{"id":11023,"date":"2019-12-09T15:53:52","date_gmt":"2019-12-09T15:53:52","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11023"},"modified":"2019-12-09T16:03:50","modified_gmt":"2019-12-09T16:03:50","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2019-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2019-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Novembro 2019 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-74 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Novembro 2019 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) A Casa da Astronom\u00eda de Heidelberg acoller\u00e1 a oficina IAU de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n<br \/>\n2) O obxecto (486958) 2014 MU69 recibe nome oficial: Arrokoth<br \/>\n3) Inscrici\u00f3ns abertas para a escola internacional para mozos e mozas astr\u00f3nomos<br \/>\n4) Baixo un mesmo ceo: serie de v\u00eddeos \u201cAstronom\u00eda arredor do mundo\u201d<br \/>\n5) Os e as estudantes aprenden astronom\u00eda a trav\u00e9s do proxecto global D\u00eda IAU100 da Astronom\u00eda nas Escolas<br \/>\n6) D\u00edas para o descubrimento da astronom\u00eda para celebrar o IAU100 en Togo<br \/>\n7) Arxentina celebra o centenario da IAU<br \/>\n8) Recursos de comunicaci\u00f3n e formaci\u00f3n no programa \u201cMonta\u00f1a de estrelas\u201d no nordeste dos Estados Unidos<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Segue sendo un tempo apaixoante para a IAU e a oficina de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica. Estamos preparando o pr\u00f3ximo CAPjournal, para o cal estamos colaborando estreitamente coa xente amiga da oficina IAU de astronom\u00eda para o desenvolvemento (OAD). Este novo n\u00famero ser\u00e1 lanzado a comezos do ano que v\u00e9n e por\u00e1 o foco na astronom\u00eda e o desenvolvemento, destacando como a divulgaci\u00f3n pode potenciar o desenvolvemento e como a comunidade divulgadora emprega a astronom\u00eda e a divulgaci\u00f3n para implementar os Obxectivos de Desenvolvemento Sost\u00edbel.<\/p>\n<p>Ademais, a familia IAU medra! Mandamos unha c\u00e1lida benvida \u00e1 oficina IAU de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n (OAE), que ter\u00e1 como sede a Casa da Astronom\u00eda de Heidelberg, Alema\u00f1a. O novo director da oficina, Markus P\u00f6ssel, foi o noso coordinador de divulgaci\u00f3n nacional na Alema\u00f1a durante moitos anos e fainos moi felices continuar traballando con el e co novo equipo.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, neste n\u00famero, ademais do anuncio desta nova oficina, salientamos o \u00e9xito do D\u00eda IAU100 da Astronom\u00eda na Escola e a serie de v\u00eddeos \u201cAstronom\u00eda arredor do mundo\u201d.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados!<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) A Casa da Astronom\u00eda de Heidelberg acoller\u00e1 a oficina IAU de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A IAU escolleu a Casa da Astronom\u00eda (Haus der Astronomie), un centro de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica situado en Heidelberg, Alema\u00f1a, como sede da s\u00faa nova oficina de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n (OAE). Anunciada xa o ano pasado a OAE ter\u00e1 como obxectivo a promoci\u00f3n da astronom\u00eda na educaci\u00f3n e acadar os obxectivos educativos fixados no Plan Estrat\u00e9xico 2020-2030 da IAU. O apoio das fundaci\u00f3ns alem\u00e1s Klaus Tschira Stiftung e Carl-Zeiss-Stiftung fixo pos\u00edbel que a Casa da Astronom\u00eda acolla a OAE.<\/p>\n<p>Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n no comunicado oficial da IAU: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1911\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1911\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) O obxecto (486958) 2014 MU69 recibe nome oficial: Arrokoth<\/strong><\/p>\n<p>O obxecto m\u00e1is distante visitado por unha sonda espacial recibiu xa nome: Arrokoth. O obxecto (486958) 2014 MU69 f\u00edxose co\u00f1ecido polo seu alcume, \u00daltima Thule, logo de que a sonda New Horizons voase sobre el o d\u00eda de aninovo de 2019. Arrokoth, que significa \u201cceo\u201d na lingua Powhatan\/Algonquina, \u00e9 agora o nome oficial e permanente, ao ser aprobado polo grupo de traballo IAU para a nomenclatura dos corpos menores (WGSBN).