{"id":12072,"date":"2021-08-29T16:22:28","date_gmt":"2021-08-29T16:22:28","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12072"},"modified":"2021-09-13T21:45:05","modified_gmt":"2021-09-13T21:45:05","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-agosto-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-agosto-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Agosto #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Agosto #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Benvida aos nosos novos coordinadores e coordinadoras de divulgaci\u00f3n nacional da IAU<br \/>\n2) II Conferencia Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade<br \/>\n3) Bolet\u00edn da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<br \/>\n4) Novas NOC: \u201cMohakash Khelaghor\u201d, Obradoiro de astronom\u00eda para nenos e nenas<br \/>\n5) Curso en li\u00f1a de astronom\u00eda e astroturismo<br \/>\n6) Comunidade de divulgaci\u00f3n inclusiva da IAU<br \/>\n7) Pr\u00e1cticas en redes sociais da Europlanet Society<br \/>\n8) Simulaci\u00f3n de medidas astron\u00f3micas antigas con Stellarium<br \/>\n9) Repositorio de actividades e recursos en li\u00f1a<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Enc\u00e1ntanos anunciarvos os novos e novas representantes de divulgaci\u00f3n nacional para o pr\u00f3ximo trienio. Cada tres anos volve nomearse a nosa rede de coordinaci\u00f3n nacional de divulgaci\u00f3n da IAU. O noso foco para as candidaturas de 2021 (para o per\u00edodo 2021-2024) estivo en ampliar a nosa representaci\u00f3n de comit\u00e9s NOC en pa\u00edses xa presentes nas nosas redes de divulgaci\u00f3n con \u00e9nfase no x\u00e9nero e o equilibrio xeogr\u00e1fico e de grupos subrepresentados. Queremos aproveitar esta oportunidade para agradecerlle \u00e1 anterior rede NOC a s\u00faa dedicaci\u00f3n e as numerosas contribuci\u00f3ns \u00e1 divulgaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e implicaci\u00f3n do p\u00fablico nas s\u00faas comunidades nacionais.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero do bolet\u00edn destacamos o pr\u00f3ximo final dos prazos de rexistro para a II Conferencia de Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade; anim\u00e1mosvos a ler o \u00faltimo bolet\u00edn da IAU OAD; a que vos unades \u00e1 nosa comunidade de divulgaci\u00f3n inclusiva da IAU e a descubrir moitas outras novas que a comunidade comparte connosco.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, mais non menos importante, queremos enviar un c\u00e1lido agradecemento e despedida \u00e1 nosa compa\u00f1eira Izumi Hansen, que dirixe este bolet\u00edn desde 2020. Os nosos mellores desexos para os seus futuros proxectos.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Benvida aos nosos novos coordinadores e coordinadoras de divulgaci\u00f3n nacional da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Desde principios de 2021 estamos no proceso de nomear os nosos novos e novas NOC para o per\u00edodo 2021-2024. Sempre que comezamos un novo trienio \u00e9 triste separarnos de moitos dos nosos colegas, amigas e amigos. Queremos darlles as grazas e desexarlles todo o mellor para a viaxe que lles queda por diante e asegurarlles que sempre estaremos en contacto.<\/p>\n<p>Ao mesmo tempo, tam\u00e9n arelamos fortalecer a nosa colaboraci\u00f3n cos novos e novas NOC e darlles apoio nas s\u00faas inspiradoras acci\u00f3ns de divulgaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e involucraci\u00f3n do p\u00fablico que levan a cabo coas s\u00faas comunidades.<\/p>\n<p>Nas pr\u00f3ximas semanas, previas \u00e1 Asemblea Xeral da IAU 2021 (<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21038\/\">este ano s\u00f3 comprende sesi\u00f3ns de traballo<\/a>), presentaremos o conxunto de representantes NOC (nomes novos ou xa co\u00f1ecidos) que se unir\u00e1n a n\u00f3s no pr\u00f3ximo trienio.<\/p>\n<p>Podes seguir todas as nosas actualizaci\u00f3ns no noso <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\">Facebook<\/a> e <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_Outreach\">Twitter<\/a> e aproveitar para co\u00f1ecer a nosa rede NOC a trav\u00e9s das s\u00faas p\u00e1xinas oficiais <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) II Conferencia Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina de Asuntos do Espazo Exterior da ONU, o IAC e a IAU te\u00f1en o pracer de acoller a segunda conferencia sobre Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade, que ter\u00e1 lugar do 3 ao 7 de outubro de 2021 en La Palma (Canarias, Espa\u00f1a). A reuni\u00f3n, gratu\u00edta, celebrarase tanto en li\u00f1a como presencialmente.