{"id":12388,"date":"2022-01-25T16:30:11","date_gmt":"2022-01-25T16:30:11","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?page_id=12388"},"modified":"2022-02-14T11:54:02","modified_gmt":"2022-02-14T11:54:02","slug":"antonia-ferrin-moreiras","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/antonia-ferrin-moreiras\/","title":{"rendered":"Antonia Ferr\u00edn Moreiras"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<h2><span style=\"color: #800080;\">Biograf\u00eda<\/span><\/h2>\n<p>Antonia Ferr\u00edn Moreiras (Ourense, 13 de maio de 1914 \u2013 Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2009) foi unha galega que, no ano 1963, converteuse na primeira muller espa\u00f1ola en defender unha tese de doutoramento sobre astronom\u00eda.<\/p>\n<h4><em>Familia <\/em><\/h4>\n<p>\u00c9 a terceira de catro irm\u00e1s nunha familia con poucos recursos econ\u00f3micos, pero que daba importancia \u00e1 educaci\u00f3n. O seu pai era profesor de matem\u00e1ticas e as catro irm\u00e1s (Celsa, Mar\u00eda, Antonia e Pastora) cursaron estudos superiores, algo inusual para as mulleres naquela \u00e9poca.<\/p>\n<h4><em>Estudos<\/em><\/h4>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-12408 alignright\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/para-CAMISETA_SIN-FONDO-1-239x300.png\" alt=\"\" width=\"325\" height=\"408\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/para-CAMISETA_SIN-FONDO-1-239x300.png 239w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/para-CAMISETA_SIN-FONDO-1-768x962.png 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/para-CAMISETA_SIN-FONDO-1-817x1024.png 817w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/para-CAMISETA_SIN-FONDO-1-1060x1328.png 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/para-CAMISETA_SIN-FONDO-1-550x689.png 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/para-CAMISETA_SIN-FONDO-1-399x500.png 399w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/para-CAMISETA_SIN-FONDO-1-1920x2405.png 1920w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/para-CAMISETA_SIN-FONDO-1-862x1080.png 862w\" sizes=\"(max-width: 325px) 100vw, 325px\" \/>Con 6 anos a s\u00faa familia trasladouse a Santiago de Compostela, onde cursou as ensinanzas b\u00e1sicas, o bacharelato e os seus primeiros estudos universitarios. En 1935 obtitvo os t\u00edtulos de licenciada en Qu\u00edmicas e Mestra Nacional con un expediente brillante. E no ano seguinte matriculouse en varios cursos de Ciencias Exactas e comezou a carreira de Farmacia, que rematou en 1940.<\/p>\n<p>Anos m\u00e1is tarde, Antonia Ferr\u00edn cursou como alumna libre os \u00faltimos anos da carreira de Matem\u00e1ticas na Universidade Central de Madrid, obtendo a licenciatura en 1950.<\/p>\n<p>Entre 1952 e 1954 realizou os estudos de doutoramento en Madrid e o 14 de setembro de 1963 defendeu a tese \u201cObservaciones de pasos por dos verticales\u201d realizada baixo a direcci\u00f3n de Ram\u00f3n Mar\u00eda Aller. Foi a primeira tese de astronom\u00eda que se leu na Facultade de Matem\u00e1ticas da USC, pero ademais era a primeira tese de astronom\u00eda defendida por unha muller en Espa\u00f1a.<\/p>\n<h4><em>Actividade profesional<\/em><\/h4>\n<p>Os primeiros traballos de Antonia Ferr\u00edn non son remunerados e compatibilizounos con estudos: exerce como profesora axudante en pr\u00e1cticas impartindo materias de F\u00edsica e Matem\u00e1ticas na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, tam\u00e9n exerce como axudante interina no Departamento de Ciencias do Instituto Arcebispo Xelmirez e se incorpora como profesora de matem\u00e1ticas na escola para nenas orfas Nosa Se\u00f1ora dos Remedios.<\/p>\n<p>Durante a Guerra Civil acus\u00e1rona de ideolox\u00eda pol\u00edtica subversiva e abrironlle un expediente de depuraci\u00f3n polo que foi apartada da docencia. En 1940 conseguiu que revisaran a causa, cancelaron a pena e puido volver \u00e1 docencia. Traballou desta volta como profesora asistente e adxunta na USC xunto ao profesor Enrique Vidal Abascal, quen lle presentou a Ram\u00f3n Mar\u00eda Aller Ulloa, fundador e director do Observatorio Astron\u00f3mico da USC.