{"id":12201,"date":"2021-10-30T22:58:28","date_gmt":"2021-10-30T22:58:28","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12201"},"modified":"2021-11-03T23:09:40","modified_gmt":"2021-11-03T23:09:40","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-outubro-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-outubro-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Outubro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Outubro #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) An\u00fancianse os proxectos ga\u00f1adores dos premios Astronomy@Home e as menci\u00f3ns de honra<br \/>\n2) Convocatoria de propostas \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d<br \/>\n3) Novas NOC: Exipto, Turqu\u00eda e Polonia<br \/>\n4) Semana Mundial do Espazo 2021: Contribuci\u00f3ns NOC<br \/>\n5) \u00danete \u00e1s \u00faltimas campa\u00f1as de 2021 de \u201cGlobe at Night\u201d<br \/>\n6) A \u201cGaveta de Astrof\u00edsica\u201d de Canarias<br \/>\n7) Dispo\u00f1\u00edbeis as gravaci\u00f3ns da presentaci\u00f3n da conferencia \u201cGlobal Hands-On Universe 2021\u201d<br \/>\n8) Lanzamento do telescopio espacial Webb da NASA en decembro de 2021<br \/>\n9) Actividades destacadas<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Outubro foi un mes bastante intenso con varios eventos anuais importantes relacionados coa astronom\u00eda e o espazo, como as 100 Horas de Astronom\u00eda, a Semana Mundial do Espazo e a Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa. Ao longo do mes destacamos numerosos eventos realizados polas nosas e nosos NOC da IAU e outras comunidades nacionais de todo o mundo. Queremos dar as grazas a todas as persoas polos diversos programas desenvolvidos e por compartiren estas iniciativas das que beneficiaron tanto estudantes como p\u00fablico xeral, centr\u00e1ndonos especialmente en grupos desfavorecidos en lugares remotos, persoas maiores e mulleres e nenas. Moitas grazas polos vosos esforzos.<\/p>\n<p>En agosto de 2021 iniciamos un novo trienio at\u00e9 2024. Xa recibiron o seu nomeamento oficial <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\">as e os novos representantes nacionais<\/a> e queremos constru\u00edr unha rede de divulgaci\u00f3n m\u00e1is representativa a nivel internacional. Animamos encarecidamente a todas as persoas que practican astronom\u00eda de forma profesional ou amadora a contactardes coa nosa rede NOC e unirvos aos nosos comit\u00e9s de divulgaci\u00f3n nacionais da IAU en todo o mundo. Por favor, visitade <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\">as p\u00e1xinas das coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n da IAU do voso pa\u00eds<\/a>, po\u00f1\u00e9devos en contacto coas e cos representantes e un\u00eddevos aos comit\u00e9s nacionais. Se o voso pa\u00eds non ten representante, valorade a posibilidade de asumirdes v\u00f3s a coordinaci\u00f3n nacional de divulgaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero queremos destacar os proxectos ga\u00f1adores dos Premios Astronomy@Home, a iniciativa \u201cGaveta de Astrof\u00edsica\u201d nas Illas Canarias e anim\u00e1mosvos a unirvos \u00e1s d\u00faas \u00faltimas campa\u00f1as de Globe at Night (GaN) para 2021.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) An\u00fancianse os proxectos ga\u00f1adores dos premios Astronomy@Home e as menci\u00f3ns de honra<\/strong><\/p>\n<p>Os premios Astronomy@Home 2020 recibiron m\u00e1is de 400 eventos entre abril e agosto de 2020 en todo o mundo. Os 50 eventos seleccionados de 31 pa\u00edses diferentes distrib\u00faense en cinco categor\u00edas de premios.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/iauoutreachaward\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/iauoutreachaward\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Convocatoria de propostas \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d<\/strong><\/p>\n<p>A convocatoria &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221; apoia proxectos arredor do D\u00eda Internacional dos Pobos Ind\u00edxenas que se celebra o 9 de agosto de 2022 co aval das Naci\u00f3ns Unidas. Os proxectos deben utilizar a astronom\u00eda cultural, a divulgaci\u00f3n e a comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda para reco\u00f1ecer o co\u00f1ecemento ind\u00edxena e respectar os sistemas de aprendizaxe ind\u00edxenas cun enfoque baseado no dereito \u00e1 aprendizaxe ind\u00edxena.<\/p>\n<p>A convocatoria est\u00e1 aberta a todas as persoas e favoreceranse proxectos liderados por comunidades ind\u00edxenas. As propostas deben enviarse en li\u00f1a antes das 23:59 na t\u00faa hora local do 31 de decembro de 2021.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/under-one-sky\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/under-one-sky\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Novas NOC: Exipto, Turqu\u00eda e Polonia<\/strong><\/p>\n<p>a) Ortogonalidade do Sol nos templos exipcios<\/p>\n<p>O 19 de outubro de 2021, o Instituto Nacional de Investigaci\u00f3n de Astronom\u00eda e Xeof\u00edsica (NRIAG) acolleu o evento &#8220;Ortogonalidade do Sol no Templo de Abu Simbel&#8221;, sobre un fen\u00f3meno \u00fanico en que o Sol est\u00e1 perpendicular \u00e1 estatua de Rams\u00e9s II no templo de Abu Simbel no sur de Exipto.