{"id":10288,"date":"2019-07-01T16:39:42","date_gmt":"2019-07-01T14:39:42","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=10288"},"modified":"2019-07-01T16:39:42","modified_gmt":"2019-07-01T14:39:42","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-maio-2019-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-maio-2019-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Maio 2019 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-10072\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Maio 2019 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) A comunidade astron\u00f3mica global celebra o centenario da eclipse solar de 1919<br \/>\n2) Grandes ideas da astronom\u00eda: folleto de alfabetizaci\u00f3n astron\u00f3mica lanzado pola Comisi\u00f3n C1 da IAU<br \/>\n3) Memorando de entendemento entre a OAO e a Comisi\u00f3n C2<br \/>\n4) Anunciados os Simposios IAU de 2020<br \/>\n5) Revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico: novidades e actualizaci\u00f3n<br \/>\n6) Plan Estrat\u00e9xico IAU 2020-2030 \u2013 traduci\u00f3ns<br \/>\n7) IAU publica un folleto sobre aplicaci\u00f3ns derivadas da astronom\u00eda<br \/>\n8) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: Ano das Linguas Ind\u00edxenas<br \/>\n9 ) Reuni\u00f3ns e eventos globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn Informativo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Neste n\u00famero, queremos destacar a celebraci\u00f3n do centenario da eclipse solar de 1919, o folleto de alfabetizaci\u00f3n astron\u00f3mica \u201cGrandes ideas en astronom\u00eda\u201d, e o memorando de entendemento entre a Comisi\u00f3n IAU C2 Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico e a nosa oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (IAU OAO).<\/p>\n<p>Queremos enviarlle un c\u00e1lido agradecemento ao noso colega Pisit Nitiyanant, do Instituto de Investigaci\u00f3n Astron\u00f3mica Nacional de Tailandia (NARIT), que traballou connosco na nosa oficina no Xap\u00f3n durante seis meses. Pisit colaborou coa oficina prestando apoio ao noso equipo coa Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (ATN), Estrelas que inspiran, o programa IAU de Astronom\u00eda Inclusiva e outros proxectos, formando parte da primeira edici\u00f3n do Programa de Formaci\u00f3n NARIT-NAOJ-IAU OAO.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos ceos despexados e felices celebraci\u00f3ns!<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome da Oficina do Equipo de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) A comunidade astron\u00f3mica global celebra o centenario da eclipse solar de 1919<\/strong><\/p>\n<p>2019 sinala o centenario da observaci\u00f3n da eclipse solar que cambiou o paradigma da ciencia ao achegar por primeira vez unha proba experimental da Teor\u00eda Xeral da Relatividade de Einstein. A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional, no marco da celebraci\u00f3n do seu centenario, apoia varias iniciativas relacionadas coa eclipse de 1919, inclu\u00eddas conferencias, eventos de celebraci\u00f3n e actividades educativas. Tam\u00e9n se incl\u00fae unha celebraci\u00f3n en S\u00e3o Tom\u00e9 e Pr\u00edncipe coa participaci\u00f3n do Presidente de S\u00e3o Tom\u00e9 e Pr\u00edncipe e o Presidente de Portugal.<\/p>\n<p>Podes ler o artigo completo aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1907\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1907\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Grandes ideas da astronom\u00eda: folleto de alfabetizaci\u00f3n astron\u00f3mica lanzado pola Comisi\u00f3n C1 da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Que significa para o cidad\u00e1n estar \u201calfabetizado\u201d en astronom\u00eda? As persoas que pertencen \u00e1 IAU activas na divulgaci\u00f3n p\u00fablica te\u00f1en experiencia pr\u00e1ctica sobre o co\u00f1ecemento astron\u00f3mico que ten o p\u00fablico xeral. At\u00e9 hai pouco, por\u00e9n, non hab\u00eda unha avaliaci\u00f3n sistem\u00e1tica e unha definici\u00f3n clara do que significa ter unha cultura astron\u00f3mica. Agora foi lanzado o folleto \u201cGrandes ideas da astronom\u00eda: unha proposta de definici\u00f3n de alfabetizaci\u00f3n astron\u00f3mica\u201d coa intenci\u00f3n de clarificar esas ideas. Pret\u00e9ndese que sexa usado pola xente que se dedica \u00e1 educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica e como ferramenta de consulta para a comunidade. O folleto representa a culminaci\u00f3n de anos de debate e discusi\u00f3n sobre as cousas esenciais que unha persoa alfabetizada en astronom\u00eda deber\u00eda co\u00f1ecer.