{"id":11652,"date":"2021-01-11T12:13:22","date_gmt":"2021-01-11T12:13:22","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11652"},"modified":"2021-01-11T12:27:23","modified_gmt":"2021-01-11T12:27:23","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Decembro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-large wp-image-11402 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg\" alt=\"\" width=\"710\" height=\"425\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-836x500.jpg 836w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 710px) 100vw, 710px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Decembro #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Adiada a Asemblea Xeral da IAU 2021<br \/>\n2) A Fundaci\u00f3n Kavli fortalece os programas e encontros de participaci\u00f3n p\u00fablica da IAU<br \/>\n3) Lanzamento do n\u00famero de decembro de 2020 do Catalizador IAU<br \/>\n4) Dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a a gravaci\u00f3n do IAUS367<br \/>\n5) Novas NOC: Dispo\u00f1\u00edbel gravaci\u00f3n da reuni\u00f3n das persoas ga\u00f1adoras de telescopios SSVI<br \/>\n6) Novas NOC: Recursos en espa\u00f1ol para a conxunci\u00f3n de X\u00fapiter e Saturno<br \/>\n7) Globe at Night: v\u00eddeos de divulgaci\u00f3n da rede de control de brillo do ceo (GaN-MN)<br \/>\n8) Lanzouse o Xornal de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica<br \/>\n9) Repositorio de actividades e recursos en li\u00f1a<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Dicir deste 2020 que foi un ano movido ser\u00eda un eufemismo. Todas as persoas pasamos por moito, algunhas m\u00e1is que outras. Todas e todos n\u00f3s tivemos que sacrificarnos e atopar novas formas de vivir. Nese contexto, grazas por deixardes que a nosa oficina formase parte da vosa viaxe neste \u00faltimo ano.<\/p>\n<p>Para n\u00f3s, pasaron moitas cousas nos \u00faltimos 12 meses. Como a maior\u00eda no mundo, esforz\u00e1monos por adaptarmos o noso traballo para que a xente puidese seguir aprendendo sobre astronom\u00eda no medio da pandemia da COVID-19. Coas outras oficinas da IAU e as contribuci\u00f3ns da comunidade, creamos unha <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/callforonlineresources\/\">&#8220;Chamada \u00e1 acci\u00f3n&#8221;<\/a>, que at\u00e9 agora reuniu centos de recursos astron\u00f3micos en li\u00f1a e para facer na casa para persoas de case todas as idades. A Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU tam\u00e9n creou os <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/iauoutreachaward\/\">premios en li\u00f1a Astronomy @ Home<\/a> para reco\u00f1ecer o traballo realizado polos comunicadores e comunicadoras de astronom\u00eda a nivel mundial a medida que se adaptaron aos efectos da pandemia. Tam\u00e9n adiantamos a nova edici\u00f3n do programa <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/\">Co\u00f1ece os astr\u00f3nomos e as astr\u00f3nomas da IAU<\/a> para que a xente nova e a comunidade astron\u00f3mica amadora puidesen interactuar con astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas profesionais de todo o mundo.<\/p>\n<p>O ano pasado tam\u00e9n iniciamos os <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/oao_global_events\/\">Eventos de divulgaci\u00f3n global da IAU<\/a>, proxectos anuais que destacan diferentes temas de especial preocupaci\u00f3n para a IAU. Estes proxectos incl\u00faen o mencionado programa Co\u00f1ece os astr\u00f3nomos e as astr\u00f3nomas da IAU, as\u00ed como o de Concienciaci\u00f3n sobre o ceo escuro e tranquilo, para informar a m\u00e1is xente sobre a importancia do acceso universal ao ceo, e Estrelas que inspiran, para aumentar as pr\u00e1cticas inclusivas na divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda, para que nenos e nenas, pais e nais e docentes vexan o valor de facer carreira na astronom\u00eda.<\/p>\n<p>Este ano tam\u00e9n continuamos con alg\u00fans proxectos do centenario da IAU. A segunda edici\u00f3n do <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/oao-events\/\">Calendario de Divulgaci\u00f3n IAU<\/a> compartiu m\u00e1is de 300 eventos da comunidade de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda. Prestade atenci\u00f3n ao formulario actualizado para o calendario de 2021. O programa <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20026\/\">Telescopios para todas as persoas<\/a>, feito en parzar\u00eda con Sterren Schitteren Voor Iedereen (SSVI, As estrelas brillan para todas as persoas), recibiu m\u00e1is de 150 solicitudes e puido levar telescopios a 17 comunidades arredor o mundo.<\/p>\n<p>Lanzamos dous n\u00fameros da revista <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/\">Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAPjournal)<\/a>. Unha foi unha edici\u00f3n especial sobre Astronom\u00eda para o Desenvolvemento, en colaboraci\u00f3n coa nosa oficina irm\u00e1, a Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento IAU\/SAAO. A outra foi unha edici\u00f3n especial sobre as iniciativas de divulgaci\u00f3n do centenario da IAU, feita en colaboraci\u00f3n coa principal entidade organizadora da celebraci\u00f3n, a secretar\u00eda IAU100. A\u00ednda aceptamos resumos para a edici\u00f3n especial sobre a comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda co p\u00fablico durante a pandemia, polo que, por favor, <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20033\/\">valora a posibilidade de enviar a t\u00faa proposta se adaptaches o traballo de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda \u00e1s novas circunstancias<\/a>.