{"id":14240,"date":"2026-07-07T12:44:16","date_gmt":"2026-07-07T12:44:16","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/?page_id=14240"},"modified":"2026-07-28T04:55:57","modified_gmt":"2026-07-28T04:55:57","slug":"materiais-didacticos-eclipse","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/materiais-didacticos-eclipse\/","title":{"rendered":"Exposici\u00f3n e materiais did\u00e1cticos Eclipse Total 2026"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<h1>Eclipse Total de Sol 2026<\/h1>\n<p data-start=\"1761\" data-end=\"1982\">O 12 de agosto de 2026 viviremos na Coru\u00f1a un evento que non volveremos a vivir en Galicia ata 2180.<\/p>\n<p data-start=\"1761\" data-end=\"1982\">Gozar da eclipse require certa planificaci\u00f3n porque o Sol estar\u00e1 <strong data-start=\"1787\" data-end=\"1813\">baixo no horizonte<\/strong> durante a totalidade, as\u00ed que <strong data-start=\"1844\" data-end=\"1881\">un horizonte despexado cara ao oeste <\/strong>pode marcar a diferenza entre ver a totalidade ou perdela porque no punto concreto onde fiques esperando por ese gran momento haxa un edificio, unha \u00e1rbore ou unha monta\u00f1a que te tape a direcci\u00f3n cara ao Sol.<\/p>\n<p data-start=\"1984\" data-end=\"2006\"><strong>Seguridade<\/strong>: para calquera fase parcial <strong data-start=\"2035\" data-end=\"2081\">non mires ao Sol directamente sen protecci\u00f3n homologada<\/strong> (lentes para eclipses con norma ISO 12312-2 2015), podes empregar no seu lugar m\u00e9todos de observaci\u00f3n indirecta. A totalidade \u00e9 o \u00fanico momento no que se pode retirar a protecci\u00f3n, e s\u00f3 mentres o Sol estea completamente cuberto.<\/p>\n<h2>Por que aprender sobre isto?<\/h2>\n<p data-start=\"2806\" data-end=\"3019\">Unha eclipse total de Sol non \u00e9 s\u00f3 \u201calgo bonito no ceo\u201d. \u00c9 unha experiencia pouco frecuente que combina <strong data-start=\"2910\" data-end=\"2948\">asombro, co\u00f1ecemento e convivencia<\/strong>, e que ademais require facer as cousas ben para gozala con seguridade.<\/p>\n<p data-start=\"3021\" data-end=\"3078\"><strong>1) Porque entender o que ves multiplica a experiencia.<\/strong> Saber por que a L\u00faa pode tapar o Sol, por que existe unha franxa de totalidade, ou por que cambian a luz e o ambiente durante uns minutos, fai que non sexa \u201cunha curiosidade\u201d, sen\u00f3n un momento que lembramos como unha vivencia completa.<\/p>\n<p data-start=\"3021\" data-end=\"3078\"><strong>2) Porque a seguridade non \u00e9 intuitiva<\/strong>. A maior parte do tempo (antes e despois da totalidade) o Sol non se pode mirar directamente. Aprender isto con calma evita riscos e axuda a que toda a familia participe sen improvisaci\u00f3ns.<\/p>\n<p data-start=\"3021\" data-end=\"3078\">3) <strong>Porque \u00e9 un plan perfecto<\/strong> <strong>para gozar en variadas circunstancias<\/strong>. \u00c9 un plan v\u00e1lido para facer con mascotas, en familia, coa compa\u00f1\u00eda de amizades ou de xeito individual. A eclipse \u00e9 unha desculpa marabillosa para sa\u00edr ao exterior, practicar a paciencia e a observaci\u00f3n e compartir unha actividade cient\u00edfica interxeracional. Con dous ou tres pasos sinxelos (lugar + horario + protecci\u00f3n) conv\u00e9rtese nun plan inesquecible.<\/p>\n<p data-start=\"3021\" data-end=\"3078\">4)<strong> Porque \u00e9 cultura cient\u00edfica<\/strong>. Vivimos rodeados de informaci\u00f3n: predici\u00f3ns, v\u00eddeos, \u201ctrucos\u201d, consellos contraditorios\u2026 Aprender o b\u00e1sico d\u00e1 ferramentas para distinguir o fiable do perigoso e para explicarlle isto a outras persoas.<\/p>\n<h3 data-start=\"3021\" data-end=\"3078\">E por que traballalo na escola?