{"id":11407,"date":"2020-09-09T16:48:12","date_gmt":"2020-09-09T16:48:12","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11407"},"modified":"2020-09-09T19:52:48","modified_gmt":"2020-09-09T19:52:48","slug":"pautas-para-unha-lexislacion-da-union-europea-sobre-contaminacion-luminosa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/pautas-para-unha-lexislacion-da-union-europea-sobre-contaminacion-luminosa\/","title":{"rendered":"Pautas para unha lexislaci\u00f3n da Uni\u00f3n Europea sobre contaminaci\u00f3n luminosa"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11408\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/ISS045-E-161487-Blog.jpg\" alt=\"\" width=\"901\" height=\"600\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/ISS045-E-161487-Blog.jpg 901w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/ISS045-E-161487-Blog-300x200.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/ISS045-E-161487-Blog-768x511.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/ISS045-E-161487-Blog-550x366.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/ISS045-E-161487-Blog-751x500.jpg 751w\" sizes=\"(max-width: 901px) 100vw, 901px\" \/>Documento de traballo (23 abril 2020). Este documento est\u00e1 aberto a discusi\u00f3n coa comunidade global que traballa no campo da contaminaci\u00f3n luminosa e noutros sectores afectados. Foi redactado por Sibylle SCHROER (schroer[at]igb-berlin.de), Salva BAR\u00c1 (salva.bara[at]usc.gal), Fabio FALCHI (falchi[at]lightpollution.it) e Raul C. LIMA (raul.s.lima[at]gmail.com). Consultar a versi\u00f3n completa (que se ir\u00e1 publicando no blog nas pr\u00f3ximas semanas) para unha descrici\u00f3n m\u00e1is detallada destes principios. Versi\u00f3n en galego de Martin Pawley (cl[at]agrupacionio.com).<\/p>\n<h3><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>Doce principios b\u00e1sicos<\/strong><\/span><\/h3>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>1. Achegamento integral<\/strong><\/span><\/p>\n<p><strong>A contaminaci\u00f3n luminosa \u00e9 un problema transversal<\/strong> que atinxe ao medio ambiente, \u00e1 ergonom\u00eda visual, \u00e1 xesti\u00f3n da enerx\u00eda, \u00e1 sa\u00fade p\u00fablica, ao gasto p\u00fablico, \u00e1 seguridade e a cuesti\u00f3ns culturais e sociais. O marco lexislativo b\u00e1sico sobre contaminaci\u00f3n luminosa na Uni\u00f3n Europea debe redactarse tendo en conta este feito e inclu\u00edndo todos estes aspectos nas normas fundamentais. Poder\u00e1n desenvolverse disposici\u00f3ns espec\u00edficas para un ou m\u00e1is destes campos en regulamentos de menor nivel.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>2. Inter-territorialidade<\/strong><\/span><\/p>\n<p><strong>Os fot\u00f3ns non co\u00f1ecen fronteiras<\/strong>. Os efectos da contaminaci\u00f3n luminosa chegan a decenas de quil\u00f3metros de distancia das s\u00faas fontes. Calquera territorio, emita luz ou non, vaise ver afectado polas emisi\u00f3ns de fontes contaminantes veci\u00f1as. Este efecto acontece dentro dos estados mais tam\u00e9n a un nivel interestatal na UE, por exemplo nas \u00e1reas protexidas en rexi\u00f3ns fronteirizas. A contaminaci\u00f3n luminosa debe ser discutida a nivel de UE, non s\u00f3 ao nivel dos estados membros. Especial atenci\u00f3n debe darse \u00e1s \u00e1reas m\u00e1is sens\u00edbeis (por exemplo, as reservas naturais e as zonas protexidas polos seus ceos escuros) que poden verse afectadas por fontes moi afastadas.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>3. Indicadores de efectos globais: un enfoque orientado a obxectivos<\/strong><\/span><\/p>\n<p><strong>A lexislaci\u00f3n de alto nivel da UE debe establecer explicitamente obxectivos definidos para eliminar de forma efectiva a contaminaci\u00f3n luminosa<\/strong> en todos os campos relevantes (por exemplo para conseguir valores desexados do brillo do ceo nas cidades e \u00e1reas rurais, asegurar unha escuridade espec\u00edfica ao nivel do chan en \u00e1reas protexidas, limitar de forma efectiva os rangos acept\u00e1beis de exposici\u00f3n circadiana etc).