{"id":10400,"date":"2019-09-09T16:25:23","date_gmt":"2019-09-09T14:25:23","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=10399"},"modified":"2019-12-09T16:08:59","modified_gmt":"2019-12-09T16:08:59","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-xullo-2019-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-xullo-2019-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Xullo 2019 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-10072\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xullo 2019 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) Dous sitios astron\u00f3micos acadan o reco\u00f1ecemento como Patrimonio da Humanidade a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n IAU-UNESCO<br \/>\n2) Carta aberta dos Observatorios Maunakea<br \/>\n3) Proxecto Ceos Despexados<br \/>\n4) 10 x 10 \u201c10 Temas 10 Pa\u00edses\u201d<br \/>\n5) Compartimos a mesma L\u00faa<br \/>\n6) Inscrici\u00f3ns pechadas para o Simposio IAU de Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n<br \/>\n7) Certame Un Telescopio, Unha Familia: grazas por participar<br \/>\n8) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: Ano das Linguas Ind\u00edxenas<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Queremos darlle unha c\u00e1lida benvida ao equipo OAO a Wanda Diaz Merced. A doutora Wanda estar\u00e1 connosco aqu\u00ed no NAOJ como Profesora Convidada at\u00e9 decembro de 2019 investigando sobre \u201cO rol do discurso en favor da diversidade na astronom\u00eda\u201d, e como as persoas que se dedican profesionalmente \u00e1 astronom\u00eda poden mellorar a s\u00faa comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, para promover a diversidade ao minimizar tendencias inconscientes no discurso.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n lle queremos dar a benvida ao noso equipo a Mizuho Matsumoto. Matsumoto-san forma parte do departamento de Relaci\u00f3ns Internacionais do NAOJ e colaborar\u00e1 connosco na Lox\u00edstica e Xesti\u00f3n da oficina e os proxectos. Ela \u00e9 ademais parte do equipo de desenvolvemento do Simposio IAU de Astronom\u00eda para a Equidade, Diversidade e Inclusi\u00f3n.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, queremos darlles as grazas a todas as persoas que participaron no certame Un Telescopio Unha Familia, destacamos o proxecto \u201cCeos despexados\u201d e o programa 10 Temas x 10 Pa\u00edses.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados e felices celebraci\u00f3ns!<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Dous sitios astron\u00f3micos acadan o reco\u00f1ecemento como Patrimonio da Humanidade a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n IAU-UNESCO<\/strong><\/p>\n<p>O 7 de xullo de 2019, a Organizaci\u00f3n Educativa, Cient\u00edfica e Cultural das Naci\u00f3ns Unidas (UNESCO, polas siglas en ingl\u00e9s) declarou Patrimonio da Humanidade 29 novos lugares. Entre eles est\u00e1n Risco Ca\u00eddo e as Monta\u00f1as Sagradas de Gran Canaria, e Jodrell Bank, dous lugares de grande significado astron\u00f3mico. Son os primeiros sitios astron\u00f3micos inscritos como Patrimonio da Humanidade, e isto sucede como resultado da Iniciativa Astronom\u00eda e Patrimonio Mundial (AWHI, polas siglas en ingl\u00e9s), unha colaboraci\u00f3n entre a UNESCO e a IAU.<\/p>\n<p>Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n no anuncio oficial da IAU: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19049\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19049\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Carta aberta dos Observatorios Maunakea<\/strong><\/p>\n<p>\u201cEn nome das m\u00e1is de 500 persoas empregadas nos Observatorios Maunakea, ofrecemos unha perspectiva sobre a situaci\u00f3n de Maunakea coa sincera esperanza de que as nosas palabras alenten un maior entendemento das complexas circunstancias en que nos atopamos\u201d.<\/p>\n<p>Podes ler a Carta Aberta completa aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19048\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19048\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Proxecto Ceos Despexados<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto Ceos Despexados da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento pretende promover o pensamento racional entre a xuventude da India. O proxecto desenvolve actividades en escolas de Hyderabad, India, por medio da astronom\u00eda.