{"id":11136,"date":"2019-12-31T14:31:09","date_gmt":"2019-12-31T14:31:09","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11136"},"modified":"2020-03-02T16:06:29","modified_gmt":"2020-03-02T16:06:29","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2-especial-iau100-resumo-do-ano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2-especial-iau100-resumo-do-ano\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Decembro 2019 #2 | Especial IAU100: resumo do ano"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-full wp-image-74 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>\u00c9 o \u00faltimo n\u00famero do Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU de 2019! E da d\u00e9cada dos 10! E o noso equipo non acaba de crer a fant\u00e1stica viaxe que fixemos.<\/p>\n<p>A Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU (OAO, polas siglas en ingl\u00e9s) comezou a principios da d\u00e9cada tras o fant\u00e1stico Ano Internacional da Astronom\u00eda de 2009. Agora, dez anos despois, rematamos outro ano mundial de celebraci\u00f3n: o do centenario da IAU.<\/p>\n<p>Este ano estivo particularmente marcado por moitos logros, as\u00ed como polos cambios vividos na Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. A <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/\">Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (ATN)<\/a> ten agora m\u00e1is de 400 tradutores e tradutoras voluntarios, que representan 35 idiomas diferentes. Celebramos o <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/iaus358\">primeiro Simposio IAU sobre inclusi\u00f3n, equidade e diversidade<\/a> en todos os aspectos da astronom\u00eda. Creceu a nosa <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages?authuser=0\">rede de Coordinaci\u00f3n da Divulgaci\u00f3n Nacional (NOC)<\/a>, e agora ofrecemos apoios a proxectos de alcance que os nosos coordinadores e coordinadoras queren implementar cun especial atenci\u00f3n \u00e1 colaboraci\u00f3n internacional. Por \u00faltimo, publicamos dous n\u00fameros da <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/index.php\">revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP)<\/a>, para tratar os principais resultados astron\u00f3micos anunciados este ano.<\/p>\n<p>Internamente, eu asum\u00edn o rol de Coordinadora de Divulgaci\u00f3n Internacional, mentres que Izumi Hansen ocupou o meu anterior posto como Coordinadora Axudante de Divulgaci\u00f3n. Gustar\u00edanos darlles as grazas a Sze-Leung Cheung, anterior coordinador de divulgaci\u00f3n internacional, e a Yukiko Shibata, oficial de divulgaci\u00f3n internacional, polo seu arduo traballo e dedicaci\u00f3n \u00e1 oficina durante os \u00faltimos cinco anos. Este ano tam\u00e9n demos a benvida <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/members\/\">ao noso equipo<\/a> \u00e1 doutora Wanda D\u00edaz Merc\u00e9, a Mizuho Matsumoto, a Pisit Nitiyanant e d\u00faas persoas que traballaron como bolseiras facendo dese\u00f1o gr\u00e1fico, Karin Shimodate e Milano Aoki, a quen lles enviamos o noso m\u00e1is c\u00e1lido agradecemento e cari\u00f1o.<\/p>\n<p>Durante 2019 tam\u00e9n tivemos o privilexio de colaborar coa Secretar\u00eda IAU100, con sede en Leiden (Pa\u00edses Baixos), para as celebraci\u00f3ns dos 100 anos da IAU. Gustar\u00edanos agradecer o talento e o traballo do grupo formado por Jorge Rivero Gonz\u00e1lez, Bethany Downer, Eduardo Penteado, Hannah Harris, Aneta Margraf-Druc, Iris Nijman e moitos e moitas m\u00e1is, polo seu gran labor durante o ano 2019.