004\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22004\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) A Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU publica as actas do 3\u00ba Obradoiro Shaw\u2013IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Que deben saber todas as persoas implicadas na educaci\u00f3n astron\u00f3mica para ter \u00e9xito neste campo? Este foi o tema do terceiro obradoiro Shaw\u2013IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n, que se celebrou en li\u00f1a do 12 ao 15 de outubro de 2021. As actas deste evento est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis en li\u00f1a.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21065\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21065\/<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Novas NOC: NOCs da rexi\u00f3n \u00e1rabe, Bangladesh, Exipto e Italia<\/strong><\/p>\n<p>a) Os e as NOC da rexi\u00f3n \u00e1rabe colaboraron en seminarios web e obradoiros mensuais. Falados en lingua \u00e1rabe, os eventos abarcaron varios temas interesantes, entre eles &#8220;Choivas peri\u00f3dicas de meteoros&#8221;, &#8220;Ciencia e ficci\u00f3n no cami\u00f1o da astronom\u00eda&#8221; e &#8220;O noso sentido no espazo&#8221;. O evento de febreiro estar\u00e1 dirixido polo NOC de Sud\u00e1n, seguido do NOC de Iraq en marzo.<\/p>\n<p>b) O NOC de Bangladesh, en colaboraci\u00f3n con Bangladesh Science Popularization Society (SPSB) e o programa Universe Awareness (UNAWE), organizou o &#8220;Obradoiro de Astronom\u00eda F.R. Sarker 2021&#8221;. O evento de tres d\u00edas tivo lugar do 20 ao 22 de decembro. Involucrou a alumnos de 15 a 16 anos e abarcou diversos temas astron\u00f3micos, como a historia da astronom\u00eda, a gravidade, os buracos negros e a astrobiolox\u00eda.<\/p>\n<p>c) O 18 de xaneiro, o NOC de Barbados e a Sociedade Astron\u00f3mica de Barbados organizaron &#8220;Look Up!&#8221;, unha emisi\u00f3n p\u00fablica en directo sobre o paso pr\u00f3ximo do Asteroide 1994 PC1.<\/p>\n<p>d) Desde principios de 2022, o NOC de Exipto organizou unha serie de eventos en li\u00f1a. O 10 de xaneiro, o doutor Mouhamed Shaban presentou unha conferencia sobre os eventos e fen\u00f3menos astron\u00f3micos m\u00e1is importantes que ter\u00e1n lugar en 2022, e o 17 de xaneiro, o doutor Somaya Saad falou ante o p\u00fablico sobre o telescopio espacial James Webb. O NOC de Exipto tam\u00e9n organizar\u00e1 un obradoiro de astronom\u00eda para a mocidade o 5 de febreiro. Hai m\u00e1is informaci\u00f3n sobre este pr\u00f3ximo obradoiro en <a href=\"https:\/\/fb.me\/e\/14p6a4GYn\">https:\/\/fb.me\/e\/14p6a4GYn<\/a>.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Chin\u00e9s (Simplificado):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022january2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Xaneiro #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Divulgaci\u00f3n IAU: Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda 2) Un\u00eddevos \u00e1s sesi\u00f3ns de divulgaci\u00f3n da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda durante a XXXI Asemblea Xeral da IAU 3) Chamada \u00e1 comunidade astron\u00f3mica amadora de todo o mundo 4) Publicaci\u00f3n dos informes do grupo de traballo Ceos escuros e tranquilos para&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-xaneiro-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12460","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12460","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12460"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12460\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13041,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12460\/revisions\/13041"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12460"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12460"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12460"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}