<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n no comunicado oficial da IAU: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19067\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19067\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Inscrici\u00f3ns abertas para a escola internacional para mozos e mozas astr\u00f3nomos<\/strong><\/p>\n<p>A 43\u00aa escola internacional para mozos e mozas astr\u00f3nomos, ISYA2020Mex, ter\u00e1 lugar en San Crist\u00f3bal de las Casas, M\u00e9xico, do 8 ao 26 de xu\u00f1o de 2020, na Universidade Aut\u00f3noma de Chiapas (UNACH). As solicitudes para asistir poden enviarse at\u00e9 o 1 de febreiro de 2020.<\/p>\n<p>A escola internacional para mozos e mozas astr\u00f3nomos (ISYA) \u00e9 un proxecto hist\u00f3rico da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional e est\u00e1 co-patrocinado pola Academia Norueguesa das Ciencias e as Letras (NASL) a trav\u00e9s da Oficina para Mozos e Mozas Astron\u00f3mos (OYA). A 43\u00aa escola estar\u00e1 organizada conxuntamente pola UNACH e o Centro Mesoamericano para a F\u00edsica Te\u00f3rica (MCTP).<\/p>\n<p>Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n no anuncio oficial: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19066\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19066\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Baixo un mesmo ceo: serie de v\u00eddeos \u201cAstronom\u00eda arredor do mundo\u201d<\/strong><\/p>\n<p>No marco das celebraci\u00f3ns do centenario da IAU (IAU100), a serie \u201cBaixo un mesmo ceo: Astronom\u00eda arredor do mundo\u201d achega unha visi\u00f3n da diversidade da comunidade astron\u00f3mica mundial. A trav\u00e9s dos ollos dos coordinadores e coordinadoras de divulgaci\u00f3n nacional, aprendemos de primeira man sobre a historia da astronom\u00eda, os esforzos actuais na investigaci\u00f3n das ciencias do espazo e como se celebra a astronom\u00eda en diferentes pa\u00edses. Estes v\u00eddeos tam\u00e9n presentan as actividades desenvolvidas durante as celebraci\u00f3ns IAU100 ao longo de 2019.<\/p>\n<p>Podes ver os v\u00eddeos no canal oficial de Youtube da IAU: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCc3I9q-N0NA05vIYeNMmtTw\">https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCc3I9q-N0NA05vIYeNMmtTw<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Os e as estudantes aprenden astronom\u00eda a trav\u00e9s do proxecto global D\u00eda IAU100 da Astronom\u00eda nas Escolas<\/strong><\/p>\n<p>A iniciativa global D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas celebrouse do 10 ao 17 de novembro. M\u00e1is de 300 eventos e actividades tiveron lugar en 70 pa\u00edses en todo o mundo, inclu\u00eddas algunhas centradas no tr\u00e1nsito de Mercurio do 10 de novembro de 2019.<\/p>\n<p>Podes encontrar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/astronomy-day-in-schools-update\">https:\/\/www.iau-100.org\/astronomy-day-in-schools-update<\/a><\/p>\n<p><strong>6) &#8220;D\u00edas para o descubrimento da astronom\u00eda&#8221; para celebrar o IAU100 en Togo<\/strong><\/p>\n<p>O p\u00fablico est\u00e1 convidado a celebrar o centenario da IAU o 19 e 20 de decembro nos \u201cD\u00edas para o descubrimento da astronom\u00eda en Togo\u201d, co lema \u201cAstronom\u00eda, educaci\u00f3n e desenvolvemento sost\u00edbel\u201d. O evento celebrar\u00e1 a historia da IAU e amosar\u00e1 exposici\u00f3ns actuais relacionadas co IAU100. O comit\u00e9 nacional IAU de Togo en colaboraci\u00f3n coa Universidade Lom\u00e9 acoller\u00e1 o evento.<\/p>\n<p>Queremos mandar o noso m\u00e1is c\u00e1lido agradecemento ao comit\u00e9 nacional IAU de Togo por compartir estas noticias.<\/p>\n<p><strong>7) Arxentina celebra o centenario da IAU<\/strong><\/p>\n<p>O centenario da IAU celebrouse en Tucum\u00e1n, provincia ao noroeste da Arxentina, grazas ao Centro de Tecnolox\u00eda Disruptiva da Universidade de San Pablo de Tucum\u00e1n (USPT). Arredor de cen persoas visitaron a exposici\u00f3n \u201cUn cielo para tocar\u201d, para mostrar a astronom\u00eda a persoas que son cegas ou padecen deficiencias visuais. A exposici\u00f3n amosaba obxectos creados polo centro coa asesor\u00eda de Alberto Yraidini, que \u00e9 cego; Mariana Agustina Romano, que ten deficiencias visuais; e Mabel Luna, instrutora de braille. Yraidini cantou a s\u00faa composici\u00f3n \u201cUn cielo para tocar\u201d.