{"id":11180,"date":"2020-04-29T20:20:11","date_gmt":"2020-04-29T20:20:11","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11180"},"modified":"2020-04-29T20:29:24","modified_gmt":"2020-04-29T20:29:24","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-abril-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-abril-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Abril #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-74\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Abril 2020 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Premios IAU para a astronom\u00eda en li\u00f1a<br \/>\n2) Actualizaci\u00f3n da conferencia 2010 Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP)<br \/>\n3) Revista CAP #27 Divulgaci\u00f3n para o desenvolvemento<br \/>\n4) Celebraci\u00f3ns IAU100: revista CAP #28 N\u00famero especial<br \/>\n5) Un ano da cerimonia \u201cIAU 1919-2019: 100 anos baixo un mesmo ceo\u201d<br \/>\n6) Mes da Astronom\u00eda Global 2020<br \/>\n7) Primeiros nomes oficiais dados a caracter\u00edsticas do asteroide Bennu<br \/>\n8) Astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas IAU \u2013 \u00danete ao programa Co\u00f1ece os astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas da IAU<br \/>\n9) Repositorio de actividades e recursos en li\u00f1a<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Como ben sabedes, moitos departamentos de astronom\u00eda, instituci\u00f3ns, organizaci\u00f3ns e centros de investigaci\u00f3n de todo o mundo est\u00e1n desenvolvendo recursos e adaptando moitos dos seus programas para que sexan acces\u00edbeis a toda a xente que queda na casa, as\u00ed que hai unha inmensa cantidade de actividades astron\u00f3micas en li\u00f1a para facer. Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica non somos diferentes e estamos traballando para apoiar, difundir e reco\u00f1ecer os esforzos inspiradores que se est\u00e1n facendo.<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn, seguimos lev\u00e1ndovos programas en li\u00f1a que est\u00e1n implementando organizaci\u00f3ns astron\u00f3micas e queremos traer \u00e1 vosa atenci\u00f3n as celebraci\u00f3ns do Mes Global da Astronom\u00eda a cargo de Astronom\u00eda Sen Fronteiras. Temos ademais alg\u00fans anuncios no \u00e1mbito de Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP), como o \u00faltimo n\u00famero da revista CAP (unha edici\u00f3n especial enfocada \u00e1 astronom\u00eda para o desenvolvemento) e actualizaci\u00f3ns sobre a Conferencia CAP 2020.<\/p>\n<p>Recordade manter a seguridade e protexer outras persoas, lavar as mans durante vinte segundos e permanecer a dous ou tres metros de distancia do resto da xente.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e a mellor sa\u00fade,<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Premios IAU para a astronom\u00eda en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p>Coa maior\u00eda de n\u00f3s quedando na casa e facendo o mellor que podemos, a Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica quere reco\u00f1ecer as actividades de divulgaci\u00f3n en casa que estades creando. Organizamos os premios IAU da astronom\u00eda en li\u00f1a para reco\u00f1ecer iso. Podedes enviar propostas de todo o mundo para a s\u00faa avaliaci\u00f3n at\u00e9 o 31 de xullo de 2020.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/iauoutreachaward\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/iauoutreachaward\/<\/a><\/p>\n<p>O anuncio noutros idiomas:<\/p>\n<p>En eslovaco: <a href=\"https:\/\/bit.ly\/2K0bFMI\">https:\/\/bit.ly\/2K0bFMI<\/a><\/p>\n<p>En espa\u00f1ol: <a href=\"https:\/\/bit.ly\/2V5ATiX\">https:\/\/bit.ly\/2V5ATiX<\/a><\/p>\n<p>En polaco: <a href=\"https:\/\/bit.ly\/3baQXFK\">https:\/\/bit.ly\/3baQXFK<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Actualizaci\u00f3n da conferencia 2010 Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP)<\/strong><\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n da conferencia CAP 2020 estivo analizando a situaci\u00f3n do COVID-19 e iso trouxo alg\u00fans cambios. Polo momento, a conferencia ter\u00e1 lugar nas datas previstas, mais a decisi\u00f3n final de cando e como se celebrar\u00e1 tomarase en xullo de 2020. A data final para o env\u00edo de propostas e a solicitude de bolsas de viaxes aprazouse at\u00e9 o 30 de abril de 2020. A situaci\u00f3n segue a cambiar rapidamente, as\u00ed que anim\u00e1mosvos a buscar informaci\u00f3n actualizada no sitio web e redes sociais da conferencia CAP 2020.