<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>4. Orientaci\u00f3n dos obxectivos de eficiencia enerx\u00e9tica e cambio clim\u00e1tico<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Os obxectivos de eficiencia enerx\u00e9tica da UE (por exemplo a Directiva de Dese\u00f1o Ecol\u00f3xico) promoven os produtos enerxeticamente eficientes para axudar os consumidores e consumidoras a aforrar enerx\u00eda e di\u00f1eiro. A estratexia de eficiencia enerx\u00e9tica \u00e9 un achegamento racional e ambicioso, mais os datos de consumo enerx\u00e9tico dos estados membros non suxiren ning\u00fan aforro de enerx\u00eda e os estudos amosan efectos rebote. <strong>Ademais, po\u00f1er o foco unicamente na eficiencia enerx\u00e9tica pode incrementar o impacto negativo da luz artificial pola noite sobre o medio ambiente<\/strong>, porque pode empregarse unha iluminaci\u00f3n eficiente que emita unha alta proporci\u00f3n de fot\u00f3ns no rango de maior frecuencia do espectro vis\u00edbel (luz azul). Esta parte do espectro, por\u00e9n, produce maiores efectos non visuais sobre o ritmo circadiano dos vertebrados, ten maior capacidade de atracci\u00f3n dos insectos e pode perturbar as aves en maior medida.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>5. Orientaci\u00f3n das estratexias de protecci\u00f3n ambiental<\/strong><\/span><\/p>\n<p><strong>A contaminaci\u00f3n luminosa \u00e9 contaminaci\u00f3n<\/strong>. A luz artificial pola noite \u00e9 un axente contaminante e debe ser tratado como tal. A radiancia directa procedente das fontes de luz pode producir danos en por si. A luz que se dispersa na atmosfera pode considerarse un tipo particular de contaminaci\u00f3n do aire xa que equivale, a todos os efectos, a ter no aire unha maior concentraci\u00f3n de part\u00edculas ex\u00f3xenas (os fot\u00f3ns) da que corresponder\u00eda a unha atmosfera limpa. Os contaminantes do aire non se reducen necesariamente aos cl\u00e1sicos compostos qu\u00edmicos. A Directiva de H\u00e1bitats das Aves, a iniciativa UE para combater o declive dos polinizadores e a Rede Natura 2000 son esforzos de protecci\u00f3n ambientalmente ambiciosos que poden verse favorecidos pola lexislaci\u00f3n de iluminaci\u00f3n, ou dito doutra maneira, poden verse dificultados pola ausencia dunha regulamentaci\u00f3n da luz artificial nocturna. Porque, (a) a iluminaci\u00f3n artificial pon cada vez m\u00e1is luz nas \u00e1reas protexidas e fragmenta h\u00e1bitats valiosos para a protecci\u00f3n da biodiversidade; (b) afecta directamente aos polinizadores e os seus recursos; (c) as aves migratorias poden distraerse das s\u00faas rutas pola contaminaci\u00f3n luminosa global e son atra\u00eddas pola contaminaci\u00f3n luminosa cara a espazos urbanos, f\u00f3ra do seu h\u00e1bitat natural; (d) debido \u00e1 falta de concienciaci\u00f3n os sistemas de iluminaci\u00f3n non se xestionan hoxe en d\u00eda dun xeito sustent\u00e1bel, tanto no aspecto ecol\u00f3xico como no econ\u00f3mico.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>6. Uso m\u00ednimo do recurso<\/strong><\/span><\/p>\n<p><strong>Tratarmos a luz artificial pola noite como un axente contaminante implica adoptarmos por defecto un \u201cprincipio de emisi\u00f3ns m\u00ednimas\u201d<\/strong>, que pode desenvolverse por medio das estratexias habituais de reduci\u00f3n da contaminaci\u00f3n, por exemplo fixando l\u00edmites \u00e1s emisi\u00f3ns directas (inclu\u00eddos l\u00edmites \u00e1s emisi\u00f3ns totais dun territorio), formaci\u00f3n do persoal dos organismos p\u00fablicos e administrativos e quizais pol\u00edticas fiscais complementarias. A diferenza da situaci\u00f3n actual nalg\u00fans pa\u00edses (onde calquera diminuci\u00f3n dos niveis de iluminaci\u00f3n ten que ser xustificada de xeito exhaustivo), a opci\u00f3n por defecto deber\u00eda ser non iluminar. Ao rev\u00e9s, deben ser as instalaci\u00f3ns de iluminaci\u00f3n as que requiran xustificaci\u00f3n espec\u00edfica.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>7. Pluralidade de fontes<\/strong><\/span><\/p>\n<p><strong>A lexislaci\u00f3n debe abranguer con car\u00e1cter xeral todas as emisi\u00f3ns de luz<\/strong> con efectos sobre o ambiente, non s\u00f3 os sistemas de iluminaci\u00f3n p\u00fablica das r\u00faas sen\u00f3n calquera fonte de luz instalada tanto en terreos p\u00fablicos como privados, cuxas emisi\u00f3ns cheguen ao exterior (inclu\u00eddas as luces comerciais, industriais e luces exteriores dos fogares). As emisi\u00f3ns de sinais e carteis con luz, inclu\u00eddas as sinalizaci\u00f3ns oficiais e de tr\u00e1fico, deben ser contabilizadas no orzamento de emisi\u00f3ns totais, mesmo a\u00ednda que a s\u00faa instalaci\u00f3n e funcionamento estea regulado por normas adicionais espec\u00edficas.