{"id":11191,"date":"2020-05-15T20:56:20","date_gmt":"2020-05-15T20:56:20","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11191"},"modified":"2020-05-15T21:09:41","modified_gmt":"2020-05-15T21:09:41","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-maio-1-especial-nocs-no-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-maio-1-especial-nocs-no-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Maio #1 | Especial NOCs n\u00ba 2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-74\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Maio 2020 #1 | Especial NOCs n\u00ba 2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Hani Dalee, NOC Qatar<br \/>\n2) Robert Walsh, NOC Reino Unido<br \/>\n3) Martina D\u2019Angelo, NOC Noruega<br \/>\n4) Boothee Thaik Htun, NOC Myanmar<br \/>\n5) Tsolmon Renchin, NOC Mongolia<br \/>\n6) So\u0148a Ehlerov\u00e1, NOC Rep\u00fablica Checa<br \/>\n7) Rudolf G\u00e1lis, NOC Eslovaquia<br \/>\n8) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n9) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Como dixemos a semana pasada, estamos compartindo mensaxes e recursos dos coordinadores e coordinadoras de divulgaci\u00f3n nacional (NOCs). Esta semana os nosos representantes de Qatar, Reino Unido, Noruega, Myanmar, Mongolia, Rep\u00fablica Checa e Eslovaquia env\u00edannos recursos que consideran \u00fatiles. Grazas aos NOCs que enviaron contidos para estes dous n\u00fameros do bolet\u00edn!<\/p>\n<p>Como evidencian os NOC, as persoas que fan divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda en todo o mundo est\u00e1n sacando o mellor dunha situaci\u00f3n dif\u00edcil e a s\u00faa creatividade est\u00e1 brillando. Se tes alg\u00fan recurso astron\u00f3mico en li\u00f1a, por favor recorda fac\u00e9rnolo chegar para a Chamada \u00e1 Acci\u00f3n das Oficinas IAU. Podes atopar o formulario aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSfknd4PlEi-AuxVT3PFW3otmVhgy6vVkbHfEDfjJgVIE50FEw\/viewform\">https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSfknd4PlEi-AuxVT3PFW3otmVhgy6vVkbHfEDfjJgVIE50FEw\/viewform<\/a><\/p>\n<p>Se organizas un evento, recorda tam\u00e9n que podes propo\u00f1elo aos premios IAU Astronomy@Home organizado pola Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica. Tes m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/iauoutreachaward\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/iauoutreachaward\/<\/a><\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e a mellor sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Hani Dalee, NOC Qatar<\/strong><\/p>\n<p>[Mensaxe respecto do esforzo para envolver os estudantes na Ol\u00edmpiada Astron\u00f3mica para Escolas Katara 2020]<br \/>\n\u201cAs actividades astron\u00f3micas deber\u00edan continuar, mesmo nas severas condici\u00f3ns da corentena&#8230; A idea detr\u00e1s de recoller os traballos realizados polos estudantes \u00e9 facerlles saber que fixeron un traballo moi bo e que os seus esforzos non foron in\u00fatiles. As persoas ga\u00f1adoras ser\u00e1n anunciadas en breve e de acordo con iso se distribuir\u00e1n os premios&#8221;.<\/p>\n<p>Recursos:<\/p>\n<p>Olimp\u00edada Astron\u00f3mica para Escolas Katara 2020: a Olimp\u00edada tivo que ser cancelada na s\u00faa forma presencial, mais o profesorado puido enviar fotos dos proxectos dos estudantes que participaban, como debuxos do tr\u00e1nsito de Mercurio (11 de novembro de 2019), a eclipse anular de Sol (26 de decembro de 2019) e o aniversario da imaxe \u201cPunto azul p\u00e1lido\u201d (14 de febreiro de 2020). Ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/photo.php?fbid=10158402011773130&amp;set=pcb.2860460867324007&amp;type=3&amp;theater&amp;ifg=1\">https:\/\/www.facebook.com\/photo.php?fbid=10158402011773130&amp;set=pcb.2860460867324007&amp;type=3&amp;theater&amp;ifg=1<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Robert Walsh, NOC Reino Unido<\/strong><\/p>\n<p>\u201cNeste tempo sen precedentes, a astronom\u00eda pode axudarnos a comprender a imaxe m\u00e1is ampla da vida ao noso redor. Toda a humanidade vive baixo un mesmo ceo nocturno, aferrada ao mesmo corpo rochoso que d\u00e1 voltas a toda velocidade ao redor da mesma estrela que nos d\u00e1 vida. E todas as persoas estamos xuntas nesta mesma loita sostida para superar o inimigo invis\u00edbel do COVID-19. As\u00ed que por moi dif\u00edcil que poida parecer agora, necesitamos manter o distanciamento social e outras medidas necesarias. E seguiremos compartindo as marabillas do espazo mentres reco\u00f1ecemos xuntos a nosa humanidade compartida&#8221;.<\/p>\n<p>Recursos:<\/p>\n<p>Recursos educativos do Museo da Ciencia de Londres: actividades, xogos e v\u00eddeos compilados polo UK Science Museum Group. \u00datil para tratar temas das ciencias do espazo en escolas, museos e centros equivalentes. Ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/learning-resources.sciencemuseum.org.uk\/resources\/?subject=science&amp;topic=space+light\">https:\/\/learning-resources.sciencemuseum.org.uk\/resources\/?subject=science&amp;topic=space+light<\/a><\/p>\n<p>Consello de Instalaci\u00f3ns Cient\u00edficas e Tecnol\u00f3xica #STFCScienceAtHome: serie semanal de actividades, recursos educativos, v\u00eddeos e xogos de preguntas de tema astron\u00f3mico, por exemplo,<\/p>\n<p>-Explorando o sistema solar: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/STFC_Matters\/status\/1242452111838851073\">https:\/\/twitter.com\/STFC_Matters\/status\/1242452111838851073<\/a><\/p>\n<p>-L\u00faas e meteoritos: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/STFC_Matters\/status\/1244537488439459840\">https:\/\/twitter.com\/STFC_Matters\/status\/1244537488439459840<\/a><\/p>\n<p>-O noso precioso planeta: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/STFC_Matters\/status\/1247085769564577792\">https:\/\/twitter.com\/STFC_Matters\/status\/1247085769564577792<\/a><\/p>\n<p>Centro Nacional do Espazo: serie de actividades en li\u00f1a, inclu\u00edda o Adestramento de Astronautas na Casa.<br \/>\nLigaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/spacecentre\/status\/1250740817309896705\">https:\/\/twitter.com\/spacecentre\/status\/1250740817309896705<\/a><\/p>\n<p>Observatorio Nacional das Escolas (NSO): actividades semanais para facer na casa do NSO. Ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.schoolsobservatory.org\/explore\">https:\/\/www.schoolsobservatory.org\/explore<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Martina D\u2019Angelo, NOC Noruega<\/strong><\/p>\n<p>\u201cNo actual estado de illamento social e de ameaza para a sa\u00fade provocado polo COVID-19, os seres humanos est\u00e1n loitando contra unha enfermidade com\u00fan. Coas nosas actividades de divulgaci\u00f3n en astronom\u00eda en li\u00f1a deberiamos axudar \u00e1 comunidade a pasar a unha normalidade m\u00e1is positiva: todas as persoas estamos baixo un mesmo ceo, ilimitado, fermoso e desco\u00f1ecido. Xuntas podemos marcar a diferenza, por insignificante que poida parecer a acci\u00f3n dunha soa persoa. Tede moito coidado, quedade na casa e \u201calt blir bra\u201d (=\u201dtodo estar\u00e1 ben\u201d) axi\u00f1a&#8221;.