{"id":10403,"date":"2019-09-09T18:42:04","date_gmt":"2019-09-09T16:42:04","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=10403"},"modified":"2019-12-09T16:08:30","modified_gmt":"2019-12-09T16:08:30","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-agosto-2019-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-agosto-2019-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Agosto 2019 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-10072\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Agosto 2019 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) A superficie do asteroide Bennu recibir\u00e1 nomes de aves mitol\u00f3xicas<br \/>\n2) A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional aproba un segundo conxunto de nomes para lugares significativos de Plut\u00f3n<br \/>\n3) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: IAU100 \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d en Malasia<br \/>\n4) 17\u00aa edici\u00f3n do Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular en Alxeria<br \/>\n5) XXVII Semana Astron\u00f3mica no Brasil<br \/>\n6) Convocatoria de parceiros para Global Sky<br \/>\n7) Conferencia da Comisi\u00f3n IAU C1 e AstroEdu sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica: Investigaci\u00f3n aplicada e pr\u00e1ctica<br \/>\n8) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de \u201cAstronom\u00eda para a educaci\u00f3n\u201d<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Nas pasadas semanas, o noso equipo estivo traballando na selecci\u00f3n do certame \u201cUnha familia, un telescopio\u201d. Tivemos 105 propostas de 23 pa\u00edses e os resultados anunciaranse o 25 de agosto. Lanzamos o programa de financiamento da Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOC) para 2020 e, por primeira vez, a nosa oficina poder\u00e1 achegar un financiamento espec\u00edfico \u00e1s persoas que exercen a coordinaci\u00f3n nacional. Estamos actualmente consultando e debatendo coa comunidade v\u00edas para mellorar este apoio.<\/p>\n<p>A comunidade de divulgaci\u00f3n da IAU medra. Queremos<a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\"> darlle a benvida \u00e1s 24 novas persoas<\/a> que nos \u00faltimos meses se uniron a n\u00f3s para exercer a Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Nacional e est\u00e1n activamente implicados na divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica arredor do mundo.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, convid\u00e1mosvos a escoitar as \u00faltimas achegas que celebran o Ano Internacional das Linguas Ind\u00edxenas, desta volta destacamos un exemplo dos moitos idiomas malaios nativos. Queremos salientar a vindeira conferencia IAU AstroEDU no Planetario Supernova ESO e Centro de Visitantes en Garching, Alema\u00f1a, e a convocatoria de parceiros do programa Global Sky Partners do Observatorio de Las Cumbres.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados e felices celebraci\u00f3ns!<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) A superficie do asteroide Bennu recibir\u00e1 nomes de aves mitol\u00f3xicas<\/strong><\/p>\n<p>En traballo conxunto co equipo OSIRIS-Rex da NASA, o grupo \u00a0de traballo para a Nomenclatura do Sistema Planetario da IAU (WGPSN, polas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s) aprobou o tema \u201caves e criaturas con forma de ave da mitolox\u00eda\u201d para designar puntos relevantes da superficie do asteroide (101955) Bennu.<\/p>\n<p>Podes ler m\u00e1is sobre este tema aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19053\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19053\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional aproba un segundo conxunto de nomes para lugares significativos de Plut\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Varias persoas e misi\u00f3ns que facilitaron o cami\u00f1o para a hist\u00f3rica exploraci\u00f3n de Plut\u00f3n e o cinto de Kuiper -os mundos m\u00e1is afastados xamais explorados- ser\u00e1n honradas no segundo conxunto oficial de nomes de lugares significativos de Plut\u00f3n aprobado pola Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional, a autoridade internacional para a designaci\u00f3n de corpos celestes e os seus detalles superficiais.<\/p>\n<p>Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19052\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19052\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: IAU100 \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d en Malasia<\/strong><\/p>\n<p>Axuda a crear conciencia da alarmante cantidade de idiomas que est\u00e1n a desaparecer en todo o mundo, resaltando a importancia do co\u00f1ecemento astron\u00f3mico dos pobos orixinarios, e alenta a outras rexi\u00f3ns a tomar medidas en favor da apreciaci\u00f3n da nosa diversidade cultural.