{"id":12334,"date":"2021-12-30T15:00:24","date_gmt":"2021-12-30T15:00:24","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12334"},"modified":"2023-05-23T12:14:28","modified_gmt":"2023-05-23T12:14:28","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-decembro-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-decembro-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Decembro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Decembro #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Convocatoria de propostas \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d<br \/>\n2) Solicitudes para os premios de doutoramento IAU 2021<br \/>\n3) astroEDU busca redactor ou redactora xefe<br \/>\n4) Novas NOC: Barbados, Brunei, Per\u00fa e Indonesia<br \/>\n5) Artigo &#8220;A IAU e a s\u00faa evoluci\u00f3n&#8221; en Physics Today<br \/>\n6) 2\u00ba Obradoiro sobre \u201cAstronom\u00eda m\u00e1is al\u00f3 dos sentidos com\u00fans para a accesibilidade\u201d<br \/>\n7) Recomendaci\u00f3n da UNESCO sobre a ciencia aberta<br \/>\n8) Bolsa ESA x Barbie<br \/>\n9) Actividades destacadas<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Co peche doutro ano extraordinario e desafiante, dedicamos un momento a darlle as grazas \u00e1 nosa comunidade de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica polos seus continuos esforzos para axudar a pais e nais, nenos e nenas e educadoras e educadores a afrontar o impacto da pandemia. Non foi unha tarefa f\u00e1cil, mais os seus esforzos achegaron a oportunidade de superarmos os obst\u00e1culos utilizando os nosos ceos compartidos e o noso amor e entusiasmo pola astronom\u00eda para, entre todas e todos, constru\u00edrmos un futuro mellor.<\/p>\n<p>En 2021, vimos medrar e renovarse a nosa rede IAU de Coordinaci\u00f3n Nacional de Divulgaci\u00f3n (NOC), que chega a 126 pa\u00edses con m\u00e1is de 280 representantes. O seu apoio a iniciativas en li\u00f1a, como charlas, encontros, obradoiros e concursos, propuxo actividades seguras durante a pandemia a fogares de todo o mundo. A segunda edici\u00f3n do Plan de Financiamento NOC recibiu 24 propostas nas que participaron 46 NOC e a colaboraci\u00f3n coa rede de divulgaci\u00f3n SKAO. O compromiso da rede NOC coa divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda e a s\u00faa dedicaci\u00f3n \u00e1s s\u00faas comunidades malia afrontar numerosos desaf\u00edos \u00e9 unha inspiraci\u00f3n para n\u00f3s.<\/p>\n<p>Durante 2021 vimos como se desenvolveron con \u00e9xito moitos dos nosos programas IAU de divulgaci\u00f3n global. Entre eles, &#8220;Concienciaci\u00f3n sobre os ceos escuros e tranquilos&#8221;, &#8220;Mulleres e nenas na astronom\u00eda&#8221; e &#8220;Co\u00f1ece as astr\u00f3nomas e astr\u00f3nomos da IAU\u201d no que participaron m\u00e1is de 200 membros da IAU. O seu interese axudou a que comunidades de todo o mundo accedesen \u00e1 investigaci\u00f3n astron\u00f3mica. O programa relanzarase a principios de 2022, polo que vos convidamos a prestardes atenci\u00f3n para obter m\u00e1is informaci\u00f3n e rexistrarvos no programa.<\/p>\n<p>En 2021, o calendario de divulgaci\u00f3n da IAU compartiu uns 300 eventos. D\u00e1moslle as grazas a todas as persoas que nos env\u00edan informaci\u00f3n e convid\u00e1mosvos a compartir os vosos eventos e iniciativas connosco. O programa \u201cTelescopios para todas as persoas\u201d, un proxecto independente desde o centenario da IAU en colaboraci\u00f3n con Sterren Schitteren Voor Iedereen (SSVI, As estrelas brillan para todas as persoas), recibiu 225 solicitudes de 54 pa\u00edses, e finalmente entreg\u00e1ronse 12 telescopios. En 2022 agardamos ampliar o programa, que proporciona telescopios a escolares de territorios en desenvolvemento e, para iso, agradecemos <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/donate\/\">as vosas doaz\u00f3ns<\/a>.<\/p>\n<p>Lanzamos dous n\u00fameros da revista \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d (CAPjournal), inclu\u00edda unha edici\u00f3n especial sobre a comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda co p\u00fablico durante a pandemia. Aceptamos env\u00edos de resumos de forma continua, as\u00ed que valorade a posibilidade de achegardes contido \u00e1 nosa revista.