{"id":11161,"date":"2020-02-28T17:53:54","date_gmt":"2020-02-28T17:53:54","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11161"},"modified":"2020-03-15T18:08:40","modified_gmt":"2020-03-15T18:08:40","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2020-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2020-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Febreiro 2020 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-74\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Febreiro 2020 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) A IAU publica un informe sobre o impacto das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites na astronom\u00eda<br \/>\n2) Abertas as inscrici\u00f3ns para Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico 2020<br \/>\n3) Embaixadores IAU dos ceos escuros: un legado das celebraci\u00f3ns IAU100<br \/>\n4) Telescopios para todas as persoas<br \/>\n5) Seleccionado o visitante do programa de visitantes de divulgaci\u00f3n IAU 2020<br \/>\n6) Monitor global Wellcome 2018<br \/>\n7) Eventos astron\u00f3micos no oeste de Australia<br \/>\n8) Conferencia da Sociedade Astron\u00f3mica Africana (AfAS)<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>O noso equipo estivo moi ocupado cos preparativos para lanzar o noso plan anual de actividades para 2020, mais aqu\u00ed ofrecemos un aperitivo do que temos en marcha. Este ano temos moita ilusi\u00f3n de anunciar que nos unimos de novo coa iniciativa belga Sterren Schitteren voor Iedereen e UNAWE para distribu\u00edr doce telescopios asinados por astronautas e figuras da ciencia, inclu\u00eddos tres ga\u00f1adores do Premio Nobel, a comunidades en situaci\u00f3n precaria de todo o mundo.<\/p>\n<p>En 2020 promoveremos acci\u00f3ns para crear conciencia sobre os ceos escuros e faremos medrar a rede IAU Embaixadores de ceos escuros, \u00e1 cal convid\u00e1mosvos a que vos unades. Este ano estar\u00e1 particularmente enfocado ao problema das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites.<\/p>\n<p>O noso equipo \u00e9 tam\u00e9n parte do Comit\u00e9 Cient\u00edfico Organizador da Conferencia CAP 2020 en Sidney, Australia. Recomend\u00e1mosvos que solicitedes unha bolsa de viaxe e enviedes unha proposta a trav\u00e9s das ligaz\u00f3ns listadas m\u00e1is abaixo neste bolet\u00edn.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados,<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) A IAU publica un informe sobre o impacto das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites na astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>En xu\u00f1o de 2019, a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional expresou a s\u00faa preocupaci\u00f3n polo impacto negativo que as mega-estruturas de sat\u00e9lites de comunicaci\u00f3ns, as chamadas \u201cconstelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites\u201d, poden ter sobre as observaci\u00f3ns astron\u00f3micas e a aparencia pr\u00edstina do ceo nocturno observado desde unha zona escura. A IAU publicou hai pouco un informe sobre o que hoxe sabemos do impacto das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites no ceo nocturno.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2001\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2001\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Abertas as inscrici\u00f3ns para Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico 2020<\/strong><\/p>\n<p>Do 21 ao 25 de setembro de 2020, a Universidade Macquarie de Sidney, Australia, e a Comisi\u00f3n C2 da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional \u2013 Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico, acoller\u00e1n a maior conferencia mundial sobre comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica: Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico 2020 (CAP2020). Profesionais da comunicaci\u00f3n da ciencia, educaci\u00f3n non formal, centros de ciencia e planetarios, as\u00ed como astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas profesionais e amadoras, xornalistas e persoas do \u00e1mbito creativo, est\u00e1n convidadas a asistir \u00e1 conferencia para intercambiar ideas e discutir as mellores pr\u00e1cticas en comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica. Baixo o tema central de Comunicar Astronom\u00eda en favor dun Mundo Mellor: Medio Ambiente, Cultura e Paz, o comit\u00e9 cient\u00edfico organizador d\u00e1 a benvida a propostas de presentaci\u00f3ns orais, p\u00f3steres e obradoiros. As propostas poden ser <a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/cap-2020-abstract-submission\/\">enviadas en li\u00f1a<\/a> at\u00e9 o 15 de marzo de 2020.