{"id":12140,"date":"2021-08-31T15:00:33","date_gmt":"2021-08-31T15:00:33","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12140"},"modified":"2021-09-13T21:40:23","modified_gmt":"2021-09-13T21:40:23","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-agosto-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-agosto-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Agosto #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Agosto #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Mensaxe da IAU sobre a comunidade cient\u00edfica en Afganist\u00e1n<br \/>\n2) Apunta as datas para celebrar 100 Horas de Astronom\u00eda en todo o mundo!<br \/>\n3) As sociedades astron\u00f3micas de Nepal e Brunei asinan o acordo para formalizar os seus 15 anos de asociaci\u00f3n<br \/>\n4) Novas NOCs: Bulgaria, Iraq, Palestina, Sri Lanka<br \/>\n5) Enquisa da Rede do Ceo Nocturno \u00e1 comunidade astron\u00f3mica af\u00e9ccionada<br \/>\n6) Capturar a Escuridade. Os ga\u00f1adores de 2021<br \/>\n7) International Observe the Moon Night 2021<br \/>\n8) STEM XR : Obradoiro interdisciplinar de colaboraci\u00f3n sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica en mundos virtuais<br \/>\n9) Actividades destacadas. Repositorio de recursos para eventos en li\u00f1a<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Acabamos de rematar este ano as reuni\u00f3ns da Asamblea Xeral 2021 da IAU, totalmente virtual debido \u00e1 pandemia. Podes ver <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/meetings\/general_assemblies\/ga2021\/\">todas as sesi\u00f3ns principais dispo\u00f1\u00edbeis en YouTube<\/a>, inclu\u00eddas as sesi\u00f3ns previas \u00e1 reuni\u00f3n &#8220;A IAU HOXE&#8221; onde podes atopar unha visi\u00f3n xeral das actividades clave nas que estivo involucrada a IAU durante o pasado trienio e as charlas da premio Nobel Andrea Ghez e Volker Springel, ga\u00f1ador do premio Gruber, entre outros.<\/p>\n<p>Do 1 ao 4 de outubro celebraremos as 100 Horas de Astronom\u00eda. Para esta edici\u00f3n e baixo o tema &#8220;Todas as persoas xuntas baixo un mesmo ceo&#8221; queremos destacar os dez telescopios regalados en colaboraci\u00f3n con Stars Shine for Everyone \/ Universidade de Leiden. As primeiras cen actividades rexistradas no noso calendario de divulgaci\u00f3n da IAU recibir\u00e1n agasallos da Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica, inclu\u00eddas as edici\u00f3ns impresas de CAPjournal. As\u00ed que planifica con antelaci\u00f3n e \u00fanete \u00e1s celebraci\u00f3ns das 100 Horas de Astronom\u00eda en todo o mundo!<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, queremos destacar o acordo que asinaron as coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n de Nepal e Brunei para unha colaboraci\u00f3n e apoio continuos entre as s\u00faas instituci\u00f3ns; convid\u00e1moste a que te inspires polas actividades realizadas pola nosa comunidade NOC e anim\u00e1moste a participar na enquisa Night Sky Network dirixida \u00e1 comunidade de astronom\u00eda afeccionada.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, mais non \u00e9 menos importante, unha palabra de agradecemento para os nosos tradutores e tradutoras e a s\u00faa enorme dedicaci\u00f3n ao facer o noso bolet\u00edn m\u00e1is acces\u00edbel \u00e1s s\u00faas comunidades ao traducilo ao xapon\u00e9s, galego, portugu\u00e9s, \u00e1rabe, franc\u00e9s, espa\u00f1ol e italiano. Moitas grazas.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos o ceo m\u00e1is despexado e a mellor sa\u00fade!