<\/h3>\n<p data-start=\"3021\" data-end=\"3078\">Unha eclipse total de Sol \u00e9 unha oportunidade did\u00e1ctica excepcional porque permite conectar ciencia real, observaci\u00f3n directa e pensamento cr\u00edtico cun fen\u00f3meno que vai ocorrer na nosa contorna. Como proxecto de centro permite pensar unha proposta na que o alumnado <strong data-start=\"2536\" data-end=\"2579\">investiga, prepara, comunica e comparte <\/strong>a experiencia e o aprendido, vinculando aprender sobre a Eclipse de Sol a outros proxectos de radio escolar ou con car\u00e1cter interxeracional e de implicaci\u00f3n da comunidade educativa onde o alumnado sexa gu\u00eda de aprendizaxe para as s\u00faas familias, outras compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros do centro, ou vecindade do barrio ou localidade.<\/p>\n<p data-start=\"3021\" data-end=\"3078\">En termos de competencias, podemos vencellalo a:<\/p>\n<ul>\n<li data-start=\"899\" data-end=\"1020\">\n<p data-start=\"901\" data-end=\"1020\"><strong data-start=\"901\" data-end=\"909\">Competencia matem\u00e1tica e competencia en ciencia, tecnolox\u00eda e enxe\u00f1ar\u00eda (STEM)<\/strong>: comprensi\u00f3n de modelos (Sol-Terra-L\u00faa), escalas, movementos aparentes, luz e sombra, e lectura de evidencias.<\/p>\n<\/li>\n<li data-start=\"1021\" data-end=\"1171\">\n<p data-start=\"1023\" data-end=\"1171\"><strong data-start=\"1023\" data-end=\"1051\">Competencia dixital (CD)<\/strong>: uso cr\u00edtico de ferramentas (mapas, simuladores, apps de horizonte), contraste de fontes e verificaci\u00f3n de informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/li>\n<li data-start=\"1172\" data-end=\"1305\">\n<p data-start=\"1174\" data-end=\"1305\"><strong data-start=\"1174\" data-end=\"1214\">Competencia persoal e social (CPSAA)<\/strong>: planificaci\u00f3n, atenci\u00f3n \u00e1 seguridade, autorregulaci\u00f3n e aprendizaxe baseada en proxectos.<\/p>\n<\/li>\n<li data-start=\"1306\" data-end=\"1598\">\n<p data-start=\"1308\" data-end=\"1598\"><strong data-start=\"1308\" data-end=\"1335\">Competencia cidad\u00e1 (CC)<\/strong>: cultura cient\u00edfica para decidir con criterio (seguridade ocular, fake news, responsabilidade colectiva).<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p data-start=\"3021\" data-end=\"3078\">En termos de materias, algunhas ideas son:<\/p>\n<ul>\n<li data-start=\"1653\" data-end=\"1847\">\n<p data-start=\"1655\" data-end=\"1847\"><strong data-start=\"1655\" data-end=\"1720\">Ciencias da Natureza \/ Biolox\u00eda e Xeolox\u00eda \/ F\u00edsica e Qu\u00edmica<\/strong>: sistema Sol-Terra-L\u00faa, fases da L\u00faa, estaci\u00f3ns, \u00f3ptica b\u00e1sica, atmosfera, m\u00e9todo cient\u00edfico (hip\u00f3teses\u2013observaci\u00f3n\u2013rexistro).<\/p>\n<\/li>\n<li data-start=\"1848\" data-end=\"2013\">\n<p data-start=\"1850\" data-end=\"2013\"><strong data-start=\"1850\" data-end=\"1865\">Matem\u00e1ticas<\/strong>: medidas e estimaci\u00f3ns (\u00e1ngulos, tempos), representaci\u00f3n de datos, proporci\u00f3ns e escalas.<\/p>\n<\/li>\n<li data-start=\"2014\" data-end=\"2165\">\n<p data-start=\"2016\" data-end=\"2165\"><strong data-start=\"2016\" data-end=\"2040\">Xeograf\u00eda e Historia<\/strong>: localizaci\u00f3n e orientaci\u00f3n (horizonte, puntos cardinais), lectura de mapas, impacto social e memoria cultural das eclipses.<\/p>\n<\/li>\n<li data-start=\"2166\" data-end=\"2292\">\n<p data-start=\"2168\" data-end=\"2292\"><strong data-start=\"2168\" data-end=\"2178\">Linguas<\/strong>: produci\u00f3n oral e escrita (explicar con precisi\u00f3n, distinguir opini\u00f3n de evidencia, elaborar textos e infograf\u00edas), mais tam\u00e9n buscar e ler en hemerotecas como se vivenciaron outras eclipses, e apreciar a presenza do fen\u00f3meno na literatura ou no cine.<\/p>\n<\/li>\n<li data-start=\"2293\" data-end=\"2419\">\n<p data-start=\"2295\" data-end=\"2419\"><strong data-start=\"2295\" data-end=\"2329\">Educaci\u00f3n en valores \/ titor\u00eda<\/strong>: seguridade, coidado, responsabilidade, cooperaci\u00f3n e aprendizaxe-servizo coa comunidade.