<\/p>\n<p>A nosa \u00faltima contribuci\u00f3n ao proxecto v\u00e9n de Malasia e cel\u00e9brao <a href=\"https:\/\/tinyurl.com\/y5fxnfm9\">co noso lema \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d nunha mostra de 16 linguas ind\u00edxenas de Malasia<\/a>. Queremos darlle o noso m\u00e1is c\u00e1lido agradecemento a Nurul Fatini Jaafar polo impresionante traballo de recollida e gravaci\u00f3n. Podes seguir os esforzos en favor da Astronom\u00eda Etnogr\u00e1fica (en malaio) no enderezo <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/Etnoastronomi\">https:\/\/www.facebook.com\/Etnoastronomi<\/a>.<\/p>\n<p>Se desexas participar no proxecto, podes contactarnos en translation@oao.iau.org. Visita o noso sitio web <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/atn-indigenous-languages\">https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/atn-indigenous-languages<\/a> e descobre m\u00e1is sobre este proxecto.<\/p>\n<p><strong>4) 17\u00aa edici\u00f3n do Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular en Alxeria<\/strong><\/p>\n<p>Desde 2001 cel\u00e9brase en Constatina, Alxeria, o Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular para beneficio do p\u00fablico xeral e a comunidade astron\u00f3mica. O tema desta edici\u00f3n \u00e9 \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d en li\u00f1a co aniversario IAU100 para celebrar un s\u00e9culo de descubrimentos astron\u00f3micos e salientar o importante rol da astronom\u00eda na educaci\u00f3n, as\u00ed como o desenvolvemento econ\u00f3mico e social. Desenvolvidas en m\u00e1is de cen pa\u00edses, o equipo organizador cre que as celebraci\u00f3ns IAU son unha grande oportunidade para as persoas que se dedican \u00e1 astronom\u00eda, a comunicaci\u00f3n da ciencia e a educaci\u00f3n en todo o mundo para alcanzar o p\u00fablico xeral, pol\u00edticos e pol\u00edticas, docentes e estudantes e inspiralos nas marabillas do universo. O programa incl\u00fae entre outros asuntos a ciencia espacial cunha Feira da Astronom\u00eda e o Espazo, conferencias e obradoiros.<\/p>\n<p>A edici\u00f3n 2019 cel\u00e9brase o 3 de outubro e unha breve descrici\u00f3n en ingl\u00e9s est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel no sitio web principal do festival: <a href=\"https:\/\/siriusalgeria.net\/salon019.htm\">https:\/\/siriusalgeria.net\/salon019.htm<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) XXVII Semana Astron\u00f3mica no Brasil<\/strong><\/p>\n<p>Para debater asuntos astron\u00f3micos, presentar os \u00faltimos descubrimentos na \u00e1rea e achegar a ciencia \u00e1 cidadan\u00eda, o Museo da Astronom\u00eda e Ciencias Af\u00edns (MAST) promove a XXVII Semana da Astronom\u00eda (SEMA). A iniciativa ter\u00e1 lugar do 13 ao 17 de agosto e nela participar\u00e1n profesionais da astronom\u00eda de varios pa\u00edses e instituci\u00f3ns de investigaci\u00f3n, inclu\u00edda unha aparici\u00f3n especial virtual da Presidenta da IAU Ewine van Dishoeck. O tema da 27\u00aa edici\u00f3n da semana \u00e9 \u201cO punto azul p\u00e1lido\u201d, inspirado pola famosa referencia de Carl Sagan ao planeta Terra e en li\u00f1a coas celebraci\u00f3ns IAU100 \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n (en portugu\u00e9s) en <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/events\/3061429023884109\/\">https:\/\/www.facebook.com\/events\/3061429023884109\/<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.mast.br\/pt-br\/ultimas-noticias\/xxvii-semana-de-astronomia-no-mast.html\">http:\/\/www.mast.br\/pt-br\/ultimas-noticias\/xxvii-semana-de-astronomia-no-mast.html<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Convocatoria de parceiros para Global Sky<\/strong><\/p>\n<p>O Observatorio Las Cumbres ten o pracer de anunciar que acepta solicitudes de parceiros educativos, Global Sky Partners, con proxectos que ir\u00e1n do 1 de decembro de 2019 ao 1 de decembro de 2020. O equipo est\u00e1 buscando xente e grupos con ideas interesantes, cativadoras e innovadoras para proxectos educativos en astronom\u00eda, usando a rede do telescopio rob\u00f3tico LCO de 0,4 metros. A data l\u00edmite para as solicitudes \u00e9 o 15 de setembro de 2019.