{"id":12324,"date":"2021-12-13T23:53:43","date_gmt":"2021-12-13T23:53:43","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12324"},"modified":"2022-01-03T00:09:56","modified_gmt":"2022-01-03T00:09:56","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-decembro-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-decembro-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Decembro #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Decembro #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Sa\u00edu a revista CAP n\u00famero 30<br \/>\n2) A ONU proclama 2022 como o Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sostible<br \/>\n3) Noticias dos NOC: Iraq e Sud\u00e1n<br \/>\n4) Ecsite Workroom Sharing Space<br \/>\n5) Mirando cara 2022: pr\u00f3ximas conferencias e eventos<br \/>\n6)\u00a0Oportunidades<br \/>\n7) Lecturas e recursos en li\u00f1a recomendados<br \/>\n8) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n9) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Estamos moi felices de anunciar o lanzamento do n\u00famero 30 de CAPJournal, onde temos a oportunidade de destacar o fant\u00e1stico traballo das e dos practicantes que puideron seguir conectando coas s\u00faas comunidades e organizando eventos de astronom\u00eda incluso no momento \u00e1lxido da pandemia. Tam\u00e9n celebramos o paso do cometa Leonard, polo que vos convidamos a que compartades connosco as vosas imaxes e actividades p\u00fablicas para a s\u00faa distribuci\u00f3n nas canles de redes sociais da OAO.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, quer\u00e9mosvos axudar a prepararvos para 2022 destacando os pr\u00f3ximos eventos e oportunidades. Agardamos que vos poida axudar a planificar un evento, unha iniciativa ou un programa para 2022, Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sost\u00edbel, ou comezar a traballar en resumos para a conferencia ESO \u201cO presente e o futuro da astronom\u00eda\u201d ou outros eventos. Seguro que o voso calendario estar\u00e1 cheo.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade!<\/p>\n<p>Suzana Filipecki Martins e Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Sa\u00edu a revista CAP #30<\/strong><\/p>\n<p>O n\u00famero 30 da revista Comunicar a Astronom\u00eda co P\u00fablico xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel! A edici\u00f3n especial co tema &#8220;Comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica nun tempo de confinamento&#8221; conta con iniciativas de divulgaci\u00f3n p\u00fablica de varios colectivos que se enfrontaron ao reto de organizar eventos astron\u00f3micos para manterse conectados coas s\u00faas comunidades mesmo no momento \u00e1lxido da pandemia. Entre os artigos inclu\u00eddos est\u00e1n os seguintes: &#8220;Que facer en tempos extremos? Unha an\u00e1lise das acci\u00f3ns de comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica en Brasil durante a pandemia da COVID-19\u201d; &#8220;Valerse da comunicaci\u00f3n virtual inducida pola pandemia da COVID-19 para axudar a afrontar a crise clim\u00e1tica&#8221;; e &#8220;Primeiros pasos na recadaci\u00f3n de fondos para a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda&#8221;.<\/p>\n<p>Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n e descargar o n\u00famero aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/issues\/30\/\">https:\/\/www.capjournal.org\/issues\/30\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) A ONU proclama 2022 como Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sost\u00edbel<\/strong><\/p>\n<p>A resoluci\u00f3n sobre a promulgaci\u00f3n de 2022 como Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sost\u00edbel foi aprobada por consenso na Asemblea Xeral das Naci\u00f3ns Unidas o pasado 2 de decembro. Coa Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional como socia fundadora e no comit\u00e9 de direcci\u00f3n, o Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sost\u00edbel (IYBSSD202) mobilizar\u00e1 as partes interesadas a todos os niveis para unha mellor integraci\u00f3n dos resultados cient\u00edficos nos procesos p\u00fablicos de toma de decisi\u00f3ns e para o desenvolvemento inclusivo das ciencias b\u00e1sicas. A conferencia de apertura est\u00e1 prevista para o 1 de xullo de 2022 na sede da UNESCO en Par\u00eds.