<\/p>\n<p>Sitio web: <a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p>Facebook: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/CAPconference\/\">https:\/\/www.facebook.com\/CAPconference\/<\/a><\/p>\n<p>Twitter: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/capconference\">https:\/\/twitter.com\/capconference<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Revista CAP #27 Divulgaci\u00f3n para o desenvolvemento<\/strong><\/p>\n<p>Xa sa\u00edu o n\u00famero 27 da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico. Este n\u00famero, feito con persoas convidadas da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento, salienta o traballo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica que apoia o desenvolvemento en pa\u00edses de todo o mundo. Entre os proxectos destacados neste n\u00famero est\u00e1 un programa extraescolar para estudantes de secundaria no Brasil, os esforzos para facer medrar o astroturismo en Quenia e un programa para incrementar a curiosidade e o co\u00f1ecemento en Chipre.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.capjournal.org\/issues\/27\/\">http:\/\/www.capjournal.org\/issues\/27\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Celebraci\u00f3ns IAU100: revista CAP #28 N\u00famero especial<\/strong><\/p>\n<p>En 2019 a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) celebrou o seu centenario. A revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico aspira a recoller ese ano de actividades nun novo n\u00famero. Convidamos aos organizadores e organizadoras de calquera proxecto de divulgaci\u00f3n IAU100 a enviar propostas de resumos para un artigo. Animamos especialmente o env\u00edo de artigos sobre proxectos relevantes financiados polo IAU100, as\u00ed como sobre proxectos recomendados polo IAU100.<\/p>\n<p>Hai m\u00e1is informaci\u00f3n dispo\u00f1\u00edbel nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20009\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20009\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Un ano da cerimonia \u201cIAU 1919-2019: 100 anos baixo un mesmo ceo\u201d<\/strong><\/p>\n<p>Hai un ano a IAU comezou oficialmente a celebraci\u00f3n do seu centenario. Moitas persoas dos \u00e1mbitos da astronom\u00eda profesional e amadora reun\u00edronse en Bruxelas, B\u00e9lxica, para a cerimonia \u201cIAU 1919-2019: 100 anos baixo un mesmo ceo\u201d. Varias conferencias excelentes e inspiradoras foron presentadas baixo o tema \u201cAstronom\u00eda con e para a Sociedade\u201d. Logo deste evento de dous d\u00edas, tivo lugar tam\u00e9n en Bruxelas o primeiro evento IAU orientado \u00e1 astronom\u00eda amadora, para salientar as moitas contribuci\u00f3ns que a astronom\u00eda amadora fai \u00e1 ciencia.<\/p>\n<p>Podes ler m\u00e1is sobre esa cerimonia nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/iau.us11.list-manage.com\/track\/click?u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=9c1fc973d6&amp;e=d32e0bc39d\">https:\/\/www.iau-100.org\/programme-brussels-event<\/a><\/p>\n<p>V\u00eddeos da cerimonia, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/youtu.be\/x4sqUDrrl1I\">https:\/\/youtu.be\/x4sqUDrrl1I<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Mes da Astronom\u00eda Global 2020<\/strong><\/p>\n<p>Abril \u00e9 o Mes da Astronom\u00eda Global e a organizaci\u00f3n Astronom\u00eda Sen Fronteiras celebrar\u00e1 m\u00faltiples eventos en li\u00f1a ao longo de todo o mes. Moitas organizaci\u00f3ns xa rexistraron os seus eventos, que se celebrar\u00e1n en moitos idiomas.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/astronomerswithoutborders.org\/global-astronomy-month-2020.html\">https:\/\/astronomerswithoutborders.org\/global-astronomy-month-2020.html<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Primeiros nomes oficiais dados a caracter\u00edsticas do asteroide Bennu<\/strong><\/p>\n<p>A IAU deulle oficialmente nome a doce caracter\u00edsticas do asteroide Bennu, o obxecto da primeira misi\u00f3n da NASA que traer\u00e1 unha mostra do asteroide de volta \u00e1 Terra. \u201cBennu\u201d toma nome dunha antiga divinidade exipcia, representada como unha ave e asociada co Sol, a creaci\u00f3n e o renacemento. As caracter\u00edsticas do asteroide reciben todas elas nomes relacionadas con aves mitol\u00f3xicas e criaturas con forma de ave.