Que: “O firmamento animado” é un panel expositivo pensado especificamente para achegar a astronomía ás nenas e nenos máis pequenos a través da narración oral, a ilustración e a observación do ceo. A mostra presenta dez constelacións visibles dende Galicia que teñen nome de animais, cada unha delas acompañada dun conto orixinal. O obxectivo é introducir conceptos astronómicos básicos —como o recoñecemento de patróns no ceo ou a idea de constelación— desde unha perspectiva lúdica e adaptada ás primeiras idades.
Baséase no libro didáctico elaborado por alumnado da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado polo seu profesorado e por
monitoras do Grupo de Traballo Satélites da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, coa colaboración e
supervisión da Casa das Ciencias (Museos Científicos Coruñeses – Concello da Coruña).
Cando: dende o 23 de decembro de 2025 até o 31 de xaneiro de 2026
Onde: nas bibliotecas infantís do Fórum Metropolitano e Centro Ágora.
