View Calendar
12/07/2026 17:00 - 18:00

Obradoiro de caixas estenopeicas na Casa de Rosalía

Casa de Rosalía
Phone:+34 981 811 204
Address: A Matanza, s/n 15917 Padrón (Galicia)

Nesta sesión construíremos unha caixa estenopeica que nos permitirá observar de xeito totalmente seguro o Sol e a vindeira eclipse do 12 de agosto. A Agrupación Ío achegará un modelo de caixa impresa que as persoas asistentes terán que recortar, dobrar e pegar seguindo as instrucións paso a paso. Ademais daranse informacións útiles para comprender e observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto.

Related upcoming events

  • 15/07/2026 16:00 - 15/07/2026 19:00

    Que? Obradoiro de caixas estenopeicas, unha actividade para aprender a observar o Sol de forma segura durante a eclipse do 12 de agosto. As persoas participantes construirán unha caixa estenopeica, un dispositivo sinxelo que permite proxectar a imaxe do Sol sen miralo directamente.

    Onde? No MUNCYT Coruña, Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, A Coruña.

    Cando? Mércores, 15 de xullo de 2026. Haberá dúas sesións: ás 16:00 h para público familiar, de 3 a 7 anos, e ás 18:00 h para público xeral, a partir de 8 anos.

    Como? Actividade gratuíta con reserva previa ou en taquilla. Inclúe unha introdución ás eclipses solares, recomendacións básicas de seguridade e a construción dunha caixa estenopeica que cada participante poderá levar para usar o día da eclipse.

    https://muncyt.es/actividades/taller-de-cajas-estenopeicas

  • 16/07/2026 10:30 - 16/07/2026 12:00

    Obradoiro de caixas estenopeicas coa Fundación Secretariado Gitano da Coruña. Actividade non aberta ao público. Organiza GT Diversidade.