{"id":11155,"date":"2020-01-31T12:55:36","date_gmt":"2020-01-31T12:55:36","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11155"},"modified":"2020-03-15T13:09:18","modified_gmt":"2020-03-15T13:09:18","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-2020-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-2020-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Xaneiro 2020 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-74\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xaneiro 2020 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Convocatoria aberta para a oficina IAU de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n<br \/>\n2) A IAU OAD anuncia os resultados da convocatoria anual de solicitudes 2019<br \/>\n3) Aberta a convocatoria do programa de visitantes IAU<br \/>\n4) Olimp\u00edada de Astronom\u00eda e Astrof\u00edsica 2020 en Bangladesh<br \/>\n5) Un instituto de investigaci\u00f3n en Sri Lanka organiza observaci\u00f3ns p\u00fablicas da eclipse anular de Sol<br \/>\n6) Campamento astron\u00f3mico internacional para a mocidade en Espa\u00f1a<br \/>\n7) O proxecto \u201cAs estrelas brillan para todas as persoas\u201d env\u00eda un telescopio a Camer\u00fan<br \/>\n8) Documental \u201cFull Spectrum\u201d (Todo o espectro) dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>O noso equipo estivo moi ocupado dese\u00f1ando programas para 2020 e estamos preparados para anunciar o primeiro deles: o programa de visitantes de divulgaci\u00f3n da IAU. As persoas solicitantes ter\u00e1n oportunidade de unirse a n\u00f3s aqu\u00ed en Toquio, Xap\u00f3n, para participar activamente nos nosos proxectos e colaborar co equipo.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, destacamos a convocatoria de prazas da oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n, unha emocionante oportunidade para unirvos \u00e1 nosa m\u00e1is nova oficina irm\u00e1. Destacamos ademais os resultados da convocatoria da oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento. Anim\u00e1mosvos a examinar estes proxectos na ligaz\u00f3n indicada abaixo para ver que estar\u00e1 en marcha en 2020 coa axuda da IAU OAD.<\/p>\n<p>Queremos darlles as grazas a todas as persoas que contrib\u00faen coas numerosas noticias e mensaxes que recibimos para este bolet\u00edn. Compartir\u00e9molas en canto poidamos para seguir destacando o voso traballo educativo e divulgativo arredor do mundo.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados e todo o mellor!<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Convocatoria aberta para a oficina IAU de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A oficina IAU de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n (IAU OAE), aberta hai pouco, acepta na actualidade solicitudes para cubrir tres postos:<\/p>\n<p>-Un posto postdoctoral de cinco anos en investigaci\u00f3n en educaci\u00f3n astron\u00f3mica na oficina de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n. A persoa que o obte\u00f1a servir\u00e1 como coordinadora de investigaci\u00f3n en educaci\u00f3n astron\u00f3mica. Data l\u00edmite: 21 de febreiro de 2020.<\/p>\n<p>-Axudante de organizaci\u00f3n para a oficina de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n, que far\u00e1 o apoio administrativo do traballo da OAE. Data l\u00edmite: 7 de febreiro de 2020.<\/p>\n<p>-Un posto de coordinador interino da oficina de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n (1 ano), que apoiar\u00e1 o traballo da OAE durante o primeiro ano. Data l\u00edmite: 31 de xaneiro de 2020.<\/p>\n<p>A IAU OAE \u00e9 unha empresa conxunta co Instituto Max Planck para a Astronom\u00eda en Heidelberg, Alema\u00f1a.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre estes postos e o portal de solicitudes, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20002\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20002\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) A IAU OAD anuncia os resultados da convocatoria anual de solicitudes 2019<\/strong><\/p>\n<p>A oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (IAU OAD) conclu\u00edu a s\u00faa oitava convocatoria anual de propostas e foron seleccionados 17 proxectos para recibir financiamento en 2020 para afrontar desaf\u00edos arredor do mundo que se valen de intervenci\u00f3ns baseadas na astronom\u00eda para fomentar o desenvolvemento sost\u00edbel. Os proxectos seleccionados incl\u00faen un programa astron\u00f3mico emparellado con sesi\u00f3ns de asesoramento para apoiar a infancia en campos de refuxiados en Nixeria; varios proxectos para inspirar, estimular e educar nenos e nenas de ambientes socioecon\u00f3micos precarizados no Brasil, as Filipinas e \u00c1frica do Sur; e un proxecto de astroturismo en Italia.