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/latest-stories\/nocegyptoct2021\">https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/latest-stories\/nocegyptoct2021<\/a><\/p>\n<p>b) V Escola de Astronom\u00eda Azarquiel (Online)<\/p>\n<p>A V Escola de Astronom\u00eda de Azarquiel celebrarase en li\u00f1a entre o 15 e o 19 de novembro de 2021. Adicarase a promover os intercambios culturais, salvar a brecha entre Oriente e Occidente, promover a docencia de nivel avanzado en Astronom\u00eda e motivar futuras actividades de investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podes ler o anuncio completo aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/azarquielschool.online\/\">http:\/\/azarquielschool.online\/<\/a><\/p>\n<p>c) Retransmisi\u00f3n das charlas de dous premios Nobel<\/p>\n<p>A Sociedade Astron\u00f3mica Polaca fixo unha retransmisi\u00f3n p\u00fablica das charlas de dous premios Nobel. Estas charlas foron as conferencias convidadas do 40\u00ba Encontro da Sociedade Astron\u00f3mica Polaca. As charlas est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis en ingl\u00e9s.<\/p>\n<p>Prof. Reinhard Genzel \u2013 Probas do paradigma dos buratos negros masivos: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=9cd3lDhpRQk\">https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=9cd3lDhpRQk<\/a><\/p>\n<p>Prof. Barry C. Barish &#8211; Comprender o noso universo con ondas gravitacionais: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=h_jgyL8CtHg\">https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=h_jgyL8CtHg<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Semana Mundial do Espazo 2021: Contribuci\u00f3ns NOC<\/strong><\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Algeria\">Coordinador Nacional de Divulgaci\u00f3n (NOC) da IAU para Alxeria<\/a>, Mourad Hamdouche, informou de que a Asociaci\u00f3n de Astronom\u00eda Sirius e a Asociaci\u00f3n Africana de Astronom\u00eda, en colaboraci\u00f3n co NOC de Alxeria, organizaron a conferencia en li\u00f1a &#8220;Mulleres Alxerinas en Astronom\u00eda&#8221; para destacar as mulleres inspiradoras no campo da ciencia espacial e co\u00f1ecer m\u00e1is sobre os retos aos que se enfrontan e as lecci\u00f3ns aprendidas para as xeraci\u00f3ns futuras.<\/p>\n<p>A <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-bahrain\">Coordinadora Nacional de Divulgaci\u00f3n (NOC) da IAU para Bahrein<\/a>, Myriam Alqassab, celebrou a Semana Mundial do Espazo 2021 cun v\u00eddeo que destaca os logros das mulleres \u00e1rabes no espazo e na astronom\u00eda. Podes ver o v\u00eddeo en Youtube: <a href=\"https:\/\/youtu.be\/wY72bUNmxgs\">https:\/\/youtu.be\/wY72bUNmxgs<\/a>.<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Ethiopia\">Coordinador Nacional de Divulgaci\u00f3n (NOC) da IAU para Etiop\u00eda<\/a>, Alemiye Mamo, en colaboraci\u00f3n coa Sociedade Et\u00edope de Ciencia Espacial e o Instituto Et\u00edope de Ciencia e Tecnolox\u00eda Espacial, organizou un evento onde mulleres investigadoras e l\u00edderes que traballan en diferentes sectores do espazo en Etiop\u00eda compartiron as s\u00faas experiencias e discutiron os desaf\u00edos aos que se enfrontaron e como os superaron. O evento inclu\u00edu conferencias maxistrais e unha mesa redonda. M\u00e1is de 200 participantes asistiron ao evento e a maior\u00eda foron estudantes.<\/p>\n<p><strong>5) \u00danete \u00e1s \u00faltimas campa\u00f1as de 2021 de \u201cGlobe at Night\u201d<\/strong><\/p>\n<p>\u201cGlobe at Night\u201d \u00e9 unha campa\u00f1a internacional de ciencia cidad\u00e1 para concienciar o p\u00fablico sobre o impacto da contaminaci\u00f3n luminosa que convida as persoas participantes a medir o brillo do ceo nocturno e enviar as s\u00faas observaci\u00f3ns. As \u00faltimas datas para a campa\u00f1a de 2021 son do 27 de outubro ao 5 de novembro e do 25 de novembro ao 4 de decembro de 2021.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/6-steps.php\">https:\/\/www.globeatnight.org\/6-steps.php<\/a><\/p>\n<p><strong>6) A \u201cGaveta de Astrof\u00edsica\u201d de Canarias<\/strong><\/p>\n<p>A relaci\u00f3n de Canarias coa astrof\u00edsica \u00e9 \u00edntima: o arquip\u00e9lago acolle un centro de investigaci\u00f3n internacional e dous observatorios l\u00edderes a nivel mundial. En 2016 naceu &#8220;Gaveta de Astrof\u00edsica&#8221;, unha secci\u00f3n de divulgaci\u00f3n quincenal publicada en \u201cEl D\u00eda\u201d, o xornal m\u00e1is importante do arquip\u00e9lago con 128.000 lectores diarios. Co lema &#8220;Cada d\u00faas semanas, investigaci\u00f3n de vangarda feita en Canarias ou por persoas canarias en todo o mundo&#8221;, o obxectivo desta secci\u00f3n \u00e9 achegar a ciencia ao seu verdadeiro propietario, o p\u00fablico en xeral, e dar a co\u00f1ecer as e os investigadores locais que viven nas illas ou no estranxeiro. O repositorio &#8220;Gaveta de Astrof\u00edsica&#8221; \u00e9 un caix\u00f3n (que \u00e9 o que significa &#8220;gaveta&#8221; en espa\u00f1ol) cheo de pezas de investigaci\u00f3n de vangarda explicadas polas persoas que as fixeron, sen intermediarias.