{"id":11133,"date":"2019-12-16T08:51:03","date_gmt":"2019-12-16T08:51:03","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11133"},"modified":"2020-03-02T09:59:53","modified_gmt":"2020-03-02T09:59:53","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2019-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2019-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Decembro 2019 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-74 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Decembro 2019 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) Actividades en todo o mundo para o 30 aniversario do \u201cPunto azul p\u00e1lido\u201d<br \/>\n2) Os resultados das campa\u00f1as IAU100 NameExoWorlds anunciaranse o 17 de decembro<br \/>\n3) Nova edici\u00f3n dispo\u00f1ible do Catalizador IAU<br \/>\n4) Solicitude de recursos para nenos e nenas despois do terremoto de parte do NOC para Albania<br \/>\n5) Kits de telescopios educativos<br \/>\n6) Celebra a arte e a astronom\u00eda todos os d\u00edas no mes de decembro<br \/>\n7) Concurso de Ensaio 2020 Cient\u00edficos e cient\u00edficas da NASA por un d\u00eda<br \/>\n8) Primeiro simposio da IAU sobre Inclusi\u00f3n e Diversidade realizado no NAOJ<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Finaliza en poucos d\u00edas o 2019 e queremos comezar 2020 da mellor maneira con alg\u00fans proxectos que concl\u00faen esta d\u00e9cada e levan as celebraci\u00f3ns \u00e1 pr\u00f3xima.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, destacamos unha serie de eventos relacionados coa conclusi\u00f3n do IAU100, inclu\u00eddo o anuncio de NameExoWorlds e o evento global final, e tam\u00e9n proxectos para que os estudantes se involucren m\u00e1is na astronom\u00eda.<\/p>\n<p>Ademais, nunha nota triste mais esperanzadora, temos unha solicitude de recursos da Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOC) de Albania para os nenos e nenas afectados polo terremoto do 26 de novembro. Esperamos que leades a s\u00faa mensaxe para obter m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados!<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Actividades en todo o mundo para o 30 aniversario do \u201cPunto azul p\u00e1lido\u201d<\/strong><\/p>\n<p>Para rematar o IAU100, o planeta Terra ser\u00e1 a \u00faltima parada das celebraci\u00f3ns. Desde o 13 ao 20 de febreiro de 2020, a IAU anima \u00e1s persoas a aprender como a astronom\u00eda nos mostra o noso lugar no universo e pode axudarnos a abordar os desaf\u00edos globais.<\/p>\n<p>Hai m\u00e1is informaci\u00f3n dispo\u00f1ible aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/pale-blue-dot-announcement\">https:\/\/www.iau-100.org\/pale-blue-dot-announcement<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Os resultados das campa\u00f1as IAU100 NameExoWorlds anunciaranse o 17 de decembro<\/strong><\/p>\n<p>Marcade a data no calendario! O 17 de decembro (horario CEST), a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional anunciar\u00e1 os nomes seleccionados dos sistemas de estrelas e exoplanetas das campa\u00f1as #IAU100 #NameExoWorlds! A conferencia de prensa transmitirase ao vivo na canle de Youtube da IAU desde o Observatorio de Par\u00eds de 11:00 a 12:00 CET (10:00-11:00 UTC).<\/p>\n<p>Canle de YouTube da IAU: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCc3I9q-N0NA05vIYeNMmtTw\">https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCc3I9q-N0NA05vIYeNMmtTw<\/a><\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19069\/\">https:\/\/iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19069\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Nova edici\u00f3n dispo\u00f1ible do Catalizador IAU<\/strong><\/p>\n<p>A edici\u00f3n de decembro de 2019 do Catalizador IAU xa est\u00e1 dispo\u00f1ible en li\u00f1a. Lanzado en xu\u00f1o deste ano, o Catalizador UAI resume o traballo relacionado con varias das estruturas e membros da IAU e outras organizaci\u00f3ns e instituci\u00f3ns cient\u00edficas internacionais. Cada n\u00famero incl\u00fae noticias internas da organizaci\u00f3n, informes sobre reuni\u00f3ns cient\u00edficas, noticias de proxectos astron\u00f3micos en curso e moito m\u00e1is.