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre a convocatoria, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/lco.global\/news\/global-sky-partners-2020\/\">https:\/\/lco.global\/news\/global-sky-partners-2020\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Conferencia da Comisi\u00f3n IAU C1 e AstroEdu sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica: Investigaci\u00f3n aplicada e pr\u00e1ctica<\/strong><\/p>\n<p>O campo da educaci\u00f3n astron\u00f3mica medrou significativamente nas \u00faltimas d\u00e9cadas, cun n\u00famero crecente de artigos publicados por un n\u00famero tam\u00e9n crecente de grupos acad\u00e9micos e profesionais. A pesar disto, non houbo at\u00e9 agora conferencias internacionais regulares para persoas que investigan ou traballan profesionalmente na educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para que se re\u00fanan e discutan o seu traballo neste campo. Do 16 ao 18 de decembro de 2019, ESO acoller\u00e1 a primeira dunha serie de conferencias peri\u00f3dicas -bianuais- sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica, co \u00e1nimo de incrementar a calidade, cantidade, comunidade e impacto da investigaci\u00f3n e a pr\u00e1ctica nesta \u00e1rea.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, podedes visitar o sitio web oficial <a href=\"https:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/\">https:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de \u201cAstronom\u00eda para a educaci\u00f3n\u201d<\/strong><\/p>\n<p>Este ano a IAU establecer\u00e1 a Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n (OAE), cuxo obxectivo \u00e9 dotar de apoio estrutural \u00e1 educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todos os pa\u00edses, proporcionando formaci\u00f3n e recursos que animen a usar a astronom\u00eda coma un est\u00edmulo para o ensino e a educaci\u00f3n nas escolas desde a primaria at\u00e9 a secundaria. Lanzouse unha convocatoria de cartas de intenci\u00f3n, seguida dun convite para propostas detalladas, e axi\u00f1a a IAU iniciar\u00e1 o proceso de revisi\u00f3n das propostas para acoller a OAE. O primeiro obradoiro ter\u00e1 lugar desde a tarde do 17 de decembro de 2019 at\u00e9 a ma\u00f1\u00e1 do 19 de decembro no auditorio do IAP (Instituto Astrof\u00edsico de Par\u00eds), pr\u00f3ximo \u00e1 sede central do IAP.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/\">https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p>a) Conferencia sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica: Investigaci\u00f3n aplicada e pr\u00e1ctica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 18 de setembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Garching, M\u00fanic, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/\">http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/<\/a><\/p>\n<p>b) <strong>IAUS358: Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n \u2013 unha folla de ruta para as acci\u00f3ns no marco do centenario da IAU<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 15 de novembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toquio, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/<\/a><strong><br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>c) Arte, Visualisaci\u00f3n e Cosmos na Educaci\u00f3n<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 5 e 6 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<\/p>\n<p>d) Conferencia Educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n con telescopios rob\u00f3ticos<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 8 ao 11 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/rtsre.net\/\">https:\/\/rtsre.net\/<\/a><\/p>\n<p><strong>e) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de \u201cAstronom\u00eda para a educaci\u00f3n\u201d<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 17 ao 19 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Par\u00eds, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/\">https:\/\/www.iau.org\/education\/oae\/shaw-iau-workshop\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_august1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Agosto 2019 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) A superficie do asteroide Bennu recibir\u00e1 nomes de aves mitol\u00f3xicas 2) A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional aproba un segundo conxunto de nomes para lugares significativos de Plut\u00f3n 3) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: IAU100 \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d en Malasia 4) 17\u00aa edici\u00f3n do Festival Nacional de&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-agosto-2019-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-10403","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10403","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10403"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10403\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11033,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10403\/revisions\/11033"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10403"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10403"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10403"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}