{"id":11699,"date":"2021-01-21T15:42:14","date_gmt":"2021-01-21T15:42:14","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11699"},"modified":"2021-01-21T15:56:56","modified_gmt":"2021-01-21T15:56:56","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Xaneiro #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-large wp-image-11402\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg\" alt=\"\" width=\"710\" height=\"425\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-836x500.jpg 836w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 710px) 100vw, 710px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xaneiro #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Informaci\u00f3n sobre o programa da Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU 2021<br \/>\n2) Informaci\u00f3n actualizada sobre a Asemblea Xeral da IAU<br \/>\n3) \u00daltima chamada: env\u00edo de resumos \u00e1 edici\u00f3n especial do CAPjournal<br \/>\n4) IAU publica &#8220;Springboard to Action&#8221; sobre equidade, inclusi\u00f3n e diversidade en astronom\u00eda<br \/>\n5) Publicado o informe do obradoiro de ceos escuros e tranquilos<br \/>\n6) Novas NOC: I Concurso de Ciencia e Astronom\u00eda Espacial en Serra Leoa<br \/>\n7) Novas NOC: Traduci\u00f3n ao \u00e1rabe de folletos da IDA<br \/>\n8) Calendario 2021 de mulleres que fixeron astrof\u00edsica nuclear<br \/>\n9) Repositorio de actividades e recursos en li\u00f1a<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Feliz ano! Enc\u00e1ntanos que moitos dos nosos programas do ano pasado contin\u00faen este novo ano. Nos pr\u00f3ximos meses abriremos as solicitudes para o Programa de visitantes de divulgaci\u00f3n da IAU e o programa Telescopios para todas as persoas. O noso programa de visitantes d\u00e1 a benvida a persoas na nosa oficina para apoiaren ou produciren novos proxectos dentro da Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU (OAO). O programa Telescopios para todas as persoas, feito en colaboraci\u00f3n con Sterren Schitteren Voor Iedereen (SSVI, Stars Shine for Everyone), env\u00eda telescopios a grupos ou individuos que achegan a astronom\u00eda a colectivos con necesidades especiais. Recibimos moitos correos electr\u00f3nicos pregunt\u00e1ndonos cando se abrir\u00e1n en 2021 (prometemos que ser\u00e1 en breve), polo que sabemos que moitos de v\u00f3s tedes o mesmo interese ca n\u00f3s por estes programas.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n temos o pracer de proseguir co noso programa Co\u00f1ece os astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas da IAU, que permite que docentes, persoas dedicadas \u00e1 educaci\u00f3n non formal e grupos de astronom\u00eda amadora mante\u00f1an un encontro cun astr\u00f3nomo ou astr\u00f3noma. Cando abrimos a inscrici\u00f3n do programa, recibimos unha morea de solicitudes. Os membros da IAU est\u00e1n encantados de falar sobre astronom\u00eda, polo que se o teu grupo est\u00e1 interesado en levar a calquera dos nosos membros a manter un encontro virtual convosco, por favor <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/\">enche o formulario<\/a> ou env\u00eda un correo electr\u00f3nico a meet.astronomers@oao.iau.org .<\/p>\n<p>Tam\u00e9n segue en marcha Estrelas que inspiran, proxecto de longa data que apoia as pr\u00e1cticas de divulgaci\u00f3n inclusivas entre os e as profesionais da divulgaci\u00f3n en colaboraci\u00f3n co Grupo de traballo da IAU sobre astronom\u00eda para a equidade e a inclusi\u00f3n, que continuar\u00e1 proporcionando recursos sobre accesibilidade para a s\u00faa utilizaci\u00f3n en diferentes eventos, as\u00ed como apoio no desenvolvemento da exposici\u00f3n itinerante Estrelas que inspiran.<\/p>\n<p>A revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAPjournal) ten dous n\u00fameros previstos para este ano, inclu\u00edda unha edici\u00f3n especial sobre comunicaci\u00f3n de astronom\u00eda dentro das restrici\u00f3ns debidas \u00e1 COVID-19. Este \u00e9 tam\u00e9n o ano da Conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (Conferencia CAP). Axi\u00f1a teremos m\u00e1is actualizaci\u00f3ns sobre ambas.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n en curso adicional estar\u00e1 apoiada por eventos espec\u00edficos ao longo do ano. O primeiro destes eventos celebrar\u00e1 as mulleres e as nenas na astronom\u00eda. Dende o 11 de febreiro, o D\u00eda Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, at\u00e9 o 8 de marzo, D\u00eda Internacional da Muller, desenvolveremos programas para reco\u00f1ecermos o papel das mulleres no avance da ciencia e animarmos as nenas a consideraren carreiras en astronom\u00eda. A nosa oficina internacional e os coordinadores e as coordinadoras nacionais de divulgaci\u00f3n realizar\u00e1n eventos ao longo dese per\u00edodo. En breve teremos m\u00e1is informaci\u00f3n dispo\u00f1\u00edbel.