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n e ligaz\u00f3ns aos formularios de inscrici\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20006\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20006\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Embaixadores IAU dos ceos escuros: un legado das celebraci\u00f3ns IAU100<\/strong><\/p>\n<p>En 2019, un dos m\u00e1is destacados proxectos globais IAU100 foi <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/dark-skies-for-all\">Ceos escuros para todas as persoas<\/a>, un proxecto que creceu at\u00e9 dar p\u00e9 a unha rede de 123 persoas en 45 pa\u00edses que organizaron 197 actividades en 30 pa\u00edses durante ese ano. Desde a certeza de que os embaixadores e embaixadoras desempe\u00f1an un papel importante para crear conciencia sobre o problema da contaminaci\u00f3n luminosa entre o p\u00fablico xeral, a IAU decididu manter a rede IAU100 de embaixadores de ceos escuros m\u00e1is al\u00e1 de 2019, reformando a rede na actual IAU Embaixadores de ceos escuros. En 2020 a IAU ten intenci\u00f3n de traballar cos membros da rede como axentes arredor de asuntos cruciais na defensa dos ceos escuros, como as constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites e o acceso igualitario ao dereito natural a un ceo escuro.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/darkskies4all.org\/ambassador\/\">https:\/\/darkskies4all.org\/ambassador\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Telescopios para todas as persoas<\/strong><\/p>\n<p>En 2020, e seguindo a colaboraci\u00f3n frut\u00edfera durante as celebraci\u00f3ns IAU100, o equipo OAO une forzas de novo coa iniciativa belga Sterren Schitteren voor Iedereen (As estrelas brillan para todas as persoas \u2013 <a href=\"http:\/\/www.ssvi.be\/\">SSVI<\/a>) e a Universidade de Leiden \/ Universe Awareness (<a href=\"https:\/\/www.unawe.org\/\">UNAWE<\/a>) para distribu\u00edr doce telescopios entre comunidades en situaci\u00f3n precaria arredor do mundo. Os telescopios est\u00e1n asinados por astronautas e figuras da ciencia, e, coa axuda de newscientist.nl, incl\u00faen a tres ga\u00f1adores do Premio Nobel. Anim\u00e1mosvos a participar no marco dos nosos <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/oao_global_events\/\">Eventos globais IAU de divulgaci\u00f3n 2020<\/a>, especialmente en relaci\u00f3n co noso programa Estrelas que inspiran, no cal a IAU apoia as mellores pr\u00e1cticas de astronom\u00eda inclusiva.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is sobre o proxecto, consultade esta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/telescopecollaboration\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/telescopecollaboration\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Seleccionado o visitante do programa de visitantes de divulgaci\u00f3n IAU 2020<\/strong><\/p>\n<p>Jorge Rivero Gonz\u00e1lez foi escollido como Visitante de divulgaci\u00f3n IAU\u2019 2020, despois dunha deliberaci\u00f3n entre 31 candidatos de 20 pa\u00edses. Logo do seu traballo como coordinador global das celebraci\u00f3ns IAU100, Jorge seguir\u00e1 na OAO, no Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n, no Campus Mitaka, colaborando co legado e as lecci\u00f3n aprendidas do IAU100. As celebraci\u00f3ns IAU100 sumaron 5000 actividades rexistradas en 143 pa\u00edses\/rexi\u00f3ns, que chegaron at\u00e9 cen mill\u00f3ns de persoas. O noso equipo est\u00e1 desexando darlle a benvida a Jorge a Toquio!<\/p>\n<p>Podes saber m\u00e1is sobre o programa de visitantes de divulgaci\u00f3n da IAU aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/oao_visitors\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/oao_visitors\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Monitor global Wellcome 2018<\/strong><\/p>\n<p>A Fundaci\u00f3n Wellcome, en colaboraci\u00f3n coa empresa de sondaxes Gallup, publicou unha enquisa elaborada entre m\u00e1is de 140000 persoas de 144 pa\u00edses para avaliar as actitudes p\u00fablicas cara a ciencia e a medicina en todo o mundo. A\u00ednda que a enquisa non trata especificamente de astronom\u00eda, os seus resultados achegan informaci\u00f3n \u00fatil para a comunicaci\u00f3n da ciencia.<\/p>\n<p>Podes ler o informe completo aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/wellcome.ac.uk\/reports\/wellcome-global-monitor\/2018\">https:\/\/wellcome.ac.uk\/reports\/wellcome-global-monitor\/2018<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Eventos astron\u00f3micos no oeste de Australia<\/strong><\/p>\n<p>Grande n\u00famero de eventos astron\u00f3micos celebraranse no oeste de Australia de marzo a abril. Podes atopar os eventos e as ligaz\u00f3ns con m\u00e1is informaci\u00f3n a continuaci\u00f3n:<\/p>\n<p>Clase de telescopios co Stargazers Club WA de Perth, 28 de marzo de 2020: <a href=\"https:\/\/stargazersclubwa.com.au\/stargazing-events-perth\/#!event\/2020\/3\/28\/byo-telescope-class\">https:\/\/stargazersclubwa.com.au\/stargazing-events-perth\/#!event\/2020\/3\/28\/byo-telescope-class<\/a><\/p>\n<p>Pl\u00e1ntate para observar en Northam, 4 de abril de 2020: <a href=\"https:\/\/astrotourismwa.com.au\/northam-stargazing-event\/\">https:\/\/astrotourismwa.com.au\/northam-stargazing-event\/<\/a><\/p>\n<p>Grazas a Donna Vanzetti por compartir as noticias sobre estes eventos.