{"id":10158,"date":"2019-04-08T12:07:09","date_gmt":"2019-04-08T10:07:09","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=10158"},"modified":"2019-04-08T12:07:09","modified_gmt":"2019-04-08T10:07:09","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-marzo-2019-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-marzo-2019-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Marzo 2019 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-10072\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2019\/02\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Marzo 2019 #1<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) \u00danete ao equipo de divulgaci\u00f3n da IAU en Xap\u00f3n!<br \/>\n2) Nova Coordinadora Internacional de Divulgaci\u00f3n<br \/>\n3) AstroVoces, noticias do Comit\u00e9 Executivo da IAU Mulleres na Astronom\u00eda<br \/>\n4) Concurso de nomes para as \u00faltimas l\u00faas de X\u00fapiter descubertas<br \/>\n5) Proxectos 2019 da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da IAU<br \/>\n6) Asinado o convenio internacional do SKA<br \/>\n7) Celebramos o Ano das Linguas Ind\u00edxenas (IYIL2019)<br \/>\n8) Mes da Astronom\u00eda Global 2019<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>N\u00f3s, o equipo da oficina de divulgaci\u00f3n da IAU, desex\u00e1moslle todo o mellor ao noso colega Sze-leung Cheung, coordinador de divulgaci\u00f3n internacional sa\u00ednte, e expres\u00e1moslle o noso m\u00e1is sincero agradecemento polos seus importantes servizos para a oficina e a IAU nos \u00faltimos cinco anos.<br \/>\nNeste n\u00famero, queremos destacar o proxecto \u201cAstrovoces\u201d do grupo de traballo da IAU Mulleres en Astronom\u00eda; animarvos a participar no concurso de denominaci\u00f3n para as l\u00faas de X\u00fapiter descubertas hai pouco e convidarvos a unirvos ao noso equipo aqu\u00ed no Xap\u00f3n postulando para o posto de traballo en concurso.<\/p>\n<p>Queremos darlles as grazas aos nosos coordinadores nacionais de divulgaci\u00f3n (NOC, polas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s) polo seu traballo continuo, especialmente este ano, durante as celebraci\u00f3ns do centenario, pois eles e elas son tam\u00e9n os puntos de contacto IAU100 en cada pa\u00eds e est\u00e1n a impulsar con entusiasmo e de forma continuada as celebraci\u00f3ns en todo o mundo.<\/p>\n<p>Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p>Lina Canas, en nome do Equipo de Divulgaci\u00f3n da Oficina de Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p><strong>1) \u00danete ao equipo de divulgaci\u00f3n da IAU en Xap\u00f3n!<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica abriu o concurso para un posto no seu equipo, con sede en Mitaka, Xap\u00f3n, e d\u00e1 a benvida \u00e1s solicitudes de xente entusiasta e dedicada con experiencia en comunicaci\u00f3n da ciencia. A IAU e o NAOJ agora buscan unha persoa que se una ao equipo de divulgaci\u00f3n da IAU e sirva de apoio \u00e1s actividades da oficina.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19012\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19012\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Nova Coordinadora Internacional de Divulgaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Lina Canas foi nomeada nova Coordinadora de Divulgaci\u00f3n Internacional da Oficina de Divulgaci\u00f3n de Astronom\u00eda da IAU, que se atopa en Toquio, Xap\u00f3n. A Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (OAO) \u00e9 un proxecto conxunto da IAU e o Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ). A s\u00faa principal responsabilidade \u00e9 xestionar as iniciativas de comunicaci\u00f3n e accesibilidade da IAU e apoiar a Rede Internacional de Coordinaci\u00f3n Nacional de Dvulgaci\u00f3n da IAU en m\u00e1is de 100 pa\u00edses.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19011\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19011\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) AstroVoces, noticias do Comit\u00e9 Executivo da IAU Mulleres na Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>AstroVoces \u00e9 un proxecto liderado polo Comit\u00e9 Executivo da IAU Mulleres na astronom\u00eda (WG, Women in Astronomy) para o centenario da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional, e ten como obxectivo crear unha curtametraxe con mulleres astr\u00f3nomas de todo o mundo que se estrear\u00e1 durante 2019, ano do centenario, para promover a visi\u00f3n da astronom\u00eda como unha carreira emocionante e estimular o interese das mulleres e as nenas en todo o mundo.