Inicio

AGRUPACIÓN
ASTRONÓMICA
CORUÑESA ÍO

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

Se a astronomía é a túa paixón, non o dubides, únete a Ío

ÚLTIMAS NOTICIAS

Nadal baixo as estrelas: actividades de astronomía na Coruña como antesala da eclipse total de Sol de 2026

Durante este Nadal, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza e colabora nun amplo programa de actividades divulgativas na cidade da Coruña que combina astronomía, educación, historia e cultura audiovisual. A proposta está pensada para públicos moi diversos —infantil, familiar e adulto— e funciona tamén como un primeiro achegamento á eclipse total de Sol que será visible desde Galicia o 12 de agosto de 2026, a

O medio ambiente e a saúde protagonizan o VI Encontro da Noite

-A actividade é gratuíta, con entrada libre até completar a capacidade do recinto en cada caso. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza un ano máis o Encontro da Noite, xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, protección da noite e posta en valor da paisaxe nocturna que conta co apoio do Concello da Coruña a través dos Museos Científicos Coruñeses. Igual ca o ano pasado, en 2025

A estrela Rosalía entra na Casa de Rosalía

Dende hai uns días na Casa de Rosalía hai un novo elemento museográfico que explica de maneira sucinta a localización da estrela Rosalíadecastro e o proceso que levou ao seu nomeamento, impulsado pola nosa agrupación coa colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Fundación Rosalía de Castro. E está situado, ademais, nun espazo de privilexio, o cuarto da escritora, xusto enfronte da súa cama,