Proxección do documental “Salvar a escuridade”

Que: proxección do documental de Sriram Murali “Saving the Dark” (Salvar a escuridade, 2019). Organiza a AA. VV. Oza-Gaiteira-Os Castros coa colaboración do Concello da Coruña.

Descrición: o 80 % da poboación mundial xa non pode ver a Vía Láctea. Que perdemos cando perdemos de vista as estrelas? Unha iluminación excesiva e inadecuada róubanos os ceos nocturnos, altera os nosos patróns de sono e pon en perigo os hábitats nocturnos. “Salvar a escuridade” explora a necesidade de preservar os ceos nocturnos e o que podemos facer para combater a contaminación luminosa.

Cando: luns 12 de xaneiro ás 19:30.

Onde: cinemas do Fórum Metropolitano.

Como: entrada libre até completar a capacidade do recinto.