{"id":10299,"date":"2019-07-04T16:27:54","date_gmt":"2019-07-04T14:27:54","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=10299"},"modified":"2019-07-04T16:27:54","modified_gmt":"2019-07-04T14:27:54","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-xuno-2019-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-xuno-2019-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Xu\u00f1o 2019 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-10072\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xu\u00f1o 2019 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) Astronom\u00eda para o desenvolvemento: n\u00famero especial da revista CAP<br \/>\n2) Unha familia, un telescopio<br \/>\n3) O Catalizador IAU \u2013 regreso do bolet\u00edn IAU<br \/>\n4) IAU100 Estrelas que inspiran \u2013 Celebrando a inclusi\u00f3n na astronom\u00eda arredor do mundo<br \/>\n5) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: Ano das Linguas Ind\u00edxenas<br \/>\n6) Comunicado da IAU sobre as constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites<br \/>\n7) Astronom\u00eda para crear medios de vida<br \/>\n8) SYSTEMSounds (Sons do sistema) \u2013 Escoita 50 anos de exploraci\u00f3n lunar<br \/>\n9) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, queremos destacar a edici\u00f3n especial da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP) dedicada \u00e1 astronom\u00eda para o desenvolvemento (a data l\u00edmite para o env\u00edo de propostas \u00e9 o 20 de xullo). Anim\u00e1mosvos a celebrar a diversidade de familias arredor do mundo participando no certame do NAOJ Kit de telescopio \u201cUnha familia, un telescopio\u201d. E para rematar, mais non \u00e9 menos importante, queremos convidarvos a escoitar o lema IAU100 \u201cCen anos baixo un mesmo ceo\u201d recitado en seis linguas en perigo de extinci\u00f3n e convidarvos a adquirir conciencia sobre o Ano Internacional das Linguas Ind\u00edxenas.<\/p>\n<p>Queremos darlle unha c\u00e1lida despedida \u00e1 nosa colega Yukiko Shibata. Yukiko foi unha parte importante do noso equipo da Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica durante os pasados cinco anos. A s\u00faa dedicaci\u00f3n \u00e1 Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (ATN) como coordinadora do proxecto \u00e9 unha inspiraci\u00f3n para todos e todas n\u00f3s. Queremos darlle as grazas a Yukiko pola amizade, apoio e as s\u00faas grandes achegas \u00e1 oficina ao longo dos anos, e desex\u00e1moslle o mellor no seu novo cami\u00f1o profesional.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados e felices celebraci\u00f3ns!<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome da Oficina do Equipo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) Astronom\u00eda para o desenvolvemento: n\u00famero especial da revista CAP<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) e a Oficina para a Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (OAO) xuntaron esforzos para publicar un primeiro n\u00famero da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP) dedicado de maneira monogr\u00e1fica \u00e1 astronom\u00eda para o desenvolvemento. Este n\u00famero especial incluir\u00e1 artigos que tratan de como a divulgaci\u00f3n, a captaci\u00f3n de p\u00fablico e a popularizaci\u00f3n da astronom\u00eda poden ser empregadas de forma efectiva como v\u00eda para o desenvolvemento. A data l\u00edmite para o env\u00edo de propostas \u00e9 o 20 de xullo de 2019.<\/p>\n<p>Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19036\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19036\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Unha familia, un telescopio<\/strong><\/p>\n<p>O observatorio astron\u00f3mico nacional do Xap\u00f3n (NAOJ) e a Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica celebran a fermosa diversidade das familias arredor do mundo cun telescopio de agasallo. Comparte unha imaxe da t\u00faa familia contigo e fainos saber (m\u00e1ximo, 280 caracteres) como celebrar\u00edas a astronom\u00eda coa t\u00faa veci\u00f1anza ou coa t\u00faa familia estendida se ga\u00f1as este pequeno telescopio. As mellores 30 propostas seleccionadas ga\u00f1ar\u00e1n un kit de telescopio do NAOJ. M\u00e1ndanos un correo electr\u00f3nico a outreach[at]iau.org. A data l\u00edmite \u00e9 o 30 de xullo de 2019.