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2002\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2002\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas IAU \u2013 \u00danete ao programa Co\u00f1ece os astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Este ano a Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica est\u00e1 organizando o programa \u201cCo\u00f1ece os astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas da IAU\u201d, que pon en contacto os astr\u00f3nomos e as astr\u00f3nomas con escolares de todo o mundo para que a rapazada e as s\u00faas comunidades aprendan m\u00e1is sobre a astronom\u00eda. Se es un astr\u00f3nomo ou astr\u00f3noma da IAU e tes interese en falar con escolares e coas s\u00faas familias, podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n e inscribirte nas ligaz\u00f3ns de m\u00e1is abaixo.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/forms.gle\/o7TJg2BTw1b252VS8\">https:\/\/forms.gle\/o7TJg2BTw1b252VS8<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Repositorio de actividades e recursos en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p>A Real Sociedade Astron\u00f3mica compartiu connosco os seus moitos recursos na chamada \u00e1 acci\u00f3n desta semana. Aqu\u00ed est\u00e1n alg\u00fans dos eventos que compartiron:<\/p>\n<p>a) Sesi\u00f3n preescolar da Real Sociedade Astron\u00f3mica<br \/>\nQue: un tempo para que aprendan astronom\u00eda en li\u00f1a nenos e nenas de preescolar<br \/>\nCando: 15 de abril de 2020 10:30-11:30 BST (+1 UTC)<br \/>\nOnde: <a href=\"https:\/\/www.eventbrite.co.uk\/e\/pre-school-space-session-tickets-101740685128\">https:\/\/www.eventbrite.co.uk\/e\/pre-school-space-session-tickets-101740685128<\/a><\/p>\n<p>b) Festival Queda na Casa da rede Cosmic Shambles<br \/>\nQue: varios espect\u00e1culos de variedades e comedia sobre ciencia para todas as idades e con quendas de preguntas e respostas<br \/>\nCando: case todos os d\u00edas ao longo de abril<br \/>\nOnde: <a href=\"http:\/\/cosmicshambles.com\/stayathome\">http:\/\/cosmicshambles.com\/stayathome<\/a><\/p>\n<p>c) O Real Observatorio de Greenwich responde as t\u00faas preguntas astron\u00f3micas<br \/>\nQue: faille preguntas aos astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas do Real Observatorio de Greenwich.<br \/>\nOnde: en twitter @RMGreenwich ou @RoyalAstroSoc<br \/>\nEtiquetas: #ObservatoryOnline, #MuseumfromHome, #Sciencefromhome<\/p>\n<p>d) Emily Calandrelli, a moza espacial<br \/>\nQue: experimentos de ciencia ao vivo<br \/>\nCando: cada d\u00eda \u00e1s 20:00 BST (+1 UTC)<br \/>\nOnde: <a href=\"http:\/\/www.instagram.com\/thespacegal\">www.instagram.com\/thespacegal<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.youtube.com\/spacegal\">www.youtube.com\/spacegal<\/a><\/p>\n<p>Podes ver m\u00e1is eventos e recursos e propo\u00f1er os teus propios na Chamada \u00e1 Acci\u00f3n neste enderezo: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/callforonlineresources\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/callforonlineresources\/<\/a><\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>Tes interese en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma? Por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p>O bolet\u00edn \u00e9 traducido aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0europeo elaborada por Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaborada por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>franc\u00e9s<\/strong>, elaborada por Rulx Narcisse, da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana, neste enderezo: <a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/\">https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/<\/a><\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2020!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2020april1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Abril 2020 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Premios IAU para a astronom\u00eda en li\u00f1a 2) Actualizaci\u00f3n da conferencia 2010 Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP) 3) Revista CAP #27 Divulgaci\u00f3n para o desenvolvemento 4) Celebraci\u00f3ns IAU100: revista CAP #28 N\u00famero especial 5) Un ano da cerimonia \u201cIAU 1919-2019: 100 anos baixo un mesmo ceo\u201d 6)&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-abril-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11180","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11180","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11180"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11180\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11183,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11180\/revisions\/11183"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11180"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11180"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11180"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}