<\/p>\n<p>A unha idade temper\u00e1, con tres licenciaturas e o t\u00edtulo de Mestra Antonia pod\u00eda atopar traballos ben remunerados, pero quedou cautivada pola Astronom\u00eda, onde desenvolveu a maior parte da s\u00faa carreira profesional. En 1950 consigue unha bolsa do Consello Superior de Investigaci\u00f3ns Cient\u00edficas para realizar investigaci\u00f3ns no Observatorio Astron\u00f3mico de Santiago de Compostela e dous anos despois un contrato como asistente de investigaci\u00f3n, convert\u00e9ndose na primeira astr\u00f3noma galega.<\/p>\n<p>En 1953 aprobou as oposici\u00f3ns para profesora titular de matem\u00e1ticas na Escuela Normal de Magisterio de Santander. E en 1955 comezou a traballar na escola para nenas Isabel La Cat\u00f3lica en Santiago de Compostela, naquel tempo axudou a impulsar a creaci\u00f3n da Licenciatura de Matem\u00e1ticas na Facultade de Ciencias da USC. O conseguiron en 1957 e Antonia foi a primeira muller profesora desta Facultade. O 24 de maio de 2008, xa retirada, foi nomeada madri\u00f1a do 50\u00ba aniversario da Facultade de Matem\u00e1ticas da USC.<\/p>\n<p>Dende 1957 ata 1984, cando se xubilou, Antonia compatibilizou a investigaci\u00f3n en astronom\u00eda coa actividade docente de matem\u00e1ticas e mec\u00e1nica celeste en diferentes centros de Galicia e Madrid. As\u00ed mesmo, participou dos primeiros encontros internacionais de matem\u00e1ticas que se celebraron en Espa\u00f1a.<\/p>\n<h4><em><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-12415 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/descarga.jpg\" alt=\"\" width=\"603\" height=\"339\" \/><\/em><\/h4>\n<h4><em>Aportaci\u00f3ns \u00e1 astronom\u00eda<\/em><\/h4>\n<p>Antonia Ferr\u00edn aprendeu o uso de instrumentos como o anteollo de pasos ou o telescopio refractor de doce cent\u00edmetros. Con este sinxelo instrumental levou a cabo minuciosas e pacientes observaci\u00f3ns nas fr\u00edas noites de inverno galegas, nas s\u00faas memorias recorda o intenso fr\u00edo que viviu porque as s\u00faas saias non lle daban suficiente abrigo e naquela \u00e9poca non se toleraba que as mulleres puideran vestir pantal\u00f3ns. Investigou ocultaci\u00f3ns de estrelas pola L\u00faa, pasos de estrelas por d\u00faas verticais e medidas microm\u00e9tricas de estrelas dobres. Os c\u00e1lculos, medici\u00f3ns e an\u00e1lises do ceo que realizou no Observatorio foron publicados en revistas especializadas, como Urania.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><span style=\"color: #800080;\">Recursos<\/span><\/h2>\n<h4><em>Monograf\u00edas<\/em><\/h4>\n<ul>\n<li>Consello da Cultura Galega &#8211; Album de Galicia: <a href=\"http:\/\/consellodacultura.gal\/album-de-galicia\/detalle.php?persoa=1451\">Antonia Ferr\u00edn Moreiras<\/a><\/li>\n<li>Consello da Cultura Galega &#8211; Album de Mulleres: <a href=\"http:\/\/culturagalega.gal\/album\/detalle.php?id=220&amp;autor=Antonia%2520Ferr%25EDn%2520Moreiras\">Antonia Ferr\u00edn Moreiras: a contadora de estrelas<\/a><\/li>\n<li>Estrella Polar &#8211; Dones de la Historia: <a href=\"https:\/\/www.ivoox.com\/antonia-ferrin-moreiras-audios-mp3_rf_72585428_amp_1.html\">Antonia Ferr\u00edn Moreiras<\/a><\/li>\n<li>Fundaci\u00f3n \u00c9rguete-Integraci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/FErgueteIntegr\/status\/1291321381049765888\">f\u00edo en Twitter<\/a><\/li>\n<li>GCiencia: <a href=\"https:\/\/www.gciencia.com\/8m\/antonia-ferrin-estrelas-dobres\/\">Antonia Ferr\u00edn, a astr\u00f3noma que descubriu varias estrelas dobres<\/a><\/li>\n<li>Instituto de Astrof\u00edsica de Andaluc\u00eda: <a href=\"http:\/\/www-revista.iaa.es\/41\/antonia-ferr%C3%ADn-moreiras\">Antonia Ferr\u00edn Moreiras<\/a><\/li>\n<li>Mujeres con ciencia: <a href=\"https:\/\/mujeresconciencia.com\/2017\/09\/26\/antonia-ferrin-moreiras-simplemente-una-cientifica-indescriptible\/\">Antonia