{"id":12195,"date":"2021-09-30T22:05:36","date_gmt":"2021-09-30T22:05:36","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12195"},"modified":"2021-11-03T22:56:24","modified_gmt":"2021-11-03T22:56:24","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Setembro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-11795 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Setembro #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) 100 horas de astronom\u00eda 2021<br \/>\n2) Convocatoria Especial para o Simposio Kavli-IAU sobre Clima e Cambio Clim\u00e1tico nos Planetas<br \/>\n3) Resumos das Sesi\u00f3ns das Oficinas da IAUReuni\u00f3n familiar 2021<br \/>\n4) Festas tradicionais relacionadas coa Astronom\u00eda<br \/>\n5) Esquema de financiamento dos NOC 2021-2022<br \/>\n6) O Universo virtual m\u00e1is grande gratuito para que calquera o explore<br \/>\n7) A Asociaci\u00f3n Americana de Observadores de Estrelas Variables (AAVSO) celebra o seu 110 aniversario<br \/>\n8) Conferencia SciAccess 2021<br \/>\n9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en li\u00f1a<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Prepar\u00e1devos para celebrar as <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/100-hours-of-astronomy\/\">100 Horas de Astronom\u00eda<\/a> do 1 ao 4 de outubro. Temos m\u00e1is de 120 eventos en 47 pa\u00edses rexistrados no noso <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao-events\/\">calendario de eventos de divulgaci\u00f3n da IAU<\/a>. Todas as actividades rexistradas son elix\u00edbeis para ga\u00f1ar un dos dez telescopios doados por \u201cStars Shine for Everyone\u201d (SSVI). Os primeiros 100 eventos recibir\u00e1n agasallos da nosa oficina, inclu\u00edndo as \u00faltimas edici\u00f3ns impresas do CAPjournal.<\/p>\n<p>Se che entusiasma a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda e che gustar\u00eda participar activamente nun grupo global e diverso de persoas, anim\u00e1moste a que te unas ao noso equipo en Toquio propo\u00f1\u00e9ndote para a <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21050\/\">nosa praza de subdirecci\u00f3n<\/a>. O prazo remata o 30 de setembro de 2021.<\/p>\n<p>Lanzamos a convocatoria de propostas <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/under-one-sky\/\">&#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221;<\/a> para apoiar proxectos no D\u00eda Internacional dos Pobos Ind\u00edxenas que se celebra o 9 de agosto de 2022 co aval das Naci\u00f3ns Unidas. Podes solicitalo at\u00e9 o 31 de decembro de 2021.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero destacamos a convocatoria especial para o Simposio Kavli-IAU sobre o clima e o cambio clim\u00e1tico nos planetas, a publicaci\u00f3n dos resumos das sesi\u00f3ns da Reuni\u00f3n das oficinas IAU 2021 e convid\u00e1mosvos a compartir detalles sobre as festas tradicionais e culturais relacionadas coa astronom\u00eda do voso pa\u00eds ou rexi\u00f3n.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) 100 Horas de Astronom\u00eda 2021<\/strong><\/p>\n<p>Xa estamos preparadas e preparados para celebrarmos as <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/100-hours-of-astronomy\/\">100 Horas de Astronom\u00eda<\/a>. Do 1 ao 4 de outubro de 2021, o mundo celebrar\u00e1 que vivimos &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221; inspir\u00e1ndose en como se xuntou a nosa comunidade durante un tempo no que o contacto f\u00edsico non foi pos\u00edbel, e en moitos lugares a\u00ednda non \u00e9 pos\u00edbel. Consulta as m\u00e1is de 100 iniciativas en 47 pa\u00edses e atopa un evento preto de ti no noso calendario de eventos de divulgaci\u00f3n da IAU:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao-events\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/oao-events\/<\/a><\/p>\n<p>Non atopas ningunha actividade preto de ti? Case todas as actividades est\u00e1n en li\u00f1a e son acces\u00edbeis para todas e todos. Como o idioma pode ser unha barreira, animamos \u00e1 nosa diversa comunidade a realizar actividades nos seus propios idiomas nativos.<\/p>\n<p>Podes atopar as nosas actualizaci\u00f3ns diarias nas nosas canles de redes sociais coas actividades rexistradas.<\/p>\n<p><strong>2) Convocatoria especial para o Simposio Kavli-IAU sobre o clima e o cambio clim\u00e1tico nos planetas<\/strong><\/p>\n<p>A IAU convida a lanzar propostas para o primeiro Simposio Interdisciplinar de Kavli-IAU, que estar\u00e1 dedicado ao cambio clim\u00e1tico e o clima nos planetas e est\u00e1 previsto que te\u00f1a lugar a finais de 2022 ou principios de 2023. O obxectivo do simposio \u00e9 reunir cient\u00edficas e cient\u00edficos que estudan unha ampla gama de procesos planetarios para comprender mellor o pos\u00edbel futuro do clima na Terra. As propostas completas deben enviarse ao secretario xeral da IAU antes do 15 de novembro de 2021.