<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Mensaxe da IAU sobre a comunidade cient\u00edfica en Afganist\u00e1n<\/strong><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) est\u00e1 profundamente preocupada polos acontecementos actuais en Afganist\u00e1n e teme consecuencias adversas para a s\u00faa comunidade cient\u00edfica, sobre todo o acceso continuado das mulleres \u00e1 ciencia e o acceso \u00e1 educaci\u00f3n para as nenas. A ra\u00edz da situaci\u00f3n potencialmente mortal na que se atopan os nosos colegas homes e mulleres, a IAU quere animar a todas as persoas asociadas de calquera pa\u00eds a denunciar p\u00fablicamente calquera acci\u00f3n que puidera po\u00f1er en perigo o seu benestar e a realizar calquera acci\u00f3n protectora dos e das colegas con necesidades en Afganist\u00e1n. A IAU tam\u00e9n anima encarecidamente \u00e1s nosas socias e socios nacionais a axudar sempre que sexa pos\u00edbel neste momento tan dif\u00edcil para Afganist\u00e1n.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21044\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21044\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Apunta as datas para celebrar 100 Horas de Astronom\u00eda en todo o mundo<\/strong><\/p>\n<p>Do 1 ao 4 de outubro de 2021, a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda continuar\u00e1 coa tradici\u00f3n de celebrar as 100 Horas de Astronom\u00eda. O evento deste ano ter\u00e1 por tema &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221; inspir\u00e1ndose en como se xuntou a nosa comunidade durante un tempo no que o contacto f\u00edsico non foi pos\u00edbel (e en moitos lugares a\u00ednda non o \u00e9). Anim\u00e1moste a organizar ou participar en eventos ao longo destas 100 horas, xa que hai moitas posibilidades creativas durante estas 100 Horas de Astronom\u00eda. De forma segura e inclusiva, comparte o teu evento no noso calendario de eventos de divulgaci\u00f3n global da IAU.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: \u00a0<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/100-hours-of-astronomy\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/100-hours-of-astronomy\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) As Sociedades Astron\u00f3micas de Nepal e Brunei asinan un acordo para formalizar os seus 15 anos de asociaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nA Sociedade Astron\u00f3mica de Brunei Darussalam (PABD) e a Sociedade Astron\u00f3mica de Nepal (NASO) asinaron un acordo para dar a co\u00f1ecer e implementar en colaboraci\u00f3n catro \u00e1reas clave no campo da astronom\u00eda: (i) implementar proxectos de ciencia cidad\u00e1 baseados en datos como o programa Asteroid Search; (ii) establecer redes de comunicaci\u00f3n coordinadas nos dous pa\u00edses; (iii) facilitar as actividades de captaci\u00f3n de fondos para apoiar a execuci\u00f3n dos proxectos e (iv) apoiar o desenvolvemento da astronom\u00eda entrambos pa\u00edses noutras \u00e1reas de interese mutuo como a astronom\u00eda cultural. Ambas comunidades desexan aprender astronom\u00eda unha da outra e crear ligaz\u00f3ns duradeiras.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/english.onlinekhabar.com\/astronomical-societies-in-nepal-and-brunei-agree-upon-15-year-partnership.html\">https:\/\/english.onlinekhabar.com\/astronomical-societies-in-nepal-and-brunei-agree-upon-15-year-partnership.html<\/a><\/p>\n<p>Quer\u00e9moslles dar as grazas aos nosos NOC de <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-brunei\">Brunei<\/a> e <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Nepal\">Nepal<\/a>, Hazarry Hj Ali Ahmad e Suresh Bhattarai, por compartir esta nova.<\/p>\n<p><strong>4) Novas NOC: Palestina, Iraq, Sri Lanka e Bulgaria<\/strong><\/p>\n<p>a) Novas de Palestina<\/p>\n<p>Durante os meses de xullo e agosto, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Palestine\">o noso NOC en Palestina<\/a> Dawoud Tarawa e a Sociedade Astron\u00f3mica Palestina levaron a cabo varias iniciativas de divulgaci\u00f3n en Bel\u00e9n, Hebr\u00f3n, Ramala e Xerusal\u00e9n. As actividades consistiron en noites astron\u00f3micas, cursos de formaci\u00f3n e campamentos para observar a chuvia de meteoros das Perseidas. Os eventos reuniron a m\u00e1is de 600 participantes de todos os grupos de idade.