<\/p>\n<p>Podedes lelo aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19068\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19068\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Solicitude de recursos para nenos e nenas despois do terremoto de parte do NOC para Albania<\/strong><\/p>\n<p>O 26 de novembro de 2019, o noroeste de Albania foi golpeado por un forte terremoto que afectou a Tirana, a capital de Albania, e d\u00faas cidades pr\u00f3ximas. Moitas persoas, inclu\u00eddas nenos e nenas, resultaron feridas. Moitas escolas quedaron danadas, mais hai pouco abr\u00edronse de novo para proporcionar un ambiente positivo e entretido para os nenos.<\/p>\n<p>Mirjeta Domi, que se encarga da coordinaci\u00f3n da divulgaci\u00f3n nacional en Albania, est\u00e1 a solicitar recursos ou informaci\u00f3n sobre recursos relacionados co entretemento, a codificaci\u00f3n, a seguridade ou a astronom\u00eda da comunidade astron\u00f3mica mundial.<\/p>\n<p>&#8220;Os pais e nais expresaron o impacto positivo das actividades relacionadas coa astronom\u00eda nos seus fillos e fillas, polo que nos gustar\u00eda implementar programas sobre como as actividades de astronom\u00eda poden axudar \u00e1 rapazada a superar o trauma sufrido polo terremoto&#8221;, d\u00edxonos Mirjeta.<\/p>\n<p>Se ti ou a t\u00faa instituci\u00f3n queredes brindar alg\u00fan apoio con recursos, contactade con Mirjeta Domi (domi.mirjeta@gmail.com) ou con n\u00f3s na Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU en outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>5) Kits de telescopios educativos<\/strong><\/p>\n<p><em>a) Galileoscopio<\/em><\/p>\n<p>O kit de telescopio educativo Galileoscopio ten un novo fogar e agora acepta novas solicitudes. Galileoscopio foi creado baixo os auspicios da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional como un proxecto central do Ano Internacional da Astronom\u00eda 2009 e o Ano Internacional da Luz 2015. Nos \u00faltimos 10 anos distribu\u00edronse m\u00e1is dun cuarto de mill\u00f3n de kits de Galileoscopios a mestres, estudantes e outros entusiastas en m\u00e1is de 110 pa\u00edses!<\/p>\n<p>Formulario de interese no Galileoscopio: <a href=\"http:\/\/galileoscope.org\/galileoscope-expression-of-interest\/\">http:\/\/galileoscope.org\/galileoscope-expression-of-interest\/<\/a><\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre as actividades educativas do Galileoscopio: <a href=\"http:\/\/galileoscope.org\/observing-activity-guides\/\">http:\/\/galileoscope.org\/observing-activity-guides\/<\/a><\/p>\n<p><em>b) Kit de telescopio Kaifu-NAOJ<\/em><\/p>\n<p>Producido polo Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ), o kit de telescopio Kaifu-NAOJ ten como obxectivo proporcionar un telescopio de baixo custo que poida usarse na educaci\u00f3n. Este \u00e9 un telescopio especial dentro das celebraci\u00f3ns da IAU100, dedicado \u00e1 memoria do ex presidente da IAU, Norio Kaifu, quen so\u00f1ou co proxecto &#8220;unha familia, un telescopio&#8221;.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n (en xapon\u00e9s) aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.nao.ac.jp\/study\/naoj-tel-kit\/\">https:\/\/www.nao.ac.jp\/study\/naoj-tel-kit\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Celebra a arte e a astronom\u00eda todos os d\u00edas no mes de decembro<\/strong><\/p>\n<p>Dentro das celebraci\u00f3ns do centenario da IAU, o Instituto de Astrof\u00edsica e Ci\u00eancias do Espa\u00e7o (IA) lanzou o sitio web <a href=\"http:\/\/calendariau100.iastro.pt\/\">&#8220;Do the Stars Gaze Back? Arte inspirado no universo\u201d<\/a>, un calendario de decembro que vincula obras de arte con fitos en astronom\u00eda e a exploraci\u00f3n espacial.