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto: <a href=\"https:\/\/clearskies2019.wordpress.com\/\">https:\/\/clearskies2019.wordpress.com\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) 10 x 10 \u201c10 Temas 10 Pa\u00edses\u201d<\/strong><\/p>\n<p>A iniciativa 10&#215;10 consiste nun programa de intercambio virtual entre escolas que abrangue dez pa\u00edses e dez temas de ciencia, dentro do proxecto <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/EddingtonatSundy\/\">\u201cEddington at Sundy\u201d<\/a> no que, cada d\u00eda 29 do ano 2019 (excepto os meses de febreiro e maio), unha persoa convidada presenta un asunto que ser\u00e1 discutido ao mesmo tempo por estudantes e docentes de varias instituci\u00f3ns educativas. A nosa colega Kumiko Usuda-Sato, do Observatorio Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ) e membro do equipo OAO, dirixiu a \u00faltima edici\u00f3n do programa pregunt\u00e1ndolle aos rapaces e rapazas que imaxinaran que far\u00edan para comunicarse de forma efectiva cuns extraterrestres se visitasen a s\u00faa escola ou vila. A actividade ti\u00f1a o obxectivo de espertar conciencia sobre as diversas e alternativas formas de comunicaci\u00f3n, tales como a linguaxe de signos e os recursos t\u00e1ctiles.<\/p>\n<p>Podes ver o programa completo <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=SrmBf04RMUk&amp;feature=youtu.be&amp;fbclid=IwAR2EzwMRtRkybkFl-XpuUFKJoGWqJjlSXNzv6qB7e1q49oK81ypcx6Z7-9o\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) Compartimos a mesma L\u00faa<\/strong><\/p>\n<p>\u201cCompartimos a mesma L\u00faa\u201d \u00e9 un <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/we-share-the-moon\">proxecto especial IAU100<\/a> do Reino Unido que leva a ciencia \u00e1s escolas de primaria dunha maneira orixinal a trav\u00e9s da narraci\u00f3n asociada a actividades creativas. O profesorado e os e as profesionais da divulgaci\u00f3n f\u00f3ra do Reino Unido na procura dun curr\u00edculum alternativo poden atopar moitos recursos (<a href=\"https:\/\/wesharethesamemoon.org\/?page_id=1643\">ordenados por tema cient\u00edfico<\/a>), \u00fatiles para as s\u00faas propias pr\u00e1cticas docentes.<\/p>\n<p>Podes saber m\u00e1is sobre o proxecto aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/wstsm.drmeganargo.net\/\">https:\/\/wstsm.drmeganargo.net\/<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Inscrici\u00f3ns pechadas para o Simposio IAU de Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O primeiro <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">Simposio IAU de Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n<\/a>, que ter\u00e1 lugar en Toquio, Xap\u00f3n, do 12 ao 15 de novembro de 2019, recibiu at\u00e9 a data m\u00e1is de 180 propostas, de xeito que o rexistro agora est\u00e1 na s\u00faa capacidade m\u00e1xima (120 participantes). A organizaci\u00f3n pechou o rexistro dada a alta demanda de participaci\u00f3n. A direcci\u00f3n de SOC e LOC acordou fixar este l\u00edmite, dada a natureza do simposio, enfocado en promover a discusi\u00f3n personalizada e a proximidade no di\u00e1logo. A organizaci\u00f3n creou unha listaxe de agarda e aceptar\u00e1 novas inscrici\u00f3n en funci\u00f3n da dispo\u00f1ibilidade. Podes enviar un email a iaus358contact[at]prcml.mtk.nao.ac.jp (Asunto: \u201cApplication to Registration Waiting List\u201d).<\/p>\n<p>Para recibir as \u00faltimas noticias e actualizaci\u00f3n, sigue o grupo de traballo da IAU sobre Astronom\u00eda para a Equidade e a Inclusi\u00f3n en <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/Astro4Inclusion\/notifications\/\">https:\/\/www.facebook.com\/Astro4Inclusion\/notifications\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Certame Un Telescopio, Unha Familia: grazas por participar<\/strong><\/p>\n<p>Queremos darlles as grazas a todas as persoas que participaron no certame \u201cUn Telescopio, Unha Familia\u201d, que pon o foco na fermosa diversidade de familias en todo o mundo. Recibimos 80 propostas de todo o planeta e o noso equipo contactar\u00e1 agora con todas as persoas participantes, inclu\u00eddas as ga\u00f1adoras, durante o mes de agosto.