<\/p>\n<p>O prazo de inscrici\u00f3n para a asistencia presencial remata o 15 de agosto de 2021 e o prazo de inscrici\u00f3n para a asistencia en li\u00f1a remata o 15 de setembro de 2021<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21043\/\">https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21043\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Bolet\u00edn da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<\/strong><\/p>\n<p>Publicouse o \u00faltimo bolet\u00edn da oficina IAU OAD correspondente ao per\u00edodo de xaneiro a xu\u00f1o de 2021. Podedes atopar (1) un artigo sobre a ameaza que representa a COVID-19 para o financiamento cient\u00edfico b\u00e1sico; (2) os 10 anos de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento; (3) novas parcer\u00edas, reuni\u00f3ns destacadas (con ligaz\u00f3ns a gravaci\u00f3ns) e pr\u00f3ximos eventos e (4) outras actualizaci\u00f3ns da IAU e das s\u00faas oficinas, das oficinas rexionais da OAD e dos proxectos da OAD (con ligaz\u00f3ns a recursos e eventos)<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astro4dev.org\/2021\/07\/30\/iau-oad-newsletter-28-january-june-2021\/\">https:\/\/www.astro4dev.org\/2021\/07\/30\/iau-oad-newsletter-28-january-june-2021\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Novas NOC: \u201cMohakash Khelaghor\u201d, Obradoiro de astronom\u00eda para nenos e nenas<\/strong><\/p>\n<p>O obradoiro foi organizado polo Coordinador Nacional de Divulgaci\u00f3n (NOC) de Bangladesh, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Bangladesh\">Farseem M. Mohammedy<\/a>, conxuntamente coa Sociedade Astron\u00f3mica de Bangladesh (BAS), a Sociedade de Divulgaci\u00f3n da Ciencia de Bangladesh (SPSB), o Museo Nacional de Ciencia e Tecnolox\u00eda e o programa de sensibilizaci\u00f3n sobre o universo.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/latest-stories\/mohakash-khelaghor\">https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/latest-stories\/mohakash-khelaghor<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Curso en li\u00f1a de astronom\u00eda e astroturismo<\/strong><\/p>\n<p>Equipos da Universidade de Namibia e da Universidade de Oxford desenvolveron un novo curso introdutorio en li\u00f1a sobre astronom\u00eda e astroturismo. O programa foi dese\u00f1ado para gu\u00edas tur\u00edsticos como principal p\u00fablico obxectivo, mais calquera se pode rexistrar. Non \u00e9 preciso co\u00f1ecemento previo para participar.<\/p>\n<p>O curso constar\u00e1 de cinco sesi\u00f3ns de 1,5 horas e impartirase os martes \u00e1s 4 da tarde CAT (hora de \u00c1frica central, UTC + 2) a trav\u00e9s de Zoom e \u00e9 de balde.<\/p>\n<p>O prazo para inscribirse remata o 18 de agosto de 2021. Para saber m\u00e1is e rexistrarvos, completade o seguinte formulario: <a href=\"https:\/\/forms.gle\/c6okSDfttXCvLmTo8\">https:\/\/forms.gle\/c6okSDfttXCvLmTo8<\/a><\/p>\n<p>Queremos darlles as grazas a Hannah Dalgleish e Meghan Hughes por compartir a noticia.<\/p>\n<p><strong>6) Comunidade de divulgaci\u00f3n inclusiva da IAU<\/strong><\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iau-inclusion\/inclusive-outreach-2\/\">subgrupo sobre Divulgaci\u00f3n Inclusiva do Grupo de Traballo IAU de Astronom\u00eda para a Equidade e a Inclusi\u00f3n<\/a> d\u00e1 a benvida a todas e todos os que se queiran unir \u00e1 s\u00faa &#8220;Comunidade IAU de Divulgaci\u00f3n Inclusiva&#8221; en Facebook. O obxectivo deste grupo \u00e9 facilitar o desenvolvemento e a difusi\u00f3n de pr\u00e1cticas inclusivas en actividades de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda en todo o mundo. \u00danete ao grupo, comparte as t\u00faas experiencias e aprende dos demais!<\/p>\n<p>Podes acceder ao grupo aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/groups\/iauinclusiveoutreach\">https:\/\/www.facebook.com\/groups\/iauinclusiveoutreach<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Pr\u00e1cticas en redes sociais da Europlanet Society<\/strong><\/p>\n<p>Europlanet busca membros da comunidade dispostos a apoiar o seu equipo de comunicaci\u00f3n durante o EPSC 2021 a trav\u00e9s dos seguintes programas de pr\u00e1cticas:<\/p>\n<p>-Pr\u00e1cticas en Redes Sociais: as persoas seleccionadas para as Pr\u00e1cticas en Redes Sociais apoiar\u00e1n o equipo de RRSS na cobertura das sesi\u00f3ns en directo durante a reuni\u00f3n.