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iybssd2022.org\/\">https:\/\/www.iybssd2022.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Novas NOC: Iraq e Sud\u00e1n<\/strong><\/p>\n<p>a) Astronom\u00eda e P\u00fablico<\/p>\n<p>O 19 de novembro, o <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-iraq\">NOC de Iraq Ali Jaber Al-Edhari<\/a> presentou &#8220;Astronom\u00eda e p\u00fablico&#8221;, un acto p\u00fablico para introducir a astronom\u00eda e os fundamentos da observaci\u00f3n astron\u00f3mica. O evento ti\u00f1a como obxectivo axudar a popularizar a cultura astron\u00f3mica nas comunidades de Basora, Iraq.<\/p>\n<p>b) Unha muller \u00e1rabe no espazo: como conseguir unha carreira CTEM na industria espacial?<\/p>\n<p>O NOC de Iraq tam\u00e9n organizou unha conferencia en li\u00f1a o 27 de novembro sobre a brecha de x\u00e9nero na industria espacial, especialmente no que afecta as mulleres \u00e1rabes. Diana Alsindy, enxe\u00f1eira de propulsi\u00f3n de Boeing, compartiu a s\u00faa experiencia como profesional espacial iraqu\u00ed-estadounidense e as estratexias que utilizou para asegurar que a s\u00faa voz se escoitase nesta industria.<\/p>\n<p>c) A astronom\u00eda \u00e9 unha clase incr\u00edbel<\/p>\n<p>O 2 de decembro, o <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-sudan\">NOC de Sud\u00e1n Mohammed Yahya e o NOC adxunto de Sud\u00e1n Abubakr Yagob<\/a> presentaron a charla \u201cA astronom\u00eda \u00e9 unha clase incr\u00edbel\u201d ao alumnado da Academia Ujuzi de Kenia.<\/p>\n<p><strong>4) Ecsite Workroom Sharing Space<\/strong><\/p>\n<p>A sesi\u00f3n final do \u201cEcsite Workroom Sharing Space\u201d ter\u00e1 lugar o 15 de decembro cunha presentaci\u00f3n de Jen Wong (Guerilla Science) e as palabras finais de Ewine van Dishoeck (Observatorio de Leiden). Coorganizado polo Observatorio de Leiden, a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional e o Trinity College de Dubl\u00edn e financiado polo Premio Kavli, Sharing Space re\u00fane a persoal investigador e profesionais da divulgaci\u00f3n para desenvolveren actividades de participaci\u00f3n p\u00fablica durante catro sesi\u00f3ns. Na <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/EcsiteNetwork\">p\u00e1xina de Facebook de Ecsite<\/a> est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis as gravaci\u00f3ns dos discursos principais, inclu\u00edndo a doutora Gaitee Hussain da Axencia Espacial Europea, a doutora Kelly Blumenthal (Universidade de Leiden\/Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional), o profesor Henk Hoekstra (Universidade de Leiden) e o profesor Travis Rector (Universidade de Alaska).<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.ecsite.eu\/activities-and-services\/ecsite-events\/workrooms\/sharing-space-creative-collaboration-public\">https:\/\/www.ecsite.eu\/activities-and-services\/ecsite-events\/workrooms\/sharing-space-creative-collaboration-public<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Mirando cara a 2022: pr\u00f3ximos congresos e eventos<\/strong><\/p>\n<p>a) O presente e o futuro da astronom\u00eda: unha mirada cr\u00edtica sobre a contrataci\u00f3n, os procesos de avaliaci\u00f3n, a forma en que facemos ciencia e o noso papel na sociedade<\/p>\n<p>\u201cO presente e o futuro da astronom\u00eda: unha mirada cr\u00edtica na contrataci\u00f3n, os procesos de avaliaci\u00f3n, a forma de facer ciencia e o noso papel na sociedade\u201d desenvolveranse en li\u00f1a do 14 ao 18 de febreiro de 2022. Organizado pola ESO, a xornada reunir\u00e1 a comunidade astron\u00f3mica e a profesionais de diferentes disciplinas cient\u00edficas e sociais para debater a forma de facer ciencia e o noso papel na sociedade. Est\u00e1 previsto que a conferencia te\u00f1a lugar en li\u00f1a e a inscrici\u00f3n \u00e9 de balde.<\/p>\n<p>Sitio web: <a href=\"https:\/\/www.eso.org\/sci\/meetings\/2022\/ASTRO2022.html\">https:\/\/www.eso.org\/sci\/meetings\/2022\/ASTRO2022.html<\/a><\/p>\n<p>b) Conferencia Anual e Asemblea Xeral da Sociedade Astron\u00f3mica Africana (AfAS)<\/p>\n<p>A Conferencia e Asemblea Xeral da Sociedade Astron\u00f3mica Africana (AfAS) celebrarase como un evento h\u00edbrido do 14 ao 18 de marzo de 2022. A reuni\u00f3n presencial ter\u00e1 lugar no Observatorio Astron\u00f3mico da \u00c1frica do Sur en Cidade do Cabo, \u00c1frica do Sur. A data l\u00edmite para enviar resumos \u00e9 o 10 de xaneiro de 2022.