Ferr\u00edn Moreiras: simplemente, una cient\u00edfica indescriptible<\/a><\/li>\n<li>Mujeres notables: <a href=\"https:\/\/www.mujeresnotables.com\/2018\/09\/12\/biografia-de-antonia-ferrin-primera-astronoma-espanola\/\">Biograf\u00eda de Antonia Ferr\u00edn<\/a><\/li>\n<li>Universidad del Pa\u00eds Vasco &#8211; Blog de la Facultad de Ciencia y Tecnolog\u00eda: <a href=\"https:\/\/ztfnews.wordpress.com\/2014\/05\/13\/centenario-del-nacimiento-de-antonia-ferrin-moreiras\/\">Antonia Ferr\u00edn Moreiras<\/a><\/li>\n<li>Wikipedia: <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Antonia_Ferr%C3%ADn\">Antonia Ferr\u00edn<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<h4><em>Experiencias<\/em><\/h4>\n<ul>\n<li>Radio Lebor\u00eds (IES Agra de Lebor\u00eds, 2\u00ba ESO) &#8211; Mulleres cient\u00edficas: <a href=\"https:\/\/www.ivoox.com\/antonia-ferrin-moreiras-audios-mp3_rf_25679081_1.html\">Antonia Ferr\u00edn Moreiras<\/a><\/li>\n<li>RadioFiestra (IES Rafael Dieste, 2\u00ba Bacharelato) &#8211; A sociedade en Radiofiestra: <a href=\"https:\/\/www.ivoox.com\/antonia-ferrin-moreiras-unha-cientifica-galega-audios-mp3_rf_67270417_1.html\">Antonia Ferr\u00edn Moreiras, unha cient\u00edfica galega<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<h4><em>Literatura<\/em><\/h4>\n<ul>\n<li>Estibaliz Espinosa &#8211; Palabra ciencia canto: <a href=\"https:\/\/estibalizespinosa.com\/2018\/02\/25\/escritora-ti-non\/\">Escritora ti? non<\/a><\/li>\n<li>Est\u00edbaliz Espinosa &#8211; As curiosas. Son de letras+ciencias: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=-tGdScNWiDM\">Curiosas no planetario: Antonia Ferr\u00edn<\/a><\/li>\n<li>Estibaliz Espinosa &#8211; Curiosas: literatura ciencia m\u00fasica: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=z6bU-EsNICg\">No xard\u00edn nocturno de Antonia. Videopoema inspirado na astr\u00f3noma galega Antonia Ferr\u00edn Moreiras<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><span style=\"color: #800080;\">R\u00faa Antonia Ferr\u00edn Moreira<\/span><\/h2>\n<p>A Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo solicitou o 9 de febreiro de 2022 \u00e1 Comisi\u00f3n de Honras e Distinci\u00f3ns do Concello da Coru\u00f1a o nomeamento dun espazo p\u00fablico no termo municipal co nome Antonia Ferr\u00edn Moreiras.<\/p>\n<h4><em>Referente galega na astronom\u00eda <\/em><\/h4>\n<p>Sen ningunha d\u00fabida Antonia foi unha muller extraordinariamente notable. Estudou, ensinou, investigou e traballou incansablemente nunha sociedade e nunha \u00e9poca onde as mulleres ti\u00f1an dif\u00edcil realizar actividades fora da casa. Non en vano, logrou alg\u00fans fitos importantes: sendo a primeira astr\u00f3noma galega, defendendo a primeira tese de astronom\u00eda en Galicia e sendo a primeira muller en facelo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>Antonia Ferr\u00edn Moreiras foi un exemplo de intelixencia, de extraordinaria capacidade de traballo e de singular paix\u00f3n polo co\u00f1ecemento. Un esp\u00edrito incansable de estudo e traballo ao longo da s\u00faa vida que contribu\u00edu a transmitir nos seus semellantes.<\/p>\n<h4><em>Cami\u00f1ando cara un rueiro municipal representativo<\/em><\/h4>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-12431 alignright\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK-300x300.jpg\" alt=\"\" width=\"334\" height=\"334\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK-300x300.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK-150x150.jpg 150w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK-768x768.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK-1024x1024.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK-1060x1060.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK-550x550.