{"id":11790,"date":"2021-04-15T15:35:43","date_gmt":"2021-04-15T15:35:43","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11790"},"modified":"2021-04-24T10:25:12","modified_gmt":"2021-04-24T10:25:12","slug":"galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-marzo-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-marzo-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: Marzo #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-large wp-image-11402\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg\" alt=\"\" width=\"710\" height=\"425\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-836x500.jpg 836w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 710px) 100vw, 710px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/\">IAU OAO<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Marzo #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Grazas por un gran mes de reco\u00f1ecemento \u00e1s mulleres e \u00e1s nenas en astronom\u00eda<br \/>\n2) Aberta a inscrici\u00f3n da Conferencia CAP 2021<br \/>\n3) \u00daltima oportunidade para presentarse ao concurso de astrofotograf\u00eda da IAU OAE<br \/>\n4) IAU OAE abre o primeiro centro de educaci\u00f3n en Italia<br \/>\n5) \u00danete \u00e1 Semana Internacional do Ceo Escuro<br \/>\n6) Contrib\u00fae ao xogo internacional de caza de c\u00f3digos astrof\u00edsicos<br \/>\n7) Microbolsas en curso para facer fronte \u00e1 Covid-19<br \/>\n8) Axudas \u201cImpact Challenge\u201d de Google.org en favor das mulleres e nenas<br \/>\n9) Repositorio de actividades e recursos en li\u00f1a<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Conclu\u00edu a celebraci\u00f3n principal das Mulleres e Nenas en Astronom\u00eda e neste bolet\u00edn inclu\u00edmos alg\u00fans detalles sobre o resultado. Grazas a todas as persoas, en particular os e as respons\u00e1beis da coordinaci\u00f3n nacional de divulgaci\u00f3n da IAU (NOC) que participaron por contribu\u00edren a un mes espectacular. A\u00ednda que dediquemos un mes a destacar as mulleres e as nenas na astronom\u00eda, a s\u00faa importancia no campo \u00e9 continua. Agardamos que sigades reco\u00f1ecendo e apoiando o seu papel e as s\u00faas contribuci\u00f3ns \u00e1 astronom\u00eda connosco ao longo de todo o ano.<\/p>\n<p>Con moita emoci\u00f3n, abriuse o rexistro para a Conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (Conferencia CAP). A ligaz\u00f3n est\u00e1 m\u00e1is adiante. Agardamos que moitos e moitas de v\u00f3s nos acompa\u00f1edes nesta conferencia virtual e gratu\u00edta.<\/p>\n<p>A nosa oficina irm\u00e1, a Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n, achega d\u00faas interesantes informaci\u00f3ns. A primeira \u00e9 o pr\u00f3ximo final do seu concurso de astrofotograf\u00eda. Por favor, asegur\u00e1devos de enviar as vosas fotos antes do 15 de abril. A segunda \u00e9 a apertura do seu primeiro nodo en Italia co <a href=\"http:\/\/www.inaf.it\/\">Istituto Nazionale di Astrofisica<\/a> (INAF). Queremos felicitar \u00e1 IAU OAE por este marabilloso paso no establecemento da s\u00faa oficina.<\/p>\n<p>Ademais de todo o que ocorre nas nosas oficinas, estamos encantados de compartir convosco varias oportunidades de comunicaci\u00f3n sobre ciencia e astronom\u00eda. Un equipo do INAF en Italia busca lugares e persoas relacionadas coa astronom\u00eda para crear un xogo e a Semana Internacional do Ceo Oscuro convida a xente de todo o mundo a crear conciencia sobre o impacto da contaminaci\u00f3n luminosa (coincide coa campa\u00f1a do mes de abril de <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/\">Globe at Night<\/a>). Por \u00faltimo hai d\u00faas axudas, unha a trav\u00e9s de Just One Giant Lab e outra a trav\u00e9s de Google, que ofrecen financiamento para proxectos.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e boa sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Grazas por un gran mes de reco\u00f1ecemento \u00e1s mulleres e \u00e1s nenas en astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Moitas grazas a todas as persoas que participaron na celebraci\u00f3n ao longo de todo o mes das Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda. Grazas a toda a comunidade e aos coordinadores e coordinadoras nacionais de divulgaci\u00f3n da IAU celebr\u00e1ronse polo menos 45 eventos e proxectos en m\u00e1is de 10 idiomas en 27 pa\u00edses e rexi\u00f3ns durante o mes. Participaron mulleres e nenas de todas as idades, desde estudantes de primaria ata campioas adolescentes da Olimp\u00edada de Astronom\u00eda, pasando por enxe\u00f1eiras e investigadoras de alto nivel, demostrando que todas as mulleres te\u00f1en a posibilidade de acceder ao ceo cando se lles d\u00e1 a oportunidade.