<\/p>\n<p>Despois destacaremos a importancia do ceo escuro e tranquilo ao redor do noso programa asociado, o D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO, o 16 de maio. Temos como obxectivo promover o pensamento cient\u00edfico e concienciar sobre a importancia dos ceos escuros para todas as persoas. Prestade atenci\u00f3n \u00e1 informaci\u00f3n que vaiamos dando sobre isto. Durante todo o ano tam\u00e9n te animamos a participar en Globe At Night, unha campa\u00f1a de ciencia cidad\u00e1 para rexistrar a visibilidade de diferentes constelaci\u00f3ns e as\u00ed rastrexar a contaminaci\u00f3n luminosa. Enviar\u00e9mosvos recordatorios a trav\u00e9s do noso Facebook e Twitter.<\/p>\n<p>Este ano recuperamos o evento &#8220;100 horas de astronom\u00eda&#8221;. Do 1 ao 4 de outubro celebraremos a astronom\u00eda sen parar e animamos a calquera grupo interesado na astronom\u00eda a que nos acompa\u00f1e durante este evento. Agardamos que este evento permita a participaci\u00f3n da maior cantidade de xente pos\u00edbel en actividades sobre o ceo e lles permita unha comprensi\u00f3n b\u00e1sica do universo.<\/p>\n<p>Finalmente, sempre estamos intentando que medre a nosa rede NOC. Se organizas eventos de astronom\u00eda nacionais para o p\u00fablico e non temos un ou unha NOC para o seu pa\u00eds, por favor fainos unha proposta. Aqu\u00ed hai <a href=\"https:\/\/iau.org\/public\/noc\/\">m\u00e1is informaci\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>E se desexas m\u00e1is informaci\u00f3n sobre alg\u00fan dos nosos programas e eventos, consulta o sitio web da <a href=\"https:\/\/iau.org\/public\/oao\/\">Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/a>.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos boa sa\u00fade e todo o mellor no novo ano,<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda (OAO) da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Informaci\u00f3n sobre o programa da Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU 2021<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU (IAU OAO) lanzou o folleto de 2021 que destaca os programas da oficina para este ano.<\/p>\n<p>Podes lelo aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/static\/oao\/iau-outreach-brochure-2021-trifold.pdf\">https:\/\/www.iau.org\/static\/oao\/iau-outreach-brochure-2021-trifold.pdf<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Informaci\u00f3n actualizada sobre a Asemblea Xeral da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Os encontros de negocio da XXXI Asemblea Xeral da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) celebraranse en agosto de 2021, provisionalmente do d\u00eda 23 ao 26 en horario de tarde CET (UTC + 1). Algunhas sesi\u00f3ns tratar\u00e1n a admisi\u00f3n de Membros Nacionais e Membros Honorarios, a incorporaci\u00f3n de novos membros do comit\u00e9 e presidentes e vicepresidentes de divisi\u00f3ns, a elecci\u00f3n do Comit\u00e9 Executivo 2021-2024 e as Resoluci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Publicarase m\u00e1is informaci\u00f3n despois da reuni\u00f3n do Comit\u00e9 Executivo da IAU en abril. Os membros da IAU recibiron un correo electr\u00f3nico con detalles adicionais.<\/p>\n<p><strong>3) \u00daltima chamada: env\u00edo de resumos \u00e1 edici\u00f3n especial do CAPjournal<\/strong><\/p>\n<p>A revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAPjournal) acepta resumos para o n\u00famero especial &#8220;Comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda en tempo de confinamento&#8221;. Env\u00eda o resumo antes do 18 de xaneiro para que poida ser considerado.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20033\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20033\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) IAU publica &#8220;Springboard to Action&#8221; sobre equidade, inclusi\u00f3n e diversidade en astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) lanzou recomendaci\u00f3ns para mellorar a diversidade, a equidade e a inclusi\u00f3n en astronom\u00eda co documento &#8220;Springboard to Action&#8221; (Trampol\u00edn para a acci\u00f3n). As recomendaci\u00f3ns bas\u00e9anse nas discusi\u00f3ns do Simposio 358 da IAU &#8220;Astronom\u00eda para a equidade, a diversidade e a inclusi\u00f3n: unha folla de ruta cara \u00e1 acci\u00f3n no marco do centenario da IAU&#8221;.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2101\/?lang\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2101\/?lang<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Publicado o informe do obradoiro de ceos escuros e tranquilos<\/strong><\/p>\n<p>Xa est\u00e1 en li\u00f1a o informe do obradoiro &#8220;Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade&#8221;. O informe describe como a actividade humana afectou o estado da investigaci\u00f3n astron\u00f3mica e ofrece recomendaci\u00f3ns aos gobernos locais para a preservaci\u00f3n do ceo escuro e tranquilo. Presentarase \u00e1s Naci\u00f3ns Unidas en febreiro de 2021.