Que: charla do profesor de física Moisés López Caeiro, embaixador ACEAP e membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, sobre o Universo desde Atacama.
Descrición: nesta viaxe persoal dun profesor de física coruñés que visita os telescopios chilenos coñeceremos a importancia de Chile e a contorna natural do deserto de Atacama como centro da astronomía mundial. Tamén descubriremos a perspectiva astronómica do hemisferio sur e achegarémonos a algún dos observatorios máis importantes do mundo como Gemini Sur, o observatorio Vera C. Rubin ou o radiotelescopio ALMA.
Cando: xoves 15 de xaneiro ás 19:30.
Onde: planetario da Casa das Ciencias. Entrada libre até completar a capacidade do recinto.
