{"id":11165,"date":"2020-03-13T10:00:06","date_gmt":"2020-03-13T10:00:06","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11165"},"modified":"2020-03-16T10:24:34","modified_gmt":"2020-03-16T10:24:34","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-marzo-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-marzo-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Marzo #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-74\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Marzo 2020 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Conferencia sobre Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade<br \/>\n2) Ach\u00e9gase o final do env\u00edo de propostas para a conferencia CAP<br \/>\n3) Kit de telescopio Kaifu-NAOJ: un legado das celebraci\u00f3ns IAU100<br \/>\n4) Cruceiro gal\u00e1ctico: abre un proxecto en li\u00f1a de ciencia cidad\u00e1<br \/>\n5) Participa nas campa\u00f1as Globe at Night no \u201cD\u00eda Pi\u201d<br \/>\n6) 1\u00ba simposio e competici\u00f3n sobre astronom\u00eda e ciencia espacial en Serra Leoa<br \/>\n7) Experimento Erat\u00f3stenes<br \/>\n8) D\u00eda do Asteroide 2020<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Como sabedes, o coronavirus COVID-19 estivo espall\u00e1ndose por Xap\u00f3n e outras partes do mundo. Os membros do noso equipo OAO por sorte mant\u00e9\u00f1ense con boa sa\u00fade, mais queremos dedicar un momento para recordarlle a todas as persoas que deben lavar as mans con xabr\u00f3n durante 20 segundos e cubrir a boca coa parte interior do c\u00f3bado ao tusir. Protexer a todas as persoas xoga un papel decisivo para limitar a propagaci\u00f3n do virus. Consulta o sitio web da <a href=\"https:\/\/www.who.int\/emergencies\/diseases\/novel-coronavirus-2019\">Organizaci\u00f3n Mundial da Sa\u00fade<\/a> na procura dunha gu\u00eda de actuaci\u00f3n para protexerte mentres o virus segue propag\u00e1ndose.<\/p>\n<p>Respecto do noso bolet\u00edn, v\u00e9n de ser lanzado o proxecto de ciencia cidad\u00e1 Cruceiro Gal\u00e1ctico, que d\u00e1 a benvida a participantes. Ademais, unha actividade especial \u201cGlobe at Night\u201d acontece este mes e anim\u00e1mosvos a participar. Por \u00faltimo, abriu o rexistro para a conferencia CAP en Australia. Anim\u00e1mosvos a que vos unades a n\u00f3s en Sidney en setembro para aprendermos unhas persoas con outras e facermos unha mellor comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados,<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Conferencia sobre Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade<\/strong><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU), a Oficina das Naci\u00f3ns Unidas para Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) e o Goberno de Espa\u00f1a organizan unha conferencia co t\u00edtulo provisional \u201cCeos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade\u201d. O evento ten como datas do 5 ao 8 de outubro de 2020 e esp\u00e9rase que se celebre no Instituto de Astrof\u00edsica de Canarias (IAC) en Santa Cruz de La Palma, nas Illas Canarias.<\/p>\n<p>O programa detallado e a informaci\u00f3n lox\u00edstica ser\u00e1 publicada en breve no sitio web da IAU, da UNOOSA e nun sitio web espec\u00edfico da conferencia.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20003\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20003\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Ach\u00e9gase o final do env\u00edo de propostas para a conferencia CAP<\/strong><\/p>\n<p>O env\u00edo de propostas para a conferencia CAP remata o 15 de marzo de 2020. A conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico ter\u00e1 lugar do 21 ao 25 de setembro de 2020 en Sydney, Australia. A conferencia d\u00e1 a benvida a profesionais da comunicaci\u00f3n da ciencia, educaci\u00f3n non formal, centros de ciencia e planetarios, as\u00ed como astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas profesionais e amadoras, xornalistas e persoas do \u00e1mbito creativo, para intercambiar ideas e as mellores pr\u00e1cticas. An\u00edmase \u00e1s persoas que organizaron eventos IAU100 a que env\u00eden propostas referidas a eses eventos, actividades e proxectos \u00e1 conferencia.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre bolsas de viaxe e env\u00edo de propostas, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p>O anuncio da conferencia est\u00e1 aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/cap2020\">https:\/\/www.iau-100.org\/cap2020<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Kit de telescopio Kaifu-NAOJ: un legado das celebraci\u00f3ns IAU100<\/strong><\/p>\n<p>En recordo do antigo presidente da IAU e Director Xeral do NAOJ, 251 telescopios foron distribu\u00eddos en 22 pa\u00edses durante 26 actividades de formaci\u00f3n. Esta formaci\u00f3n achegou telescopios aos estudantes, permit\u00edndolles experimentar as marabillas da astronom\u00eda co profesorado. Queremos darlle as grazas ao NAOJ por doar estes telescopios en conxunto co IAU100 e permitir que m\u00e1is xente acceda a experimentar as marabillas do espazo.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is sobre o kit: <a href=\"https:\/\/www.nao.ac.jp\/study\/naoj-tel-kit\/en\/\">https:\/\/www.nao.ac.jp\/study\/naoj-tel-kit\/en\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Cruceiro gal\u00e1ctico: abre un proxecto en li\u00f1a de ciencia cidad\u00e1<\/strong><\/p>\n<p>O Observatorio Astron\u00f3mico Nacional do Xap\u00f3n (NAOJ) lanzou o proxecto de ciencia cidad\u00e1 Cruceiro Gal\u00e1ctico en ingl\u00e9s e xapon\u00e9s. A xente est\u00e1 convidada a identificar galaxias fotografadas pola c\u00e1mara Hyper-Suprime (HSC) do telescopio Subaru e axudar as\u00ed aos cient\u00edficos e cient\u00edficas a mellorar a s\u00faa investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n dispo\u00f1\u00edbel nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/galaxycruise.mtk.nao.ac.jp\/en\/\">https:\/\/galaxycruise.mtk.nao.ac.jp\/en\/<\/a><\/p>\n<p>Grazas a Kumiko Usuda-Sato por compartir a noticia.