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK-500x500.jpg 500w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK-1080x1080.jpg 1080w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-FACEBOOK.jpg 1500w\" sizes=\"(max-width: 334px) 100vw, 334px\" \/>Un municipio comprometido cunha gobernanza para todas e todos en igualdade debe incorporar unha perspectiva de x\u00e9nero que, entre outras pol\u00edticas, estratexias e instrumentos, proporcione m\u00e1is visibilidade a figuras e referentes femininos.<\/p>\n<p>O nome das r\u00faas forma parte da cultura popular, rememoran ou homenaxean a figura de personaxes p\u00fablicos, case sempre masculinos pola diferenza dos roles tradicionalmente asignados a homes e mulleres, polo que a inclusi\u00f3n de personaxes femininos \u00e9 un acto de xustiza e reparaci\u00f3n.<\/p>\n<p>As mulleres est\u00e1n pouco presentes no nomencl\u00e1tor do termo municipal coru\u00f1\u00e9s, unha desigualdade e agravio hist\u00f3rico que, se ben \u00e9 certo que non \u00e9 exclusivo da Coru\u00f1a, debemos contribu\u00edr a paliar (datos de 2018 identifican que menos do 5% das r\u00faas coru\u00f1esas te\u00f1en nome de muller).<\/p>\n<h4><em>Coru\u00f1a cient\u00edfica<\/em><\/h4>\n<p>Dende a d\u00e9cada dos 80 ate a actualidade son numerosos os proxectos emprendidos ou apoiados polo Concello da Coru\u00f1a que po\u00f1en en valor a Ciencia para a cidadan\u00eda. Non por casualidade existen os tres Museos Cient\u00edficos Coru\u00f1eses, asentouse aqu\u00ed unha das sedes do Museo Nacional de Ciencia e Tecnolox\u00eda ou l\u00e9vanse celebrado vinte cinco edici\u00f3ns da romar\u00eda cient\u00edfica: D\u00eda da Ciencia na R\u00faa.<\/p>\n<p>Queremos que a ciencia tome as r\u00faas, que a cultura e a educaci\u00f3n cient\u00edfica se estenda m\u00e1is al\u00e1 dos museos. E que igual que podemos cami\u00f1ar pola R\u00faa Severo Ochoa, Newton ou Galileo Galilei, o poidamos facer pola R\u00faa Antonia Ferr\u00edn Moreiras.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><span style=\"color: #800080;\">Apoia a iniciativa<\/span><\/h2>\n<p>Cremos que Antonia, por quen foi e o que fixo, merece a honra de ter unha r\u00faa co seu nome na cidade, pero tam\u00e9n cremos que a incorporaci\u00f3n de mulleres cient\u00edficas ao nomencl\u00e1tor municipal \u00e9 un acto simb\u00f3lico e necesario.<\/p>\n<h4><em>Asina en Change.org<\/em><\/h4>\n<p>A Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo creou unha petici\u00f3n na plataforma Change.org, podes mostrar o teu apoio \u00e1 R\u00faa Antonia Ferr\u00edn Moreiras asinandoa.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n podes compartila coas t\u00faas amizades e\/ou redes sociais para facela chegar a m\u00e1is xente.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/www.change.org\/p\/concello-da-coru%C3%B1a-comisi%C3%B3n-de-honras-e-distinci%C3%B3ns-unha-r%C3%BAa-para-antonia-ferr%C3%ADn-astr%C3%B3noma-galega?recruiter=57963160&amp;recruited_by_id=77c76b60-da51-0130-decf-3c764e044346&amp;utm_source=share_petition&amp;utm_medium=copylink&amp;utm_campaign=petition_dashboard\">Accede aqu\u00ed \u00e1 petici\u00f3n<\/a><\/p>\n<h4><\/h4>\n<h4><em>Actualiza o teu perfil\u00a0<\/em><\/h4>\n<p>Podes mostrar o teu apoio \u00e1 iniciativa engadindo o marco &#8220;Eu \u2764\ufe0f R\u00faa Antonia Ferr\u00edn&#8221; \u00e1 t\u00faa imaxe de perfil ou actualizando o teu perfil con algunha das imaxes que te facilitamos a continuaci\u00f3n:<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-12429 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1-300x300.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1-300x300.png 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1-150x150.png 150w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1-768x768.png 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1-1024x1024.png 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1-1060x1060.png 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1-550x550.png 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1-500x500.png 500w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1-1080x1080.png 1080w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1.png 1500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">Descarga aqu\u00ed o marco en <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-1.png\">PNG<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">Actualiza a t\u00faa imaxe de perfil con este marco en redes sociais, Whatsapp, Telegram e outras aplicaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-12430 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2-300x300.