Que: actividade na que as persoas asistentes levarán un planisferio de agasallo e aprenderán a usalo para recoñecer con el as constelacións que podemos ver no ceo de Galiza en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Ademais, daremos algunhas pistas para a observación da eclipse total de Sol que acontecerá na Coruña o 12 de agosto de 2026. Actividade organizada coa AA. VV. Oza-Gaiteira-Os Castros e coa colaboración do Concello da Coruña a través das Bibliotecas Municipais. Entrada libre até completar a capacidade do recinto.
Cando: luns 9 de marzo ás 19:00.
Onde: biblioteca do Fórum Metropolitano, A Coruña.
