{"id":11158,"date":"2020-02-15T16:40:26","date_gmt":"2020-02-15T16:40:26","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11158"},"modified":"2020-03-15T18:28:25","modified_gmt":"2020-03-15T18:28:25","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2020-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2020-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Febreiro 2020 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-74\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Febreiro 2020 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Actividades en todo o mundo para celebrar a Terra e o 30\u00ba aniversario do \u201cPunto Azul P\u00e1lido\u201d<br \/>\n2) Lanzada a oficina rexional de astronom\u00eda para o desenvolvemento da Am\u00e9rica do Norte<br \/>\n3) Anunciadas as persoas ga\u00f1adoras do proxecto global D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas<br \/>\n4) Colabora coa Gu\u00eda de Mulleres da Astronom\u00eda Contempor\u00e1nea<br \/>\n5) Ac\u00e9ptanse candidaturas para os Premios de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica<br \/>\n6) Concurso de redacci\u00f3n CTEM para estudantes entre 13 e 19 anos<br \/>\n7) Rede Auroras en vivo \u2013 Recurso para a astronom\u00eda amadora<br \/>\n8) Amas as estrelas? Unha proposta \u00fanica para o D\u00eda de San Valent\u00edn<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>O noso equipo reuniuse recentemente coa Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) da IAU en Sud\u00e1frica, para unirse \u00e1 OAD nas reuni\u00f3ns rexionais presenciais en calidade de observador. Foi un momento moi importante para aprendermos con eles e elas e fortalecermos as ligaz\u00f3ns coas diferentes rexi\u00f3ns OAD (ROAD) e centros de idiomas (LOAD). Tam\u00e9n asistimos ao obradoiro de Ciencia para o Desenvolvemento, organizado conxuntamente pola Oficina Rexional do Consello Internacional de Ciencias para \u00c1frica e a IAU OAD. Foi un pracer reun\u00edrmonos con colegas doutras ciencias para descubrir como podemos apoiar o uso da astronom\u00eda para mellorarmos o noso mundo. Parab\u00e9ns \u00e1s persoas que forman parte do equipo anfitri\u00f3n por levaren a cabo un obradoiro satisfactorio e impactante!<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn, destacamos as celebraci\u00f3ns \u201cPale Blue Dot\u201d (Punto Azul P\u00e1lido): a mellor maneira de finalizar un ano de celebraci\u00f3ns IAU100! Tam\u00e9n queremos facer un chamamento \u00e1 vosa contribuci\u00f3n na gu\u00eda \u201cMulleres en astronom\u00eda\u201d e suxerirvos que pasedes un d\u00eda de San Valent\u00edn \u00fanico mostrando o voso amor polas estrelas a trav\u00e9s do programa Globe at Night.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados,<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Actividades en todo o mundo para celebrar a Terra e o 30\u00ba aniversario do \u201cPunto Azul P\u00e1lido\u201d<\/strong><\/p>\n<p>Logo dun ano de botar a mirada sobre cen anos de fitos na astronom\u00eda co IAU100, a IAU agora nos pide que nos miremos a n\u00f3s mesmos, o planeta Terra. No \u00faltimo proxecto global IAU100, multitude de eventos en todo o mundo amosar\u00e1n como a astronom\u00eda axuda a comprender o lugar do noso fogar planetario no universo e como podemos afrontar os desaf\u00edos globais. Estes eventos ter\u00e1n lugar entre o 13 e o 20 de febreiro de 2020.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/pale-blue-dot-announcement\">https:\/\/www.iau-100.org\/pale-blue-dot-announcement<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Lanzada a oficina rexional de astronom\u00eda para o desenvolvemento da Am\u00e9rica do Norte<\/strong><\/p>\n<p>A oficina rexional de astronom\u00eda para o desenvolvemento da Am\u00e9rica do Norte estableceuse oficialmente o 29 de xaneiro de 2020 nunha cerimonia en Cidade do Cabo, \u00c1frica do Sur. A oficina traballar\u00e1 estreitamente coa Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da IAU (IAU OAD). No evento participou Ewine van Dishoeck, presidenta da IAU, e marcou o nacemento da und\u00e9cima oficina rexional de astronom\u00eda para o desenvolvemento.<\/p>\n<p>Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20004\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20004\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Anunciadas as persoas ga\u00f1adoras do proxecto global D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas<\/strong><\/p>\n<p>D\u00faas categor\u00edas de premios foron creadas para reco\u00f1ecer as persoas que organizaron eventos especiais do proxecto global D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas en novembro de 2019. Os nomes das persoas ga\u00f1adoras ve\u00f1en de ser anunciados.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/astronomy-day-in-schools-winners\">https:\/\/www.iau-100.org\/astronomy-day-in-schools-winners<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Colabora coa Gu\u00eda de Mulleres da Astronom\u00eda Contempor\u00e1nea<\/strong><\/p>\n<p>A rede do grupo de traballo IAU para a educaci\u00f3n astron\u00f3mica nas escolas conv\u00eddavos a participar na creaci\u00f3n dunha gu\u00eda b\u00e1sica de mulleres na astronom\u00eda contempor\u00e1nea. Cada pa\u00eds pode enviar at\u00e9 catro nomes coas respectivas fotograf\u00edas e unha breve biograf\u00eda. As astr\u00f3nomas formar\u00e1n parte da gu\u00eda \u201cAs mulleres soste\u00f1en a metade do ceo\u201d.<\/p>\n<p>O anuncio farase o 11 de febreiro, D\u00eda Internacional das Mulleres e das Nenas na Ciencia, e a gu\u00eda publicarase o 8 de marzo, D\u00eda Internacional da Muller.