{"id":11821,"date":"2021-05-27T21:53:07","date_gmt":"2021-05-27T21:53:07","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11821"},"modified":"2021-05-27T22:08:30","modified_gmt":"2021-05-27T22:08:30","slug":"galego-perde-o-sol-o-seu-brillo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-perde-o-sol-o-seu-brillo\/","title":{"rendered":"Perde o Sol o seu brillo"},"content":{"rendered":"<p>As eclipses de Sol son o resultado dunha casualidade c\u00f3smica. O noso sat\u00e9lite, a L\u00faa, ten un di\u00e1metro 400 veces menor ca o do Sol, mais tam\u00e9n est\u00e1 400 veces m\u00e1is perto de n\u00f3s, e en consecuencia a L\u00faa e a nosa estrela vistas desde a Terra te\u00f1en un tama\u00f1o similar: aproximadamente medio grao, a metade do grosor do dedo maimi\u00f1o cando o miramos co brazo estendido. Que parezan ter dimensi\u00f3ns semellantes xustifica que, en certas condici\u00f3ns, a L\u00faa poida tapar totalmente o Sol. Se a L\u00faa fose un pouco m\u00e1is pequena ou estivese m\u00e1is lonxe, a ocultaci\u00f3n nunca ser\u00eda completa e para a inmensa maior\u00eda dos habitantes do planeta -se os houber nesas circunstancias imaxinarias- os infrecuentes tr\u00e1nsitos do sat\u00e9lite por diante do disco solar pasar\u00edan inadvertidos. Mais no sistema real no que vivimos d\u00e1se ese feliz equilibrio e iso fai das eclipses solares, nomeadamente as totais, fen\u00f3menos ben reco\u00f1ec\u00edbeis, identificados desde a antig\u00fcidade por moitas culturas diferentes de todo o mundo.<\/p>\n<p>Para que a eclipse se produza \u00e9 necesario que a L\u00faa se interpo\u00f1a entre a Terra e o Sol, mais iso non \u00e9 suficiente. A \u00f3rbita da L\u00faa arredor da Terra est\u00e1 un pouco inclinada respecto do plano de translaci\u00f3n da Terra arredor do Sol, uns 5 graos, e por esa raz\u00f3n as m\u00e1is das veces cando a L\u00faa se sit\u00faa entre n\u00f3s e o Sol, como acontece a fin de contas cada l\u00faa nova, a s\u00faa sombra pasa por enriba ou por debaixo da Terra sen ocultar o c\u00edrculo da estrela. S\u00f3 cando a L\u00faa se sit\u00faa nun dos \u201cnodos\u201d, os puntos de corte do seu xiro arredor da Terra coa ecl\u00edptica, o exacto ali\u00f1amento dos tres corpos produce unha ocultaci\u00f3n parcial ou total do Sol.<\/p>\n<p>Ao longo dunha vida humana ser\u00e1n ducias e ducias as eclipses solares das que teremos noticia, mais gozar do escurecemento total do Sol obriga, polo xeral, a facer grandes viaxes. A zona da Terra tocada pola sombra da L\u00faa na que a eclipse se ve como total \u00e9 unha franxa de, como moito, un par de centos de quil\u00f3metros de largo, as\u00ed que a probabilidade de que o fen\u00f3meno suceda enriba das nosas cabezas \u00e9 pequena. A \u00faltima eclipse total vista en Galiza foi a de 1912, mais foi unha eclipse singularmente estreita e breve, as\u00ed que na pr\u00e1ctica a\u00ednda deber\u00edamos remontarnos \u00e1 anterior, de 1905. Parciais houbo non poucas, mais para unha total temos que esperar a\u00ednda ao 12 de agosto de 2026, cando a iso das 20:28 e a algo menos dunha cuarta de altura sobre o horizonte ficaremos marabillados por un Sol negro. No pa\u00eds n\u00f3s non viviremos outro evento astron\u00f3mico igual.<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11827\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/Eclipse10Xu\u00f1o-2.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"364\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/Eclipse10Xu\u00f1o-2.jpg 800w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/Eclipse10Xu\u00f1o-2-300x137.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/Eclipse10Xu\u00f1o-2-768x349.