{"id":11020,"date":"2019-11-20T11:27:18","date_gmt":"2019-11-20T11:27:18","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=11020"},"modified":"2019-12-09T16:05:05","modified_gmt":"2019-12-09T16:05:05","slug":"galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2019-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2019-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Novembro 2019 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-74 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Novembro 2019 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) N\u00famero 26 da revista CAP xa dispo\u00f1\u00edbel<br \/>\n2) A presidenta da IAU \u00e9 a comisaria dunha exposici\u00f3n sobre arte e ciencia en Leiden, Pa\u00edses Baixos<br \/>\n3) Conectando comunidades de ceos escuros en Nova Zelandia e o mundo<br \/>\n4) Anunciadas as campa\u00f1as 2020 de Globe at Night<br \/>\n5) Oportunidades de observaci\u00f3n en Boston, EEUU<br \/>\n6) Acordo entre o goberno e o NOC de Palestina para aumentar a educaci\u00f3n astron\u00f3mica no pa\u00eds<br \/>\n7) APRIM 2020 marcado do 6 ao 10 de xullo de 2020<br \/>\n8) O proxecto global IAU100 NameExoWorlds suma m\u00e1is de cen concursos nacionais<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Tivemos d\u00edas moi, moi ocupados aqu\u00ed na oficina IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda debido \u00e1 celebraci\u00f3n do simposio <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">IAUS358: Astronom\u00eda para a equidade, a diversidade e a inclusi\u00f3n<\/a>, do 12 ao 15 de novembro en Mitaka, Xap\u00f3n. 124 persoas de 31 pa\u00edses un\u00edronse ao primeiro simposio IAU exclusivamente dedicado \u00e1s cuesti\u00f3ns da diversidade e a inclusi\u00f3n dentro da comunidade astron\u00f3mica.<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn, destacamos moitos proxectos que est\u00e1n facendo medrar o interese pola astronom\u00eda no p\u00fablico: un acordo co coordinador de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en Palestina para aumentar a educaci\u00f3n astron\u00f3mica nas escolas, o \u00faltimo lanzamento do CAPjournal e unha exposici\u00f3n de ciencia e arte comisariada pola presidenta da IAU, entre outros moitos eventos fascinantes. Consulta o resto do bolet\u00edn e aprende m\u00e1is sobre un grande n\u00famero de proxectos de ciencia cidad\u00e1 nos que podes participar.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados!<\/p>\n<p>Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) N\u00famero 26 da revista CAP xa dispo\u00f1\u00edbel<\/strong><\/p>\n<p>Xa sa\u00edu o n\u00famero 26 da revista Comunicar astronom\u00eda co p\u00fablico (CAP). Este n\u00famero trata da crecente accesibilidade no campo da astronom\u00eda, o uso das redes sociais para incrementar o interese pola eclipse en Malasia e a campa\u00f1a de divulgaci\u00f3n da primeira imaxe dun buraco negro.<\/p>\n<p>Podes ler o \u00faltimo n\u00famero en li\u00f1a aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19064\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19064\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) A presidenta da IAU \u00e9 a comisaria dunha exposici\u00f3n sobre arte e ciencia en Leiden, Pa\u00edses Baixos<\/strong><\/p>\n<p>A exposici\u00f3n \u201cO cosmos: arte e co\u00f1ecemento\u201d combina ciencia e arte, baixo o comisariado da presidenta da IAU e profesora da universidade de Leiden Ewine van Dishoeck. A exposici\u00f3n est\u00e1 aberta no Rijksmuseum Boerhaave en Leiden, Pa\u00edses Baixos, do 10 de outubro de 2019 ao 15 de marzo de 2020.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/art-and-science-exhibition\">https:\/\/www.iau-100.org\/art-and-science-exhibition<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Conectando comunidades de ceos escuros en Nova Zelandia e o mundo<\/strong><\/p>\n<p>A conferencia Starlight de Nova Zelandia tivo lugar en Tekapo a finais de outubro de 2019. Apoiada pola asociaci\u00f3n internacional Dark-Sky (IDA), este encontro independente convidou xente preocupada pola preservaci\u00f3n dos ceos estrelados e tratou os moitos e variados impactos da contaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n<p>Podes saber m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19065\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19065\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Anunciadas as campa\u00f1as 2020 de Globe at Night<\/strong><\/p>\n<p>As datas de observaci\u00f3n de Globe at Night para 2020, un proxecto de ciencia cidad\u00e1 sobre contaminaci\u00f3n luminosa, xa foron anunciadas.<\/p>\n<p>A campa\u00f1a de novembro de 2019 vai do 18 ao 27 coa constelaci\u00f3n de Perseo, o heroe que acabou coa Gorgona, como zona de an\u00e1lise. No que vai de ano, a colaboraci\u00f3n cient\u00edfica da cidadan\u00eda de todo o mundo achegou 9307 puntos de medici\u00f3n. Axuda a que o proxecto acade o obxectivo de 15000 observaci\u00f3ns en 2019!<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre as datas aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php#dates2020\">https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php#dates2020<\/a><\/p>\n<p>Informaci\u00f3n xeral, neste enderezo: <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/\">https:\/\/www.globeatnight.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Oportunidades de observaci\u00f3n en Boston, EEUU<\/strong><\/p>\n<p>O Proxecto de Observaci\u00f3n de Harvard (HOP) proporciona sesi\u00f3ns gratu\u00edtas de observaci\u00f3n co Telescopio Clay de 0,4 m. O obxectivo do programa \u00e9 non s\u00f3 darlle ao estudantado a oportunidade de aprender a usar o telescopio (e que os graduados e as graduadas poidan traballar con estudantes), sen\u00f3n tam\u00e9n recoller datos \u00fatiles para a comunidade cient\u00edfica.