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed tes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre AstroVoces e as \u00faltimas noticias sobre o Comit\u00e9 Executivo da IAU Mulleres na Astronom\u00eda: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/workinggroups\/womeninastronomy\/news\/\">https:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/workinggroups\/womeninastronomy\/news\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Concurso de Nomes para as \u00faltimas l\u00faas de X\u00fapiter descubertas<\/strong><\/p>\n<p>Na primavera de 2017 un equipo de astr\u00f3nomos observou os primeiros sinais de doce l\u00faas desco\u00f1ecidas que orbitaban X\u00fapiter. Logo de confirmar estes sinais con outras observaci\u00f3ns, o descubrimento anunciouse en xullo de 2018 e elevou a 79 o n\u00famero total de l\u00faas co\u00f1ecidas de X\u00fapiter, m\u00e1is que calquera outro planeta no noso sistema solar. Os nomes de cinco destas novas l\u00faas est\u00e1n agora abertos \u00e1s propostas do p\u00fablico global nun concurso de nomes organizado polo Instituto Carnegie co apoio da IAU, respons\u00e1bel de po\u00f1erlle nome aos corpos astron\u00f3micos, e o Grupo de Traballo da IAU para a Nomenclatura do Sistema Planetario (WGPSN).<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19010\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19010\/<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Proxectos 2019 da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento da IAU<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto conxunto Indonesia-Malaisia sobre Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica usando imaxes t\u00e1ctiles (IMPACTDome) ten como centro un planetario m\u00f3bil para persoas con discapacidades visuais. \u00c9 unha esfera xeod\u00e9sica en miniatura, formada por segmentos triangulares e hexagonais unidos entre si. Imprimirase con constelaci\u00f3ns t\u00e1ctiles en cada lado, para o ceo do norte e o do ceo sur. Os tri\u00e1ngulos p\u00f3dense colocar en calquera segmento da c\u00fapula para as\u00ed representar os cambios na localizaci\u00f3n da constelaci\u00f3n debido ao paso do tempo e a latitude. O proxecto aspira ademais a establecer colaboraci\u00f3ns entre Malaisia e Indonesia a trav\u00e9s desta iniciativa.<\/p>\n<p>Podes ler <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/category\/indonesia-malaysia-project-on-astronomy-education-using-tactile-image\/\">aqu\u00ed<\/a> m\u00e1is informaci\u00f3n sobre este proxecto.<\/p>\n<p><strong>6) Asinado o convenio internacional do SKA<\/strong><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional felicita ao Observatorio Square Kilometre Array (SKA) pola sinatura do seu convenio internacional. Este convenio establece formalmente o Observatorio SKA, unha colaboraci\u00f3n internacional que traballa para constru\u00edr o radiotelescopio m\u00e1is grande do mundo. A IAU apoia firmemente e promove a cooperaci\u00f3n global en grandes instalaci\u00f3ns como esta, que son necesarias para realizar proxectos astron\u00f3micos cada vez m\u00e1is ambiciosos. O SKA outorgar\u00e1 aos astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas de todo o mundo novas oportunidades para desentra\u00f1ar os misterios do Universo, e impulsar\u00e1 ademais soluci\u00f3ns innovadoras para os desaf\u00edos do \u201cbig data\u201d que beneficiar\u00e1n \u00e1 sociedade en xeral.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19013\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann19013\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) Celebrando o Ano das Linguas Ind\u00edxenas (IYIL2019)<\/strong><\/p>\n<p>\u201cAs Naci\u00f3ns Unidas declararon 2019 Ano das Linguas Ind\u00edxenas (IYIL2019) para a posta en valor da rica diversidade cultural do noso planeta e crear conciencia da alarmante cantidade de idiomas que est\u00e1n a desaparecer en todo o mundo. Os idiomas xogan un papel crucial no d\u00eda a d\u00eda das persoas, non s\u00f3 como ferramenta para a comunicaci\u00f3n, a educaci\u00f3n, a integraci\u00f3n social e o desenvolvemento, sen\u00f3n tam\u00e9n como repositorio da identidade, as tradici\u00f3ns culturais e a memoria das persoas\u201d. (Ref. IYIL2019). A Oficina da IAU para a Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n de Astronom\u00eda (ATN, polas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s) uniuse \u00e1s celebraci\u00f3ns lanzando un desaf\u00edo \u00e1 comunidade: traducir dous ou tres recursos de astronom\u00eda a idiomas en perigo de extinci\u00f3n para axudar a crear conciencia sobre a diversidade cultural do noso mundo. Os recursos est\u00e1n relacionados coas celebraci\u00f3ns IAU100 &#8220;Baixo un mesmo Ceo&#8221; e a importancia do patrimonio cultural en relaci\u00f3n coa protecci\u00f3n do ceo nocturno e o ceo escuro.<\/p>\n<p>Se desexas participar no proxecto, comun\u00edcate co equipo da ATN en translation@oao.iau.org.<\/p>\n<p>Podes visitar o sitio web oficial da ATN <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/\">https:\/\/translation.iau.org\/en\/<\/a> e descubrir m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto.