Conferencia de Ángel Gómez Roldán: “40 anos de Astronomía”

Que: conferencia de Ángel Gómez Roldán, director da revista Astronomía.

Descrición: este mes de decembro de 2025 fanse exactamente corenta anos da publicación ininterrompida da revista “Tribuna de Astronomía”, actualmente chamada “Astronomía”, na súa II Época dende a fusión coa revista “Universo” en 1999. A través das portadas da revista, faremos un breve percorrido cronolóxico polos principais fitos da máis veterana publicación periódica española especializada na astronomía e as ciencias do espazo.

Cando: xoves 18 de decembro ás 19:30.

Onde: planetario da Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarida, A Coruña. Debido ao peche do parque por aviso meteorolóxico, a conferencia terá lugar no Kiosko Afonso, nos xardíns de Méndez Núñez.

Como: entrada libre até completar a capacidade do recinto.