{"id":12159,"date":"2021-09-20T19:38:00","date_gmt":"2021-09-20T19:38:00","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12159"},"modified":"2021-09-20T19:39:09","modified_gmt":"2021-09-20T19:39:09","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Setembro #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-11795 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Setembro #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Posto de traballo na IAU: subdirecci\u00f3n da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<br \/>\n2) Convocatoria de propostas \u201cUnder One Sky\u201d<br \/>\n3) Anunciadas as imaxes ga\u00f1adoras do Concurso de Astrofotograf\u00eda da IAU OAE<br \/>\n4) Rematan as sesi\u00f3ns de traballo da XXXI Asemblea Xeral<br \/>\n5) O respons\u00e1bel de prensa da IAU, Lars Lindberg Christensen, recibe o premio Klumpke-Roberts 2021<br \/>\n6) Novas NOC: Colombia e Rep\u00fablica Dominicana<br \/>\n7) Concurso \u201cCatch a Star\u201d 2022<br \/>\n8) Segundo Obradoiro sobre Astronom\u00eda M\u00e1is Al\u00e1 dos Sentidos Com\u00fans para a Accesibilidade e a Inclusi\u00f3n<br \/>\n9) Actividades destacadas<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Al\u00e9granos moito anunciar o lanzamento da convocatoria de propostas &#8220;Under One Sky&#8221; (Baixo un mesmo ceo) grazas ao apoio do Observatorio de Leiden e ao Premio de Comunicaci\u00f3n NWO 2020. Esta convocatoria pretende apoiar proxectos ao abeiro do D\u00eda Internacional dos Pobos Ind\u00edxenas que conmemora Naci\u00f3ns Unidas e ter\u00e1 a s\u00faa pr\u00f3xima edici\u00f3n o 9 de agosto de 2022. Os proxectos deben utilizar a astronom\u00eda cultural, a divulgaci\u00f3n e a comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda para po\u00f1er en valor o co\u00f1ecemento dos pobos orixinarios e respectar os sistemas de aprendizaxe ind\u00edxenas cun enfoque da educaci\u00f3n destes pobos baseado nos dereitos. A convocatoria est\u00e1 aberta a todo o mundo e valoraranse en especial os proxectos liderados por comunidades ind\u00edxenas.<\/p>\n<p>No \u00faltimo n\u00famero anunciamos o lanzamento do Proxecto Global de Divulgaci\u00f3n da IAU &#8220;100 horas de astronom\u00eda&#8221; de 2021. Queremos darlles as grazas a todas as persoas que xa enviaron actividades e eventos ao noso <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao-events\/\">calendario IAU de eventos de divulgaci\u00f3n<\/a>. Xa temos case 100 actividades rexistradas entre o 1 e o 4 de outubro (estas actividades recibir\u00e1n agasallos da OAO, inclu\u00eddas edici\u00f3ns en papel do CAPjournal).<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, queremos felicitar \u00e1s persoas ga\u00f1adoras do concurso de astrofotograf\u00eda da Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n e o respons\u00e1bel de prensa da IAU, Lars Lindberg Christensen, ga\u00f1ador do premio Klumpke-Roberts 2021. Tam\u00e9n queremos animarvos a presentar candidaturas \u00e1 nosa praza de subdirecci\u00f3n e que vos unades ao noso equipo en Toquio.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, mais non menos importante, unhas palabras de agradecemento aos nosos coordinadores e coordinadoras de divulgaci\u00f3n nacional que, de xeito continuo, comparten con n\u00f3s iniciativas de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda, de captaci\u00f3n de p\u00fablico e de comunicaci\u00f3n nas s\u00faas rexi\u00f3ns e comunidades. Moitas grazas, os vosos esforzos son unha inspiraci\u00f3n para n\u00f3s e para a comunidade global.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Posto de traballo na IAU: subdirecci\u00f3n da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda abriu o procedemento para contratar unha persoa para o posto de subdirecci\u00f3n. Se che entusiasma a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda e queres participar activamente cun grupo global e diverso de persoas, \u00fanete ao noso equipo en Toquio presentando a t\u00faa candidatura \u00e1 nosa praza de subdirecci\u00f3n. O prazo remata o 30 de setembro de 2021.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21050\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21050\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Convocatoria de propostas \u201cUnder One Sky\u201d<\/strong><\/p>\n<p>A convocatoria de propostas &#8220;Under One Sky&#8221; (Baixo un mesmo ceo) apoia proxectos ao abeiro do D\u00eda Internacional dos Pobos Ind\u00edxenas do Mundo, unha efem\u00e9ride anual das Naci\u00f3ns Unidas cuxa pr\u00f3xima edici\u00f3n ter\u00e1 lugar o 9 de agosto de 2022. Os proxectos deben empregar a astronom\u00eda cultural, a divulgaci\u00f3n e a comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda para po\u00f1er en valor o co\u00f1ecemento dos pobos orixinarios e respectar os sistemas de aprendizaxe ind\u00edxenas cun enfoque da educaci\u00f3n destes pobos baseado nos dereitos. A convocatoria est\u00e1 aberta a todo o mundo e val\u00f3ranse en especial os proxectos liderados por comunidades ind\u00edxenas. As propostas deben enviarse en li\u00f1a at\u00e9 as 23:59 (da vosa) hora local o 31 de decembro de 2021.