<\/p>\n<p>Recursos:<\/p>\n<p>\u201cDescubre o universo desde casa\u201d\/ \u201cOppdag Universet Hjemmefra\u201d co Instituto de Astrof\u00edsica Te\u00f3rica (ITA) da Universidade de Oslo:<\/p>\n<p>-Astrof\u00edsicos e astrof\u00edsicas do ITA responder\u00e1n calquera pregunta sobre o espazo desde as casas. Etiquetas #aotoslo #aotoslo_fromhome #astrofysikk_uio #astroathome nas redes sociais.<\/p>\n<p>-Mira o ceo nocturno esta noite, e comparte as t\u00faas fotograf\u00edas astron\u00f3micas co ITA. Etiquetas #astrofysikk_uio #astroathome nas redes sociais.<\/p>\n<p>-ITA tam\u00e9n est\u00e1 publicando mapas do ceo diarios para Noruega, \u201cStjernehimmelen I dag\u201d (O ceo estrelado hoxe). Ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.mn.uio.no\/astro\/tjenester\/kunnskap\/stjernehimmelen\/index.html\">https:\/\/www.mn.uio.no\/astro\/tjenester\/kunnskap\/stjernehimmelen\/index.html<\/a><\/p>\n<p>-Redes sociais do ITA: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/astrofysikk\/\">@astrofysikk<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/AoTOslo\/\">@aotoslo<\/a>.<\/p>\n<p>Globe at Night: ITA est\u00e1 animando \u00e1 comunidade norueguesa para que participe na convocatoria do mes de Globe at Night. Compartide observaci\u00f3ns nas redes sociais con <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/astrofysikk\/\">@astrofysikk<\/a>. Ligaz\u00f3n Globe at Night: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/\">https:\/\/www.globeatnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>Recursos para profesorado e estudantes de primaria:<\/p>\n<p>-Instituto de Astrof\u00edsica Te\u00f3rica, Universidade de Oslo: <a href=\"https:\/\/www.mn.uio.no\/astro\/forskning\/tema\/index.htm\">https:\/\/www.mn.uio.no\/astro\/forskning\/tema\/index.htm<\/a><\/p>\n<p>-Axencia Espacial Norueguesa: <a href=\"https:\/\/www.romsenter.no\/no\/Laer-om-rommet\/\">https:\/\/www.romsenter.no\/no\/Laer-om-rommet\/<\/a><\/p>\n<p>-Centro noruegu\u00e9s para a educaci\u00f3n relacionada co espazo, NAROM: <a href=\"https:\/\/www.narom.no\/undervisningsressurser\/hjemmeundervisning\/?fbclid=IwAR32HCObdkaw7_UALYQRl84E1OrPWfjCf_M-NUIhi_sM8LPWRZjVqRpbcZs\">https:\/\/www.narom.no\/undervisningsressurser\/hjemmeundervisning\/?fbclid=IwAR32HCObdkaw7_UALYQRl84E1OrPWfjCf_M-NUIhi_sM8LPWRZjVqRpbcZs<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Boothee Thaik Htun, NOC Myanmar<\/strong><\/p>\n<p>\u201cMASES (Sociedade de Entusiastas da Ciencia e a Astronom\u00eda de Myanmar) organizou observaci\u00f3ns do ceo nocturno e charlas de ciencia dentro do seu programa educativo desde 2004. Debido \u00e1 actual pandemia, xa non podemos organizar estas actividades. A\u00ednda que estamos loitando contra esta situaci\u00f3n igual que o resto da xente do planeta, tam\u00e9n estamos facendo todo o pos\u00edbel para proporcionar actividades como un xeito alternativo de satisfacer a curiosidade do noso pobo, para que a xente poida gozar das marabillas do ceo e estudar desde casa con seguridade. Temos a certeza de que superaremos esta pandemia moi pronto co noso esforzo conxunto\u201d.<\/p>\n<p>Recursos:<\/p>\n<p>Sociedade de Entusiastas da Ciencia e a Astronom\u00eda de Myanmar: sesi\u00f3ns de observaci\u00f3n ao vivo, artigos astron\u00f3micos e m\u00e1is. Ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/web.facebook.com\/myanmarastronomy\/\">https:\/\/web.facebook.com\/myanmarastronomy\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Tsolmon Renchin, NOC Mongolia<\/strong><\/p>\n<p>\u201cAo longo do tempo, as persoas atoparon paz, perspectiva e enerx\u00eda de vida mirando as estrelas. A astronom\u00eda anima \u00e1 xente a mirar as estrelas e achar a paz. A xente deste planeta precisa gozar dos fermosos ceos escuros e iniciar ou afondar na s\u00faa meditaci\u00f3n. Agora todo o mundo medita \u00e1 vez e viaxa polo universo para superar a situaci\u00f3n actual. Fagamos meditaci\u00f3n xuntos. Aqu\u00ed tedes unha ligaz\u00f3n que serve de fermosa mediaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/results?search_query=sri+sri+ravi+shankar\">https:\/\/www.youtube.com\/results?search_query=sri+sri+ravi+shankar<\/a>\u201d<\/p>\n<p>Recursos:<\/p>\n<p>Laboratorio Espacial da Universidade Nacional de Mongolia: retransmisi\u00f3ns televisivas do IAU100 e NameExoWorlds. Ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.mnb.mn\/i\/205777\">http:\/\/www.mnb.mn\/i\/205777<\/a><\/p>\n<p>MARSA-V: organizaci\u00f3n de Mongolia que traballa para establecer un centro internacional para o adestramento de misi\u00f3ns a Marte. Ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.mars-v.com\/\">https:\/\/www.mars-v.com\/<\/a><\/p>\n<p>Documental \u201cMarte non est\u00e1 lonxe\u201d sobre a primeira viaxe dun ser humano ao espazo exterior. Ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/hashtag\/%D0%BC%D0%B0%D1%80%D1%81%D1%85%D0%BE%D0%BB%D0%B1%D0%B8%D1%88?source=feed_text&amp;epa=HASHTAG\">https:\/\/www.facebook.com\/hashtag\/%D0%BC%D0%B0%D1%80%D1%81%D1%85%D0%BE%D0%BB%D0%B1%D0%B8%D1%88?source=feed_text&amp;epa=HASHTAG<\/a><\/p>\n<p><strong>6) So\u0148a Ehlerov\u00e1, NOC Rep\u00fablica Checa<\/strong><\/p>\n<p>\u201cDesexar\u00eda que non aconteza no meu tempo&#8221;, dixo Frodo. &#8220;E eu tam\u00e9n&#8221;, dixo Gandalf, &#8220;e tam\u00e9n o fan todas as persoas que viven para ver estes tempos. Mais iso non lles toca a elas decidilo. Todo o que temos que decidir \u00e9 que facer co tempo que se nos d\u00e1\u201d.<\/p>\n<p>J. R. R. Tolkien, \u201cA comunidade do anel\u201d.<\/p>\n<p>Recursos:<\/p>\n<p>Academia Checa de Ciencias: a\u00a0Academia organiza proxectos de ciencia en casa (#veda_na_doma). Ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.avcr.cz\/cs\/pro-verejnost\/veda-na-doma\/\">http:\/\/www.avcr.cz\/cs\/pro-verejnost\/veda-na-doma\/<\/a><\/p>\n<p>Observatorio e Planetario de Brno (Hv\u011bzd\u00e1rna a planet\u00e1rium Brno): v\u00eddeos en li\u00f1a sobre astronom\u00eda. O observatorio est\u00e1 facendo ademais retransmisi\u00f3ns de radio. Ligaz\u00f3n de v\u00eddeo: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/playlist?list=PL1y47zLr2scWTW61-AgzD-2uOdu-SoMId\">https:\/\/www.youtube.com\/playlist?list=PL1y47zLr2scWTW61-AgzD-2uOdu-SoMId<\/a>. Sitio web: <a href=\"https:\/\/www.hvezdarna.cz\/\">https:\/\/www.hvezdarna.cz\/<\/a><\/p>\n<p>Observatorio \u0160tef\u00e1nik: recursos para estudantes de infantil e primaria. Ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.planetum.cz\/vesmirna-zabava-a-vzdelani\/\">https:\/\/www.planetum.cz\/vesmirna-zabava-a-vzdelani\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Rudolf G\u00e1lis, NOC Eslovaquia<\/strong><\/p>\n<p>&#8220;Eslovaquia conta cunha rede bastante densa de observatorios p\u00fablicos e planetarios, cuxas principais actividades son proxecci\u00f3ns, conferencias, observaci\u00f3ns e outras acci\u00f3ns que serven para o encontro f\u00edsico das persoas interesadas na astronom\u00eda de todas as idades, mais especialmente das m\u00e1is novas. Hoxe en d\u00eda, estes santuarios de curiosidade e co\u00f1ecemento est\u00e1n inusualmente en silencio. Levamos algunhas actividades a Internet, mais non deixamos de desexar que pronto poidamos atoparnos baixo un mesmo ceo, sexa real ou virtual&#8221;.