{"id":12400,"date":"2022-01-21T08:00:45","date_gmt":"2022-01-21T08:00:45","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12400"},"modified":"2022-01-31T22:39:51","modified_gmt":"2022-01-31T22:39:51","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-xaneiro-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-xaneiro-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Xaneiro #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xaneiro #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) A XXXI Asemblea Xeral da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional<br \/>\n2) \u00danete \u00e1 celebraci\u00f3n &#8220;Mulleres e Nenas na astronom\u00eda&#8221;<br \/>\n3) Telescopios para Todas as Persoas 2022<br \/>\n4) Concienciaci\u00f3n sobre os ceos escuros e tranquilos<br \/>\n5) Co\u00f1ece o persoal da IAU!<br \/>\n6) \u00danete \u00e1 celebraci\u00f3n das 100 Horas de Astronom\u00eda<br \/>\n7) Env\u00eda o teu resumo a CAPjournal<br \/>\n8) Premios Astronomy@Home 2022<br \/>\n9) Actividades destacadas<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contrib\u00fae ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>En 2022 a nosa oficina, a Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU, celebrar\u00e1 o seu d\u00e9cimo aniversario. O \u00e9xito das iniciativas de divulgaci\u00f3n da IAU non ser\u00eda pos\u00edbel sen o apoio e os fortes esforzos da comunidade astron\u00f3mica de todo o mundo. \u00c9 por iso que o noso d\u00e9cimo aniversario estar\u00e1 dedicado a celebrarVOS: a nosa comunidade de profesionais da divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda, docentes que estades facendo da astronom\u00eda unha ciencia m\u00e1is acces\u00edbel para todo o mundo.<\/p>\n<p>En 2022 continuar\u00e1n as iniciativas principais de divulgaci\u00f3n da IAU e nos pr\u00f3ximos meses abriremos solicitudes para o programa Telescopios para Todas as Persoas, unha parzar\u00eda con Sterren Schitteren Voor Iedereen (SSVI, Stars Shine for Everyone), que env\u00eda telescopios a grupos ou individuos para achegar a astronom\u00eda a grupos desatendidos.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n nos emociona continuar co noso programa: Co\u00f1ece ao persoal da IAU!, que permite a profesorado e a grupos de astronom\u00eda amadora acoller un astr\u00f3nomo ou astr\u00f3noma da IAU para presentaci\u00f3ns e reuni\u00f3ns. Considerade acoller a estes membros da IAU entusiasmados de falar con diferentes grupos sobre astronom\u00eda.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n en curso contar\u00e1 con eventos espec\u00edficos ao longo do ano. O primeiro destes eventos celebrar\u00e1 as Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda. Desde o 11 de febreiro, D\u00eda Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, at\u00e9 o 8 de marzo, D\u00eda Internacional da Muller, levaremos a cabo programas para reco\u00f1ecer o papel das mulleres no avance da ciencia e animar as nenas a considerar carreira na astronom\u00eda. A nosa oficina a nivel internacional e as coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n realizar\u00e1n eventos e campa\u00f1as en li\u00f1a durante ese per\u00edodo.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n compartiremos a importancia dos ceos escuros e tranquilos ao redor do D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO o 16 de maio, no que pretendemos promover o pensamento cient\u00edfico e concienciar sobre a importancia do ceo escuro para todo o mundo.<\/p>\n<p>Prestade atenci\u00f3n aos nosos medios para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre os programas especiais previstos para 2022, segu\u00eddenos nas nosas contas de <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_Outreach\">Twitter<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\">Facebook<\/a> ou po\u00f1\u00e9devos en contacto connosco a trav\u00e9s de public@oao,iau.org.<\/p>\n<p>O noso equipo quere desexarvos un bo ano novo! Agardamos seguir convosco a nosa viaxe.<\/p>\n<p>Lina Canas e Suzana Filipecki Martins, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n para a Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) A XXXI Asemblea Xeral da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional<\/strong><\/p>\n<p>A XXXI Asemblea Xeral da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAUGA 2022) ter\u00e1 lugar entre o 2 e o 11 de agosto de 2022 en Busan, Rep\u00fablica de Corea, de xeito h\u00edbrido: presencial e en li\u00f1a. Organizada polo Comit\u00e9 Organizador Nacional da IAUGA 2022 e acollida pola Sociedade Astron\u00f3mica Coreana e o Instituto Coreano de Astronom\u00eda e Ciencia Espacial, a IAUGA 2022 leva o tema &#8220;Astronom\u00eda para Todo o Mundo&#8221;.<\/p>\n<p>O rexistro anticipado, os env\u00edos de resumos (inclu\u00eddos para e-Poster e e-Talk), as solicitudes de bolsas da IAU e as solicitudes de bolsas KAS xa est\u00e1n abertas at\u00e9 o 28 de febreiro.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.iauga2022.org\/\">http:\/\/www.iauga2022.