<\/p>\n<p>Hai m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20001\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann20001\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Aberta a convocatoria do programa de visitantes IAU<\/strong><\/p>\n<p>A oficina IAU de astronom\u00eda para a divulgaci\u00f3n (IAU OAO) est\u00e1 aceptando solicitudes para o programa IAU de visitantes, un programa que permite a persoas motivadas apoiar proxectos de divulgaci\u00f3n na oficina IAU de astronom\u00eda para a divulgaci\u00f3n. O programa financia aloxamento, voo e unha pequena dieta diaria por un per\u00edodo de 2-3 meses en Toquio, Xap\u00f3n. Para concorrer, env\u00eda un curr\u00edculo de 1-2 p\u00e1xinas e unha carta de motivaci\u00f3n (m\u00e1ximo 400 palabras) a Lina Canas (lina.canas@nao.ac.jp), co asunto \u201cIAU Outreach Visitor Programa 2020 Application\u201d. A carta de motivaci\u00f3n deber\u00eda inclu\u00edr as datas da t\u00faa estad\u00eda proposta.<\/p>\n<p>Podes saber m\u00e1is sobre este programa e como concorrer aqu\u00ed:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/oao_visitors\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/oao_visitors\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Olimp\u00edada de Astronom\u00eda e Astrof\u00edsica 2020 en Bangladesh<\/strong><\/p>\n<p>A Olimp\u00edada de Astron\u00f3mica e Astrof\u00edsica 2020 en Bangladesh (BDOAA) \u00e9 o cap\u00edtulo nacional das Olimp\u00edadas Internacionais de Astronom\u00eda e Astrof\u00edsica (IOAA). O comit\u00e9 organizador da BDOASS est\u00e1 formado por antigos participantes das IOAA e acad\u00e9micos cuxo obxectivo \u00e9 establecer un procedemento de selecci\u00f3n rigoroso para mandar estudantes de Bangladesh \u00e1 IOAA e alentar a educaci\u00f3n en astronom\u00eda e astrof\u00edsica en todo o pa\u00eds.<\/p>\n<p>Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/bdoaa.org\/\">https:\/\/bdoaa.org\/<\/a><\/p>\n<p><em>D\u00e1moslle as grazas a Fahim Rajit Hossain, o coordinador acad\u00e9mico da Olimp\u00edada de Astronom\u00eda e Astrof\u00edsica en Bangladesh, por compartir as novas.<\/em><\/p>\n<p><strong>5) Un instituto de investigaci\u00f3n en Sri Lanka organiza observaci\u00f3ns p\u00fablicas da eclipse anular de Sol<\/strong><\/p>\n<p>O Instituto de Investigaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Sri Lanka (ARIS) colaborou coa Anandian Astronomical Association, o grupo Star Party e o resort de aventura Mount K para organizar unha observaci\u00f3n p\u00fablica da eclipse anular de Sol que aconteceu o 26 de decembro de 2019. O evento celebrouse na hist\u00f3rica Fortaleza de Jaffna no norte de Sri Lanka e desenvolveuse en linguas cingalesa, t\u00e1mil e ingl\u00e9s.<\/p>\n<p>Podes saber m\u00e1is sobre ARIS e os eventos futuros aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.astronomers.lk\/\">https:\/\/www.astronomers.lk\/<\/a><\/p>\n<p><em>D\u00e1moslle as grazas a Eranga Jayashantha, presidente de ARIS, por compartir a noticia.<\/em><\/p>\n<p><strong>6) Campamento astron\u00f3mico internacional para a mocidade en Espa\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p>O campamento astron\u00f3mico internacional para a mocidade (IAYC) \u00e9 un campamento de ver\u00e1n de tres semanas co obxectivo de promover o co\u00f1ecemento da astronom\u00eda e as ciencias asociadas nunha atmosfera internacional \u00fanica. O \u00e9 unha experiencia sen igual, un lugar de recordos impos\u00edbeis de esquecer e amizades que duran toda a vida. Durante o campamento, 65 mozos e mozas de todo o mundo re\u00fanense nunha vila de Espa\u00f1a para observar e aprender m\u00e1is sobre os ceos espectaculares do planeta. Ac\u00e9ptanse solicitudes para o campamento 2020 at\u00e9 o 5 de abril.<\/p>\n<p>Campamento astron\u00f3mico internacional para a mocidade<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 de xullo ao 1 de agosto de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Ba\u00f1os de Montemayor, Espa\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n e solicitudes:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.iayc.org\">www.iayc.org<\/a><\/p>\n<p><em>D\u00e1moslle as grazas a Hannah Dalgleish por compartir a noticia.