<\/p>\n<p>Tes m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/onefamilyonetelescope?fbclid=IwAR37dPo5RqUhCUA3LAoqPj9OgL3CtfgrrUoNlQYhWIxm0sZsz8RsFcv5LbU\">neste enderezo<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) O Catalizador IAU \u2013 regreso do bolet\u00edn IAU<\/strong><\/p>\n<p>Unha definici\u00f3n de catalizador \u00e9 a de algo que facilita ou incita a actividade. Ese \u00e9 exactamente un dos principais obxectivos do Catalizador IAU, bolet\u00edn IAU que volve logo de varios anos. Ademais de estimular a discusi\u00f3n e a actividade, o Catalizador IAU pretende ser unha ferramenta para a comunicaci\u00f3n directa das varias estruturas IAU cos membros mais tam\u00e9n con outras organizaci\u00f3ns e instituci\u00f3ns cient\u00edficas internacionais.<\/p>\n<p>Podes ler a \u00faltima edici\u00f3n do Catalizador IAU aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19038\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19038\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) IAU100 Estrelas que inspiran \u2013 Celebrando a inclusi\u00f3n na astronom\u00eda arredor do mundo<\/strong><\/p>\n<p>As celebraci\u00f3ns IAU100 continuan arredor do mundo, con varios eventos do proxecto Estrelas que inspiran planeados durante o mes de xu\u00f1o en Austria, Francia, Reino Unido, Tailandia e Italia. Os eventos Estrelas que inspiran est\u00e1n dedicados \u00e1 inclusi\u00f3n e a diversidade na astronom\u00eda.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre os eventos actuais, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19043\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19043\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: Ano das Linguas Ind\u00edxenas<\/strong><\/p>\n<p>Axuda a crear conciencia da alarmante cantidade de idiomas que est\u00e1n a desaparecer en todo o mundo, resaltando a importancia do co\u00f1ecemento astron\u00f3mico dos pobos orixinarios e alentando a tomar medidas en favor da apreciaci\u00f3n da nosa diversidade cultural. <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/atn-indigenous-languages\">Escoita \u201c100 anos Baixo Un Mesmo Ceo\u201d recitado por falantes nativos<\/a> de Gar\u00edfuna, Miskito e Tol, linguas ind\u00edxenas de Honduras en Am\u00e9rica Central. E tam\u00e9n na lingua tailandesa do norte e na lingua Yong, idioma tailand\u00e9s cunha fon\u00e9tica diferente da tailandesa do norte. O \u00faltimo engadido \u00e9 o Minderico, unha lingua dunha pequena rexi\u00f3n de Portugal. Queremos darlle as grazas a Catarina Leote, co-coordinadora do Grupo de Lingua Portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU, por compartilo connosco.<\/p>\n<p>Se desexas participar no proxecto, podes contactarnos en translation@oao.iau.org.<\/p>\n<p><strong>6) Comunicado da IAU sobre as constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites<\/strong><\/p>\n<p>Hai pouco foron despregadas as primeiras redes co\u00f1ecidas como constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites; est\u00e1n planeadas redes con n\u00famero cada vez maior\u00a0de sat\u00e9lites en \u00f3rbitas baixas para unha variedade de prop\u00f3sitos, entre eles a prestaci\u00f3n de servizos de comunicaci\u00f3n a zonas desprovistas ou remotas. At\u00e9 este ano, o n\u00famero destes sat\u00e9lites estaba por debaixo dos 200, mais ese n\u00famero est\u00e1 a aumentar rapidamente. A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU), como principio xeral, asume o ceo escuro e sen sinais de radio como un elemento imprescind\u00edbel para avanzar na nosa comprensi\u00f3n do Universo do que formamos parte, mais tam\u00e9n como un recurso para toda a humanidade e para a protecci\u00f3n da vida salvaxe nocturna, polo cal insta \u00e1s axencias pertinentes a elaboraren un marco regulador para mitigar ou eliminar os impactos prexudiciais da exploraci\u00f3n cient\u00edfica tan pronto como sexa pos\u00edbel.<\/p>\n<p>Podes ler o comunicado completo aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19035\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19035\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Astronom\u00eda para crear medios de vida<\/strong><\/p>\n<p>Expedici\u00f3n Global Himalaia \u00e9 unha organizaci\u00f3n que electrifica vilas remotas das monta\u00f1as do Himalaia na India. En 2018 o equipo obtivo financiamento da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento para aproveitar os abraiantes ceos nocturnos da rexi\u00f3n e empregar a astronom\u00eda como un veh\u00edculo para estimular o desenvolvemento. Hai pouco o proxecto lanzou o seu primeiro Astro Homestay, un concepto novedoso polo cal os turistas quedan nas casas de xente local e experimentan o ceo nocturno coa axuda de membros da comunidade debidamente formados, engadindo valor econ\u00f3mico \u00e1 rexi\u00f3n.