<\/p>\n<p><strong>8) Conferencia da Sociedade Astron\u00f3mica Africana (AfAS)<\/strong><\/p>\n<p>O primeiro encontro da Sociedade Astron\u00f3mica Africana (AfAS) ter\u00e1 lugar do 16 ao 19 de marzo de 2020 no Observatorio Astron\u00f3mico de \u00c1frica do Sur (SAAO) en Cidade do Cabo, \u00c1frica do Sur. O encontro por\u00e1 o foco na ciencia que nace da investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en \u00c1frica e da colaboraci\u00f3n entre pa\u00edses africanos, as\u00ed como da colaboraci\u00f3n entre \u00c1frica e o resto do mundo. A conferencia prestar\u00e1 atenci\u00f3n a como atraer e reter a mocidade na astronom\u00eda e reforzar a aprendizaxe da astronom\u00eda e as ciencias asociadas.<\/p>\n<p>Podes saber m\u00e1is sobre a conferencia aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/africanews.space\/register-to-attend-the-first-african-astronomical-society-conference\/\">https:\/\/africanews.space\/register-to-attend-the-first-african-astronomical-society-conference\/<\/a> + <a href=\"https:\/\/www.africanastronomicalsociety.org\/conferences-and-meetings\/afas-astronomy-in-africa-meetings\/afas2020\/\">https:\/\/www.africanastronomicalsociety.org\/conferences-and-meetings\/afas-astronomy-in-africa-meetings\/afas2020\/<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p><strong>a)\u00a0<\/strong><strong>Encontro rexional IAU Asia-Pac\u00edfico (APRIM)<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 6 ao 10 de xullo de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Perth, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/aprim2020.org\/\">https:\/\/aprim2020.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>b) Campamento astron\u00f3mico internacional para a mocidade<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 12 de xullo ao 1 de agosto de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Ba\u00f1os de Montemayor, Espa\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"http:\/\/www.iayc.org\/\">www.iayc.org<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Conferencia CAP 2020<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 21 ao 25 de setembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Sydney, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) IAUS 367: Educaci\u00f3n e Patrimonio na Era do \u201cBig Data\u201d en Astronom\u00eda<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 9 ao 14 de decembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Bariloche, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/iaus367\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/iaus367\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>Tes interese en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma? Por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p>O bolet\u00edn \u00e9 traducido aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong> europeo elaborada por Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaborada por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2020!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2020februrary2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Febreiro 2020 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) A IAU publica un informe sobre o impacto das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites na astronom\u00eda 2) Abertas as inscrici\u00f3ns para Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico 2020 3) Embaixadores IAU dos ceos escuros: un legado das celebraci\u00f3ns IAU100 4) Telescopios para todas as persoas 5) Seleccionado o visitante do programa&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2020-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10072,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11161","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11161","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11161"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11161\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11163,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11161\/revisions\/11163"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10072"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11161"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11161"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11161"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}