<\/em><\/p>\n<p><strong>7) O proxecto \u201cAs estrelas brillan para todas as persoas\u201d env\u00eda un telescopio a Camer\u00fan<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto belga Sterren Schitteren Voor Iedereen (As estrelas brillan para todas as persoas) e Wereld Missie Hulp (Mission Aid B\u00e9lxica) enviou un telescopio refractor Bresser 90\/900 e unha montura a Camer\u00fan. O telescopio foi asinado por varias figuras prominentes da astronom\u00eda, inclu\u00edda a Presidenta da IAU Ewine van Dishoeck e o hai pouco designado Coordinador de Divulgaci\u00f3n Nacional para Camer\u00fan, Mbonteh Roland Ndunge. \u00c9 un resultado da moi satisfactoria colaboraci\u00f3n durante as celebraci\u00f3ns IAU100 entre a iniciativa belga Sterren Schitteren voor Iedereen (SSVI), Universe Awareness (UNAWE) e IAU100.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is sobre o proxecto, visita o web <a href=\"http:\/\/www.ssvi.be\/\">http:\/\/www.ssvi.be\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Documental \u201cFull Spectrum\u201d (Todo o espectro) dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p>Esta curtametraxe de vinte minutos financiada pola NASA est\u00e1 baseada en entrevistas conducidas polo doutor Bryan Mendez, do Laboratorio de Ciencias do Espazo da Universidade de California, Berkeley, con colegas da ciencia espacial de colectivos infrarrepresentados nos Estados Unidos. A imaxe popular do cient\u00edfico como un home branco de idade que veste unha bata branca e terma de tubos con l\u00edquidos de cores segue sendo certa: arredor dun 80% do profesorado seguen sendo homes brancos. No filme podes descubrir algunhas figuras da ciencia espacial que est\u00e1n cambiando a imaxe social de quen fai a ciencia e co\u00f1ecer as s\u00faas perspectivas sobre os desaf\u00edos da diversidade nas ciencias f\u00edsicas.<\/p>\n<p>Podes ver o documental aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/multiverse.ssl.berkeley.edu\/FullSpectrum\">http:\/\/multiverse.ssl.berkeley.edu\/FullSpectrum<\/a><\/p>\n<p><em>D\u00e1moslle as grazas ao doutor Bryan J. Mendez, do Laboratorio de Ciencias do Espazo da Universidade de California, Berkeley, por compartir a noticia.<\/em><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p><strong>a)\u00a0<\/strong><strong>Encontro rexional IAU Asia-Pac\u00edfico (APRIM)<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 6 ao 10 de xullo de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Perth, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/aprim2020.org\/\">https:\/\/aprim2020.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>b) Campamento astron\u00f3mico internacional para a mocidade<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 de xullo ao 1 de agosto de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Ba\u00f1os de Montemayor, Espa\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.iayc.org\">www.iayc.org<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Conferencia CAP 2020<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 21 ao 25 de setembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Sydney, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2020!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2020january2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xaneiro 2020 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Convocatoria aberta para a oficina IAU de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n 2) A IAU OAD anuncia os resultados da convocatoria anual de solicitudes 2019 3) Aberta a convocatoria do programa de visitantes IAU 4) Olimp\u00edada de Astronom\u00eda e Astrof\u00edsica 2020 en Bangladesh 5) Un instituto de investigaci\u00f3n&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-2020-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11155","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11155","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11155"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11155\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11157,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11155\/revisions\/11157"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11155"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11155"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11155"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}