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/women-and-girls-in-astronomy\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/women-and-girls-in-astronomy\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Aberta a inscrici\u00f3n da Conferencia CAP 2021<\/strong><\/p>\n<p>Xa est\u00e1 aberto o rexistro para a conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (Conferencia CAP). A Conferencia CAP re\u00fane a persoas que traballan ou est\u00e1n interesadas na comunicaci\u00f3n, na docencia informal e na divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda para intercambiar ideas e boas pr\u00e1cticas. A conferencia virtual \u00e9 gratu\u00edta para todas as persoas inscritas e celebrarase do 24 ao 27 de maio de 2021.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2021\/registration\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2021\/registration\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) \u00daltima oportunidade para presentarse ao concurso de astrofotograf\u00eda da IAU OAE<\/strong><\/p>\n<p>O concurso de astrofotograf\u00eda organizado pola Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU (IAU OAE) pecharase o 15 de abril de 2021. As persoas participantes poden enviar imaxes en dez categor\u00edas diferentes para obter premios en met\u00e1lico. As fotos enviadas servir\u00e1n como recursos educativos gratu\u00edtos para o profesorado e o alumnado de todo o mundo.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.haus-der-astronomie.de\/oae\/collaborate\/astrophotography-contest\">https:\/\/www.haus-der-astronomie.de\/oae\/collaborate\/astrophotography-contest<\/a><\/p>\n<p><strong>4) IAU OAE abre o primeiro centro de educaci\u00f3n en Italia<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n (IAU OAE) abriu o seu primeiro nodo en Italia co Istituto Nazionale di Astrofisica (INAF), o centro nacional de astrof\u00edsica de Italia. O Centro OAE Italia xogar\u00e1 un papel importante na rexi\u00f3n do Mediterr\u00e1neo coa comunidade de educaci\u00f3n en astronom\u00eda e a rede de coordinadores e coordinadoras nacionais de educaci\u00f3n astron\u00f3mica da OAE na zona. O centro tam\u00e9n axudar\u00e1 a fortalecer a experiencia da OAE en educaci\u00f3n astron\u00f3mica co alumnado de primaria.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21009\/\">https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21009\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) \u00danete \u00e1 Semana Internacional do Ceo Escuro<\/strong><\/p>\n<p>A Semana Internacional do Ceo Oscuro de 2021 celebrarase do 5 ao 12 de abril. A semana est\u00e1 organizada pola International Dark-Sky Association, organizaci\u00f3n l\u00edder na loita contra a contaminaci\u00f3n luminosa. A semana pretende xerar conciencia sobre a contaminaci\u00f3n luminosa, as s\u00faas consecuencias negativas e as s\u00faas soluci\u00f3ns, as\u00ed como celebrar a noite. A xente de todo o planeta est\u00e1 convidada a unirse aos eventos para co\u00f1ecer m\u00e1is sobre a contaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.darksky.org\/\">www.darksky.org<\/a><\/p>\n<p>A Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU colabora na divulgaci\u00f3n da Semana Internacional do Ceo Oscuro.<\/p>\n<p><strong>6) Contrib\u00fae ao xogo internacional de caza de c\u00f3digos astrof\u00edsicos<\/strong><\/p>\n<p>O grupo Innovative Education do Istituto Nazionale di Astrofisica (INAF) en Italia solicita contribuci\u00f3ns para un xogo internacional en li\u00f1a de caza de c\u00f3digos que xira arredor dos lugares da astronom\u00eda en todo o mundo. Ac\u00e9ptanse achegas de lugares do pasado, presente e futuro de cada pa\u00eds que sexan relevantes para a astronom\u00eda, as\u00ed como de astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas c\u00e9lebres da historia e do pasado recente. O xogo est\u00e1 organizado con motivo da Semana Europea do C\u00f3digo e da Noite Europea da Investigaci\u00f3n a finais deste ano. Podedes enviar suxesti\u00f3ns antes do 16 de abril de 2021.<\/p>\n<p>Ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/tinyurl.com\/online-code-hunting-game\">https:\/\/tinyurl.com\/online-code-hunting-game<\/a><\/p>\n<p>Grazas a Maura Sandri e Claudia Mignone por compartir esta nova.