Que: relatorio sobre astronomía a partir dos textos de Rosalía de Castro a cargo de Martin Pawley. Nesta palestra repasaremos a presenza de elementos astronómicos na obra poética e narrativa de Rosalía de Castro e valerémonos da súa escrita para falar da orientación a partir das estrelas, os planetas, a radiación que nos permite coñecer mellor o Universo e mesmo a contaminación luminosa. Actividade organizada coa AA. VV. Oza-Gaiteira-Os Castros e coa colaboración do Concello da Coruña a través das Bibliotecas Municipais. Entrada libre até completar a capacidade do recinto.
Cando: luns 9 de febreiro ás 19:00.
Onde: biblioteca do Fórum Metropolitano.