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/under-one-sky\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/under-one-sky\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Anunciadas as imaxes ga\u00f1adoras do Concurso de Astrofotograf\u00eda da IAU OAE<\/strong><\/p>\n<p>O Concurso de Astrofotograf\u00eda da Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n (OAE) recibiu case 700 imaxes de 57 pa\u00edses. As fotos ga\u00f1adoras xa est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis baixo a licenza internacional Creative Commons Attribution (CC BY) 4.0. Isto permite o seu uso gratu\u00edto sempre que se acredite a autor\u00eda debidamente. Estas imaxes serven como un recurso educativo aberto para beneficio de docentes e estudantes de todo o mundo.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21047\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21047\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Rematan as sesi\u00f3ns de traballo da XXXI Asemblea Xeral<\/strong><\/p>\n<p>As sesi\u00f3ns de traballo da XXXI Asemblea Xeral da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) remataron o 26 de agosto. As reuni\u00f3ns virtuais e as sesi\u00f3ns previas \u00e1 asemblea xeral, inclu\u00eddo o programa &#8220;A IAU Hoxe&#8221;, xa se <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/meetings\/general_assemblies\/ga2021\/\">poden ver a trav\u00e9s de YouTube<\/a>. En particular, <a href=\"https:\/\/local.strw.leidenuniv.nl\/iauxxxiga2021.html\">agora p\u00f3dese acceder<\/a> ao segundo conxunto de presentaci\u00f3ns previas \u00e1 asemblea xeral do 26 de agosto que non se emitiu correctamente en YouTube. As sesi\u00f3ns cient\u00edficas da XXXI Asemblea Xeral ter\u00e1n lugar en Busan en agosto de 2022.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2106\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2106\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) O respons\u00e1bel de prensa da IAU, Lars Lindberg Christensen, recibe o premio Klumpke-Roberts 2021<\/strong><\/p>\n<p>Felicitamos o respons\u00e1bel de prensa da IAU, Lars Lindberg Christensen, por recibir o premio Klumpke-Roberts 2021, anunciado pola Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico (ASP) o 24 de agosto de 2021. Este prestixioso premio, que antes recibiron figuras como Carl Sagan e Isaac Asimov, reco\u00f1ece persoas que fixeron contribuci\u00f3ns excepcionais para a comprensi\u00f3n e a valoraci\u00f3n p\u00fablica da astronom\u00eda.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21051\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21051\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC: Colombia e Rep\u00fablica Dominicana<\/strong><\/p>\n<p>a) XIX Encontro da Rede de Astronom\u00eda de Colombia<\/p>\n<p>O XIX Encontro da Rede de Astronom\u00eda de Colombia (RAC) 2021 co t\u00edtulo &#8220;Los cielos estrellados como patrimonio de la humanidad&#8221; celebrarase en li\u00f1a do 15 ao 17 de outubro de 2021 (o encontro ser\u00e1 en espa\u00f1ol).<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/rac.net.co\/\">https:\/\/rac.net.co\/<\/a><\/p>\n<p>O noso agradecemento ao noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Colombia\">NOC de Colombia<\/a>, Andr\u00e9s David Torres Ca\u00f1as, por compartir a nova.<\/p>\n<p>b) Convenio de cooperaci\u00f3n asinado co Ministerio de Xuventude<\/p>\n<p>O 6 de agosto asinouse o primeiro acordo de cooperaci\u00f3n co Ministerio de Xuventude da Rep\u00fablica Dominicana. A trav\u00e9s deste acordo, a comunidade astron\u00f3mica est\u00e1 a establecer canles para obter apoio lox\u00edstico en actividades de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda, astronom\u00eda para a educaci\u00f3n e astronom\u00eda para o desenvolvemento utilizando infraestruturas nacionais e tirar vantaxe de achegar a astronom\u00eda \u00e1 poboaci\u00f3n nova do pa\u00eds.<\/p>\n<p>O noso agradecemento ao noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/DominicanRepublic\">NOC na Rep\u00fablica Dominicana<\/a>, Manuel Grullon, por compartir a nova.<\/p>\n<p><strong>7) Concurso \u201cCatch a Star\u201d 2022<\/strong><\/p>\n<p>Xa abriu a s\u00faa convocatoria o concurso \u201cCatch a Star\u201d 2022 (Atrapa unha estrela). Un gran n\u00famero de equipos de diferentes pa\u00edses europeos participan nesta convocatoria compartindo traballos de investigaci\u00f3n realizados nas s\u00faas aulas. \u201cCatch a Star\u201d 2022 comezar\u00e1 o 1 de novembro de 2021 e o prazo l\u00edmite para enviar os proxectos remata o 28 de febreiro de 2022.