<\/p>\n<p>Aos colegas da Secretar\u00eda IAU en Par\u00eds, Francia; \u00e1 Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da IAU en Cidade do Cabo, Sud\u00e1frica, e aqu\u00ed no Observatorio Astron\u00f3mico Nacional do Xap\u00f3n (NAOJ) en Mitaka, Xap\u00f3n, d\u00e1moslles sinceramente as grazas pola amizade e o apoio durante a pasada d\u00e9cada. E, por suposto, unha c\u00e1lida benvida aos nosos novos colegas de Heidelberg, Alema\u00f1a: desexamos colaborar con eles e coa Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, mais non \u00e9 menos importante, un profundo agradecemento aos coordinadores e coordinadoras de divulgaci\u00f3n nacional (NOCs), que xogaron un papel chave na promoci\u00f3n das celebraci\u00f3ns IAU100 en todo o mundo e dedicaron tempo e paix\u00f3n para facer de IAU100 un momento excepcional de celebraci\u00f3n. E non podemos esquecer aos moitos e moitas profesionais de astronom\u00eda que forman parte da IAU, as\u00ed como \u00e1s persoas organizadoras e voluntarias da comunidade global que est\u00e1n dispostas a compartir a s\u00faa experiencia para apoiar os esforzos de divulgaci\u00f3n no noso campo. Esperamos con ansia o traballo que todos e todas n\u00f3s faremos na pr\u00f3xima d\u00e9cada.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados para 2020 e todo o mellor!<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11137\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/IAU100.jpg\" alt=\"\" width=\"1000\" height=\"750\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/IAU100.jpg 1000w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/IAU100-300x225.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/IAU100-768x576.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/IAU100-550x413.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/IAU100-667x500.jpg 667w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/p>\n<p><strong>IAU100: Resumo do Ano<\/strong><\/p>\n<p>Agora que chegamos a finais do 2019, \u00e9 hora de revisarmos alg\u00fans dos aspectos m\u00e1is destacados das actividades <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/\">IAU100<\/a> realizadas en todo o mundo.<\/p>\n<p>Comezamos o ano coas <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/sucessful-100hours-of-astronomy\">100 Horas de Astronom\u00eda<\/a> do 10 ao 13 de xaneiro. Durante 100 horas seguidas, persoas de todo o mundo un\u00edronse \u00e1s celebraci\u00f3ns da IAU organizando actividades relacionadas coa astronom\u00eda. Desde festas das estrelas at\u00e9 conferencias, esta iniciativa serviu para reactivar a comunidade e permitir que a xente descubrise as actividades IAU100. A maior\u00eda das persoas que participaron nesta primeira acci\u00f3n, seguiron participando en moitas m\u00e1is durante o resto do ano.<\/p>\n<p>En febreiro, enfocamos os nosos esforzos nos eventos <a href=\"https:\/\/www.inclusiveastronomy.org\/women-girls-in-astronomy\">IAU100 Mulleres e Nenas en Astronom\u00eda<\/a>. Neste marco at\u00e9 o momento organiz\u00e1ronse m\u00e1is de 300 eventos en 70 pa\u00edses para discutir a equidade de x\u00e9nero, o papel da muller na ciencia, a importancia dos referentes e o fomento da participaci\u00f3n das nenas nas carreiras CTEM. Houbo moitos eventos inspiradores en todo o mundo, inclu\u00eddo o <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/astro-molo-mhalaba\">ga\u00f1ador do concurso IAU100 Mulleres e Nenas en Astronom\u00eda IAU100<\/a>, o proxecto Molo Mhlaba levado a cabo en Sud\u00e1frica.<\/p>\n<p>Durante este mes, a <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/inspiringstars\">exposici\u00f3n Estrelas que inspiran<\/a> tam\u00e9n pasou por tres lugares diferentes en Europa, inclu\u00edda a participaci\u00f3n activa na Conferencia Cero das Naci\u00f3ns Unidas en Viena. A exposici\u00f3n IAU100 Estrelas que inspiran estivo presente en 9 pa\u00edses: Austria, Chile, Etiop\u00eda, B\u00e9lxica, Italia, Francia, Reino Unido, Ir\u00e1n, Xap\u00f3n e Tailandia, nun total de 16 intervenci\u00f3ns que chegaron a miles de persoas.<\/p>\n<p>En marzo, moitas <a href=\"https:\/\/www.einsteinschools.org\/\">Escolas Einstein<\/a> comezaron as actividades previas \u00e1 celebraci\u00f3n do centenario da eclipse solar de 1919 que probou que Einstein ti\u00f1a raz\u00f3n. Ao redor de 200 escolas en 45 pa\u00edses formaron parte da rede de Escolas Einstein, que estiveron ocupadas todo o ano aprendendo sobre a gravidade e comunicando ciencia.