<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h1>Materiais Did\u00e1cticos<\/h1>\n<p>O proxecto formativo e divulgativo da colecci\u00f3n A Nosa Estrela pola eclipse toral de Sol visible na Coru\u00f1a en 2026 composto por diversos materiais did\u00e1cticos para abordar contidos vinculados \u00e1 astronom\u00eda relacionada co sol.<\/p>\n<h2>E<strong>xposici\u00f3n<\/strong> &#8220;<strong>Baixo a sombra da L\u00faa: eclipse de Sol<\/strong><\/h2>\n<p>Composta por 2 biombos de 170 cm x 150 cm presentados nun formato de cart\u00f3n que se plega en acorde\u00f3n para ser f\u00e1cil de transportar. Cada biombo est\u00e1 formado por seis paneis pensados para ler nunha determinada orde (que marca unha fotograf\u00eda do Sol a pe de panel que vai evolucionando como na eclipse), se ben todos os paneis te\u00f1en sentido por si mesmos e non resulta imprescindible seguir a orde. Un dos biombos est\u00e1 centrado na explicaci\u00f3n de que son as eclipses e, en concreto as eclipses de Sol (condici\u00f3ns, tipos, fases). O outro biombo pon atenci\u00f3n \u00e1 explicaci\u00f3n da eclipse de Sol do 12 de agosto de 2026\u00a0 (incluindo cuesti\u00f3ns de seguridade).<\/p>\n<ul>\n<li>Podes descargar a exposici\u00f3n en formato dixital premendo no link: <a href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Io_Paneis-Baixo-a-sombra-da-lua_Xenerico_Previsualizacion.pdf\">Expo baixo a sombra da l\u00faa<\/a>. Podes imprimila e usala baixo licenza <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/cc-licenses\/\">CC BY-NC-SA<\/a>.<\/li>\n<li>Durante o ver\u00e1n de 2026 podes visitar a exposici\u00f3n na <a href=\"https:\/\/www.coruna.gal\/mc2\/gl\/casa-das-ciencias\">Casa das Ciencias<\/a> e no <a href=\"https:\/\/muncyt.es\/\">MUNCYT<\/a> (consultar horarios e datas directamente a cada museo).<\/li>\n<li>Hai dispo\u00f1ible unha copia itinerante que se cede de balde a centros educativos, bibliotecas, centros c\u00edvicos e outras entidades culturais e sociais de Galicia. A entidade solicitante debe encargarse do traslado da exposici\u00f3n previo acordo coa Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo. Se te interesa realiza a solicitude enviando un correo electr\u00f3nico a formacion@agrupacionio.com\n<ul>\n<li>CEIP de Zalaeta (A Coru\u00f1a): 5 ao 19 de xu\u00f1o de 2026.<\/li>\n<li>Cullerciencia (Culleredo): 6 de xu\u00f1o de 2026.<\/li>\n<li>Polos eclipsados (Santiago de Compostela): 9 de xu\u00f1o de 2026.<\/li>\n<li>Biblioteca Municipal Dur\u00e1n Loriga (A Coru\u00f1a): 1 de xullo ao 15 de agosto de 2026.<\/li>\n<li>Biblioteca F\u00f3rum Metropolitano (A Coru\u00f1a): 13 de xullo ao 31 de agosto de 2026.<\/li>\n<li>Biblioteca Sagrada Familia (A Coru\u00f1a) 13 de xullo ao 31 de agosto de 2026.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-14218 aligncenter\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2-300x225.jpeg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2-300x225.jpeg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2-1024x769.jpeg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2-768x576.jpeg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2-1536x1153.jpeg 1536w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2-1060x796.jpeg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2-550x413.jpeg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2-666x500.jpeg 666w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2-1439x1080.jpeg 1439w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_2.jpeg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/> <img decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-14219 aligncenter\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1-300x225.jpeg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1-300x225.jpeg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1-1024x769.jpeg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1-768x576.jpeg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1-1536x1153.jpeg 1536w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1-1060x796.jpeg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1-550x413.jpeg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1-666x500.jpeg 