<\/p>\n<p>Podes ver un adianto en v\u00eddeo <a href=\"https:\/\/youtu.be\/moa4LKQpw3M\">aqu\u00ed<\/a> (hai un documental de pr\u00f3xima estrea) e atopar m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/category\/tf3\/astronomy-for-himalayan-livelihood-creation\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is, podes contactar con Sonal Asgotraa (sonal[at]ghe.co.in) e Paras Loomba (paras[at]ghe.co.in).<\/p>\n<p><strong>8) SYSTEMSounds (Sons do sistema) \u2013 Escoita 50 anos de exploraci\u00f3n lunar<\/strong><\/p>\n<p>System Sounds \u00e9 un proxecto de divulgaci\u00f3n que une arte e ciencia para traducir o ritmo e a harmon\u00eda do cosmos en forma de v\u00eddeos, aplicaci\u00f3ns interactivas e exposici\u00f3ns p\u00fablicas que inspiran, educan e fan m\u00e1is acces\u00edbel a astronom\u00eda para as persoas con discapacidade visual. Para celebrar o 50 aniversario da chegada \u00e1 L\u00faa, SYSTEMSounds foi convidado pola NASA para contar a historia da influencia da misi\u00f3n Apollo a trav\u00e9s do son. O proxecto al\u00ed\u00f1ase co obxectivo da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional de empregar a astronom\u00eda para promover beneficios sociais e foi financiada d\u00faas veces pola IAU baixo a convocatoria anual da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento.<\/p>\n<p>Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.system-sounds.com\/apollo\/\">http:\/\/www.system-sounds.com\/apollo\/<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.nasa.gov\/nasa-explorers-apollo\">https:\/\/www.nasa.gov\/nasa-explorers-apollo<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p>a) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>b) <strong>IAU100: 50\u00ba aniversario da chegada \u00e1 L\u00faa \u2013 Observemos a L\u00faa!<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary\">https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary<\/a><\/p>\n<p>c) Conferencia sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica: Investigaci\u00f3n aplicada e pr\u00e1ctica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 18 de setembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Garching, M\u00fanic, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/\">http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/<\/a><\/p>\n<p>d) <strong>IAUS358: Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n \u2013 unha folla de ruta para as acci\u00f3ns no marco do centenario da IAU<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 15 de novembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toquio, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/<\/a><strong><br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>e) Arte, Visualisaci\u00f3n e Cosmos na Educaci\u00f3n<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 5 e 6 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<\/p>\n<p>f) Conferencia Educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n con telescopios rob\u00f3ticos<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 8 ao 11 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/rtsre.net\/\">https:\/\/rtsre.net\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_june2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xu\u00f1o 2019 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Astronom\u00eda para o desenvolvemento: n\u00famero especial da revista CAP 2) Unha familia, un telescopio 3) O Catalizador IAU \u2013 regreso do bolet\u00edn IAU 4) IAU100 Estrelas que inspiran \u2013 Celebrando a inclusi\u00f3n na astronom\u00eda arredor do mundo 5) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: Ano das Linguas&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-xuno-2019-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-10299","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10299","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10299"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10299\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10299"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10299"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10299"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}