Libros antigos de astronomía na Biblioteca da Casa Consulado

Que: nesta visita á Biblioteca da Casa Consulado o foco estará no seu fondo astronómico antigo, que inclúe volumes dos séculos XVIII e XIX e mesmo anteriores. A través deses libros -de Sacrobosco a Ramón María Aller, pasando por Lalande, Lacaille, John Herschel ou Flammarion- poremos en valor a histórica conexión coas ciencias do ceo desta biblioteca. Actividade orientada a persoas maiores de 14 anos e adultas.

Como: inscrición gratuíta a través da Biblioteca da Casa Consulado. Prazas esgotadas.

Onde: na Biblioteca da Casa Consulado (r/ Pintor Álvarez Sotomayor nº 1, 15001 A Coruña).

Cando: sábado 3 d xaneiro ás 12:00.