<\/p>\n<p>Sitio web: <a href=\"https:\/\/www.africanastronomicalsociety.org\/afas2022-ga\/\">https:\/\/www.africanastronomicalsociety.org\/afas2022-ga\/<\/a><\/p>\n<p>c) A 29\u00aa Conferencia da Sociedade Europea de Astronom\u00eda na Cultura (SEAC)<\/p>\n<p>A 29\u00aa Conferencia da Sociedade Europea de Astronom\u00eda na Cultura (SEAC) celebrarase en Timisoara, Roman\u00eda, do 5 ao 9 de setembro de 2022, centrada en temas de investigaci\u00f3n como a arqueoastronom\u00eda, a etnoastronom\u00eda e a historia da astronom\u00eda. Data l\u00edmite de env\u00edo de resumos: 14 de marzo de 2022.<\/p>\n<p>Sitio web: <a href=\"http:\/\/www.seac2022.org\/\">http:\/\/www.seac2022.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) A Asociaci\u00f3n da Semana Mundial do Espazo (WSWA) busca unha xestora ou xestor de programas e temas. A Asociaci\u00f3n da Semana Mundial do Espazo (WSWA) busca unha xestora ou xestor de programas e temas que axude a apoiar a direcci\u00f3n executiva e o equipo global nos seus esforzos para liderar o maior evento espacial na Terra. \u00c9 un posto remunerado, a tempo parcial, por un per\u00edodo de 1 ano. Esp\u00e9rase que a xestora ou xestor de temas e programas traballe entre 10 e 15 horas \u00e1 semana, co apoio do equipo executivo. A xestora ou xestor debe ter experiencia no sector espacial, especialmente no campo da sustentabilidade espacial.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.worldspaceweek.org\/news\/wswa-seeks-theme-and-program-manager\/\">https:\/\/www.worldspaceweek.org\/news\/wswa-seeks-theme-and-program-manager\/<\/a><\/p>\n<p>b) O International Worldwide Telescope Tour Contest convoca os organizadores locais<\/p>\n<p>O International WWT Tour Contest (IWTC) ten como obxectivo animar o estudantado, a comunidade astr\u00f3noma afeccionada e o p\u00fablico en xeral a utilizar os datos astron\u00f3micos e a plataforma proporcionada polo WorldWide Telescope (WWT) para crear unha &#8220;visita guiada&#8221;, unha experiencia multimedia con gui\u00f3n que gu\u00ede o espectador a trav\u00e9s do universo simulado de WWT. A Alianza Internacional de Observatorios Virtuais (IVOA), a Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento, a Sociedade Astron\u00f3mica Americana (AAS) e a Sociedade Astron\u00f3mica Chinesa (CAS), que organizan o IWTC, convidan as e os profesionais a supervisaren os concursos no seu pa\u00eds ou rexi\u00f3n. Se est\u00e1s interesada ou interesado en organizar unha competici\u00f3n local, ponte en contacto con Shanshan Li (lishanshan@nao.cas.cn).<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/contest.worldwidetelescope.org\/\">https:\/\/contest.worldwidetelescope.org\/<\/a><\/p>\n<p>c) Abertas as solicitudes para a s\u00e9tima quenda de KiboCUBE (at\u00e9 o 31 de decembro de 2021)<\/p>\n<p>KiboCUBE \u00e9 unha cooperaci\u00f3n a longo prazo entre a Oficina das Naci\u00f3ns Unidas para Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) e a Axencia de Exploraci\u00f3n Aeroespacial de Xap\u00f3n (JAXA) que ofrece aos pa\u00edses en desenvolvemento a oportunidade de despregar un Sat\u00e9lite Cubo (CubeSat) desde o M\u00f3dulo do Experimento Xapon\u00e9s da Estaci\u00f3n Espacial Internacional &#8220;Kibo&#8221;. Os equipos seleccionados deben desenvolver, operar e utilizar os seus CubeSats. A s\u00e9tima quenda de KiboCUBE est\u00e1 aberta a solicitudes at\u00e9 o 31 de decembro de 2021.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.unoosa.org\/oosa\/en\/ourwork\/access2space4all\/KiboCUBE\/KiboCUBE_Rounds.html\">https:\/\/www.unoosa.org\/oosa\/en\/ourwork\/access2space4all\/KiboCUBE\/KiboCUBE_Rounds.html<\/a><\/p>\n<p>d) O proxecto de investigaci\u00f3n GlobalSCAPE invita a comunicadores e comunicadoras de ciencia a unirse a unha enquisa diaria durante un ano<\/p>\n<p>O proxecto de investigaci\u00f3n GlobalSCAPE, financiado pola UE, invita a comunicadoras e comunicadores cient\u00edficos de todo o mundo a compartir as s\u00faas experiencias nunha enquisa diaria dun ano. As respostas utilizaranse tanto para a investigaci\u00f3n acad\u00e9mica como para informar do desenvolvemento de iniciativas globais para mellorar as condici\u00f3ns da pr\u00e1ctica da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. As persoas participantes neste estudo te\u00f1en a oportunidade de unirse a unha comunidade global de comunicadoras e comunicadores cient\u00edficos, con acceso especial a recursos profesionais de vangarda desenvolvidos polo proxecto e os seus socios. As persoas participantes na enquisa optar\u00e1n a ga\u00f1ar vales electr\u00f3nicos por un m\u00e1ximo de 500 \u20ac (aprox. 