<\/p>\n<p>En abril tivo lugar o <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1903\/\">acto central IAU 1919-2019: 100 anos Baixo un Mesmo Ceo<\/a> no Palacio das Academias en Bruxelas (B\u00e9lxica). No mesmo lugar onde naceu a IAU, persoas de 67 pa\u00edses diferentes reun\u00edronse para reflexionar sobre a astronom\u00eda no \u00faltimo s\u00e9culo, mais tam\u00e9n para discutir o futuro. A celebraci\u00f3n conclu\u00edu cun d\u00eda dedicado \u00e1 comunidade de astronom\u00eda amadora para explorar formas de mellor colaboraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Maio foi un mes moi intenso coa celebraci\u00f3n do <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\">D\u00eda Internacional da Luz<\/a> por parte dos nosos <a href=\"https:\/\/darkskies4all.org\/explore\/\">Embaixadores de Ceos Escuros IAU100<\/a>, que organizaron moitas actividades ao redor do 16 de maio. O proxecto <a href=\"https:\/\/darkskies4all.org\/\">Ceos Escuros para todas as persoas<\/a> creou unha rede de 120 embaixadores que organizaron 200 actividades durante o ano para crear conciencia sobre a contaminaci\u00f3n luminosa. Outro fito importante de maio foron as <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1907\/\">celebraci\u00f3ns en Pr\u00edncipe e Sobral do Centenario da eclipse solar de 1919<\/a>.<\/p>\n<p>O mes de xu\u00f1o foi moi emocionante co lanzamento do proxecto <a href=\"http:\/\/www.nameexoworlds.iau.org\/\">IAU100 NameExoWorlds<\/a> para dar a oportunidade aos pa\u00edses de todo o mundo de organizar campa\u00f1as nacionais para po\u00f1erlle nome a unha estrela e un exoplaneta. En xu\u00f1o, tam\u00e9n lanzamos a <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/above-and-beyond-poster-request\">versi\u00f3n p\u00f3ster da exposici\u00f3n IAU100 Arriba e m\u00e1is al\u00f3<\/a>. A <a href=\"http:\/\/100exhibit.iau.org\/\">exposici\u00f3n<\/a> mostra un fascinante s\u00e9culo de descubrimentos astron\u00f3micos en doce carteis A0. Grazas \u00e1 distribuci\u00f3n gratu\u00edta de 300 xogos de carteis, a exposici\u00f3n estivo presente en 75 pa\u00edses at\u00e9 o momento.<\/p>\n<p>A <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/july-total-solar-eclipse\">eclipse solar total do 2 de xullo<\/a>, observada principalmente na Arxentina e Chile, mobilizou a moitas persoas na organizaci\u00f3n de actividades. Neste marco, apoiamos o <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/lightsound-eclipse\">proxecto Eclipse LuzSon<\/a>, que distribu\u00edu 20 dispositivos en comunidades da Arxentina e Chile entre persoas con discapacidade visual para que experimentasen a trav\u00e9s do son a variaci\u00f3n da intensidade da luz durante unha eclipse solar en tempo real. Os d\u00edas 20 e 21 de xullo tivemos un dos mellores momentos do ano co <a href=\"http:\/\/moonlanding50.org\/\">50 aniversario da chegada \u00e1 L\u00faa<\/a>. Este proxecto IAU100 foi <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/moonlanding50-highlights\">a acci\u00f3n coordinada m\u00e1is grande do mundo<\/a> con m\u00e1is de 1 mill\u00f3n de persoas participando activamente en 1000 eventos en 128 pa\u00edses.<\/p>\n<p>En agosto, a <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/exhibition-update\">exposici\u00f3n itinerante IAU Arriba e mais al\u00f3 pasou por diferentes lugares de Irlanda<\/a> e permaneceu al\u00ed at\u00e9 outubro. Desde a s\u00faa apertura en agosto de 2018, a exposici\u00f3n itinerante visitou Austria, Eslovaquia, B\u00e9lxica, Irlanda e Italia. Estamos moi contentos de saber que se produciron versi\u00f3ns locais da exposici\u00f3n nos Pa\u00edses Baixos, Xap\u00f3n, Alxeria e Uruguay, por nomear algunhas.<\/p>\n<p>A convocatoria de formaci\u00f3n de docentes das <a href=\"https:\/\/open-astronomy-schools.org\/\">Escolas de Astronom\u00eda Aberta<\/a> lanzada no principio do ano foi un grande \u00e9xito e puidemos financiar 20 sesi\u00f3ns de formaci\u00f3n, a maior\u00eda delas no \u00faltimo trimestre do ano a partir de setembro. Acabamos de lanzar unha <a href=\"https:\/\/open-astronomy-schools.org\/2020-call-for-proposals\/\">segunda convocatoria<\/a> de solicitudes destas Escolas de Astronom\u00eda Aberta para 2020. A convocatoria para docentes incl\u00fae 250 kits de telescopio, amablemente ofrecidos polo Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ).<\/p>\n<p>A principios de outubro lanzamos a <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/under-one-sky-series\">serie de v\u00eddeos Baixo un mesmo ceo: a astronom\u00eda ao redor do mundo<\/a>, que ofrece unha visi\u00f3n da diversidade da comunidade astron\u00f3mica mundial. Cada v\u00eddeo pres\u00e9ntase a trav\u00e9s dos ollos dos coordinadores e coordinadoras de divulgaci\u00f3n nacional da IAU, e con cada cap\u00edtulo aprendemos sobre a historia da astronom\u00eda, os esforzos de investigaci\u00f3n actuais de cada pa\u00eds en ciencia espacial e como se celebra a astronom\u00eda nesa rexi\u00f3n. At\u00e9 o momento public\u00e1ronse 13 v\u00eddeos e seguir\u00e1n aparecendo m\u00e1is durante a primeira metade de 2020.<\/p>\n<p>En outubro tam\u00e9n compartimos alg\u00fans aspectos destacados dos <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/special-projects\">proxectos especiais IAU100<\/a>. A iniciativa <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/amanar-under-the-same-sky\">Amanar: baixo o mesmo ceo<\/a> visitou os campamentos de refuxiados saharau\u00eds para compartir astronom\u00eda coa comunidade local. Ademais, o <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/unipampa-planetarium\">planetario m\u00f3bil UNIPAMPA<\/a> inspirou a miles de persoas no sur de Brasil. O <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/aras-palestine\">Programa ArAs de formaci\u00f3n de docentes en astronom\u00eda<\/a> proporcionou novas t\u00e9cnicas no ensino da astronom\u00eda a m\u00e1is de 60 docentes de ciencia de secundaria e bacharelato en Palestina.<\/p>\n<p>A iniciativa global do <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/astro-day-schools\">D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas<\/a> celebrouse do 10 ao 17 de novembro. O proxecto animou a astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas a visitar escolas e realizar observaci\u00f3ns e actividades pr\u00e1cticas coa rapazada. Foi <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/astronomy-day-in-schools-update\">un grande \u00e9xito con m\u00e1is de 500 eventos e actividades<\/a> que tiveron lugar en 70 pa\u00edses de todo o mundo. Tam\u00e9n en novembro celebrouse en Xap\u00f3n o <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/iaus358\">Simposio IAU 358 Astronom\u00eda para a equidade, a diversidade e a inclusi\u00f3n: unha folla de ruta para a acci\u00f3n no marco do centenario da IAU<\/a>, que deu a benvida a 124 participantes de 31 pa\u00edses diferentes. O simposio tivo como obxectivo crear unha estratexia de acci\u00f3n centrada nas persoas para mellorar a diversidade en astronom\u00eda. A reuni\u00f3n axudou a sentar as bases para as Resoluci\u00f3ns de Mitaka para as pol\u00edticas de equidade, diversidade e inclusi\u00f3n en astronom\u00eda, que cristalizar\u00e1n nunha &#8220;Folla de ruta para a acci\u00f3n&#8221;, en li\u00f1a co novo Plan Estrat\u00e9xico 2020-2030 da IAU.<\/p>\n<p>Despois do enorme compromiso global acadado, os resultados das campa\u00f1as <a href=\"http:\/\/www.nameexoworlds.iau.org\/\">IAU100 NameExoWorlds<\/a> foron <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1912\/\">anunciados<\/a> en decembro. M\u00e1is de 780000 persoas participaron na selecci\u00f3n dos nomes de 112 parellas de exoplanetas e estrelas anfitrioas que se poden explorar <a href=\"http:\/\/www.nameexoworlds.iau.org\/final-results\">aqu\u00ed<\/a>. Esta \u00e9 s\u00f3 a segunda vez na historia que un certame permite o nomeamento de estrelas e exoplanetas, e ter\u00e1 impacto nos vindeiros anos, xa que os nomes ga\u00f1adores utilizaranse en paralelo \u00e1 nomenclatura cient\u00edfica existente e <a href=\"http:\/\/www.nameexoworlds.iau.org\/proposers\">darase cr\u00e9dito \u00e1 persoa, grupo ou instituci\u00f3n que os suxeriu<\/a>. Pechamos 2019 con moitas actividades relacionadas coa eclipse solar anular do 26 de decembro, inclu\u00eddo o <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/asean-astronomy-workshop\">proxecto especial IAU100 obradoiro ASEAN<\/a>.