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21052\/\">https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21052\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Resumos das sesi\u00f3ns da reuni\u00f3n das oficinas da IAU 2021<\/strong><\/p>\n<p>A Reuni\u00f3n das Oficinas da IAU celebrouse en li\u00f1a do 20 ao 22 de xullo de 2021, reunindo as redes globais das catro Oficinas da IAU: as coordinadoras e coordinadores nacionais de educaci\u00f3n astron\u00f3mica (NAEC), as coordinadoras e coordinadores nacionais de divulgaci\u00f3n (NOC) e as oficinas rexionais e centros de co\u00f1ecemento ling\u00fc\u00edstico de astronom\u00eda para o desenvolvemento (ROADs) e (LOADs). A organizaci\u00f3n estivo dirixida pola Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU.<\/p>\n<p>Podes atopar os resumos da sesi\u00f3n aqu\u00ed:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/static\/publications\/iau-offices\/session-summaries-IAU-offices-family-meeting-2021.pdf\">https:\/\/www.iau.org\/static\/publications\/iau-offices\/session-summaries-IAU-offices-family-meeting-2021.pdf<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Festivais tradicionais relacionados coa astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Entendendo a importancia da astronom\u00eda nas festas tradicionais de todo o mundo e a importancia xeral da astronom\u00eda na cultura, recollemos unha lista de festas tradicionais de todo o mundo relacionadas coa astronom\u00eda. Cun forte arraigo nas nosas tradici\u00f3ns compartidas, pretendemos unir diferentes pa\u00edses a trav\u00e9s dos seus intereses culturais e hist\u00f3ricos compartidos polo ceo e os acontecementos astron\u00f3micos.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed fornecemos dous exemplos:<\/p>\n<p>&#8211; O Festival de Tanabata tam\u00e9n se co\u00f1ece como o &#8220;Festival das Estrelas&#8221;. Tanabata \u00e9 un festival de ver\u00e1n en Xap\u00f3n, no que a rapazada e os adultos piden desexos e miran as estrelas.<\/p>\n<p>&#8211; Tsukimi significa &#8220;mirar a l\u00faa&#8221; e \u00e9 unha tradici\u00f3n xaponesa (que se remonta a m\u00e1is de mil anos) de celebrar festas especiais para ver a l\u00faa no outono.<\/p>\n<p>Colabora connosco e fainos saber as festas e tradici\u00f3ns culturais que tes no teu pa\u00eds ou rexi\u00f3n relacionadas coa astronom\u00eda: <a href=\"https:\/\/forms.office.com\/r\/6JMGJu5NuA\">https:\/\/forms.office.com\/r\/6JMGJu5NuA<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Esquema de financiamento dos NOC 2021-2022<\/strong><\/p>\n<p>As Coordinadoras e Coordinadores Nacionais de Divulgaci\u00f3n da IAU (NOC) son as e os representantes a nivel nacional da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (OAO). A rede act\u00faa como punto de contacto para a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda nun pa\u00eds ou territorio. As e os NOC apoian a implementaci\u00f3n de proxectos OAO da IAU a nivel nacional, comparten novas e eventos de astronom\u00eda no seu pa\u00eds e unen a IAU coas comunidades locais. No proceso, reciben apoio divulgativo da OAO da IAU, como o acceso ao r\u00e9xime de financiamento NOC e unha conexi\u00f3n coa rede global NOC.<br \/>\nPara saber m\u00e1is sobre a rede NOC: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/<\/a><br \/>\nM\u00e1is informaci\u00f3n acerca do Esquema de financiamento dos NOC: <a href=\"https:\/\/iau.org\/public\/oao\/nocs_funding\/\">https:\/\/iau.org\/public\/oao\/nocs_funding\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) O universo virtual m\u00e1is grande, de balde para que calquera poida exploralo<\/strong><\/p>\n<p>Un equipo internacional de investigadoras e investigadores xerou todo un universo virtual e p\u00faxoo a disposici\u00f3n de todas as persoas. Uchuu (que significa &#8220;espazo exterior&#8221; en xapon\u00e9s) \u00e9 a simulaci\u00f3n m\u00e1is grande e realista do Universo at\u00e9 a data. A simulaci\u00f3n de Uchuu consta de 2,1 bill\u00f3ns de part\u00edculas nun cubo computacional con 9,63 mill\u00f3ns de anos luz de lado. Investigadores e investigadoras de Xap\u00f3n, Espa\u00f1a, Estados Unidos, Arxentina, Australia, Chile, Francia e Italia crearon Uchuu usando ATERUI II, o supercomputador m\u00e1is potente do mundo dedicado \u00e1 astronom\u00eda.