666w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1-1439x1080.jpeg 1439w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/expo_eclipse_MUNCYT_1.jpeg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">\n<p style=\"text-align: center;\">\n<p style=\"text-align: center;\">\n<p style=\"text-align: center;\">\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong>Caixa estenopeica para a observaci\u00f3n segura do Sol mediante proxecci\u00f3n<\/strong><\/h2>\n<p>Unha caixa estenopeica \u00e9 un dispositivo sinxelo que permite observar o Sol de maneira indirecta, proxectando a s\u00faa imaxe sobre unha pantalla branca dentro dunha caixa.<\/p>\n<p>Podes descargar a versi\u00f3n preliminar dese\u00f1ada para impresi\u00f3n A3 no link: <a href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/VISOR-CAIXA-ESTENOPEICA.pdf\">Caixa estenopeica<\/a>.\u00a0Podes imprimila e usala baixo licenza <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/cc-licenses\/\">CC BY-NC-SA<\/a>.<\/p>\n<p>Podes descargar a versi\u00f3n maquetada dese\u00f1ada para impresi\u00f3n A2 no link: <a href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Io_Caixa-estenopeica_AF.pdf\">\u00cdo_Caixa estenopeica_AF<\/a>. Podes imprimila e usala baixo licenza <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/cc-licenses\/\">CC BY-NC-SA<\/a>.<\/p>\n<p>Manual did\u00e1ctico para educadoras, profesorado, monitoras e outras persoas formadoras no que atopar\u00e1s informaci\u00f3n sobre a montaxe, uso e achegas did\u00e1cticas da caixa estenopeica. Podes descargalo e usalo baixo licenza <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/cc-licenses\/\">CC BY-NC-SA<\/a> premendo no link: <a href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/FORMACION-ECLIPSE-NEG.pdf\">Manual did\u00e1ctico caixa estenopeica<\/a><\/p>\n<p>Realizamos obradoiros de caixas estenopeicas para centros educativos, bibliotecas, centros c\u00edvicos e outras entidades culturais e sociais da comarca da Coru\u00f1a. Consultar dispo\u00f1ibilidade en <a href=\"mailto:formacion@agrupacionio.com\">formacion@agrupacionio.com<\/a><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-14241 aligncenter\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07-300x225.jpeg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07-300x225.jpeg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07-1024x768.jpeg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07-768x576.jpeg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07-1536x1152.jpeg 1536w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07-1060x795.jpeg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07-550x413.jpeg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07-667x500.jpeg 667w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07-1440x1080.jpeg 1440w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/WhatsApp-Image-2026-07-07-at-14.34.07.jpeg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Eclipse Total de Sol 2026 O 12 de agosto de 2026 viviremos na Coru\u00f1a un evento que non volveremos a vivir en Galicia ata 2180. Gozar da eclipse require certa planificaci\u00f3n porque o Sol estar\u00e1 baixo no horizonte durante a totalidade, as\u00ed que un horizonte despexado cara ao oeste pode marcar a diferenza entre ver a totalidade ou perdela porque no punto concreto onde fiques&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/materiais-didacticos-eclipse\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-14240","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/14240","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14240"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/14240\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14315,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/14240\/revisions\/14315"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14240"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}