Días
Categories
Tags
Venues
- 1616 Xuño, 2025No events
- 1717 Xuño, 2025No events
- 1818 Xuño, 2025No events
- 1919 Xuño, 2025No events
- 2020 Xuño, 2025

Encontro cultural saharauí-galego
Agrupación Cultural Alexandre Bóvedahttps://agrupacionio.com/gl/portfolio/encuentro-cultural-saharaui-gallego/R/ Santo André, 36 (edificio do Circo de Artesáns), 15003 A CoruñaCo gallo do 20 de xuño, Día Mundial das Persoas Refuxiadas, organizamos un encontro cultural saharauí-galego baixo o título “Sáhara Occidental: non des a esquecemento” en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Comunidade Saharauí en Galiza. Arredor do té, como é costume no Sáhara, iranse sucedendo as intervencións da astrofísica Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT e Proxecto Amanar), que falará da astronomía cultural saharauí, e de Suado Brahim Salem e Baba Mohamed Lamin Ali (Comunidade Saharauí en Galiza), que nos achegarán a cultura e o modo de vida do pobo saharauí.
- 2121 Xuño, 2025

Contacontos: O firmamento animado
Muncythttps://agrupacionio.com/portfolio/contacontos-firmamento-animado/Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A CoruñaCon motivo do solsticio de verán, celebramos un contacontos dirixido a público familiar e infantil, no que aprenderemos sobre o ceo nocturno a través de contos sobre constelacións que representan animais. Este contacontos está baseado no libro O firmamento animado, un material didáctico elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Casa das Ciencias, que nos transporta nunha viaxe máxica polo firmamento que vemos desde Galicia ao longo do ano.
- 2222 Xuño, 2025No events