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2-300x300.png 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2-150x150.png 150w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2-768x768.png 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2-1024x1024.png 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2-1060x1060.png 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2-550x550.png 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2-500x500.png 500w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2-1080x1080.png 1080w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2.png 1500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">Descarga aqu\u00ed o marco en <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/MARCO-TRANSPARENTE-2.png\">PNG<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">Actualiza a t\u00faa imaxe de perfil con este marco en redes sociais, Whatsapp, Telegram e outras aplicaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-12427 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3-300x300.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3-300x300.png 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3-150x150.png 150w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3-768x768.png 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3-1024x1024.png 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3-1060x1060.png 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3-550x550.png 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3-500x500.png 500w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3-1080x1080.png 1080w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3.png 1500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">Descarga aqu\u00ed a imaxe en <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-3.png\">PNG<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">Actualiza a t\u00faa imaxe de perfil en redes sociais, Whatsapp, Telegram e outras aplicaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4><em><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-12428 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4-300x300.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4-300x300.png 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4-150x150.png 150w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4-768x768.png 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4-1024x1024.png 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4-1060x1060.png 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4-550x550.png 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4-500x500.png 500w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4-1080x1080.png 1080w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4.png 1500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/em><\/h4>\n<p style=\"text-align: center;\">Descarga aqu\u00ed a imaxe en <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/IMAXE-PERFIL-4.png\">PNG<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">Actualiza a t\u00faa imaxe de perfil en redes sociais, WhatsApp, Telegram e outras aplicaci\u00f3ns.<\/p>\n<h4><\/h4>\n<h4><em>Colabora coas t\u00faas ideas\u00a0<\/em><\/h4>\n<p>Sux\u00edrenos a trav\u00e9s das nosas redes sociais as r\u00faas, prazas, parques&#8230; e outros lugares no concello da Coru\u00f1a que te parecen apropiados para po\u00f1erlle o nome de Antonia Ferr\u00edn Moreiras.