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>8. Planificaci\u00f3n a longo prazo<\/strong><\/span><\/p>\n<p><strong>O control da contaminaci\u00f3n luminosa exixe (ou sup\u00f3n) establecer l\u00edmites m\u00e1ximos de emisi\u00f3n<\/strong>. A asignaci\u00f3n de cotas m\u00e1ximas de emisi\u00f3n de luz \u00e1s comunidades locais debe facerse tendo en conta a sustentabilidade ambiental e criterios de solidariedade social, e atender de xeito expl\u00edcito as diferentes necesidades das comunidades e sectores locais. Este non \u00e9 un asunto t\u00e9cnico, sen\u00f3n social e pol\u00edtico.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>9. Responsabilidade institucional<\/strong><\/span><\/p>\n<p><strong>Deben quedar claramente identificados<\/strong> os \u00f3rganos institucionais respons\u00e1beis de facer cumprir os obxectivos de reduci\u00f3n da contaminaci\u00f3n luminosa a nivel da UE, dos estados membros, das eurorrexi\u00f3ns e a escala local. En todos os niveis te\u00f1en que po\u00f1erse en pr\u00e1ctica mecanismos vi\u00e1beis para asegurar o seu cumprimento.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>10. Obriga de correcci\u00f3n activa<\/strong><\/span><\/p>\n<p>A lexislaci\u00f3n debe contemplar que se calquera par\u00e1metro ambiental de contaminaci\u00f3n luminosa excede os valores l\u00edmite, deber\u00e1n elaborarse plans claros e definidos de transici\u00f3n e po\u00f1elos en pr\u00e1ctica para <strong>garantir a rectificaci\u00f3n satisfactoria<\/strong> nun prazo preestablecido.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>11. Seguimento continuo<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Igual que sucede cos niveis de contaminaci\u00f3n ac\u00fastica e atmosf\u00e9rica, as vari\u00e1beis da contaminaci\u00f3n luminosa (como o brillo do ceo nocturno ou a irradiancia a nivel do chan) deben considerarse vari\u00e1beis ambientais relevantes, <strong>rexistradas de forma habitual polas axencias p\u00fablicas encargadas de compilar datos ambientais<\/strong>. Exemplos destas vari\u00e1beis son o brillo artificial do ceo nocturno, a irradiancia espectral en zonas urbanas e rurais, as emisi\u00f3ns de fluxo luminoso e o consumo enerx\u00e9tico real en todos os niveis territoriais relevantes.<\/p>\n<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>12. Transparencia<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Os datos de contaminaci\u00f3n luminosa <strong>deber\u00e1n ser abertos e acces\u00edbeis<\/strong> ao p\u00fablico e a todas as partes interesadas, como xa acontece coa informaci\u00f3n meteorol\u00f3xica e de calidade do aire. <strong>Crearanse consellos representativos<\/strong> en todos os niveis relevantes de decisi\u00f3n, con persoas interesadas pertencentes a diferentes disciplinas, inclu\u00edndo como m\u00ednimo as disciplinas da cronobiolox\u00eda, a sa\u00fade p\u00fablica, a ecolox\u00eda, a tecnolox\u00eda de iluminaci\u00f3n e a astronom\u00eda.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Documento de traballo (23 abril 2020). Este documento est\u00e1 aberto a discusi\u00f3n coa comunidade global que traballa no campo da contaminaci\u00f3n luminosa e noutros sectores afectados. Foi redactado por Sibylle SCHROER (schroer[at]igb-berlin.de), Salva BAR\u00c1 (salva.bara[at]usc.gal), Fabio FALCHI (falchi[at]lightpollution.it) e Raul C. LIMA (raul.s.lima[at]gmail.com). Consultar a versi\u00f3n completa (que se ir\u00e1 publicando no blog nas pr\u00f3ximas semanas) para unha descrici\u00f3n m\u00e1is detallada destes principios. Versi\u00f3n en&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/pautas-para-unha-lexislacion-da-union-europea-sobre-contaminacion-luminosa\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11408,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[26],"tags":[187,164,373,131,209],"class_list":["post-11407","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-contaminacion-luminosa-gl","tag-fabio-falchi","tag-martin-pawley","tag-raul-s-lima","tag-salva-bara","tag-sibylle-schroer"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11407","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11407"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11407\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11412,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11407\/revisions\/11412"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11408"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11407"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11407"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11407"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}