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, mais non menos importante, en 2021, lanzamos a convocatoria \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d, para proxectos relacionados co D\u00eda Internacional dos Pobos Ind\u00edxenas do Mundo que conta co aval das Naci\u00f3ns Unidas. O prazo de env\u00edo de propostas ampliouse at\u00e9 o 17 de xaneiro, as\u00ed que esperamos que te\u00f1ades oportunidade de presentar solicitudes.<\/p>\n<p>Neste \u00faltimo n\u00famero do ano, queremos darlle as grazas \u00e1s moitas persoas que colaboran de maneira voluntaria cos nosos programas o seu compromiso e perseveranza para compartir astronom\u00eda e ciencia, aos nosos asesores e asesoras pola s\u00faa orientaci\u00f3n e \u00e1s persoas que participaron na nosa programaci\u00f3n. Non podemos facer estes proxectos en soidade e estamos agradecidos da vosa axuda para que a nosa programaci\u00f3n sexa tan vibrante.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas e Suzana Filipecki Martins, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Proxectos seleccionados para o Plan de Financiamento NOC 2020\/2021<\/strong><\/p>\n<p>No segundo ano do Programa de Financiamento <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/\">NOC<\/a> da IAU, a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/\">OAO<\/a>) seleccionou tres proxectos nos que participaban NOCs de 17 pa\u00edses. Son: \u201cA arte da astronom\u00eda\u201d, un proxecto que reco\u00f1ece a influencia da astronom\u00eda na arte; \u201cAmanar: Baixo o mesmo ceo \u2013 Programa de ver\u00e1n 2021\u201d, destinado a expandir Amanar, un proxecto que utiliza a astronom\u00eda para empoderar e inspirar a comunidade saharau\u00ed dos campos de refuxiados preto de Tinduf, Alxeria; e \u201cAstroGPS para o mundo\u201d, un proxecto que se basea nun servizo c\u00f3modo para as persoas usuarias e exitoso, e ampl\u00edao en beneficio da comunidade global.<\/p>\n<p>Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n sobre os proxectos premiados aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21035\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21035\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Xornada de Comunicaci\u00f3n da Astronom\u00eda con R\u00e9cord de Asistencia Virtual<\/strong><\/p>\n<p>Entre o 24 e o 27 de maio de 2021 tivo lugar a 9\u00aa Conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP), coorganizada pola <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/commissions\/C2\/\">Comisi\u00f3n C2 da IAU \u2014 Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico<\/a> e a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (OAO). A primeira edici\u00f3n virtual, #VirtualCAP2021, foi a conferencia CAP m\u00e1is grande at\u00e9 a data, con m\u00e1is de 1200 participantes de 84 pa\u00edses. Organizada baixo o lema \u201cComunicar a astronom\u00eda co p\u00fablico na era das crises globais\u201d, a conferencia reco\u00f1eceu os desaf\u00edos aos que se enfrontou (e segue a afrontar) a nosa comunidade durante a pandemia e promoveu os diversos xeitos en que a nosa comunidade se adaptou.<\/p>\n<p>O Programa Cient\u00edfico da conferencia estivo dirixido polo <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/working_groups\/263\/\">Grupo de Traballo da Conferencia C2 CAP<\/a>. #VirtualCAP2021 recibiu un xeneroso apoio da Fundaci\u00f3n Kavli.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21033\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21033\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Convocatoria de propostas \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d: prazo prorrogado at\u00e9 o 17 de xaneiro de 2022<\/strong><\/p>\n<p>A convocatoria \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d conceder\u00e1 subvenci\u00f3ns de at\u00e9 2000 euros para apoiar proxectos arredor do D\u00eda Internacional dos Pobos Ind\u00edxenas que se celebra o 9 de agosto de 2022 co aval das Naci\u00f3ns Unidas. Os proxectos deben utilizar a astronom\u00eda cultural, a divulgaci\u00f3n e a comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda para reco\u00f1ecer o co\u00f1ecemento ind\u00edxena e respectar os seus sistemas de aprendizaxe cun enfoque baseado no dereito \u00e1 aprendizaxe ind\u00edxena.