<\/p>\n<p>Cada semestre HOP escolle un novo foco de estudo e admite observadores e observadoras a trav\u00e9s dunha inscrici\u00f3n en li\u00f1a. Este semestre o foco est\u00e1 nos exoplanetas, seguindo as observaci\u00f3ns de TESS. Outros temas do pasado foron as supernovas, os asteroides e a estrela de Tabby.<\/p>\n<p>Este programa acontece in situ na universidade de Harvard en Boston, Massachusetts (EEUU) e non incl\u00fae axuda monetaria para os observadores e as observadoras.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n e rexistro en li\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/astrolab.fas.harvard.edu\/hop.html\">http:\/\/astrolab.fas.harvard.edu\/hop.html<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Acordo entre o goberno e o NOC de Palestina para aumentar a educaci\u00f3n astron\u00f3mica no pa\u00eds.<\/strong><\/p>\n<p>O Ministro de Educaci\u00f3n de Palestina asinou un acordo co coordinador de divulgaci\u00f3n nacional de Palestina, Dawoud Tarawa, e a Sociedade Astron\u00f3mica de Palestina (AAA) para aumentar a presenza da astronom\u00eda nas escolas do pa\u00eds. Este acordo de tres anos incl\u00fae formaci\u00f3n do profesorado, creaci\u00f3n de clubs astron\u00f3micos e o desenvolvemento do curr\u00edculo, entre outras actividades supervisadas por especialistas en astronom\u00eda. Parab\u00e9ns a Dawoud polo seu excelente traballo!<\/p>\n<p>Podedes encontrar m\u00e1is informaci\u00f3n en \u00e1rabe aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.maannews.net\/Content.aspx?id=999503\">http:\/\/www.maannews.net\/Content.aspx?id=999503<\/a><\/p>\n<p><strong>7) APRIM 2020 marcado do 6 ao 10 de xullo de 2020<\/strong><\/p>\n<p>O 14\u00ba encontro rexional IAU Asia-Pac\u00edfico (APRIM) celebrarase do 6 ao 10 de xullo de 2020 en Perth, Australia. Delegaci\u00f3ns de toda a rexi\u00f3n Asia-Pac\u00edfico xuntaranse para presentar as \u00faltimas investigaci\u00f3ns astron\u00f3micas e espaciais en grande variedade de campos a unha audiencia ampla da rexi\u00f3n, na procura do establecemento de novas conexi\u00f3ns e colaboraci\u00f3ns.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o encontro, no sitio web <a href=\"https:\/\/aprim2020.org\/\">https:\/\/aprim2020.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) O proxecto global IAU100 NameExoWorlds desenvolve m\u00e1is de 100 competici\u00f3ns nacionais<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto global NameExoWorlds espertou interese internacional e recibiu moita participaci\u00f3n e cobertura nos medios. Miles de nomes foron propostos \u00e1s respectivas campa\u00f1as nacionais para nomear un exoplaneta e a s\u00faa estrela anfitrioa.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/name-exoworlds-update\">https:\/\/www.iau-100.org\/name-exoworlds-update<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p>a)\u00a0Arte, Visualisaci\u00f3n e Cosmos na Educaci\u00f3n<br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a05 e 6 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.deakin.edu.au\/about-deakin\/events\/art-visualisation-and-the-cosmos-in-education\">https:\/\/www.deakin.edu.au\/about-deakin\/events\/art-visualisation-and-the-cosmos-in-education<\/a><\/p>\n<p>b) Conferencia Educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n con telescopios rob\u00f3ticos<br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 8 ao 11 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/rtsre.net\/\">https:\/\/rtsre.net\/<\/a><\/p>\n<p><strong>c) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de \u201cAstronom\u00eda para a educaci\u00f3n\u201d<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 17 ao 19 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Par\u00eds, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/\">https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) Encontro rexional IAU Asia-Pac\u00edfico (APRIM)<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 6 ao 10 de xullo de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Perth, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/aprim2020.org\/\">https:\/\/aprim2020.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>e) Conferencia CAP 2020<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 21 ao 25 de setembro de 2020<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Sydney, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2020\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_october2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Novembro 2019 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) N\u00famero 26 da revista CAP xa dispo\u00f1\u00edbel 2) A presidenta da IAU \u00e9 a comisaria dunha exposici\u00f3n sobre arte e ciencia en Leiden, Pa\u00edses Baixos 3) Conectando comunidades de ceos escuros en Nova Zelandia e o mundo 4) Anunciadas as campa\u00f1as 2020 de Globe at Night&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2019-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-11020","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11020","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11020"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11020\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11027,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11020\/revisions\/11027"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11020"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11020"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11020"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}