<\/p>\n<p>Este ano a nosa oficina deu a benvida a <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\">20 persoas na nosa rede de Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOC)<\/a>, que agora ten m\u00e1is de 130 persoas. Os e as NOC apoiaron charlas, concursos en li\u00f1a, concursos de fotograf\u00eda e moitos outros programas seguros para axudarnos nestes momentos dif\u00edciles. Consulta o noso <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/\">Facebook<\/a> e <a href=\"https:\/\/twitter.com\/iau_outreach\">Twitter<\/a> para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre os seus proxectos. Ademais, case 40 NOC participaron no <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20017\/\">Plan de Financiamento NOC<\/a>, que financiou catro proxectos en catro continentes a cargo de 15 coordinadores e coordinadoras nacionais de divulgaci\u00f3n. Estamos desexando rematar a edici\u00f3n 2020\/2021 nos pr\u00f3ximos meses.<\/p>\n<p>Ademais un\u00edronse virtualmente \u00e1 nosa oficina as doutoras Fatoumata Kebe e Kelly Blumenthal, a trav\u00e9s do Programa de visitantes da OAO, que respectivamente achegaron \u00e1 nosa oficina o compromiso comunitario e a investigaci\u00f3n divulgativa.<\/p>\n<p>Neste \u00faltimo n\u00famero do ano, queremos darlles as grazas ao voluntariado dos nosos programas o seu compromiso e perseveranza para compartir astronom\u00eda e ciencia, aos nosos asesores e asesoras pola s\u00faa orientaci\u00f3n e \u00e1 moita xente que participou na nosa programaci\u00f3n. Non podemos facer estes proxectos en solitario as\u00ed que agradecemos a vosa axuda para facermos a nosa programaci\u00f3n as\u00ed de vibrante.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos boa sa\u00fade e todo o mellor no novo ano,<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda (OAO) da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Adiada a Asemblea Xeral da IAU 2021<\/strong><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) pospuxo a XXXI Asemblea Xeral a agosto de 2022 de acordo co Comit\u00e9 Organizador Local da asemblea. As datas exactas e as decisi\u00f3ns detalladas sobre o programa da reuni\u00f3n anunciaranse m\u00e1is tarde. As reuni\u00f3ns trienais de negocio para membros da IAU celebraranse en li\u00f1a no ver\u00e1n de 2021.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2009\/\">https:\/\/iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2009\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) A Fundaci\u00f3n Kavli fortalece os programas e encontros de participaci\u00f3n p\u00fablica da IAU<\/strong><\/p>\n<p>A Fundaci\u00f3n Kavli concedeu 220.000 d\u00f3lares \u00e1 Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) para os programas de participaci\u00f3n p\u00fablica e reuni\u00f3ns cient\u00edficas entre 2021 e 2024. Estas subvenci\u00f3ns financiar\u00e1n un novo programa de formaci\u00f3n para a captaci\u00f3n de p\u00fablico, a conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico 2021, que se celebrar\u00e1 en li\u00f1a (CAPconference), e tres simposios interdisciplinarios Kavli-IAU entre 2022 e 2024.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2010\">https:\/\/iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2010<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Lanzamento do n\u00famero de decembro de 2020 do Catalizador IAU<\/strong><\/p>\n<p>Publicouse o \u00faltimo n\u00famero do Catalizador IAU (IAU Catalyst), un bolet\u00edn de novidades do Comit\u00e9 Executivo, do Grupo Cient\u00edfico e as Oficinas da IAU.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20044\/\">https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20044\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a a gravaci\u00f3n do IAUS367<\/strong><\/p>\n<p>Se non puideches asistir ao Simposio 367 da IAU &#8220;Educaci\u00f3n e patrimonio na era do Big Data en astronom\u00eda&#8221;, as gravaci\u00f3ns das charlas dos catro d\u00edas est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis na p\u00e1xina de Youtube do simposio.<\/p>\n<p>Podes velas aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCrDZ4rKiYSzGc7ZfN9_OcCA\/featured\">https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCrDZ4rKiYSzGc7ZfN9_OcCA\/featured<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Novas NOC: Dispo\u00f1\u00edbel gravaci\u00f3n da reuni\u00f3n das persoas ga\u00f1adoras de telescopios SSVI<\/strong><\/p>\n<p>Xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel a gravaci\u00f3n do SSVI Telescope Holders Meeting, organizado pola nosa NOC de Tunisia Mayssa El Yazidi. Este encontro reuniu a organizaci\u00f3n e as persoas premiadas no proxecto Telescopios para todas as persoas, unha colaboraci\u00f3n entre a Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU (OAO), Sterren Schitteren Voor Iedereen (SSVI, As estrelas brillan para todas as persoas) e UNAWE.