<\/p>\n<p>Boas novas! Ampliamos o prazo para a convocatoria de propostas at\u00e9 o 17 de xaneiro de 2022 \u00e1s 23:59 na t\u00faa hora local. Isto d\u00e1vos d\u00faas semanas extra para preparar e enviar a vosa proposta.<\/p>\n<p>Para enviar a vosa proposta e obter m\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/under-one-sky\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/under-one-sky\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Proxectos ga\u00f1adores de \u201cTelescopios para todas as persoas 2021\u201d<\/strong><\/p>\n<p>O programa Telescopes for All, unha parzar\u00eda entre a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, Sterren Schitteren voor Iedereen (As estrelas brillan para todas as persoas &#8211; <a href=\"http:\/\/www.ssvi.be\/\">SSVI<\/a>) e a Universidade de Leiden\/Universe Awareness (<a href=\"https:\/\/www.unawe.org\/\">UNAWE<\/a>), distrib\u00fae telescopios a comunidades desfavorecidas de todo o mundo. A edici\u00f3n de 2021 rexistrou un r\u00e9cord de solicitudes, con 225 entradas de 54 pa\u00edses. As propostas seleccionadas achegar\u00e1n telescopios \u00e1s comunidades socialmente desfavorecidas de Polonia; axudar\u00e1n a tratar as disparidades educativas e mellorar o acceso \u00e1s CTEM para mulleres e nenas en Botswana e Mauricio; ou chegar\u00e1n \u00e1s zonas rurais de Malaisia e os campos de refuxiados en Xordania, por citar alg\u00fans exemplos.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21030\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21030\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) 100 horas de astronom\u00eda, edici\u00f3n 2021<\/strong><\/p>\n<p>100 horas de astronom\u00eda \u00e9 unha celebraci\u00f3n continuada de 100 horas, as 24 horas do d\u00eda e en todo o mundo, que incl\u00fae unha ampla gama de actividades de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda para que tantas persoas como sexa pos\u00edbel, desde nenos e nenas at\u00e9 persoas maiores, se acheguen ao ceo e adquiran unha comprensi\u00f3n b\u00e1sica da nosa contorna astron\u00f3mica. En 2021 realiz\u00e1ronse m\u00e1is de 150 actividades rexistradas en m\u00e1is de 60 pa\u00edses co tema \u201cXuntas e xuntos baixo un mesmo ceo\u201d. Stars Shine for Everyone (SSVI) e a Universidade de Leiden doaron 10 telescopios Bresser a grupos de divulgaci\u00f3n cuxas actividades demostraron creatividade para achegarse \u00e1s s\u00faas comunidades. Tam\u00e9n se doaron premios aos primeiros 100 eventos rexistrados.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre este proxecto, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/100-hours-of-astronomy\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/100-hours-of-astronomy\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) A IAU emprende unha nova colaboraci\u00f3n con estudantes de F\u00edsica<\/strong><\/p>\n<p>En maio de 2021 a Asociaci\u00f3n Internacional de Estudantes de F\u00edsica (<a href=\"https:\/\/www.iaps.info\/\">IAPS<\/a>) e a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) a trav\u00e9s da s\u00faa Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (OAO) e a <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/divisions\/C\/info\/commissions\/\">Divisi\u00f3n C de Educaci\u00f3n, Patrimonio e Divulgaci\u00f3n<\/a> asinaron un memorando de entendemento para potenciar a\u00ednda m\u00e1is a s\u00faa cooperaci\u00f3n. O memorando de entendemento describe aspectos da colaboraci\u00f3n entre as d\u00faas organizaci\u00f3ns en \u00e1reas de interese mutuo, como a organizaci\u00f3n de sesi\u00f3ns nas respectivas conferencias de cada entidade, a participaci\u00f3n en actividades de divulgaci\u00f3n conxuntas e acci\u00f3ns de educaci\u00f3n astron\u00f3mica para promover a participaci\u00f3n da mocidade en CTEM e traballaren xuntas en cuesti\u00f3ns como a diversidade e a inclusi\u00f3n.