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n visitade o sitio web: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19029\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19029\/ <\/a><\/p>\n<p><strong>3) Memorando de entendemento entre a OAO e a Comisi\u00f3n C2<\/strong><\/p>\n<p>Durante a maior parte dos seus primeiros cen anos, a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional cumpriu a s\u00faa misi\u00f3n de promover e salvagardar a astronom\u00eda a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n internacional, mediante o traballo das persoas afiliadas individualmente organizadas en Divisi\u00f3ns, Comisi\u00f3ns e Grupos de Traballo. Recentemente a IAU creou tres (axi\u00f1a ser\u00e1n catro) novas oficinas sat\u00e9lite, o cal expande moito as capacidades para darmos apoio \u00e1 educaci\u00f3n astron\u00f3mica, a divulgaci\u00f3n p\u00fablica e o uso da astronom\u00eda para o desenvolvemento. Nalg\u00fans casos, estas oficinas comparten os mesmos obxectivos que as outras estruturas da IAU. Para minimizar a duplicaci\u00f3n de funci\u00f3ns e maximizar as sinerx\u00edas, a IAU est\u00e1 traballando na clarificaci\u00f3n e mellora das relaci\u00f3ns entre as Oficinas e as Divisi\u00f3ns, Comisi\u00f3ns e Grupos de traballo que se poden solapar.<\/p>\n<p>Para ler m\u00e1is informaci\u00f3n, visitade a p\u00e1xina <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19028\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19028\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Anunciados os Simposios IAU de 2020<\/strong><\/p>\n<p>Os simposios IAU, principais encontros cient\u00edficos da IAU, pretenden xerar avances significativos e explorar as actuais cuesti\u00f3ns chave e\/ou os conceptos emerxentes en cada campo a trav\u00e9s dun programa de traballos convidados e presentaci\u00f3ns de p\u00f3sters convidados ou enviados, para al\u00e9n dun tempo amplo para o debate. Logo dun rigoroso proceso de selecci\u00f3n, o programa dos simposios IAU de 2020 foi decidido, inclu\u00eddo o <em>IAUS 367: Educaci\u00f3n e Legado na era do \u201cBig Data\u201d en astronom\u00eda. Os primeiros pasos do Plan Estrat\u00e9xico IAU 2020-2030<\/em>.<\/p>\n<p>Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19032\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19032\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico: novidades e actualizaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>CAPjournal \u00e9 unha publicaci\u00f3n IAU que sae d\u00faas veces ao ano e \u00e9 unha revista gratu\u00edta de comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, con revisi\u00f3n por pares e dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a e en papel. O CAPjournal est\u00e1 mudando algunhas cousas no que atinxe ao proceso de env\u00edo de proposta, calendario de publicaci\u00f3n, impresi\u00f3n e consello editorial, entre outras.<\/p>\n<p>Por favor lede as \u00faltimas novas no sitio web da revista CAP: <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/index.php\">https:\/\/www.capjournal.org\/index.php<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Plan Estrat\u00e9xico IAU 2020-2030 \u2013 traduci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>O novo e extendido Plan Estrat\u00e9xico IAU 2020-2030 achega unha visi\u00f3n comprensiva da IAU, para describir como encaixan xuntas as diferentes actividades da IAU e como se complementan unhas \u00e1s outras, e presenta ademais os seus obxectivos a longo prazo. Descr\u00edbense ademais as acci\u00f3ns e actividades precisas para acadar eses obxectivos. O plan estrat\u00e9xico est\u00e1 agora traducido ao xapon\u00e9s.<\/p>\n<p>Se queres axudar na traduci\u00f3n do documento ao teu idioma, por favor cont\u00e1ctanos no enderezo translation@oao.iau.org.<\/p>\n<p>Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/administration\/about\/strategic_plan\/\">https:\/\/www.iau.org\/administration\/about\/strategic_plan\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) IAU publica un folleto sobre aplicaci\u00f3ns derivadas da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional publicou un novo folleto, \u201cDa Medicina ao Wi-Fi: aplicaci\u00f3ns t\u00e9cnicas da astronom\u00eda \u00e1 sociedade\u201d, que detalla t\u00e9cnicas desenvolvidas na astronom\u00eda que se integraron na vida contempor\u00e1nea. Os usos pr\u00e1cticos da astronom\u00eda non sempre son obvios, mais o desenvolvemento desta ciencia tivo un grande impacto que vai m\u00e1is al\u00f3 da observaci\u00f3n do ceo nocturno.