<\/p>\n<p>Quer\u00e9moslle dar as grazas ao noso NOC para Palestina, Dawoud Tarawa, por compartir a nova.<\/p>\n<p>b) Noticias de Iraq<\/p>\n<p>Celebrouse un campamento astron\u00f3mico na antiga cidade de Ur na gobernaci\u00f3n de Dhi Qar, ao sur de Iraq, con motivo da chuvia de meteoros das Perseidas. Neste campamento participaron varios equipos afeccionados \u00e1 astronom\u00eda con conferencias sobre a historia da astronom\u00eda en Ur.<\/p>\n<p>Quer\u00e9moslle dar as grazas ao noso NOC para Iraq, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-iraq\">Ali jaber Al-Edhari<\/a>, por compartir a nova.<\/p>\n<p>c) Noticias de Sri Lanka<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/SriLanka\">noso NOC de Sri Lanka<\/a>, Dhanushka Amaradasa, contribu\u00edu \u00e1 traduci\u00f3n dun c\u00f3mic chamado &#8220;Ada&#8217;s Adventures in Science&#8221; \u00e1s s\u00faas linguas locais: cingal\u00e9s e tamil. O equipo quere agradecerlles a Bahthiya Senavirathne e Fathima Nafla a asistencia prestada na traduci\u00f3n do libro e a Edward G\u00f3mez, Laura Sorvala e Alice Hopkinson por darlles a oportunidade de contribu\u00edr a este proxecto.<\/p>\n<p>O libro \u00e9 unha mestura de artes e ciencias que pode inspirar os nenos e as nenas sobre a ciencia e darlles empoderamento para facer ciencia: <a href=\"https:\/\/www.adacomic.uk\/comics\/\">https:\/\/www.adacomic.uk\/comics\/<\/a><\/p>\n<p>Quer\u00e9moslle dar as grazas ao noso NOC de Sri Lanka, Dhanuska Subath Amaradasa, por compartir a nova.<\/p>\n<p>d) Novas de Bulgaria<\/p>\n<p>O 26 de xullo, 32 estudantes tiveron a oportunidade \u00fanica de facer preguntas directamente ao grupo de astronautas a bordo da Estaci\u00f3n Espacial Internacional. A conexi\u00f3n hist\u00f3rica de v\u00eddeo foi a culminaci\u00f3n dun evento dun d\u00eda que consistiu en obradoiros e palestras relacionadas coas CTEM para crianzas e persoas adultas, inclu\u00edda a participaci\u00f3n do primeiro astronauta b\u00falgaro Georgi Ivanov. A conversa co grupo de astronautas en \u00f3rbita retransmitiuse en directo: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=RHTNEh4kaF4&amp;t=2850s\">https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=RHTNEh4kaF4&amp;t=2850s<\/a><\/p>\n<p>Quer\u00e9moslle dar as grazas <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Bulgaria\">ao noso NOC de Bulgaria, Lyuba Slavcheva-Mihova<\/a>, por compartir a nova.<\/p>\n<p><strong>5) Enquisa de rede de ceo nocturno \u00e1 comunidade de astronom\u00eda afeccionada<\/strong><\/p>\n<p>Cada 5-10 anos, a <a href=\"https:\/\/nightsky.jpl.nasa.gov\/news-display.cfm?News_ID=975\">Rede do Ceo Nocturno<\/a> publica unha enquisa \u00e1 comunidade astron\u00f3mica afeccionada, analizando espec\u00edficamente como a nosa comunidade involucra ao p\u00fablico, pero tam\u00e9n abrangue temas como os intereses, onde obter a s\u00faa informaci\u00f3n e como se organizan os clubs.<\/p>\n<p>Enche aqu\u00ed o formulario: <a href=\"https:\/\/www.surveymonkey.com\/r\/GSMBFT9\">https:\/\/www.surveymonkey.com\/r\/GSMBFT9<\/a> e comparte as t\u00faas experiencias en astronom\u00eda afeccionada inclu\u00edndo cambios de club, necesidades de divulgaci\u00f3n e as t\u00faas \u00e1reas de interese.<\/p>\n<p>Queremoslle dar as grazas a Vivian White por compartir a nova.<\/p>\n<p><strong>6) Fotograf\u00edas ga\u00f1adoras de Capture the Dark 2021<\/strong><\/p>\n<p>A fotograf\u00eda \u00e9 unha das ferramentas m\u00e1is poderosas na defensa do ceo escuro. A Asociaci\u00f3n Internacional do Ceo Escuro (IDA) organizou recentemente o segundo concurso anual de fotograf\u00eda Capture the Dark, que recibiu 1122 inscrici\u00f3ns de 66 paises. As fotos premiadas foron reco\u00f1ecidas pola s\u00faa habilidade t\u00e9cnica, composici\u00f3n, conexi\u00f3n co tema da categor\u00eda e por seren impactantes.