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/do-the-stars-gaze-back\">https:\/\/www.iau-100.org\/do-the-stars-gaze-back<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Concurso de Ensaio 2020 Cient\u00edficos e cient\u00edficas da NASA por un d\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>A NASA abriu o prazo do seu concurso de ensaios Cient\u00edficos e cient\u00edficas por un d\u00eda. Os e as estudantes poden enviar un ensaio explicando cal das seguintes l\u00faas \u00e9 a m\u00e1is interesante e por que: a l\u00faa de Urano, Miranda, a l\u00faa de Neptuno, Trit\u00f3n, ou a l\u00faa de Plut\u00f3n, Caronte.<\/p>\n<p>Os mestres e mestras poden usar este concurso como unha actividade para conseguir que o alumnado se interese polas viaxes espaciais e a ciencia planetaria. Acollen versi\u00f3ns do concurso os seguintes pa\u00edses: Aruba, Australia, B\u00e9lxica, Brasil, Bulgaria, Canad\u00e1, Grecia, Ir\u00e1n, Quenia, L\u00edbano, M\u00e9xico, Marrocos, Nepal, Nova Zelandia, Nicaragua, Nixeria, Roman\u00eda, Arabia Saudita, Escocia, Senegal, Corea do Sur, Sri Lanka, Turqu\u00eda e Venezuela. As datas de env\u00edo poden ser diferentes segundo o pa\u00eds.<\/p>\n<p>As li\u00f1as xerais e m\u00e1is informaci\u00f3n sobre concursos est\u00e1n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/solarsystem.nasa.gov\/scientist-for-a-day\/\">https:\/\/solarsystem.nasa.gov\/scientist-for-a-day\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Primeiro simposio da IAU sobre Inclusi\u00f3n e Diversidade realizado no NAOJ<\/strong><\/p>\n<p>Do 12 ao 15 de novembro de 2019 tivo lugar o Simposio IAU 358 sobre &#8220;Astronom\u00eda para a equidade, a diversidade e a inclusi\u00f3n: unha folla de ruta para a acci\u00f3n no marco do centenario da IAU&#8221; no Campus de Mitaka en Xap\u00f3n, que acolleu a 124 participantes de 31 pa\u00edses diferentes. Este evento IAU100 ti\u00f1a como obxectivo crear unha estratexia de acci\u00f3n centrada nas persoas para mellorar a diversidade en astronom\u00eda.<\/p>\n<p>Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/iaus358\">https:\/\/www.iau-100.org\/iaus358<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p><strong>a) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de \u201cAstronom\u00eda para a educaci\u00f3n\u201d<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 17 ao 19 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Par\u00eds, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/\">https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/<\/a><\/p>\n<p><strong>b) Encontro rexional IAU Asia-Pac\u00edfico (APRIM)<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 6 ao 10 de xullo de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Perth, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/aprim2020.org\/\">https:\/\/aprim2020.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Conferencia CAP 2020<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 21 ao 25 de setembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Sydney, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewhttps:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_november2-1196397?e=e52dae9669sletter_november2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Decembro 2019 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Actividades en todo o mundo para o 30 aniversario do \u201cPunto azul p\u00e1lido\u201d 2) Os resultados das campa\u00f1as IAU100 NameExoWorlds anunciaranse o 17 de decembro 3) Nova edici\u00f3n dispo\u00f1ible do Catalizador IAU 4) Solicitude de recursos para nenos e nenas despois do terremoto de parte do&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2019-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10072,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11133","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11133","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11133"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11133\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11135,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11133\/revisions\/11135"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10072"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11133"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11133"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11133"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}