{"id":10984,"date":"2019-09-26T11:10:03","date_gmt":"2019-09-26T11:10:03","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=10984"},"modified":"2019-12-09T16:07:03","modified_gmt":"2019-12-09T16:07:03","slug":"boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-setembro-2019-2-especial-atn","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-setembro-2019-2-especial-atn\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Setembro 2019 #2 | Especial ATN"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-74 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Setembro 2019 #2 | Especial Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (ATN) da IAU<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Rede de traduci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU (ATN): proxecto e obxectivos<br \/>\n2) Fluxo de traballo da ATN: asegurar traduci\u00f3ns fi\u00e1beis<br \/>\n3) Voluntariado e linguas da ATN<br \/>\n4) Grupos de idioma ATN<br \/>\n5) Recursos traducidos dispo\u00f1\u00edbeis<br \/>\n6) Parceiros e colaboraci\u00f3ns do proxecto<br \/>\n7) Celebrando a diversidade durante o ano internacional das linguas ind\u00edxenas<br \/>\n8) \u00danete \u00e1 nosa rede<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p align=\"left\">Esta edici\u00f3n do bolet\u00edn \u00e9 moi especial. O 30 de setembro, as Naci\u00f3ns Unidas celebran o D\u00eda Internacional da Traduci\u00f3n, unha oportunidade para homenaxear o traballo dos e das profesionais da linguaxe que xogan un rol importante na uni\u00f3n das naci\u00f3ns, facilitando o di\u00e1logo, a comprensi\u00f3n e a cooperaci\u00f3n (<a href=\"https:\/\/www.un.org\/en\/events\/translationday\/\">segundo expresa a ONU<\/a>). Coa rede de traduci\u00f3n astron\u00f3mica (ATN) da IAU queremos destacar a importancia do rol dos nosos tradutores e tradutoras e as moitas achegas dos \u00faltimos tres anos desta vibrante comunidade de voluntarios na traduci\u00f3n, revisi\u00f3n cient\u00edfica e coordinaci\u00f3n de linguas. A nosa oficina, en li\u00f1a coa misi\u00f3n de cooperaci\u00f3n internacional da IAU, axuda a romper barreiras e facer pos\u00edbel o acceso \u00e1 informaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p align=\"left\">Este programa comezouno hai case tres anos a Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica co apoio da <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/\">Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<\/a>, <a href=\"https:\/\/astronomerswithoutborders.org\/\">Astronom\u00eda sen fronteiras<\/a> e o <a href=\"https:\/\/www.skatelescope.org\/\">Square Kilometre Array<\/a> e queremos darlles as grazas pola s\u00faa valiosa colaboraci\u00f3n no proxecto ATN.<\/p>\n<p align=\"left\">Neste n\u00famero, queremos reco\u00f1ecer o labor das persoas que asumen a traduci\u00f3n e a coordinaci\u00f3n de lingua do grupo. Sen o seu esforzo incans\u00e1bel e o seu tempo non poder\u00edamos po\u00f1er eses recursos astron\u00f3micos ao alcance de tanta xente. Queremos tam\u00e9n destacar os recursos traducidos e pedirvos que difundades as vosas mensaxes sobre como empregades os materiais traducidos.<\/p>\n<p align=\"left\">Por \u00faltimo, mais non \u00e9 menos importante, unhas palabras de agradecemento \u00e1s persoas que traducen este bolet\u00edn que, alg\u00fans deles desde hai case cinco anos, levan traduc\u00edndoo de maneira continuada. Queremos enviarvos o noso m\u00e1is c\u00e1lido agradecemento polo incr\u00edbel apoio pasado e presente: Liliana Gracanin (serbio), Akihiko Tomita (xapon\u00e9s), Catarina Leote, Joao Ferreirae Jonas Souza (portugu\u00e9s), Emilo Zu\u00f1iga (espa\u00f1ol), Martin Pawley (galego), Eleonora Piromalli (italiano) e Artem Mokhnaktin (ruso).<\/p>\n<p align=\"left\">Desex\u00e1mosvos ceos despexados!<\/p>\n<p align=\"left\">Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>1) Rede de traduci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU (ATN): proxecto e obxectivos<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">A rede de traduci\u00f3n astron\u00f3mica (ATN) \u00e9 un grupo baseado no traballo voluntario que procura incrementar a accesibilidade mundial de materiais de divulgaci\u00f3n astron\u00f3micos. En 2016 a nosa investigaci\u00f3n indicou que hab\u00eda materiais de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica creados unha e outra vez en distintas linguas, a mi\u00fado con diferentes niveis de calidade. Para asegurar que os mellores materiais astron\u00f3micos estivesen dispo\u00f1\u00edbeis para todas as persoas, a IAU e os seus parceiros crearon a rede de traduci\u00f3n con tres obxectivos:<\/p>\n<p align=\"left\">-Proporcionar acceso aos mellores recursos astron\u00f3micos abertos sen a barreira do idioma.<\/p>\n<p align=\"left\">-Crear unha rede de tradutores e tradutoras activas para apoiar as necesidades de traduci\u00f3n.<\/p>\n<p align=\"left\">-Proporcionar traduci\u00f3ns de alta calidade a trav\u00e9s de procesos de avaliaci\u00f3n e revisi\u00f3n.