<\/p>\n<p>O ano 2019 chega ao seu fin, mais seguiremos celebrando IAU100 at\u00e9 febreiro de 2020 cunha acci\u00f3n global m\u00e1is: o <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/pale-blue-dot\">Proxecto IAU100 Punto Azul P\u00e1lido<\/a>. Despois dun ano de mirar o pasado da astronom\u00eda con IAU100, agora animamos a todas as persoas a mirar o planeta Terra. Coa concienciaci\u00f3n ambiental e a cidadan\u00eda global en mente, o proxecto celebrar\u00e1 o 30 aniversario da <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/pale-blue-dot-image\">imaxe ic\u00f3nica do \u201cPunto Azul P\u00e1lido\u201d<\/a> do 13 ao 20 de febreiro.<\/p>\n<p>A\u00ednda que \u00e9 importante considerar aspectos como a <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/events\">grande cantidade de actividades IAU100 realizadas<\/a> -ao redor de 5000 eventos en 140 pa\u00edses, coa participaci\u00f3n activa de mill\u00f3ns de persoas-, cremos que \u00e9 m\u00e1is interesante mirar m\u00e1is al\u00e1 dos n\u00fameros. Por unha banda, gustar\u00edanos destacar que IAU100 foi unha verdadeira iniciativa de base con miles de persoas en todo o mundo que fixeron actividades astron\u00f3micas baixo o lema do IAU100. Doutra banda, estes programas globais a grande escala serven para que moitas persoas experimenten cousas importantes por primeira vez, por exemplo, observar a trav\u00e9s dun telescopio, reflexionar sobre o seu lugar no universo, organizar unha actividade de divulgaci\u00f3n ou dar unha conferencia por primeira vez. As\u00ed, o legado m\u00e1is importante de IAU100 \u00e9 o de acender unha fa\u00edsca que quizais faga que a maior\u00eda das acci\u00f3ns se perpet\u00faen no tempo.<\/p>\n<p>D\u00e1moslles as grazas a todas as persoas de todo o mundo que fixeron posible IAU100, desde <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\">as persoas encargadas da coordinaci\u00f3n da divulgaci\u00f3n nacional<\/a>, ou da coordinaci\u00f3n do Proxecto IAU100, at\u00e9 as outras comunidades envolvidas, como os astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas amadores, membros da IAU, educadores e educadoras, docentes, mestres e os <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/partners\">parceiros IAU100<\/a>. Este ambicioso programa de actividades ao longo dun ano non ser\u00eda posible sen todos e todas v\u00f3s.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos un 2020 inspirador, que afonde na idea de que vivimos baixo un mesmo ceo. Fagamos da fase final do IAU100 un peche emocionante para un intenso ano de actividades de astronom\u00eda e participaci\u00f3n p\u00fablica.<\/p>\n<p>Jorge Rivero Gonz\u00e1lez, Coordinador IAU100, en nome da Secretar\u00eda IAU100<\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2020!<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nota dos editores Prezados amigos, amigas e colegas, \u00c9 o \u00faltimo n\u00famero do Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU de 2019! E da d\u00e9cada dos 10! E o noso equipo non acaba de crer a fant\u00e1stica viaxe que fixemos. A Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU (OAO, polas siglas en ingl\u00e9s) comezou a principios da d\u00e9cada tras o fant\u00e1stico Ano Internacional da Astronom\u00eda&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2-especial-iau100-resumo-do-ano\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10072,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11136","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11136","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11136"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11136\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11143,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11136\/revisions\/11143"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10072"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11136"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11136"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11136"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}