<\/p>\n<p><strong>7) Microbolsas en curso para facer fronte \u00e1 Covid-19<\/strong><\/p>\n<p>Just One Giant Lab (JOGL) ofrece microbolsas de ata 4000 \u20ac para proxectos de c\u00f3digo aberto que aborden a Covid-19. As subvenci\u00f3ns out\u00f3rganse de forma continuada desde abril de 2020 e a pr\u00f3xima data l\u00edmite \u00e9 o 24 de marzo de 2021. JOGL \u00e9 unha entidade sen \u00e1nimo de lucro con sede en Par\u00eds, Francia. Pretende &#8220;catalizar a creaci\u00f3n colectiva de co\u00f1ecemento e soluci\u00f3ns para resolver os retos m\u00e1is urxentes da humanidade&#8221;. A convocatoria \u00e9 f\u00e1cil e est\u00e1 aberta a calquera que te\u00f1a un proxecto de c\u00f3digo aberto que aborde a pandemia actual.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/app.jogl.io\/program\/opencovid19\">https:\/\/app.jogl.io\/program\/opencovid19<\/a><\/p>\n<p>Grazas a Pedro Russo por compartir con n\u00f3s esta noticia.<\/p>\n<p><strong>8) Axudas \u201cImpact Challenge\u201d de Google.org en favor das mulleres e nenas<\/strong><\/p>\n<p>\u201cImpact Challenge\u201d de Google.org ofrece subvenci\u00f3ns entre 300.000 e 2 mill\u00f3ns de d\u00f3lares a certo tipo de organizaci\u00f3ns para crearen v\u00edas de prosperidade para as mulleres e as nenas. \u00c9 un programa de subvenci\u00f3ns global destinado a empoderar as mulleres e as nenas para avanzaren na econom\u00eda. As solicitudes pechan \u00e1s 23:59 GMT o 9 de abril de 2021.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/impactchallenge.withgoogle.com\/womenandgirls2021\">https:\/\/impactchallenge.withgoogle.com\/womenandgirls2021<\/a><\/p>\n<p>Grazas a Ramasamy Venugopal por compartir con n\u00f3s esta noticia.<\/p>\n<p><strong>9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p><strong>a) 6\u00ba Obradoiro da Sociedade Astron\u00f3mica de \u00c1frica Oriental<\/strong><br \/>\nOnde: virtual e en Dodoma, Tanzania<br \/>\nCando: do 15 ao 22 de maio de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.emiratesmarsmission.ae\/\">https:\/\/www.emiratesmarsmission.ae\/<\/a><\/p>\n<p><strong>b) Comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda co p\u00fablico (CAP)<\/strong><br \/>\nOnde: virtual<br \/>\nCando: do 24 ao 27 de maio de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2021\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2021\/<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Comunicaci\u00f3n p\u00fablica de ciencia e tecnolox\u00eda (PCST) 2020 + 1<\/strong><br \/>\nOnde: virtual<br \/>\nCando: do 24 ao 27 de maio de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.abdn.ac.uk\/events\/conferences\/pcst\/\">https:\/\/www.abdn.ac.uk\/events\/conferences\/pcst\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) Reuni\u00f3n anual da Sociedade Astron\u00f3mica Europea<\/strong><br \/>\nOnde: virtual<br \/>\nCando: do 28 de xu\u00f1o ao 2 de xullo de 2021<br \/>\nSitio web:\u00a0<a href=\"https:\/\/eas.unige.ch\/EAS_meeting\/\">https:\/\/eas.unige.ch\/EAS_meeting\/<\/a><\/p>\n<p><strong>e) 238\u00ba Encontro da Sociedade Astron\u00f3mica Americana\u00a0<\/strong><br \/>\nOnde: virtual<br \/>\nCando: do 7 ao 9 de xullo de 2021<br \/>\nSitio web: <a href=\"https:\/\/aas.org\/meetings\/aas238\">https:\/\/aas.org\/meetings\/aas238<\/a><\/p>\n<p><strong>f) Comunicar o Futuro: Envolver o P\u00fablico na Ciencia B\u00e1sica<\/strong><br \/>\nLugar: virtual<br \/>\nCando: 27 e 28 de xullo de 2021<br \/>\nSitio web: <a href=\"https:\/\/scipep.org\/conference\/\">https:\/\/scipep.org\/conference\/<\/a><\/p>\n<p>Podedes atopar recursos gratu\u00edtos para a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda en li\u00f1a aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edlas no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2021march2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (IAU OAO) Marzo #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Grazas por un gran mes de reco\u00f1ecemento \u00e1s mulleres e \u00e1s nenas en astronom\u00eda 2) Aberta a inscrici\u00f3n da Conferencia CAP 2021 3) \u00daltima oportunidade para presentarse ao concurso de astrofotograf\u00eda da IAU OAE 4) IAU OAE abre o primeiro centro de educaci\u00f3n en&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-marzo-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11790","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11790","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11790"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11790\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11799,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11790\/revisions\/11799"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11790"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11790"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11790"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}