
Contacontos: O firmamento animado
Muncyt
https://agrupacionio.com/portfolio/contacontos-firmamento-animado/Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A Coruña
Con motivo do solsticio de verán, celebramos un contacontos dirixido a público familiar e infantil, no que aprenderemos sobre o ceo nocturno a través de contos sobre constelacións que representan animais. Este contacontos está baseado no libro O firmamento animado, un material didáctico elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Casa das Ciencias, que nos transporta nunha viaxe máxica polo firmamento que vemos desde Galicia ao longo do ano.