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) \u00danete \u00e1 celebraci\u00f3n \u201cMulleres e Nenas na Astronom\u00eda\u201d<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda reco\u00f1ece o papel das mulleres no avance da ciencia e anima as nenas a considerar carreira na astronom\u00eda. Desde o D\u00eda Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o 11 de febreiro at\u00e9 o D\u00eda Internacional da Muller o 8 de marzo de 2022, a OAO compartir\u00e1 entrevistas con mulleres inspiradoras, as\u00ed como diversas campa\u00f1as en li\u00f1a. A comunidade de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica de todo o mundo acoller\u00e1 eventos e conv\u00eddavos a que vos unades. Comparte os teus eventos no <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLScWl1cHqdTJsQ8YlqdqE-8Wnj48Rk3c5x1sfpbVvey2FypGjQ\/viewform?usp=sf_link\">calendario de eventos de divulgaci\u00f3n global da IAU<\/a>.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/women-and-girls-in-astronomy\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/women-and-girls-in-astronomy\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Telescopios para Todas as Persoas 2022<\/strong><\/p>\n<p>En 2022, a OAO volver\u00e1 asociarse co proxecto belga Sterren Schitteren Voor Iedereen (<a href=\"http:\/\/www.ssvi.be\/\">Stars Shine for Everyone \u2014 SSVI<\/a>), <a href=\"https:\/\/www.bresser.de\/en\/Brand\/Bresser\/\">Bresser<\/a> e a <a href=\"https:\/\/www.universiteitleiden.nl\/en\">Universidade de Leiden<\/a> para distribu\u00edr 15 telescopios a comunidades desatendidas de todo o mundo. Os telescopios est\u00e1n asinados por astronautas, premios Nobel, comunicadoras e comunicadores astron\u00f3micos e cient\u00edficas e cient\u00edficos con funci\u00f3ns inspiradoras nas s\u00faas comunidades. A OAO acolle con satisfacci\u00f3n propostas de proxectos que ampl\u00eden os horizontes de crianzas, pais, nais e persoal docente, espertando o interese pola ciencia e concienciando sobre a igualdade de oportunidades para realizar unha carreira na astronom\u00eda. As solicitudes abriranse nas pr\u00f3ximas semanas e o prazo remata o 1 de xu\u00f1o de 2022.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre edici\u00f3ns pasadas: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/telescopecollaboration\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/telescopecollaboration\/<\/a><\/p>\n<div><strong>4) Sensibilizaci\u00f3n sobre os ceos escuros e tranquilos<\/strong><\/div>\n<p><strong>\u201cCitizen Science: Globe at Night\u201d<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto Globe at Night convida as e os cient\u00edficos cidad\u00e1ns a enviar observaci\u00f3ns de constelaci\u00f3ns designadas para rastrexar os efectos da contaminaci\u00f3n luminosa en todo o globo. Tam\u00e9n \u00e9 un dos proxectos que a Oficina de Divulgaci\u00f3n para a Astronom\u00eda da IAU avala a trav\u00e9s do noso proxecto Ceos escuros e tranquilos. En 2021, o proxecto recibiu case 25.500 observaci\u00f3ns. Do 24 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2022, Globe at Night recoller\u00e1 unha chea de datos sobre Ori\u00f3n.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/\">https:\/\/www.globeatnight.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>Globe at Night &#8211; Sky Brightness Monitoring Network (GaN-MN)<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto <a href=\"http:\/\/globeatnight-network.org\/\">\u201cGlobe at Night &#8211; Sky Brightness Monitoring Network\u201d (GaN-MN)<\/a> \u00e9 un proxecto especial similar ao Globe at Night, pero que se ampl\u00eda para configurar unha rede global de monitorizaci\u00f3n do brillo do ceo nocturno utilizando o medidor SQM-LE de Unihedron dispo\u00f1\u00edbel comercialmente para o seguemento a longo prazo. As persoas socias do GaN-MN elaboraron unha serie de v\u00eddeos para que o p\u00fablico presente o seu traballo de seguemento do impacto da contaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n<p>Podes ver o v\u00eddeo aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/playlist?list=PLVMMmS6vmh62g6kxcpJOgutTNfarBCKRN\">https:\/\/www.youtube.com\/playlist?list=PLVMMmS6vmh62g6kxcpJOgutTNfarBCKRN<\/a><\/p>\n<p><strong>Conv\u00e9rtete nun embaixador\/a de Dark Skies<\/strong><\/p>\n<p>O programa de embaixadores e embaixadoras do ceo escuro da IAU convida a entusiastas de todo o mundo a defender os ceos escuros. As e os embaixadores organizan proxectos e eventos nas s\u00faas comunidades para promover localmente os ceos escuros. Unirse ao programa permite formar parte dun ambiente de apoio entre compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros e proporciona visibilidade internacional dos teus esforzos. O proxecto acolle a persoas ou organizaci\u00f3ns que estean interesadas en promover a protecci\u00f3n do ceo escuro e que organizaran polo menos unha actividade relacionada co ceo escuro.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre as e os embaixadores de Dark Skies da IAU aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.darkskies4all.org\/ambassador\/\">http:\/\/www.darkskies4all.org\/ambassador\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Co\u00f1ece o persoal da IAU!