<\/p>\n<p>Podes atopar tam\u00e9n diversas actividades que ser\u00e1n desenvolvidas co Telescopio KIT do NAOJ. O pasado xullo, o pequeno telescopio foi presentado no Museo Ghibli de Mitaka, Xap\u00f3n. Podes ver algunhas fotos simp\u00e1ticas das actividades <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o certame \u201cUnha familia, un telescopio\u201d, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/onefamilyonetelescope?fbclid=IwAR37dPo5RqUhCUA3LAoqPj9OgL3CtfgrrUoNlQYhWIxm0sZsz8RsFcv5LbU\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: Ano das Linguas Ind\u00edxenas<\/strong><\/p>\n<p>Axuda a crear conciencia da alarmante cantidade de idiomas que est\u00e1n a desaparecer en todo o mundo, resaltando a importancia do co\u00f1ecemento astron\u00f3mico dos pobos orixinarios, e alenta a outras rexi\u00f3ns a tomar medidas en favor da apreciaci\u00f3n da nosa diversidade cultural. <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/atn-indigenous-languages\">Escoita \u201c100 anos Baixo Un Mesmo Ceo\u201d recitado por falantes nativos<\/a> de Gar\u00edfuna, Miskito e Tol, linguas ind\u00edxenas de Honduras en Am\u00e9rica Central. E tam\u00e9n na lingua tailandesa do norte e na lingua Yong, idioma tailand\u00e9s cunha fon\u00e9tica diferente da tailandesa do norte. O \u00faltimo engadido \u00e9 o Minderico, unha lingua dunha pequena rexi\u00f3n de Portugal. Queremos darlle as grazas a Catarina Leote, co-coordinadora do Grupo de Lingua Portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU, por compartilo connosco.<\/p>\n<p>Se desexas participar no proxecto, podes contactarnos en translation@oao.iau.org.<\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p>a) Conferencia sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica: Investigaci\u00f3n aplicada e pr\u00e1ctica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 18 de setembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Garching, M\u00fanic, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/\">http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/<\/a><\/p>\n<p>b) <strong>IAUS358: Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n \u2013 unha folla de ruta para as acci\u00f3ns no marco do centenario da IAU<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 15 de novembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toquio, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/<\/a><strong><br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>c) Arte, Visualisaci\u00f3n e Cosmos na Educaci\u00f3n<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 5 e 6 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<\/p>\n<p>d) Conferencia Educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n con telescopios rob\u00f3ticos<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 8 ao 11 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/rtsre.net\/\">https:\/\/rtsre.net\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_july2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xullo 2019 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Dous sitios astron\u00f3micos acadan o reco\u00f1ecemento como Patrimonio da Humanidade a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n IAU-UNESCO 2) Carta aberta dos Observatorios Maunakea 3) Proxecto Ceos Despexados 4) 10 x 10 \u201c10 Temas 10 Pa\u00edses\u201d 5) Compartimos a mesma L\u00faa 6) Inscrici\u00f3ns pechadas para o Simposio IAU de&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-xullo-2019-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":74,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-10400","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10400","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10400"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10400\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11034,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10400\/revisions\/11034"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10400"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10400"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10400"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}