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/Eclipse10Xu\u00f1o-2-550x250.jpg 550w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/p>\n<p>Os pr\u00f3ximos dez anos teremos outras cinco eclipses parciais de Sol, con diferente grao de escurecemento. A primeira t\u00e9mola xa o pr\u00f3ximo 10 de xu\u00f1o, pouco antes do mediod\u00eda, con at\u00e9 un 13% do disco solar \u201cmordido\u201d pola L\u00faa. A imaxe pequena achega informaci\u00f3n sobre o primeiro e \u00faltimo contacto e do momento central, o m\u00e1ximo da eclipse. Pasar\u00e1n case catro anos at\u00e9 que poidamos experimentar outra ocultaci\u00f3n parcial, o 29 de marzo de 2025: ese s\u00e1bado \u00e1s 11:40 a L\u00faa tapar\u00e1 case un terzo da nosa estrela. Quen quede con ganas de repetir logo da experiencia do 2026 terao m\u00e1is f\u00e1cil do habitual, pois o ano seguinte, na ma\u00f1\u00e1 do 2 de agosto de 2027, hai unha eclipse cuxa franxa de totalidade roza o extremo sur da pen\u00ednsula: Tarifa pode ser un bo destino. En Galiza nesa data chegaremos a ver ocultos tres cuartos do Sol. O 26 de xaneiro de 2028 teremos unha eclipse parcial vespertina, cun escurecemento de arredor do 70% minutos antes da posta. Por \u00faltimo, o 1 de xu\u00f1o de 2030 hai unha eclipse para madrugadores, cun amencer curioso no que o Sol sair\u00e1 \u00e1s sete da ma\u00f1\u00e1 tapado case ao 50% pola L\u00faa.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11831\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/2021_06_11_1amv2.jpg\" alt=\"\" width=\"720\" height=\"720\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/2021_06_11_1amv2.jpg 720w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/2021_06_11_1amv2-150x150.jpg 150w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/2021_06_11_1amv2-300x300.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/2021_06_11_1amv2-550x550.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/2021_06_11_1amv2-500x500.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 720px) 100vw, 720px\" \/><\/p>\n<p>O mapa mensual amosa o ceo a noite posterior \u00e1 eclipse parcial, o 11 de xu\u00f1o \u00e1 1 a.m., xa finalizado o crep\u00fasculo astron\u00f3mico. Un ceo que anticipa o ver\u00e1n, co protagonismo crecente do Cisne, a Aguia e a Lira. No horizonte sur, o Seteiro e o Escorpi\u00f3n son rexi\u00f3ns ideais para explorar con prism\u00e1ticos.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">* * * * *<\/p>\n<p>Publicado orixinalmente na secci\u00f3n \u201cO ceo do mes\u201d do caderno \u201cAprender\u201d do\u00a0<a href=\"https:\/\/www.nosdiario.gal\/\">N\u00f3s Diario<\/a>, n\u00famero 20, s\u00e1bado 22 de maio de 2021. Texto e imaxes: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo).<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As eclipses de Sol son o resultado dunha casualidade c\u00f3smica. O noso sat\u00e9lite, a L\u00faa, ten un di\u00e1metro 400 veces menor ca o do Sol, mais tam\u00e9n est\u00e1 400 veces m\u00e1is perto de n\u00f3s, e en consecuencia a L\u00faa e a nosa estrela vistas desde a Terra te\u00f1en un tama\u00f1o similar: aproximadamente medio grao, a metade do grosor do dedo maimi\u00f1o cando o miramos co&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-perde-o-sol-o-seu-brillo\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":11831,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[146],"tags":[375,374],"class_list":["post-11821","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-astronomia-visual-gl","tag-nos-diario","tag-o-ceo-do-mes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11821","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11821"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11821\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11838,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11821\/revisions\/11838"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11831"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11821"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11821"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11821"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}