Curso de introdución á astronomía

Que: cursiño de introdución á astronomía impartido polo noso socio Martin Pawley.

Descrición: neste curso aprenderemos a manexar un planisferio celeste (entregarase un a cada persoa asistente) e con el saberemos recoñecer as constelacións e a orientármonos no ceo. Saberemos un pouco máis sobre as estrelas (que son, como se forman e a súa evolución ao longo do tempo) e sobre o noso sistema solar e os corpos que o forman. Tamén falaremos sobre o problema da contaminación luminosa e o seu impacto na natureza e a observación astronómica.

Como: a inscrición é gratuíta a través desta ligazón. Terán prioridade as persoas socias da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Onde: no local da A. C. Alexandre Bóveda (rúa de Santo André, 36, 1º, 15003 A Coruña).

Cando: sábado 29 de novembro ás 18:00.