560 USD) por persoa.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/global-scape.eu\/\">https:\/\/global-scape.eu\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Lecturas recomendadas e recursos en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p>a) Informe e recursos do informe da enquisa decenal Astro2020<br \/>\nCales son os principais desaf\u00edos cient\u00edficos para a astronom\u00eda e a astrof\u00edsica na pr\u00f3xima d\u00e9cada? \u201cCami\u00f1os de Descubrimento en Astronom\u00eda e Astrof\u00edsica para a d\u00e9cada de 2020\u201d, a \u00faltima enquisa decenal das Academias Nacionais dos EEUU, identifica os obxectivos cient\u00edficos m\u00e1is convincentes e presenta un ambicioso programa de actividades terrestres e espaciais para investimentos futuros.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.nap.edu\/catalog\/26141\/pathways-to-discovery-in-astronomy-and-astrophysics-for-the-2020s\">https:\/\/www.nap.edu\/catalog\/26141\/pathways-to-discovery-in-astronomy-and-astrophysics-for-the-2020s<\/a><\/p>\n<p>b) Seminario de Ciencia Cidad\u00e1 Africana<\/p>\n<p>Os proxectos de ciencia cidad\u00e1 poden ser unha boa forma para que calquera entusiasta da astronom\u00eda adquira habilidades valiosas e contrib\u00faa \u00e1 investigaci\u00f3n cient\u00edfica utilizando datos cient\u00edficos reais. Para aquelas persoas que non puideron asistir ao Seminario de Ciencia Cidad\u00e1 Africano, celebrado o 20 de novembro, a Sociedade Astron\u00f3mica Africana (AfAS) puxo dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a a gravaci\u00f3n do evento: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=78VEGkDOMm8\">https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=78VEGkDOMm8<\/a><\/p>\n<p>c) Estrelas da ciencia africana, n\u00famero 2<\/p>\n<p>En novembro de 2021, Science Stars publicou o segundo n\u00famero da s\u00faa revista trimestral \u201cAfrican Science Stars\u201d. Este \u00faltimo n\u00famero afonda nas tendencias da ciencia africana, visita Sutherland (\u00c1frica do Sur) e Botswana, fai un perfil de tres destacadas mulleres cient\u00edficas, descr\u00edbense as 10 mellores universidades de astronom\u00eda de \u00c1frica, conta a historia da astronom\u00eda en Exipto da man da doutora de Exipto Somaya Saad. Tam\u00e9n se enumeran eventos e se incl\u00faen outras historias que ofrecen aos lectores e lectoras novos informaci\u00f3n sobre financiamento, tendencias e feitos cient\u00edficos.<\/p>\n<p>Podes ler a revista nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/assap.co.za\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/ASSIssue2.pdf\">https:\/\/assap.co.za\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/ASSIssue2.pdf<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Chin\u00e9s (Simplificado):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>9) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2021december1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Decembro #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Sa\u00edu a revista CAP n\u00famero 30 2) A ONU proclama 2022 como o Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sostible 3) Noticias dos NOC: Iraq e Sud\u00e1n 4) Ecsite Workroom Sharing Space 5) Mirando cara 2022: pr\u00f3ximas conferencias e eventos 6)\u00a0Oportunidades 7) Lecturas e recursos en li\u00f1a recomendados 8)&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-decembro-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12324","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12324","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12324"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12324\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12326,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12324\/revisions\/12326"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12324"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12324"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12324"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}