Obradoiro de caixas estenopeicas na A. C. Alexandre Bóveda

Que? Nesta sesión construíremos unha caixa estenopeica que nos permitirá observar de xeito totalmente seguro o Sol e a vindeira eclipse do 12 de agosto. A Agrupación Ío achegará un modelo de caixa impresa que as persoas asistentes terán que recortar, dobrar e pegar seguindo as instrucións paso a paso. Ademais daranse informacións útiles para comprender e observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto.

Onde? No local da A. C. Alexandre Bóveda (r/ Santo André, 36 – 1º, 15003 A Coruña).

Cando? Luns 13 de xullo de 2026 ás 19:30.

Como? Actividade gratuíta dirixida a persoas maiores de 14 anos. Require inscrición previa a través deste sitio web.