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21030\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21030\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Ga\u00f1adoras e ga\u00f1adores dos premios Astronomy@Home<\/strong><\/p>\n<p>Os premios Astronomy@Home 2020 reco\u00f1eceron os esforzos incr\u00edbeis e inspiradores realizados durante a pandemia por profesionais da divulgaci\u00f3n. Entre os m\u00e1is de 400 eventos presentados, os 50 seleccionados, de 31 pa\u00edses diferentes, presentaron actividades en li\u00f1a orixinais, atractivas, divertidas e educativas que axudaron o p\u00fablico a afrontar o tempo prolongado que pasaba no interior da casa e a manter as s\u00faas comunidades ocupadas, entretidas e, sobre todo, comprometidas coa ciencia e a astronom\u00eda. Os proxectos ga\u00f1adores son: O espazo no teu sal\u00f3n! (Holanda) e Perseguindo o Sol por todo o mundo (India) como evento m\u00e1is innovador; Phoenix Science Club (India) e Sociedade Astron\u00f3mica Polaca (Polonia) polo maior n\u00famero de eventos rexistrados; e \u201cCrosswords, Science Fiction, and Other Initiatives\u201d (India) e Club de Audio-Lectura \u201cEl Universo del Principito\u201d (Chile) pola s\u00faa capacidade de envolver as s\u00faas comunidades.<\/p>\n<p>Podes ler o anuncio completo aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/iauoutreachaward\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/iauoutreachaward\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Revista CAP en 2021<\/strong><\/p>\n<p>En 2021 public\u00e1ronse dous n\u00fameros da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAPjournal). Lanzado en marzo, o n\u00famero 29 inclu\u00eda informaci\u00f3n sobre proxectos de divulgaci\u00f3n da ciencia cidad\u00e1 e da astronom\u00eda en todo o mundo, inclu\u00edndo artigos de CosmoQuest e FOKALIS JATIM sobre as s\u00faas iniciativas de ciencia cidad\u00e1. O n\u00famero 30 do CAPjournal publicouse en novembro, baixo o lema \u201cComunicaci\u00f3n da astronom\u00eda en tempo de confinamento\u201d. Inclu\u00eda os artigos \u201cQue facer en tempos extremos? Unha an\u00e1lise das acci\u00f3ns de comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica en Brasil durante a pandemia de COVID-19\u201d e \u201cAbrazar a comunicaci\u00f3n virtual inducida pola pandemia de COVID-19 para axudar a afrontar a crise clim\u00e1tica\u201d, entre outras.<\/p>\n<p>Podes descargar estes n\u00fameros e todos os outros de CAPjournal no sitio we: <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/issues\/index.php\">https:\/\/www.capjournal.org\/issues\/index.php<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Chin\u00e9s (Simplificado):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2021december2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Decembro #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Convocatoria de propostas \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d 2) Solicitudes para os premios de doutoramento IAU 2021 3) astroEDU busca redactor ou redactora xefe 4) Novas NOC: Barbados, Brunei, Per\u00fa e Indonesia 5) Artigo &#8220;A IAU e a s\u00faa evoluci\u00f3n&#8221; en Physics Today 6) 2\u00ba Obradoiro sobre \u201cAstronom\u00eda m\u00e1is al\u00f3 dos sentidos&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-decembro-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12334","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12334","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12334"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12334\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13042,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12334\/revisions\/13042"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12334"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12334"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12334"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}