<\/p>\n<p>Recursos:<\/p>\n<p>Sitios eslovacos con informaci\u00f3n sobre investigaci\u00f3n espacial:<\/p>\n<p>-iAstrin \u2013 Internet ASTronomical Information: <a href=\"http:\/\/astrin.planetarium.sk\/\">http:\/\/astrin.planetarium.sk\/<\/a><\/p>\n<p>-SPACE: <a href=\"https:\/\/novinky.vesmir.sk\/\">https:\/\/novinky.vesmir.sk\/<\/a><\/p>\n<p>Exposici\u00f3ns en li\u00f1a:<\/p>\n<p>-IAU100 Arriba e m\u00e1is al\u00f3, en eslovaco: <a href=\"http:\/\/www.planetarium.sk\/ab\/index.html\">http:\/\/www.planetarium.sk\/ab\/index.html<\/a><\/p>\n<p>-Exposici\u00f3n de astrofotograf\u00eda Viaxe ao Sol Negro: <a href=\"http:\/\/www.astrobb.sk\/exhibit\/astro_gallery.html\">http:\/\/www.astrobb.sk\/exhibit\/astro_gallery.html<\/a><\/p>\n<p>Actividades para facer na casa:<\/p>\n<p>-Un pouco de astronom\u00eda (extraordinaria) tam\u00e9n na casa: <a href=\"https:\/\/astropresov.sk\/sliders\/trochu-astronomie-mimoriadne-aj-na-doma\/\">https:\/\/astropresov.sk\/sliders\/trochu-astronomie-mimoriadne-aj-na-doma\/<\/a><\/p>\n<p>-Paseo polo ceo estrelado de primavera: <a href=\"https:\/\/youtu.be\/oZ8Jn7L8ZO4\">https:\/\/youtu.be\/oZ8Jn7L8ZO4<\/a><\/p>\n<p>-Comproba o co\u00f1ecemento astron\u00f3mico en li\u00f1a: <a href=\"http:\/\/www.astrobb.sk\/testy.php\">http:\/\/www.astrobb.sk\/testy.php<\/a><\/p>\n<p>-Mira experimentos da f\u00edsica: <a href=\"https:\/\/hvezdaren-mi.sk\/videopokusy-z-fyziky\/\">https:\/\/hvezdaren-mi.sk\/videopokusy-z-fyziky\/<\/a><\/p>\n<p>Concursos astron\u00f3micos: as competici\u00f3ns astron\u00f3micas para a mocidade te\u00f1en unha longa tradici\u00f3n en Eslovaquia, e algunhas fixeron versi\u00f3n en li\u00f1a este ano.<\/p>\n<p>-30\u00ba concurso anual \u201cQue sabes das estrelas?\u201d: <a href=\"http:\/\/suh.sk\/organizujeme\/sutaze\/co-vies-o-hviezdach\">http:\/\/suh.sk\/organizujeme\/sutaze\/co-vies-o-hviezdach<\/a><\/p>\n<p>-14\u00aa Olimp\u00edada Astron\u00f3mica Nacional: <a href=\"https:\/\/sas.astro.sk\/?q=node\/192\">https:\/\/sas.astro.sk\/?q=node\/192<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>Tes interese en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma? Por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p>O bolet\u00edn \u00e9 traducido aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0europeo elaborada por Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaborada por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>franc\u00e9s<\/strong>, elaborada por Rulx Narcisse, da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana, neste enderezo:\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2020!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2020may1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Maio 2020 #1 | Especial NOCs n\u00ba 2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Hani Dalee, NOC Qatar 2) Robert Walsh, NOC Reino Unido 3) Martina D\u2019Angelo, NOC Noruega 4) Boothee Thaik Htun, NOC Myanmar 5) Tsolmon Renchin, NOC Mongolia 6) So\u0148a Ehlerov\u00e1, NOC Rep\u00fablica Checa 7) Rudolf G\u00e1lis, NOC Eslovaquia 8) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-maio-1-especial-nocs-no-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11191","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11191","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11191"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11191\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11194,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11191\/revisions\/11194"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11191"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11191"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11191"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}