<\/p>\n<p>Podes obter <a href=\"https:\/\/eaae-astronomy.org\/catch-a-star\/welcome-to-catch-a-star-2021\">m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o concurso aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Segundo Obradoiro sobre Astronom\u00eda M\u00e1is Al\u00e1 dos Sentidos Com\u00fans para a Accesibilidade e a Inclusi\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O segundo \u201cObradoiro sobre Astronom\u00eda M\u00e1is Al\u00e1 dos Sentidos Com\u00fans para a Accesibilidade e a Inclusi\u00f3n\u201d celebrarase virtualmente os d\u00edas 17 e 18 de novembro de 2021. Tr\u00e1tase dunha reuni\u00f3n interdisciplinaria coa participaci\u00f3n de xente que se dedica \u00e1 astronom\u00eda, \u00e1 educaci\u00f3n e\/ou son especialistas en discapacidade. Este obradoiro ofrece a oportunidade de promover novas estratexias, traballar por obxectivos espec\u00edficos, compartir experiencias e debater sobre aplicaci\u00f3ns recentes.<\/p>\n<p>Podes obter <a href=\"https:\/\/accefyn.com\/microsites\/nodos\/astroco\/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion\/\">m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o obradoiro nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Actividades destacadas<\/strong><\/p>\n<p><strong>Eventos en 2021<\/strong><\/p>\n<p><strong>a)<\/strong><strong>\u00a0<\/strong><strong>STEM XR: Obradoiro interdisciplinario e colaborativo sobre comunicaci\u00f3n en mundos virtuais<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/stemxr.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/stemxr.org<\/a><\/p>\n<p><strong>b) II Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade<\/strong><br \/>\nLugar: virtual \/ La Palma, Illas Canarias, Espa\u00f1a<br \/>\nCando: do 3 ao 7 de outubro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"http:\/\/research.iac.es\/congreso\/quietdarksky2021\/pages\/home.php\">http:\/\/research.iac.es\/congreso\/quietdarksky2021\/pages\/home.php<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Obradoiro Shaw-IAU Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 12 ao 15 de outubro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/siw2021\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/astro4edu.org\/siw2021\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) Astronom\u00eda M\u00e1is Al\u00e1 dos Sentidos Com\u00fans para a Accesibilidade e a Inclusi\u00f3n<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: o 17 e 18 de novembro de 2021<br \/>\nSitio web: <a href=\"https:\/\/accefyn.com\/microsites\/nodos\/astroco\/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion\/\">https:\/\/accefyn.com\/microsites\/nodos\/astroco\/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion\/<\/a><\/p>\n<p><strong>Recursos en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p>I) MOOC de nivel universitario en Radio Astronom\u00eda creado polo EPFL (Instituto Federal Su\u00edzo de Tecnolox\u00eda en Lausana) e o Observatorio Surafricano de Radio Astronom\u00eda:<br \/>\n&#8220;Radio Sky I&#8221; &#8211; <a href=\"https:\/\/www.edx.org\/course\/radio-sky-1\">https:\/\/www.edx.org\/course\/radio-sky-1<\/a><br \/>\n&#8220;The Radio Sky II: Observational Radio Astronomy&#8221; &#8211; <a href=\"https:\/\/www.edx.org\/course\/the-radio-sky-ii-observational-radio-astronomy\">https:\/\/www.edx.org\/course\/the-radio-sky-ii-observational-radio-astronomy<\/a><\/p>\n<p>Podedes atopar recursos gratu\u00edtos para a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda en li\u00f1a aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2021september1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Setembro #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Posto de traballo na IAU: subdirecci\u00f3n da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda 2) Convocatoria de propostas \u201cUnder One Sky\u201d 3) Anunciadas as imaxes ga\u00f1adoras do Concurso de Astrofotograf\u00eda da IAU OAE 4) Rematan as sesi\u00f3ns de traballo da XXXI Asemblea Xeral 5) O respons\u00e1bel de prensa da IAU, Lars&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12159","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12159","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12159"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12159\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12161,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12159\/revisions\/12161"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12159"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12159"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12159"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}