<\/p>\n<p>Podes vela aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/fb.watch\/2dtaTNHHuT\/\">https:\/\/fb.watch\/2dtaTNHHuT\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC: Recursos en espa\u00f1ol para a conxunci\u00f3n de X\u00fapiter e Saturno<\/strong><\/p>\n<p>A nosa NOC en Espa\u00f1a, Amelia Ortiz Gil, xunto con varias organizaci\u00f3ns astron\u00f3micas con base principalmente en Europa, compilaron informaci\u00f3n e transmisi\u00f3ns en directo de todo o mundo da conxunci\u00f3n de X\u00fapiter e Saturno o 21 de decembro. A xente pode compartir as s\u00faas fotos da conxunci\u00f3n co p\u00fablico enviando por correo electr\u00f3nico a s\u00faa foto e nome a Joaquin Alvaro da Europlanet Society (jalvaro@astrocuenca.es).<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/federacionastronomica.es\/index.php\/actividades-y-eventos\/conjuncion-jupiter-saturno\">https:\/\/federacionastronomica.es\/index.php\/actividades-y-eventos\/conjuncion-jupiter-saturno<\/a><\/p>\n<p>Grazas \u00e1 nosa NOC Amelia Gil Ortiz por compartir con n\u00f3s esta nova.<\/p>\n<p><strong>7) Globe at Night: v\u00eddeos de divulgaci\u00f3n da rede de control de brillo do ceo (GaN-MN)<\/strong><\/p>\n<p>Os nosos socios de Globe at Night \u2013 Rede de Monitorizaci\u00f3n do Brillo do Ceo (GaN-MN) produciron unha serie de v\u00eddeos para que o p\u00fablico co\u00f1eza o seu traballo supervisando o impacto da contaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n<p>Podedes velos aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/playlist?list=PLVMMmS6vmh62g6kxcpJOgutTNfarBCKRN\">https:\/\/www.youtube.com\/playlist?list=PLVMMmS6vmh62g6kxcpJOgutTNfarBCKRN<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Lanzouse o Xornal de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica<\/strong><\/p>\n<p>A Comisi\u00f3n C1 da IAU lanzou o Xornal de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica (AEJ, polas siglas en ingl\u00e9s de Astronomy Education Journal) e acepta o env\u00edo de artigos para a s\u00faa publicaci\u00f3n. Esta revista en li\u00f1a pretende ser unha plataforma mundial clave de publicaci\u00f3n tanto para o persoal investigador como para profesionais no campo da educaci\u00f3n astron\u00f3mica, investigaci\u00f3n e metodolox\u00eda. Actualmente ac\u00e9ptanse propostas tanto para as secci\u00f3ns revisadas por pares como para as non revisadas por pares.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.astroedjournal.org\">www.astroedjournal.org<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Repositorio de actividades e recursos en li\u00f1a \u2013 Edici\u00f3n COVID-19<\/strong><\/p>\n<p><strong>Recursos<\/strong><\/p>\n<p><strong>Technovation<\/strong><br \/>\nDesaf\u00edos de dese\u00f1o de foguetes e avi\u00f3ns<br \/>\nLigaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.curiositymachine.org\/challenges\/?theme=Aerospace#challenges\">https:\/\/www.curiositymachine.org\/challenges\/?theme=Aerospace#challenges<\/a><\/p>\n<p><strong>Creador de sat\u00e9lites<\/strong><br \/>\nDese\u00f1a un sat\u00e9lite cun simulador<br \/>\nLigaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/satellitebuilder.org.uk\/\">http:\/\/satellitebuilder.org.uk\/<\/a><\/p>\n<p><strong>Cursos de formaci\u00f3n EUMETSAT<\/strong><br \/>\nCursos de formaci\u00f3n para usuarios de datos v\u00eda sat\u00e9lite<br \/>\nLigaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/training.eumetsat.int\/\">https:\/\/training.eumetsat.int\/<\/a><\/p>\n<p>Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en li\u00f1a aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing\">https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A\/edit?usp=sharing<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><strong>\u00c1rabe:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\">https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong>Espa\u00f1ol:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong>Franc\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><strong>Galego:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Italiano:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><strong>Portugu\u00e9s (europeo):<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\">https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Xapon\u00e9s:<\/strong>\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados (<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>) ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>).<\/p>\n<p>Se queres traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor escr\u00edbenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2021!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2020december2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Decembro #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Adiada a Asemblea Xeral da IAU 2021 2) A Fundaci\u00f3n Kavli fortalece os programas e encontros de participaci\u00f3n p\u00fablica da IAU 3) Lanzamento do n\u00famero de decembro de 2020 do Catalizador IAU 4) Dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a a gravaci\u00f3n do IAUS367 5) Novas NOC: Dispo\u00f1\u00edbel gravaci\u00f3n da reuni\u00f3n das&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11652","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11652","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11652"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11652\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11654,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11652\/revisions\/11654"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}