<\/p>\n<p align=\"left\">Por medio dun rigoroso proceso de traduci\u00f3n, lectura cr\u00edtica e comprobaci\u00f3n cient\u00edfica, os nosos 400 voluntarios e voluntarias fixeron m\u00e1is de cen traduci\u00f3ns desde a inauguraci\u00f3n da rede a mediados de 2017. Agora que nos achegamos \u00e1 d\u00e9cada dos vinte, a ATN seguir\u00e1 crecendo, proporcionando apoio e oportunidades aos voluntarios e voluntarias e \u00e1s persoas dedicadas \u00e1 docencia e a divulgaci\u00f3n en todo o mundo.<\/p>\n<p align=\"left\">Visita o sitio web oficial neste enderezo: <a href=\"http:\/\/translation.iau.org\/en\/\">http:\/\/translation.iau.org\/en\/<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>2) Fluxo de traballo da ATN: asegurar traduci\u00f3ns fi\u00e1beis<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Para asegurar que as traduci\u00f3ns son fi\u00e1beis tanto en calidade da lingua como en contido, estableceuse un proceso de traduci\u00f3n coidado na creaci\u00f3n da rede. Unha vez que se identifican os recursos, seleccionados nunha investigaci\u00f3n previa ou solicitados pola comunidade, ofr\u00e9censelles aos equipos de traduci\u00f3n para que fagan as versi\u00f3ns en cada idioma. Cando a traduci\u00f3n est\u00e1 feita, outro voluntario ou voluntaria revisa a traduci\u00f3n. Por \u00faltimo, un profesional da astronom\u00eda comproba o contido na lingua de destino para asegurarse de que se preserva a integridade cient\u00edfica.<\/p>\n<p align=\"left\">Podes co\u00f1ecer m\u00e1is sobre o noso fluxo de traballo <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/faq\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>3) Voluntariado e linguas da ATN<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Desde 2017 demos a benvida a case 400 voluntarios e voluntarias interesados en traducir a 55 linguas diferentes. Estas linguas abranguen todo o planeta desde Indonesia a Grecia, de Quenia a Colombia, Bulgaria ou a India, e linguas como o waray e hiligaynon das Filipinas, o zul\u00fa de \u00c1frica do Sur e o xeorxiano de Xeorxia. Sen o noso voluntariado que ofrece o seu co\u00f1ecemento ling\u00fc\u00edstico non ser\u00edamos capaces de achegar estes recursos \u00e1 xente en todo o mundo, as\u00ed que non podemos agradecerlles o suficiente a enerx\u00eda que dedican \u00e1s traduci\u00f3ns.<\/p>\n<p align=\"left\">Podes saber m\u00e1is sobre o voluntariado ATN <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/volunteers\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>4) Grupos de idioma ATN<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Para os idiomas con m\u00e1is persoas dedicadas \u00e1 traduci\u00f3n, polo menos dez, creamos os grupos de idioma para traducir de maneira m\u00e1is eficiente os recursos. Estes equipos est\u00e1n liderados polos coordinadores\/as de grupo de idioma, que facilitan o proceso de traduci\u00f3n aos membros do equipo. Grazas a estes coordinadores\/as e o entusiasmo que xeran nos grupos, podemos facer traduci\u00f3ns para algunhas das linguas m\u00e1is faladas. Queremos darlles as grazas polo seu incr\u00edbel traballo \u00e1s persoas que coordinan os grupos:<\/p>\n<p align=\"left\">Portugu\u00e9s (Brasile\u00f1o e europeo) \u2013 Tereza N. P. e Catarina L.<\/p>\n<p align=\"left\">Espa\u00f1ol \u2013 Teresa G. e Mariana L.<\/p>\n<p align=\"left\">Malaio \u2013 Imanda B.Indonesio \u2013 Ratna S., Yatny Y. e Aviyah Y.<\/p>\n<p align=\"left\">Franc\u00e9s \u2013 B\u00e9r\u00e9nice H.<\/p>\n<p align=\"left\">Chin\u00e9s simplificado \u2013 Liu B.<\/p>\n<p align=\"left\">Chin\u00e9s tradicional \u2013 Lauren H.<\/p>\n<p align=\"left\">Filipino \u2013 Lanz L. e Pecier D.<\/p>\n<p align=\"left\">Polaco \u2013 Krzystof C.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>5) Recursos traducidos dispo\u00f1\u00edbeis<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Os recursos traducidos pola rede de traduci\u00f3n astron\u00f3mica incl\u00faen material educativo, principalmente do banco <a href=\"https:\/\/astroedu.iau.org\/en\/\">astroEDU<\/a> de actividades astron\u00f3micas educativas revisadas por pares; paneis expositivos; gu\u00edas; materiais de promoci\u00f3n para eventos de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica; e mesmo este bolet\u00edn! Queremos traducir material producido baixo licencias creative commons para que moita xente poida ter acceso aos recursos sen restrici\u00f3ns.<\/p>\n<p align=\"left\">Podes atopar unha listaxe dos recursos dispo\u00f1\u00edbeis <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/resources\/\">no sitio web da ATN<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\">Queremos que os nosos recursos sexan tan diversos e \u00fatiles para a comunidade como sexa pos\u00edbel, as\u00ed que se precisas unha traduci\u00f3n dun recurso astron\u00f3mico, podes <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/resources\/request-a-translation\/\">solicitalo aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>6) Parceiros e colaboraci\u00f3ns do proxecto<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">A rede de traduci\u00f3n astron\u00f3mica pretende po\u00f1er a astronom\u00eda a disposici\u00f3n de todas as persoas, o que significa apoiar a outras organizaci\u00f3ns que promoven a astronom\u00eda. Dende que a rede comezou en 2017, axudamos a Semana Mundial do Espazo, Globe at Night e International Observe the Moon Night a traducir material para aumentar a accesibilidade dos seus eventos en todo o mundo.