<\/p>\n<p>Queremos mandarlle un c\u00e1lido agradecemento ao Centro de Tecnolox\u00eda Disruptiva e a Olga Pintado por compartir estas novas. E \u00e1 nosa NOC na Arxentina Beatriz Garc\u00eda por po\u00f1ernos en contacto.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos de comunicaci\u00f3n e formaci\u00f3n no programa \u201cMonta\u00f1a de estrelas\u201d no nordeste dos Estados Unidos<\/strong><\/p>\n<p>O programa de divulgaci\u00f3n \u201cMonta\u00f1a de estrelas\u201d celebra programas formativos en comunicaci\u00f3n da ciencia para estudantes de ciencias no nordeste dos Estados Unidos. O programa compila ademais recursos de comunicaci\u00f3n da ciencia para o p\u00fablico xeral e ofrece unha secci\u00f3n de recursos protexida con contrasinal para as persoas que fan comunicaci\u00f3n da ciencia. Podes contactar con eles para solicitar o contrasinal a trav\u00e9s do seu sitio web.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n dispo\u00f1\u00edbel nas seguintes ligaz\u00f3ns:<\/p>\n<p>Sitio web: <a href=\"http:\/\/www.mountainsofstars.org\">www.mountainsofstars.org<\/a><br \/>\nFacebook: <a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/mountainsofstars\">www.facebook.com\/mountainsofstars<\/a><br \/>\nFundraiser: <a href=\"https:\/\/www.gofundme.com\/f\/douglas039s-campaign-for-appalachian-mountain-club\">https:\/\/www.gofundme.com\/f\/douglas039s-campaign-for-appalachian-mountain-club<\/a><\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p>a)\u00a0Arte, Visualisaci\u00f3n e Cosmos na Educaci\u00f3n<br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a05 e 6 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.deakin.edu.au\/about-deakin\/events\/art-visualisation-and-the-cosmos-in-education\">https:\/\/www.deakin.edu.au\/about-deakin\/events\/art-visualisation-and-the-cosmos-in-education<\/a><\/p>\n<p>b) Conferencia Educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n con telescopios rob\u00f3ticos<br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 8 ao 11 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/rtsre.net\/\">https:\/\/rtsre.net\/<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de \u201cAstronom\u00eda para a educaci\u00f3n\u201d<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 17 ao 19 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Par\u00eds, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/\">https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) Encontro rexional IAU Asia-Pac\u00edfico (APRIM)<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 6 ao 10 de xullo de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Perth, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/aprim2020.org\/\">https:\/\/aprim2020.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>e) Conferencia CAP 2020<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 21 ao 25 de setembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Sydney, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_november2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Novembro 2019 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) A Casa da Astronom\u00eda de Heidelberg acoller\u00e1 a oficina IAU de astronom\u00eda para a educaci\u00f3n 2) O obxecto (486958) 2014 MU69 recibe nome oficial: Arrokoth 3) Inscrici\u00f3ns abertas para a escola internacional para mozos e mozas astr\u00f3nomos 4) Baixo un mesmo ceo: serie de v\u00eddeos \u201cAstronom\u00eda&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2019-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11023","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11023","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11023"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11023\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11026,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11023\/revisions\/11026"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11023"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11023"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11023"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}