<\/p>\n<p>Podes aprender m\u00e1is neste sitio web: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19022\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19022\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Celebra a diversidade coa astronom\u00eda: Ano das Linguas Ind\u00edxenas<\/strong><\/p>\n<p>Axuda a crear conciencia da alarmante cantidade de idiomas que est\u00e1n a desaparecer en todo o mundo, resaltando a importancia do co\u00f1ecemento astron\u00f3mico dos pobos orixinarios e alentando a tomar medidas en favor da apreciaci\u00f3n da nosa diversidade cultural. <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/atn-indigenous-languages\">Escoita \u201c100 anos Baixo Un Mesmo Ceo\u201d<\/a> recitado por falantes nativos de Gar\u00edfuna, Miskito e Tol, linguas ind\u00edxenas de Honduras en Am\u00e9rica Central. E tam\u00e9n na lingua tailandesa do norte e na lingua Yong, idioma tailand\u00e9s cunha fon\u00e9tica diferente da tailandesa do norte.<\/p>\n<p>Se desexas participar no proxecto, podes contactarnos en translation@oao.iau.org.<\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con antelaci\u00f3n un ano moi especial para a astronom\u00eda, cheo de eventos interesantes!<\/p>\n<p>a) Semana europea da astronom\u00eda e ciencias do espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 28 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Lyon, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/\">https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/<\/a><\/p>\n<p>b) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>c) D\u00eda do asteroide<br \/>\n<em>Data:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>d) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>e) <strong>IAU100: 50\u00ba aniversario da chegada \u00e1 L\u00faa \u2013 Observemos a L\u00faa!<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary\">https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary<\/a><\/p>\n<p>f) Conferencia sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica: Investigaci\u00f3n aplicada e pr\u00e1ctica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 18 de setembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Garching, M\u00fanic, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/\">http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/<\/a><\/p>\n<p>g) <strong>IAUS358: Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n \u2013 unha folla de ruta para as acci\u00f3ns no marco do centenario da IAU<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 15 de novembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toquio, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/<\/a><strong><br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>h) Arte, Visualisaci\u00f3n e Cosmos na Educaci\u00f3n<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 5 e 6 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<\/p>\n<p>i) Conferencia Educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n con telescopios rob\u00f3ticos<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 8 ao 11 de decembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Melbourne, Victoria, Australia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/rtsre.net\/\">https:\/\/rtsre.net\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_may2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Maio 2019 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) A comunidade astron\u00f3mica global celebra o centenario da eclipse solar de 1919 2) Grandes ideas da astronom\u00eda: folleto de alfabetizaci\u00f3n astron\u00f3mica lanzado pola Comisi\u00f3n C1 da IAU 3) Memorando de entendemento entre a OAO e a Comisi\u00f3n C2 4) Anunciados os Simposios IAU de 2020 5)&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-maio-2019-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-10288","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10288","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10288"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10288\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10288"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10288"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10288"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}