<\/strong><\/p>\n<p>O programa Co\u00f1ece o persoal da IAU! tece unha rede de astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas membros da IAU interesadas en falar co p\u00fablico sobre astronom\u00eda. O profesorado, as persoas que fan educaci\u00f3n non formal ou lideran grupos de astronom\u00eda amadora e outras organizaci\u00f3ns de aprendizaxe informal poden solicitar unha charla dun astr\u00f3nomo ou astr\u00f3noma membro da IAU para que falen do seu campo espec\u00edfico de interese, das s\u00faas carreiras e da importancia do pensamento cient\u00edfico. P\u00f3dense realizar de forma virtual ou presencial se hai persoal dispo\u00f1\u00edbel (e se o permiten as restrici\u00f3ns da COVID). A OAO convida a todo o persoal astr\u00f3nomo a que se rexistre e participe no programa.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) \u00danete \u00e1 celebraci\u00f3n das 100 Horas de Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>En 2022, a OAO continuar\u00e1 coa celebraci\u00f3n de 100 Horas de Astronom\u00eda. O programa, que ter\u00e1 lugar do 1 ao 4 de outubro baixo o lema &#8220;Astronom\u00eda para Todo o Mundo&#8221;, estar\u00e1 composto por unha ampla gama de actividades e eventos de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica. A OAO anima a calquera grupo interesado na astronom\u00eda a unirse para que o maior n\u00famero pos\u00edbel de persoas, desde crianzas at\u00e9 persoas maiores, se impliquen co ceo e adquiran unha comprensi\u00f3n b\u00e1sica da nosa contorna astron\u00f3mica. En breve haber\u00e1 actualizaci\u00f3ns sobre o programa de 2022.<\/p>\n<p><strong>7) Env\u00eda o teu resumo a CAPjournal<\/strong><\/p>\n<p>O CAPjournal \u00e9 unha revista gratu\u00edta revisada por pares para comunicadores e comunicadoras de astronom\u00eda que funciona como unha ponte entre a comunidade cient\u00edfica astron\u00f3mica e a sociedade, dando visibilidade \u00e1s historias de \u00e9xito cient\u00edfico e apoiando a educaci\u00f3n cient\u00edfica tanto formal como informal. A revista acepta env\u00edos de resumos de forma continuada e convida a todo o mundo a enviar boas pr\u00e1cticas, investigaci\u00f3ns, solicitudes, anuncios, entrevistas, columnas ou recursos. Tes interese en unirte ao grupo de persoas implicadas no proceso de revisi\u00f3n? Ponte en contacto coa OAO para participar na revisi\u00f3n por pares de CAPjournal.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/\">https:\/\/www.capjournal.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Premios Astronomy@Home 2022<\/strong><\/p>\n<p>Mentres a pandemia de COVID-19 segue perturbando as nosas vidas, hai profesionais da astronom\u00eda que perseveran na s\u00faa dedicaci\u00f3n para achegar as marabillas do ceo \u00e1s familias, ao estudantado e ao p\u00fablico en xeral. En reco\u00f1ecemento ao seu esforzo incr\u00edbel e inspirador, a OAO organizar\u00e1 a segunda edici\u00f3n dos Premios Astronomy@Home. O premio ten como obxectivo animar a profesionais de divulgaci\u00f3n, docentes, astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas profesionais e afeccionados e entusiastas da astronom\u00eda a desenvolveren e participaren en actividades de astronom\u00eda en li\u00f1a. Animamos a persoas de todos os \u00e1mbitos e niveis de experiencia a organizaren eventos en li\u00f1a, utilizando a astronom\u00eda como unha ferramenta atractiva para conectarse en li\u00f1a coas s\u00faas comunidades. As solicitudes estar\u00e1n abertas de abril a outubro, segue a OAO nas redes sociais e por aqu\u00ed para o lanzamento dos Premios Astronomy@Home 2022.<\/p>\n<p><strong>9) Calendario global de eventos de divulgaci\u00f3n da IAU<\/strong><\/p>\n<p>O calendario global de eventos de divulgaci\u00f3n da IAU pon o foco en actividades astron\u00f3micas a nivel local ou internacional a trav\u00e9s da listaxe xerada pola comunidade. A OAO convida a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica a enviar os seus eventos a trav\u00e9s deste formulario. A OAO ademais acepta con gusto comentarios sobre o calendario e espera seguir mellorando o proceso. Non dubidedes en compartir calquera idea ou queixa co equipo OAO (public@oao.iau.org).<\/p>\n<p>Ligaz\u00f3n ao calendario: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao-events\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/oao-events\/<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Chin\u00e9s (Simplificado):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022january1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Xaneiro #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) A XXXI Asemblea Xeral da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional 2) \u00danete \u00e1 celebraci\u00f3n &#8220;Mulleres e Nenas na astronom\u00eda&#8221; 3) Telescopios para Todas as Persoas 2022 4) Concienciaci\u00f3n sobre os ceos escuros e tranquilos 5) Co\u00f1ece o persoal da IAU! 6) \u00danete \u00e1 celebraci\u00f3n das 100 Horas de Astronom\u00eda 7) Env\u00eda o teu&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-xaneiro-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12400","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12400","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12400"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12400\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12405,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12400\/revisions\/12405"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12400"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12400"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12400"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}