<\/p>\n<p><strong>8) Mes da Astronom\u00eda Global 2019<\/strong><\/p>\n<p>O Mes da Astronom\u00eda Global (GAM, polas s\u00faas siglas en ingl\u00e9s), organizado cada mes de abril por Astr\u00f3nomos sen Fronteiras, \u00e9 unha das celebraci\u00f3ns mundiais de astronom\u00eda m\u00e1is grandes do mundo. Cada ano, GAM achega novas ideas e oportunidades para reunir a entusiastas de todo o mundo e celebrar o lema do colectivo, One People, One Sky (Un Pobo, Un Ceo). Podes atopar o programa deste ano <a href=\"https:\/\/astronomerswithoutborders.org\/gam2019-programs\/program-schedule-2019.html\">aqu\u00ed<\/a> e unirte \u00e1s celebraci\u00f3ns <a href=\"https:\/\/astronomerswithoutborders.org\/gam-2019-events\/world-map-of-events.html\">nalg\u00fan evento preto de ti<\/a>.<\/p>\n<p>Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/astronomerswithoutborders.org\/global-astronomy-month-2019.html\">https:\/\/astronomerswithoutborders.org\/global-astronomy-month-2019.html<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planificade un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) 8\u00aa conferencia internacional \u201cNovas perspectivas en educaci\u00f3n cient\u00edfica\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 21 e 22 de marzo 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>b) Noite de Yuri<br \/>\n<em>Data:<\/em> 12 de abril de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/yurisnight.net\/\">https:\/\/yurisnight.net\/<\/a><\/p>\n<p>c) D\u00eda da Astronom\u00eda Amadora<br \/>\n<em>Data:<\/em> 13 de abril de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bruxelas, B\u00e9lxica<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/amateur-astronomers-day\u200b\">https:\/\/www.iau-100.org\/amateur-astronomers-day\u200b<\/a><\/p>\n<p>d) <strong>IAUS350: Astrof\u00edsica de laboratorio: das observaci\u00f3ns \u00e1 interpretaci\u00f3n<\/strong><br \/>\n<em>Data:<\/em> do 14 ao 19 de abril de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em>\u00a0Cambridge, GB<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em>\u00a0<a href=\"http:\/\/www.astrochemistry.org.uk\/IAU_S350\/\">http:\/\/www.astrochemistry.org.uk\/IAU_S350\/<\/a><\/p>\n<p>e) Semana europea da astronom\u00eda e ciencias do espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 28 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Lyon, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/\">https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/<\/a><\/p>\n<p>f) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>g) D\u00eda do asteroide<br \/>\n<em>Data:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>h) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>i) <strong>IAU100: 50\u00ba aniversario da chegada \u00e1 L\u00faa \u2013 Observemos a L\u00faa!<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary\">https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary<\/a><\/p>\n<p>l) Conferencia sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica: Investigaci\u00f3n aplicada e pr\u00e1ctica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 18 de setembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Garching, M\u00fanic, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/\">http:\/\/iau-dc-c1.org\/astroedu-conference\/<\/a><\/p>\n<p>m) <strong>IAUS358: Astronom\u00eda para a Equidade, a Diversidade e a Inclusi\u00f3n \u2013 unha folla de ruta para as acci\u00f3ns no marco do centenario da IAU<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 15 de novembro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toquio, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/<\/a><strong><br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2019!<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_1march\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Marzo 2019 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) \u00danete ao equipo de divulgaci\u00f3n da IAU en Xap\u00f3n! 2) Nova Coordinadora Internacional de Divulgaci\u00f3n 3) AstroVoces, noticias do Comit\u00e9 Executivo da IAU Mulleres na Astronom\u00eda 4) Concurso de nomes para as \u00faltimas l\u00faas de X\u00fapiter descubertas 5) Proxectos 2019 da Oficina de Astronom\u00eda para o&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-marzo-2019-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-10158","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10158","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10158"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10158\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10158"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10158"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10158"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}