Charla de Martin Pawley: “Eclipses no cinema”

Que: na charla sobre eclipses no cinema do pasado 29 de decembro completouse a capacidade do planetario e quedou xente sen poder entrar, así que repetimos a sesión a cargo de Martin Pawley, crítico e programador de cinema e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Descrición: o 12 de agosto de 2026 Galicia (e en particular, A Coruña) vivirá a única eclipse total de Sol en máis dun século, un evento astronómico que vai traer á cidade un número inmenso de visitantes. Celebramos a inminente entrada no ano da eclipse cunha sesión que repasará unha pequena colección de filmes nos que está presente a ocultación do Sol pola Lúa, con exemplos tan grandiosos como o desafío técnico que supuxo filmar con cámaras de cinema unha eclipse real no clásico “Barrabás”.

Cando: martes 27 de xaneiro ás 19:30.

Onde: no planetario da Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarida, A Coruña.

Como: entrada libre até completar a capacidade do recinto. Actividade organizada en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.