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21002\/\">https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann21002\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC: I Concurso de Ciencia e Astronom\u00eda Espacial en Serra Leoa<\/strong><\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-sierra-leone\">Coordinador Nacional de Divulgaci\u00f3n (NOC) para Serra Leoa<\/a>, Alimamy Conteh, organiza o primeiro encontro para crear unha &#8220;comunidade espacial&#8221; para estudantes e profesionais xoves con interese na astronom\u00eda e o espazo en Serra Leoa. A reuni\u00f3n ter\u00e1 lugar do 21 ao 22 de xaneiro. Tam\u00e9n est\u00e1n a recadar fondos para apoiar a reuni\u00f3n.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/spacegeneration.org\/event\/space-science-and-astronomy-competition\">https:\/\/spacegeneration.org\/event\/space-science-and-astronomy-competition<\/a><\/p>\n<p>Podes achegar di\u00f1eiro para a reuni\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.gofundme.com\/f\/jezgx-1st-space-science-and-astronomy-competition-in-sl?\">https:\/\/gofundme.com\/f\/jezgx-1st-space-science-and-astronomy-competition-in-sl?<\/a><\/p>\n<p>Grazas a Alimamy Conteh por compartir con n\u00f3s esta noticia.<\/p>\n<p><strong>7) Novas NOC: Traduci\u00f3n ao \u00e1rabe de folletos da IDA<\/strong><\/p>\n<p>A nosa <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-bahrain\">coordinadora nacional de divulgaci\u00f3n (NOC) para Bahrein<\/a>, Myriam Alqassab, e os membros do Bahrain Stargazers Astronomy Club traduciron ao \u00e1rabe os folletos sobre ceos escuros da International Dark-Sky Association. Estes folletos est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis de balde no sitio web de Bahrain Stargazers.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/news\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/news<\/a><\/p>\n<p>Grazas a Myriam Alqassab por compartir con n\u00f3s esta noticia.<\/p>\n<p><strong>8) Calendario 2021 de mulleres que fixeron astrof\u00edsica nuclear<\/strong><\/p>\n<p>ChETEC creou un calendario 2021 que se pode imprimir que destaca as &#8220;mulleres que fixeron astrof\u00edsica nuclear&#8221;. O calendario est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en 24 idiomas.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.chetec.eu\/news\/calendar-of-women-scientists-who-made-nuclear-astrophysics-many-language-versions-available\">http:\/\/www.chetec.eu\/news\/calendar-of-women-scientists-who-made-nuclear-astrophysics-many-language-versions-available<\/a><\/p>\n<p>Grazas a Martin Pawley por compartir con n\u00f3s esta noticia.<\/p>\n<p><strong>9) Repositorio de actividades e recursos en li\u00f1a \u2013 Edici\u00f3n COVID-19<\/strong><\/p>\n<p><strong>Recursos<\/strong><\/p>\n<p><strong>Scope<\/strong><br \/>\nProxecto de ciencia cidad\u00e1 para clasificar estrelas segundo o seu espectro<br \/>\nLigaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/scope.pari.edu\/\">http:\/\/scope.pari.edu\/<\/a><\/p>\n<p><strong>SuperWASP Variable Stars<\/strong><br \/>\nProxecto de ciencia cidad\u00e1 para clasificar estrelas vari\u00e1beis usando os datos do consorcio SuperWASP<br \/>\nLigaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.zooniverse.org\/projects\/ajnorton\/superwasp-variable-stars\">https:\/\/www.zooniverse.org\/projects\/ajnorton\/superwasp-variable-stars<\/a><\/p>\n<p><strong>Rad@Home<\/strong><br \/>\nPrograma de investigaci\u00f3n de ciencia cidad\u00e1 para a astronom\u00eda<br \/>\nLigaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.radathomeindia.org\/\">https:\/\/www.radathomeindia.org\/<\/a><\/p>\n<p>Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en li\u00f1a aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queres traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor escr\u00edbenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2021!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2021january1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xaneiro #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Informaci\u00f3n sobre o programa da Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU 2021 2) Informaci\u00f3n actualizada sobre a Asemblea Xeral da IAU 3) \u00daltima chamada: env\u00edo de resumos \u00e1 edici\u00f3n especial do CAPjournal 4) IAU publica &#8220;Springboard to Action&#8221; sobre equidade, inclusi\u00f3n e diversidade en astronom\u00eda 5) Publicado&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11699","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11699","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11699"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11699\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11706,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11699\/revisions\/11706"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11699"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11699"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11699"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}