<\/p>\n<p>A actual gu\u00eda pode atoparse aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/izi.travel\/en\/c824-iau-100-las-mujeres-sostienen-la-mitad-del-cielo\/es\">https:\/\/izi.travel\/en\/c824-iau-100-las-mujeres-sostienen-la-mitad-del-cielo\/es<\/a><\/p>\n<p>O anuncio p\u00fablico est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/NASE-Network-for-Astronomy-School-Education-621214461656412\/\">https:\/\/www.facebook.com\/NASE-Network-for-Astronomy-School-Education-621214461656412\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Ac\u00e9ptanse candidaturas para os Premios de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica<\/strong><\/p>\n<p>A Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico (ASP) acepta candidaturas para dous premios en educaci\u00f3n astron\u00f3mica:<\/p>\n<p>-O Premio Thomas Brennan para a excelencia en educaci\u00f3n astron\u00f3mica en secundaria<\/p>\n<p>-O Premio Klumpke-Roberts para contribuci\u00f3ns extraordinarias no co\u00f1ecemento p\u00fablico da astronom\u00eda<\/p>\n<p>As candidaturas deben recibirse antes do 1 de marzo de 2020.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n e ligaz\u00f3ns ao novo sitio de candidaturas en li\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/\">https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/<\/a><\/p>\n<p><em>Grazas a Andrew Fraknoi por compartir a noticia.<\/em><\/p>\n<p><strong>6) Concurso de redacci\u00f3n CTEM para estudantes entre 13 e 19 anos<\/strong><\/p>\n<p>A rede educativa e de noticias cient\u00edficas do New York Times organiza un concurso de redacci\u00f3n para estudantes. Os e as estudantes deben elixir un asunto ou pregunta no \u00e1mbito da ciencia, a tecnolox\u00eda, a enxe\u00f1er\u00eda, as matem\u00e1ticas ou a sa\u00fade que lles interese e logo escribiren un texto de 500 palabras que atrape e ilumine aos lectores e lectoras. O concurso internacional remata o 3 de marzo de 2020.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n e formularios de participaci\u00f3n nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.nytimes.com\/2020\/01\/23\/learning\/stem-writing-contest-explain-a-concept-in-a-clear-engaging-way.html\">https:\/\/www.nytimes.com\/2020\/01\/23\/learning\/stem-writing-contest-explain-a-concept-in-a-clear-engaging-way.html<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Rede Auroras en vivo \u2013 Recurso de astronom\u00eda amadora<\/strong><\/p>\n<p>A rede Auroras en vivo \u00e9 un detector e sistema de alerta en tempo real para auroras a trav\u00e9s dunha rede de c\u00e1maras de ceos escuros. A app est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel no Reino Unido e os EEUU.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.liveauroranetwork.com\">www.liveauroranetwork.com<\/a><\/p>\n<p><em>Grazas a Steven Collins por compartir o recurso.<\/em><\/p>\n<p><strong>8) Amas as estrelas? Unha proposta \u00fanica para o D\u00eda de San Valent\u00edn<\/strong><\/p>\n<p>Poucas vistas son m\u00e1is rom\u00e1nticas ca un ceo cheo de estrelas, mais cada vez hai menos lugares na Terra onde poidamos gozar a\u00ednda dun ceo verdadeiramente escuro e cheo de estrelas. A contaminaci\u00f3n luminosa significa que nos arriscamos a perder un dos m\u00e1is rom\u00e1nticos espect\u00e1culos da natureza, as\u00ed que este D\u00eda de San Valent\u00edn os astr\u00f3nomos e as astr\u00f3nomas est\u00e1n ped\u00edndolle \u00e1 xente que amose o seu amor polas estrelas facendo observaci\u00f3ns da contaminaci\u00f3n luminosa como parte do programa global Globe at Night.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/nationalastro.org\/news\/love-the-stars-astronomers-have-a-unique-suggestion-for-valentines-day\/\">https:\/\/nationalastro.org\/news\/love-the-stars-astronomers-have-a-unique-suggestion-for-valentines-day\/<\/a><\/p>\n<p>Descubre m\u00e1is sobre o Globe at Night nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/\">https:\/\/www.globeatnight.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p><strong>a)\u00a0<\/strong><strong>Encontro rexional IAU Asia-Pac\u00edfico (APRIM)<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 6 ao 10 de xullo de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Perth, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/aprim2020.org\/\">https:\/\/aprim2020.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>b) Campamento astron\u00f3mico internacional para a mocidade<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 12 de xullo ao 1 de agosto de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Ba\u00f1os de Montemayor, Espa\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"http:\/\/www.iayc.org\/\">www.iayc.org<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Conferencia CAP 2020<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 21 ao 25 de setembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Sydney, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) IAUS 367: Educaci\u00f3n e Patrimonio na Era do &#8220;Big Data&#8221; en Astronom\u00eda<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de decembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bariloche, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/iaus367\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/iaus367\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2020!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=83556071b6\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Febreiro 2020 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Actividades en todo o mundo para celebrar a Terra e o 30\u00ba aniversario do \u201cPunto Azul P\u00e1lido\u201d 2) Lanzada a oficina rexional de astronom\u00eda para o desenvolvemento da Am\u00e9rica do Norte 3) Anunciadas as persoas ga\u00f1adoras do proxecto global D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas 4) Colabora coa&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2020-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11158","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11158","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11158"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11158\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11164,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11158\/revisions\/11164"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11158"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11158"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11158"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}