Amosar filtros
Días
Categories
Tags
Venues
Reset Filters
- 2727 Agosto, 2025

AMANAR - Actividade astronómica
https://agrupacionio.com/nueva/gl/event/amanar-actividad-astronomica/Casa das CienciasParque de Santa Margarita, A CoruñaActividade de divulgación da astronomía coa rapazada saharauí que pasa o verán en Galicia no marco do programa Vacaciones en Paz. Desta volta citamos as familias de acollida na antiga biblioteca da Casa das Ciencias da Coruña, para presentarlles o panel sobre o Sáhara Occidental e a astronomía saharauí, amosarlles o material de divulgación astronómica para tocar que posúe a agrupación, regalarlles algúns dos nosos materiais divulgativos e convidalos a que fixesen debuxos para fabricar as súas propias chapas. Despois, levámolos ao planetario para gozar dunha sesión en directo no que puideron viaxar virtualmente polo sistema solar e explorar o ceo que se ve dende o Sáhara.