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.darksky.org\/2021-capture-the-dark-winners\/\">https:\/\/www.darksky.org\/2021-capture-the-dark-winners\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) International Observe the Moon Night 2021<\/strong><\/p>\n<p>O 16 de outubro, todas as persoas da Terra est\u00e1n convidadas a aprender sobre ciencia e exploraci\u00f3n lunar, participar en observaci\u00f3ns celestes e honrar as conexi\u00f3ns culturais e persoais que existen coa L\u00faa. Asiste ou organiza un evento virtual ou presencial ou \u00fanete desde calquera lugar no que esteas como observador individual. A inscrici\u00f3n xa est\u00e1 aberta.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/moon.nasa.gov\/observe-the-moon-night\/\">https:\/\/moon.nasa.gov\/observe-the-moon-night\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) STEM XR: Obradoiro interdisciplinario colaborativo sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica en mundos virtuais\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>STEM XR \u00e9 un obradoiro de colaboraci\u00f3n gratuito e totalmente virtual (do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022) patrocinado pola Sociedade Americana de Astronom\u00eda no que se re\u00fanen equipos interdisciplinarios de profesionais da divulgaci\u00f3n cient\u00edfica, tecnolox\u00eda e mundos creativos para exploraren formas novas e experimentais de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica en mundos virtuais.<\/p>\n<p>Podes rexistrarte aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/stemxr.org\">https:\/\/stemxr.org<\/a><\/p>\n<p>Queremoslle dar as grazas a Alexander Kaurov por compartir a nova.<\/p>\n<p><strong>9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p><strong>a)<\/strong><strong>\u00a0<\/strong><strong>STEM XR: Obradoiro interdisciplinario e colaborativo sobre comunicaci\u00f3n en mundos virtuais<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/stemxr.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/stemxr.org<\/a><\/p>\n<p><strong>b) II Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade<\/strong><br \/>\nLugar: virtual \/ La Palma, Illas Canarias, Espa\u00f1a<br \/>\nCando: do 3 ao 7 de outubro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"http:\/\/research.iac.es\/congreso\/quietdarksky2021\/pages\/home.php\">http:\/\/research.iac.es\/congreso\/quietdarksky2021\/pages\/home.php<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Obradoiro Shaw-IAU Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 12 ao 15 de outubro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/siw2021\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/astro4edu.org\/siw2021\/<\/a><\/p>\n<p>Podedes atopar recursos gratu\u00edtos para a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda en li\u00f1a aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2021august2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Agosto #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Mensaxe da IAU sobre a comunidade cient\u00edfica en Afganist\u00e1n 2) Apunta as datas para celebrar 100 Horas de Astronom\u00eda en todo o mundo! 3) As sociedades astron\u00f3micas de Nepal e Brunei asinan o acordo para formalizar os seus 15 anos de asociaci\u00f3n 4) Novas NOCs: Bulgaria, Iraq, Palestina, Sri Lanka 5)&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-agosto-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12140","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12140","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12140"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12140\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12154,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12140\/revisions\/12154"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12140"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12140"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12140"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}