<\/p>\n<p><strong>5) Participa nas campa\u00f1as Globe at Night no \u201cD\u00eda Pi\u201d<\/strong><\/p>\n<p>Globe at Night celebra o D\u00eda Pi animando \u00e1 xente a que saia e observe o ceo. O proxecto solicita a xente que determine a magnitude das estrelas nos Xemelgos e Ori\u00f3n en funci\u00f3n do seu lugar de observaci\u00f3n, e logo env\u00ede os resultados a este proxecto de ciencia cidad\u00e1 sobre o impacto da contaminaci\u00f3n luminosa. As observaci\u00f3ns de Ori\u00f3n ser\u00e1n parte dun proxecto especial de comparaci\u00f3n cos datos de 2012. No sitio web Globe at Night marca ademais as datas de futuros per\u00edodos de observaci\u00f3n e as constelaci\u00f3ns correspondentes.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/\">https:\/\/www.globeatnight.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) 1\u00ba simposio e competici\u00f3n sobre astronom\u00eda e ciencia espacial en Serra Leoa<\/strong><\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro STEAD organiza o primeiro simposio e competici\u00f3n sobre astronom\u00eda e ciencia espacial en Serra Leoa. STEAD \u00e9 unha organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro \u201cdedicada a aumentar a exploraci\u00f3n espacial, a innovaci\u00f3n e a tecnolox\u00eda en Serra Leoa e o continente africano para desenvolver un ambiente que permita o progreso na educaci\u00f3n espacial e outros campos da ciencia, tecnolox\u00eda, enxe\u00f1er\u00eda e matem\u00e1ticas\u201d. Os eventos ter\u00e1n lugar o 23 e 24 de abril de 2020 no British Council en Freetown, Serra Leoa.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/STEAD-Society-2298321520414837\/?ref=nf&amp;hc_ref=ARRt_6Psrryl7bab8wy9hC3lZa0MoFeR6N2QuSHYI05iTye8eVUPRIX9COjhFj4-6cE\">https:\/\/www.facebook.com\/STEAD-Society-2298321520414837\/?ref=nf&amp;hc_ref=ARRt_6Psrryl7bab8wy9hC3lZa0MoFeR6N2QuSHYI05iTye8eVUPRIX9COjhFj4-6cE<\/a><\/p>\n<p>Grazas a Alimamy Conteh, NOC en Serra Leoa, por compartir a noticia.<\/p>\n<p><strong>7) Experimento Erat\u00f3stenes<\/strong><\/p>\n<p>O Experimento Erat\u00f3stenes organiza un experimento mundial para calcular a circunferencia da Terra o 20 de marzo de 2020. An\u00edmase \u00e1s escolas a unirse ao experimento e enviar os datos. O experimento pode desenvolverse en colaboraci\u00f3n con outra escola da mesma lonxitude. O rexistro pode efectuarse do 10 ao 16 de marzo (12:00 CET) de 2020.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/eratosthenes.ea.gr\/\">http:\/\/eratosthenes.ea.gr\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) D\u00eda do Asteroide 2020<\/strong><\/p>\n<p>O D\u00eda do Asteroide ter\u00e1 lugar o 30 de xu\u00f1o de 2020 para \u201cinspirar, atraer e educar o p\u00fablico sobre as oportunidades e os riscos que representan os asteroides\u201d. Haber\u00e1 unha transmisi\u00f3n ao vivo do evento elixido pola ONU no sitio web do D\u00eda do Asteroide e moitas actividades en todo o mundo. Podedes enviar ao sitio web as vosas actividades independentes do D\u00eda do Asteroide.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/asteroidday.org\/\">https:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p><strong>a)\u00a0<\/strong><strong>Encontro rexional IAU Asia-Pac\u00edfico (APRIM)<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 6 ao 10 de xullo de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Perth, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/aprim2020.org\/\">https:\/\/aprim2020.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>b) Campamento astron\u00f3mico internacional para a mocidade<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 12 de xullo ao 1 de agosto de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Ba\u00f1os de Montemayor, Espa\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"http:\/\/www.iayc.org\/\">www.iayc.org<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Conferencia CAP 2020<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 21 ao 25 de setembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Sydney, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) IAUS 367: Educaci\u00f3n e Patrimonio na Era do \u201cBig Data\u201d en Astronom\u00eda<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 9 ao 14 de decembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Bariloche, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/iaus367\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/iaus367\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>Tes interese en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma? Por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p>O bolet\u00edn \u00e9 traducido aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0europeo elaborada por Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaborada por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2020!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2020march6\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Marzo 2020 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Conferencia sobre Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade 2) Ach\u00e9gase o final do env\u00edo de propostas para a conferencia CAP 3) Kit de telescopio Kaifu-NAOJ: un legado das celebraci\u00f3ns IAU100 4) Cruceiro gal\u00e1ctico: abre un proxecto en li\u00f1a de ciencia cidad\u00e1 5) Participa&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-marzo-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11165","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11165","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11165"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11165\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11168,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11165\/revisions\/11168"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11165"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11165"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11165"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}