<\/p>\n<p>Se entedes castel\u00e1n e queres consultar m\u00e1is sobre a &#8220;Gaveta de Astrof\u00edsica&#8221;, aqu\u00ed tes as ligaz\u00f3ns aos m\u00e1is de 120 artigos publicados at\u00e9 o momento: <a href=\"https:\/\/adrianadelorenzocaceres.wordpress.com\/gaveta-de-astrofisica\/\">https:\/\/adrianadelorenzocaceres.wordpress.com\/gaveta-de-astrofisica\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Dispo\u00f1\u00edbeis as gravaci\u00f3ns da presentaci\u00f3n da conferencia \u201cGlobal Hands-On Universe 2021\u201d<\/strong><\/p>\n<p>As gravaci\u00f3ns da conferencia \u201cGlobal Hands-On Universe\u201d de 2021 son un gran recurso para profesorado, estudantes, educadoras e educadores e profesionais da ciencia. M\u00e1is de cen v\u00eddeos (conferencias, presentaci\u00f3ns, obradoiros) est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis na canle de Youtube de GHOU, inclu\u00edndo bastantes charlas das persoas que exercen as Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n da IAU.<\/p>\n<p>Visita a canle de YouTube de GHOU aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/playlist?list=PLmJNKv0Pbs3Md8LrMFEqzDttM7L9vmUQ5\">https:\/\/www.youtube.com\/playlist?list=PLmJNKv0Pbs3Md8LrMFEqzDttM7L9vmUQ5<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Lanzamento do telescopio espacial Webb da NASA en decembro de 2021<\/strong><\/p>\n<p>O Telescopio Espacial James Webb da NASA est\u00e1 previsto que se lance o 18 de decembro. Ser\u00e1 o principal observatorio do espazo profundo durante a pr\u00f3xima d\u00e9cada e explorar\u00e1 todas as fases da historia c\u00f3smica, desde dentro do noso sistema solar at\u00e9 as galaxias observ\u00e1beis m\u00e1is afastadas do universo primitivo, e todo o que hai no medio.<\/p>\n<p>Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a misi\u00f3n e outros recursos, visita o sitio web: <a href=\"https:\/\/www.nasa.gov\/webb\">https:\/\/www.nasa.gov\/webb<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.webb.nasa.gov\/index.html\">https:\/\/www.webb.nasa.gov\/index.html<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Actividades destacadas<\/strong><\/p>\n<p><strong>Eventos en 2021<\/strong><\/p>\n<p><strong>a)<\/strong><strong>\u00a0<\/strong><strong>STEM XR: Obradoiro interdisciplinario e colaborativo sobre comunicaci\u00f3n en mundos virtuais<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/stemxr.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/stemxr.org<\/a><\/p>\n<p><strong>b) SciAccess 2021<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: 12 e 13 de novembro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/sciaccess.org\/\">https:\/\/sciaccess.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Astronom\u00eda M\u00e1is Al\u00e1 dos Sentidos Com\u00fans para a Accesibilidade e a Inclusi\u00f3n<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: o 17 e 18 de novembro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/accefyn.com\/microsites\/nodos\/astroco\/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion\/\">https:\/\/accefyn.com\/microsites\/nodos\/astroco\/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) Ensino e Divulgaci\u00f3n P\u00fablica da Astronom\u00eda: compartindo en li\u00f1a as mellores pr\u00e1cticas<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 18 ao 20 de novembro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/get-involved\/events\/asp2021-a-virtual-conference\/conference-overview.html\">https:\/\/astrosociety.org\/get-involved\/events\/asp2021-a-virtual-conference\/conference-overview.html<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Chin\u00e9s (Simplificado):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2021october2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Outubro #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) An\u00fancianse os proxectos ga\u00f1adores dos premios Astronomy@Home e as menci\u00f3ns de honra 2) Convocatoria de propostas \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d 3) Novas NOC: Exipto, Turqu\u00eda e Polonia 4) Semana Mundial do Espazo 2021: Contribuci\u00f3ns NOC 5) \u00danete \u00e1s \u00faltimas campa\u00f1as de 2021 de \u201cGlobe at Night\u201d 6) A \u201cGaveta de Astrof\u00edsica\u201d&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-outubro-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12201","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12201","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12201"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12201\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12204,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12201\/revisions\/12204"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12201"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12201"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12201"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}