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/agrupacionio\">www.facebook.com\/agrupacionio<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><a href=\"http:\/\/www.twitter.com\/agrupacionio\">www.twitter.com\/agrupacionio<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><a href=\"http:\/\/www.instagram.com\/agrupacionio\">www.instagram.com\/agrupacionio<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Algunhas ideas:<\/p>\n<ul>\n<li>Praza Antonia Ferr\u00edn Moreiras, ubicar\u00edase na actual \u201cPraza Museo Nacional de Ciencia\u201d xunto ao Edificio Prisma de Cristal que alberga o Museo Nacional de Ciencia y Tecnolog\u00eda (MUNCYT) e a Residencia Universitaria Elvira Bao (UDC). Esta ubicaci\u00f3n resulta de especial interese para honrar a Dona Antonia Ferr\u00edn Moreiras polo v\u00ednculo coa ciencia de ambos edificios. <img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-12417 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen1-300x225.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen1-300x225.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen1-550x413.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen1-666x500.jpg 666w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen1.jpg 706w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li>Avenida Antonia Ferr\u00edn Moreiras, ubicar\u00edase nun tramo da actual \u201cEstrada dos Fortes\u201d, concretamente dende a rotonda do Monumento \u00e1s V\u00edctimas ao Terrorismo ata a rotonda do Porti\u00f1o. Esta ubicaci\u00f3n ten un significado especial para a Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, sendo unha senda que moitos astr\u00f3nomos amadores e astrofot\u00f3grafos recorren para chegar a un dos mellores puntos de observaci\u00f3n das postas de Sol dende a nosa cidade.<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-12418 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen2-239x300.jpg\" alt=\"\" width=\"239\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen2-239x300.jpg 239w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen2-550x692.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen2-398x500.jpg 398w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen2.jpg 641w\" sizes=\"(max-width: 239px) 100vw, 239px\" \/><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li>Cami\u00f1o Antonia Ferr\u00edn Moreiras, ubicar\u00edase no Parque de Santa Margarida, dando nome a un dos cami\u00f1os internos do Parque, por exemplo o que enlaza a R\u00faa Padre Sarmiento co Auditorio do parque. Esta achega poder\u00eda complementarse co nomeamento de todos os cami\u00f1os do parque con nomes de outras mulleres cient\u00edficas. <img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-12419 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen3-300x246.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"246\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen3-300x246.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/Imagen3.jpg 334w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/li>\n<\/ul>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Biograf\u00eda Antonia Ferr\u00edn Moreiras (Ourense, 13 de maio de 1914 \u2013 Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2009) foi unha galega que, no ano 1963, converteuse na primeira muller espa\u00f1ola en defender unha tese de doutoramento sobre astronom\u00eda. Familia \u00c9 a terceira de catro irm\u00e1s nunha familia con poucos recursos econ\u00f3micos, pero que daba importancia \u00e1 educaci\u00f3n. O seu pai era profesor de matem\u00e1ticas&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/antonia-ferrin-moreiras\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-12388","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/12388","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12388"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/12388\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12462,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/12388\/revisions\/12462"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12388"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}