<\/p>\n<p>Podes ler o comunicado de prensa do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ) aqu\u00ed:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.nao.ac.jp\/en\/news\/science\/2021\/20210910-cfca.html\">https:\/\/www.nao.ac.jp\/en\/news\/science\/2021\/20210910-cfca.html<\/a><br \/>\nPodes atopar as simulaci\u00f3ns de Uchuu aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/skiesanduniverses.org\/Simulations\/Uchuu\/\">http:\/\/skiesanduniverses.org\/Simulations\/Uchuu\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) A Asociaci\u00f3n Americana de Observaci\u00f3n de Estrelas Vari\u00e1beis (AAVSO) celebra o seu 110 aniversario<\/strong><\/p>\n<p>A Asociaci\u00f3n Americana de Observaci\u00f3n de Estrelas Vari\u00e1beis (AAVSO) \u00e9 unha organizaci\u00f3n cient\u00edfica e educativa sen \u00e1nimo de lucro de astr\u00f3nomos afeccionados e profesionais con interese nas estrelas que cambian de brillo: as estrelas vari\u00e1beis. A AAVSO celebra este ano o seu 110 aniversario.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.aavso.org\/participate\">https:\/\/www.aavso.org\/participate<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Conferencia SciAccess 2021<\/strong><\/p>\n<p>As inscrici\u00f3ns da conferencia \u201cSciAccess 2021\u201d xa est\u00e1n abertas. Ter\u00e1 lugar os d\u00edas 12 e 13 de novembro. A conferencia SciAccess 2021 estar\u00e1 dedicada a promover a inclusi\u00f3n da discapacidade, a diversidade e a equidade nas CTEM. Se che interesa compartir alg\u00fan traballo, ideas, experiencias ou pr\u00e1cticas relacionadas coa CTEM acces\u00edbel, env\u00eda a t\u00faa proposta antes do 24 de setembro.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre a conferencia aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/sciaccess.org\/\">https:\/\/sciaccess.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Actividades destacadas<\/strong><\/p>\n<p><strong>Eventos en 2021<\/strong><\/p>\n<p><strong>a)<\/strong><strong>\u00a0<\/strong><strong>STEM XR: Obradoiro interdisciplinario e colaborativo sobre comunicaci\u00f3n en mundos virtuais<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/stemxr.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/stemxr.org<\/a><\/p>\n<p><strong>b) II Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade<\/strong><br \/>\nLugar: virtual \/ La Palma, Illas Canarias, Espa\u00f1a<br \/>\nCando: do 3 ao 7 de outubro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"http:\/\/research.iac.es\/congreso\/quietdarksky2021\/pages\/home.php\">http:\/\/research.iac.es\/congreso\/quietdarksky2021\/pages\/home.php<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Obradoiro Shaw-IAU Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 12 ao 15 de outubro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/siw2021\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/astro4edu.org\/siw2021\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) SciAccess 2021<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: 12 e 13 de novembro de 2021<br \/>\nSitio web: <a href=\"https:\/\/sciaccess.org\/\">https:\/\/sciaccess.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>e) Astronom\u00eda M\u00e1is Al\u00e1 dos Sentidos Com\u00fans para a Accesibilidade e a Inclusi\u00f3n<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: o 17 e 18 de novembro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/accefyn.com\/microsites\/nodos\/astroco\/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion\/\">https:\/\/accefyn.com\/microsites\/nodos\/astroco\/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion\/<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2021september2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Setembro #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) 100 horas de astronom\u00eda 2021 2) Convocatoria Especial para o Simposio Kavli-IAU sobre Clima e Cambio Clim\u00e1tico nos Planetas 3) Resumos das Sesi\u00f3ns das Oficinas da IAUReuni\u00f3n familiar 2021 4) Festas tradicionais relacionadas coa Astronom\u00eda 5) Esquema de financiamento dos NOC 2021-2022 6) O Universo virtual m\u00e1is grande gratuito para que&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12195","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12195","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12195"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12195\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12199,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12195\/revisions\/12199"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12195"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12195"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12195"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}