<\/p>\n<p>-Pr\u00e1cticas en medios: as persoas seleccionadas para as pr\u00e1cticas en medios apoiar\u00e1n o equipo da oficina de prensa na preparaci\u00f3n dos materiais para os medios.<\/p>\n<p>As solicitudes deber\u00e1n presentarse o 16 de agosto de 2021.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.europlanet-society.org\/european-planetary-science-congress\/epsc-2021-social-media-and-media-internships-call\/\">https:\/\/www.europlanet-society.org\/european-planetary-science-congress\/epsc-2021-social-media-and-media-internships-call\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Simulaci\u00f3n de medidas astron\u00f3micas antigas con Stellarium<\/strong><\/p>\n<p>Este conxunto de actividades en li\u00f1a, usando unha combinaci\u00f3n de Google Earth e o software Stellarium, leva as usuarias e usuarios a facer unha viaxe arredor do mundo e tam\u00e9n no tempo, explorando civilizaci\u00f3ns antigas que lle revelar\u00e1n os seus m\u00e9todos para usar o Sol, outras estrelas e a L\u00faa para atopar direcci\u00f3ns. En xeral estas persoas adquiren unha experiencia que as motiva a conectarse m\u00e1is coas marabillas do ceo. Axeitado para calquera persoa que te\u00f1a unha comprensi\u00f3n b\u00e1sica da ciencia (a partir dos 14 anos).<\/p>\n<p>Tam\u00e9n podes atopar un conxunto de tarefas de Stellarium que simulan as achegas da astronom\u00eda antiga e medieval: <a href=\"https:\/\/www.mysciencewalks.com\/stellarium-resources.html\">https:\/\/www.mysciencewalks.com\/stellarium-resources.html<\/a> e unha plataforma en Google Earth e Stellarium para ensinar a navegaci\u00f3n celeste b\u00e1sica: <a href=\"https:\/\/www.mysciencewalks.com\/navigating-with-the-stars.html\">https: \/\/www.mysciencewalks.com\/navigating-with-the-stars.html<\/a>.<\/p>\n<p>Queremos darlle as grazas a Vassilios Spathopoulos e \u00e1 IAU OAD por compartir estas novas.<\/p>\n<p><strong>9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p><strong>a)<\/strong><strong>\u00a0Conferencia Global Hands on Universe (GHOU) 2021<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 23 ao 27 de agosto de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/handsonuniverse.org\/ghou2020\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/handsonuniverse.org\/ghou2020\/<\/a><\/p>\n<p><strong>b) STEM XR: Obradoiro interdisciplinario e colaborativo sobre comunicaci\u00f3n en mundos virtuais<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022<br \/>\nSitio web: <a href=\"https:\/\/stemxr.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/stemxr.org<\/a><\/p>\n<p><strong>c) II Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade<\/strong><br \/>\nLugar: virtual \/ La Palma, Illas Canarias, Espa\u00f1a<br \/>\nCando: do 3 ao 7 de outubro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"http:\/\/research.iac.es\/congreso\/quietdarksky2021\/pages\/home.php\">http:\/\/research.iac.es\/congreso\/quietdarksky2021\/pages\/home.php<\/a><\/p>\n<p><strong>d) Obradoiro Shaw-IAU Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: do 12 ao 15 de outubro de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/siw2021\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/astro4edu.org\/siw2021\/<\/a><\/p>\n<p>Podedes atopar recursos gratu\u00edtos para a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda en li\u00f1a aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70\/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2021august1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Agosto #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Benvida aos nosos novos coordinadores e coordinadoras de divulgaci\u00f3n nacional da IAU 2) II Conferencia Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade 3) Bolet\u00edn da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento 4) Novas NOC: \u201cMohakash Khelaghor\u201d, Obradoiro de astronom\u00eda para nenos e nenas 5) Curso en li\u00f1a&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-agosto-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12072","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12072","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12072"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12072\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12155,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12072\/revisions\/12155"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12072"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12072"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12072"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}