<\/p>\n<p align=\"left\">Tam\u00e9n nos asociamos coa escola de traduci\u00f3n ISIT en Francia para ofrecerlles aos estudantes a pr\u00e1ctica das s\u00faas habilidades de traduci\u00f3n e xesti\u00f3n nun campo moi espec\u00edfico. A nosa asociaci\u00f3n co ISIT derivou en directrices para a traduci\u00f3n en ingl\u00e9s e franc\u00e9s, as\u00ed como nun plan estrat\u00e9xico para a rede.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>7) Celebrando a diversidade durante o ano internacional das linguas ind\u00edxenas<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Este ano \u00e9 o Ano Internacional das Linguas Ind\u00edxenas e <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/atn-indigenous-languages\">lev\u00e1molo celebrando todo o ano<\/a>. As linguas desempe\u00f1an un rol importante na comprensi\u00f3n e na memoria de cada persoa e contrib\u00faen \u00e1 diversidade do co\u00f1ecemento en todo o mundo. A astronom\u00eda est\u00e1 presente en todas as culturas e grazas ao traballo do voluntariado da ATN m\u00e1is xente ten a oportunidade de afondar na s\u00faa conexi\u00f3n coa lingua propia e a s\u00faa relaci\u00f3n cultural coas estrelas.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>8) \u00danete \u00e1 nosa rede<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">A astronom\u00eda ten o poder de rachar fronteiras. A ciencia debe ser acces\u00edbel para todas as persoas, e facilitar este acceso a entusiastas da astronom\u00eda en todo o mundo \u00e9 pos\u00edbel grazas ao noso voluntariado. Se falas m\u00e1is dunha lingua e queres apoiar o acceso \u00e1 astronom\u00eda entre as t\u00faas amizades, familia, estudantes, xente do teu pa\u00eds ou xente m\u00e1is al\u00e1 das t\u00faas fronteiras, \u00fanete \u00e1 rede <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/join\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p>a)\u00a0<strong>IAUS358: Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n \u2013 unha folla de ruta para as acci\u00f3ns no marco do centenario da IAU<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 12 ao 15 de novembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Toquio, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/<\/a><strong><br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>b) Arte, Visualisaci\u00f3n e Cosmos na Educaci\u00f3n<br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a05 e 6 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Melbourne, Victoria, Australia<\/p>\n<p>c) Conferencia Educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n con telescopios rob\u00f3ticos<br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 8 ao 11 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/rtsre.net\/\">https:\/\/rtsre.net\/<\/a><\/p>\n<p><strong>d) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de \u201cAstronom\u00eda para a educaci\u00f3n\u201d<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em>\u00a0do 17 ao 19 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Par\u00eds, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/\">https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia:\u00a0<a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>xapon\u00e9s<\/strong>\u00a0a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica:\u00a0<a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed:\u00a0<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao\u00a0<strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua:\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn\u00a0<a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao\u00a0<strong>portugu\u00e9s<\/strong>\u00a0elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_iauatn\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Setembro 2019 #2 | Especial Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (ATN) da IAU Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Rede de traduci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU (ATN): proxecto e obxectivos 2) Fluxo de traballo da ATN: asegurar traduci\u00f3ns fi\u00e1beis 3) Voluntariado e linguas da ATN 4) Grupos de idioma ATN 5) Recursos traducidos dispo\u00f1\u00edbeis 6) Parceiros e&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-astronomica-da-iau-setembro-2019-2-especial-atn\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-10984","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10984","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10984"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10984\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11030,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10984\/revisions\/11030"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10984"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10984"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10984"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}